Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Mércores, 30 de xuño de 1999 Páx. 8.405

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 18 de xuño de 1999, da Dirección Xerencia de Atención Primaria de Lugo, pola que se anuncia concurso público aberto, polo trámite de urxencia, para a contratación dun servicio de transporte para o persoal facultativo e sanitario non facultativo de varios centros de saúde (C.P. 2/1999).

A Dirección Xerencia de Atención Primaria de Lugo, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 7º da Orde do 21 de abril de 1998 (DOG nº 88, do 11 de maio), e unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-la contratación do servicio que a seguir se cita.

Obxecto: permanencia na porta da entrada do Punto de Atención Continuada ou Dispositivo de Urxencias Extrahospitalarias, cun vehículo apto para o servicio público ou ambulancia, para o transporte do persoal facultativo e sanitario non facultativo desde o PAC ou DUE ós domicilios das persoas aseguradas dos seguintes municipios (e viceversa). O servicio será prestado seguindo as ordes e a programación das visitas do persoal facultativo e sanitario non facultativo, e de xeito dilixente tendo en conta a actividade de atención sanitaria que desenvolven.

Orzamento: máximo autorizado de trece millóns catrocentas corenta mil ptas. (13.440.000) ptas., IVE incluído (80.776,03 euros).

Forma de adxudicación: concurso público, procedemento aberto polo trámite de urxencia.

Prazo de execución do contrato: desde a sinatura do contrato ata o 31-12-1999.

Admisión de variantes: non se admiten variantes.

Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria estarán de manifesto e á disposición dos concursantes para o seu exame nos Servicio de Subministracións da Xerencia de Atención Primaria de Lugo, praza de Ferrol nº 11-4ª planta, 27001 Lugo, teléfono 982 29 63 29 e 29 62 19; fax 982 29 62 28; tódolos días laborables, agás sábados, das 9 ás 14 horas.

Garantía provisional: duascentas sesenta e oito mil oitocentas ptas. (268.800 ptas. ou 1.615,52 euros).

Nº orde 1: PAC de Monforte: 64.800 ptas. (389,46 euros).

Nº orde 2: PAC de Meira: 58.400 ptas. (359,99 euros).

Nº orde 3: PAC de Chantada: 45.600 ptas. (274,06 euros).

Nº orde 4: DUE de Lugo: 100.000 ptas. (601,01 euros).

Solvencia económica e financeira: deberá acreditarse polos medios previstos no artigo 16 da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas.

Solvencia técnica: deberá acreditarse polos medios previstos no artigo 19 da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas.

Criterios de adxudicación:

a) Prezo: 11.

b) Calidade da prestación: 9.

-Experiencia na prestación do servicio.

-Modelo, antigüidade e quilómetros do vehículo adscrito ó servicio.

-Medidas de seguridade do vehículo.

Clasificación: non se precisa.

Presentación de proposicións: as proposicións deberán ser presentadas en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro da Xerencia de Atención Primaria de Lugo, antes das 14 horas do décimo terceiro día natural, contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou enviadas por correo dentro de prazo sinalado.

Cando as proposicións se envíen por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle á Xerencia de Atención Primaria a remisión da oferta mediante fax 982 29 62 28, ou telegrama no mesmo día, de conformidade co artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

Apertura de proposicións: terá lugar no salón de actos da Xerencia de Atención Primaria de Lugo a partir das 10 horas do décimo primeiro día natural contado desde o seguinte a aquel en que remate o prazo de presentación de ofertas; no caso de que

o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

Documentación que achegarán os licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

Anuncios: o pagamento do anuncio do presente concurso público será por conta do adxudicatario do contrato.

Lugo, 18 de xuño de 1999.

Lorenzo Armenteros del Olmo

Director xerente de Atención Primaria de Lugo