Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 185 Luns, 24 de setembro de 2001 Páx. 12.674

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 24 de agosto de 2001, da Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario de Pontevedra, pola que se anuncia o concurso público, polo procedemento aberto, para a subministración sucesiva de electrodos e marcapasos. (Expediente CP 031/2001).

A Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario de Pontevedra, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido na Orde do 23 de marzo de 2000 (Diario Oficial de Galicia nº 103 do 29 de maio) da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, sobre delegación de competencias no xerente xeral do Complexo Hospitalario de Pontevedra, e coa autorización determinada nesa orde, convoca o seguinte concurso público:

1. Nome, enderezo, números de teléfono, telégrafo, télex e telefax do órgano de contratación: Servicio Galego de Saúde. Complexo Hospitalario de Pontevedra. Hospital Montecelo. Unidade de Contratación Administrativa, rúa Mourente, s/n. 36071 Pontevedra. Teléfono: 986 80 00 00 (ext. 10344 e 10345). Fax: 986 80 00 01. Enderezo Internet: www.sergas.es.

2. a) Modalidade de adxudicación elixida: procedemento aberto, concurso público.

b) Forma do contrato que é obxecto da licitación: subministración sucesiva.

3. a) Lugar de entrega da subministración: almacén xeral-nave Servicio Móbil-Alba-San Caetano. 36157 Pontevedra.

b) Natureza e cantidade dos productos que se deban subministrar: subministración sucesiva de electrodos e marcapasos (5 lotes).

Orzamento total: oitenta e seis millóns duascentas vintecinco mil (86.225.000) pesetas. 518.222,68 euros.

c) Indicacións relativas á posibilidade de que os provedores presenten propostas para determinadas partes da subministración requirida: cada licitador poderá presentar proposicións por algún dos cinco lotes, agrupadas de varios lotes ou a totalidade da subministración.

4. Prazo de entrega eventualmente imposto: catro (4) días desde a formalización da petición.

5. a) Nome e enderezo do servicio ó que poden solicita-los pregos de condicións e os documentos complementarios: ver punto 1.

b) Data límite para efectuar esta solicitude: 16 de outubro de 2001.

6. a) Data límite de recepción das propostas: 22 de outubro de 2001.

b) Enderezo ó que deben enviarse: rexistro xeral do Complexo Hospitalario, no Hospital Provincial de Pontevedra, rúa Loureiro Crespo, nº 2. 36001 Pontevedra.

c) Lingua ou linguas nas que deban redactarse: castelán ou galego.

7. a) Persoas admitidas para asistiren á apertura das ofertas: apertura en acto público.

b) Data, hora e lugar da antedita apertura: terá lugar na sala de xuntas da xerencia xeral, planta baixa do Hospital Montecelo de Pontevedra, a partir das dez horas do décimo primeiro día natural, contado a partir do seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

8. Garantías esixidas: a garantía provisional é do 2% do importe da licitación do lote/s ós que se concorra. Ver no punto 11 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

9. Modalidades básicas de financiamento e de pagamento e/ou referencias ós textos que as regulan: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

10. Se é o caso, forma xurídica que deberá adopta-la unión de empresas adxudicataria da contratación: ver artigo 24 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

11. Datos referentes á situación do provedor e datos e formalidades necesarios para a avaliación das condicións de carácter económico e técnico que deberá reuni-lo provedor: ver punto 18 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

12. Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres meses desde a data de apertura das proposicións económicas.

13. Criterios que seguirán para adxudica-lo contrato: os establecidos no punto 13 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

14. Prohibición das variantes: non se admiten.

15. Información complementaria: o pagamento dos anuncios do concurso serán por conta dos adxudicatarios.

16. Data de publicación no Diario Oficial de las Comunidades Europeas do anuncio de información previa:

17. Data de envío do anuncio: 31 de agosto de 2001.

18. Data de recepción do anuncio pola Oficina de Publicacións Oficiais das Comunidades Europeas (reservado á OPOCE).

Pontevedra, 24 de agosto de 2001.

Pedro Soler Bordoy

Xerente xeral do Complexo Hospitalario de Pontevedra