Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Xoves, 28 de outubro de 1999 Páx. 12.710

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 7 de outubro de 1999, da Dirección Xeral de Xustiza e Administración Local, pola que se emprazan os interesados no recurso contencioso-administrativo de procedemento abreviado 91/1999, interposto por Yolanda Rodríguez Caride.

Recibida providencia do Xulgado do Contencioso-Administrativo número dous da Coruña, pola que se reclaman os expedientes relativos ó recurso con

tencioso-administrativo de procedemento abreviado 91/1999, interposto por Yolanda Rodríguez Caride, contra as resolucións do 29 de maio de 1999 e do 25 de xuño de 1999, polas que se outorgaban os destinos correspondentes ós concursos de traslados con data do 15 de febreiro de 1999 e do 5 de outubro de 1998 respectivamente, polos que se convocaban prazas vacantes entre oficiais, auxiliares e axentes da Administración de xustiza.

A Dirección Xeral de Xustiza e Administración Local, de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, acorda a remisión dos citados expedientes administrativos ó referido órgano xudicial, o que se notifica para un xeral coñecemento de tódalas persoas interesadas no procedemento referido e emprázanse para que poidan comparecer como parte ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo número dous da Coruña no prazo de nove días.

Santiago de Compostela, 7 de outubro de 1999.

José Antonio Álvarez Vidal

Director xeral de Xustiza e Administración Local