Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Luns, 17 de xaneiro de 2000 Páx. 617

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLO CONSULTIVO DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 11 de xaneiro de 2000 pola que se nomea secretario xeral do Consello Consultivo de Galicia a Juan José Gallego Fouz.

De conformidade co previsto no artigo 21.3º da Lei 9/1995, de creación deste consello e 32 do seu Regulamento de organización e funcionamento, e a súa disposición adicional cuarta, e por acordo uná

nime do Pleno do Consello Consultivo do 11 de xaneiro de 2000,

RESOLVO:

Nomear a Juan José Gallego Fouz, secretario xeral deste órgano, con tódolos dereitos e obrigas propias do cargo, debendo procederse á publicación deste acordo no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 11 de xaneiro de 2000.

José Antonio García Caridad

Presidente do Consello Consultivo de Galicia