Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 185 Luns, 24 de setembro de 2001 Páx. 12.646

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 27 de agosto de 2001, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se fai público o acordo de iniciación do expediente sancionador en materia de espectáculos públicos 202/2001.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réximen xurídico das administracións públicas e do procedemen

to administrativo común, notifícaselles ás persoas que se relacionan a continuación, os acordos de iniciación dos expedientes sancionadores, por infracción á Lei orgánica 1/1992, do 21 de febreiro, de protección da seguridade cidadá, por non ser posible a súa notificación por correo certificado:

Número de expediente: 202/2001.

Denunciado: Manuel Antonio Ferreiro López.

D.N.I.: 33843490-W.

Enderezo: Cambeo, nº 68. Coles (Ourense).

Establecemento: Club el Descanso. Cambeo (Coles).

Precepto infrinxido: artigo 23 o) da Lei orgánica 1/1992, do 21 de febreiro (BOE do 22 de febreiro), na nova redacción dada pola Lei orgánica 4/1997, do 4 de agosto.

Sanción prevista: multa de ata 1.000.000 de pesetas.

A competencia para impoñer esta clase de sancións correspóndelles ós delegados provinciais da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, segundo o Real decreto 1640/1996, do 5 de xullo, desenvolvido polo Decreto 360/1996, do 26 de setembro, de atribución ós órganos da Comunidade Autónoma de Galicia do exercicio da potestade sancionadora en materia de espectáculos públicos, en relación co artigo 29.1º d) da LOSC.

Infórmase de que, de conformidade co establecido no artigo 135 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, e nos artigos 3, 18 e 19 do Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora (Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto), conta cun prazo de quince días hábiles contados desde a publicación para exercer perante o instructor o dereito de audiencia e formular alegacións, así como examina-lo expediente nestas dependencias. Igualmente poderá exerce-lo dereito de recusación nos casos e na forma prevista no artigo 29 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

A tramitación do expediente realízase na oficina desta delegación provincial da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, sita na Avda. da Habana, nº 79-2º de Ourense.

No suposto de non efectuar alegacións sobre o contido da iniciación do procedemento, no prazo indicado, a iniciación poderá ser considerada proposta de resolución cos efectos previstos nos artigos 18 e 19 do Real decreto 1398/1993, impoñéndoselle en consecuencia unha sanción de cento vintecinco mil pesetas (125.000 pesetas).

Ourense, 27 de agosto de 2001.

P.A.

José César Losada Álvarez

Secretario provincial de Ourense