Recibidas providencias do Xulgado do Contencioso-Administrativo número catro da Coruña, pola que se reclama o expediente relativo ós recursos contencioso-administrativos de procedementos abreviados 50 e 183/1999, interpostos por Ana Mª Villar Méndez e Mª Concepción Núñez Fernández respectivamente, contra a Resolución do 25 de xuño de 1999, pola que se outorgaban os destinos correspondentes ó concurso de traslado con data do 5 de outubro de 1998, polo que se convocaban prazas vacantes entre oficiais, auxiliares e axentes da Administración de xustiza.
A Dirección Xeral de Xustiza e Administración Local, de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, acorda a remisión dos citados expedientes administrativos ó referido órgano xudicial, o que se notifica para un xeral coñecemento de tódalas persoas interesadas no procedemento referido e emprázanse para que poidan comparecer como parte ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo número catro da Coruña no prazo de nove días.
Santiago de Compostela, 7 de outubro de 1999.
José Antonio Álvarez Vidal
Director xeral de Xustiza e Administración Local