A Lei 13/1991, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, no seu artigo 6 sinala a obriga de que os prezos privados sexan fixados polas consellerías correspondentes, logo do informe favorable da Consellería de Economía e Facenda, e publicados no Diario Oficial de Galicia.
Para cumprir este mandato e despois de emitido o preceptivo informe favorable pola Consellería de Economía e Facenda, esta consellería
DISPÓN:
Artigo único.
1. Quedan aprobados os prezos de venda das pezas do uniforme dos alumnos da AGS, cando sexa necesaria a súa reposición por deterioración ou extravío.
2. Estes prezos, que se relacionan no anexo, entenderanse co IVE incluído.
Santiago de Compostela, 11 de maio de 2000.
Antonio Pillado Montero
Conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais
ANEXO
Xersei4.700 ptas.
Camisa1.220 ptas.
Cinto1.960 ptas.
Zapato piso goma4.600 ptas.
Zapato piso sola5.125 ptas.
Gorra2.100 ptas.
Gravata1.115 ptas.
Ombreiras escudo (par)780 ptas.
Escudo plastificado535 ptas.
Calcetíns210 ptas.
Pantalón4.100 ptas.
Chuvasqueiro8.000 ptas.
Suadeira3.625 ptas.
Pantalón a xogo3.500 ptas.
Camiseta1.425 ptas.
Calcetíns de algodón325 ptas.
Chuvasqueiro3.200 ptas.
Pantalón deporte1.500 ptas.
Zapatillas deporte5.625 ptas.
Bolsa deporte2.350 ptas.