Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Luns, 15 de outubro de 2001 Páx. 13.388

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 8 de outubro de 2001 pola que se convoca proceso selectivo para o ingreso en distintas escalas do corpo facultativo superior da Xunta de Galicia (grupo A).

De conformidade co establecido no Decreto 122/2001, do 18 de maio, polo que se aproba a oferta de emprego público correspondente a diversas prazas de Administración xeral e especial, así como do persoal laboral da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2001 (DOG nº 106, do 1 de xuño), esta consellería, no uso das competencias que lle atribúe a Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, segundo a redacción que lle deu a Lei 3/1995, do 10 de abril, (DOG nº 76, do 20 de abril),

DISPÓN:

Convocar proceso selectivo para o ingreso en distintas escalas de administración especial do corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, grupo A, con suxeición ás seguintes:

Bases da convocatoria:

I. Normas xerais.

I.1. O obxecto do proceso selectivo será a cobertura das distintas prazas do corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, polos sistemas de promoción interna e de acceso libre, polo procedemento de concurso-oposición, correspondentes ás escalas que figuran no anexo I.

I.1.1. O número total de vacantes reservadas ó sistema de promoción interna ascende ó 30% do total das vacantes, distribuídas da forma á que se refire o anexo I.

O número total de vacantes reservadas ó sistema de acceso libre distribúense de xeito recollido no anexo I.

As prazas sen cubrir das reservadas ó sistema de promoción interna acumularanse ó sistema de acceso libre.

I.1.2. Os aspirantes só poderán participar nun dos dous sistemas.

I.1.3.. De conformidade coa disposición adicional sétima da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, segundo a redacción dada pola Lei 4/1991, do 8 de marzo, e co Decreto 122/2001, do 18 de maio, polo que se aproba a oferta de emprego público correspondente a diversas prazas de Administración xeral e especial, así como do persoal laboral da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2001 (DOG nº 106, do 1 de xuño), do total de prazas reservarase, de se-lo caso, en cada escala o número de prazas que constan no citado anexo I, para seren cubertas por persoas con discapacidade igual ou superior ó 33%. Esta cota de reserva aplicarase ó sistema de acceso libre. De figurar en branco no dito anexo I, enténdese que non existe reserva ó respecto, por non acadarse as porcentaxes mínimas esixidas.

Os aspirantes con minusvalideces con grao de discapacidade igual ou superior ó 33% deberán acreditar tal condición, xunto coa súa solicitude, mediante certificación de compatibilidade coas funcións propias do corpo e escala emitida polos órganos competentes da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, e, de se-lo caso, da Administración correspondente.

No suposto de que tal/tales praza/s non sexa/n cuberta/s por persoa coa minusvalidez esixible, pasará a integrarse nas restantes prazas correspondentes ó sistema de acceso libre.

I.1.4. Ó presente proceso selectivo seralle aplicable á Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, modificada polas leis 4/1991, do 8 de marzo, e 3/1995 do 10 de abril, a Lei 30/1984, do 2 de agosto, modificada pola Lei 23/1988, do 28 de xullo; o Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, a Lei 17/1993, do 23 de decembro, de acceso a determinados sectores da función pública dos nacionais dos Estados membros da Unión Europea e demais normas concordantes, así como o disposto nesta convocatoria.

I.2. Requisitos dos candidatos.

I.2.1. Para ser admitidos á realización das probas selectivas os aspirantes deberán reuni-los seguintes requisitos:

I.2.2. Para promoción interna:

I.2.2.1. Estar en posesión ou en condicións de obte-lo título que para cada unha das escalas se especifica no anexo II.

I.2.2.2. Non estar separado do servicio de ningunha Administración pública en virtude de expediente disciplinario nin atoparse inhabilitado por sentencia firme para o exercicio de funcións públicas.

I.2.2.3. Os aspirantes deberán ser funcionarios da Administración da Xunta de Galicia e pertencer o día da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia a algún dos corpos ou escalas inte

grados no grupo B (corpo de xestión ou corpo facultativo de grao medio de Administración da Xunta de Galicia) de acordo co disposto no Decreto 91/1991, do 20 de marzo, de integración dos funcionarios na Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, ter unha antigüidade de, polo menos, dous anos no corpo ou escala de orixe e posuí-la titulación requirida para o acceso á escala.

I.2.3. Para acceso libre:

I.2.3.1. Ser español, ou nacional dun Estado membro da Unión Europea, ou nacional daqueles Estados ós que, en virtude de tratados internacionais celebrados pola Comunidade Europea e ratificados por España, sexa de aplicación a libre circulación de traballadores.

Tamén poderán participar o cónxuxe, descendentes e descendentes do cónxuxe, dos españois e dos nacionais de países membros da Unión Europea, sempre que non estean separados de dereito, menores de vinteún anos ou maiores da devandita idade que vivan ás súas expensas.

Este último beneficio será igualmente de aplicación a familiares de nacionais doutros Estados cando así se prevexa nos tratados internacionais celebrados pola Comunidade Europea e ratificados por España.

I.2.3.2. Ter cumpridos os dezaoito anos.

I.2.3.3. Estar en posesión ou en condicións de obte-lo título que para cada unha das escalas ou especialidades se especifica no anexo II.

No caso de titulacións obtidas no estranxeiro, deberá estarse en posesión do documento que acredite fidedignamente a súa homologación.

I.2.3.4. Non padecer enfermidade nin estar afectado por limitación física ou psíquica que sexa incompatible co desempeño das correspondentes funcións.

I.2.3.5. Non estar separado do servicio de ningunha Administración pública en virtude de expediente disciplinario nin atoparse inhabilitado por sentencia firme para o exercicio de funcións públicas.

I.2.3.6 Os aspirantes que non posúan a nacionalidade española deberán acreditar, igualmente, non estar sometidos a sanción disciplinaria ou condena penal que impida, no seu Estado, o acceso á función pública.

1.2.3.7 . Naquelas escalas nas que se reserven prazas para persoas con minusvalidez, estar en posesión do documento xustificativo de discapacidade igual ou superior ó 33%, conforme a normativa vixente e, así mesmo, do certificado a que fai referencia a base 1.1.3.

I.2.4. Tódolos requisitos enumerados na base I.2.2 e I.2.3 deberán posuírse no día de finalización do prazo de presentación de solicitudes.

I.3. Solicitudes

I.3.1. Os que desexen tomar parte no proceso selectivo deberán facelo constar mediante instancia (anexo III), que será facilitada nas dependencias da Administración da Xunta de Galicia ás que se fai referencia na base I.3.2..

Xunto coa instancia presentarase a seguinte documentación:

a) Fotocopia do documento nacional de identidade.

b) Xustificante de ter aboados os dereitos de exame, expedido pola entidade bancaria correspondente, ou, de se-lo caso, a copia cotexada da cualificación de minusvalidez, para os efectos da exención prevista no parágrafo cuarto desta base e do disposto nas bases I.1.3 e I.3.3.

c) Documento xustificativo de estar en posesión do título do curso de perfeccionamento de galego ou estudios equivalentes, debidamente homologados pola Dirección Xeral de Política Lingüística da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, para os efectos da exención prevista na base II.2.1.

d) Así mesmo, os aspirantes con minusvalideces con grao de discapacidade igual ou superior ó 33% deberán presentar xunto coa solicitude certificación de compatibilidade coas funcións propias do corpo e escala emitida polos órganos competentes da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, e, de se-lo caso, da Administración correspondente, para acreditar que reúnen o requisito de aptitude para o desempeño das correspondentes funcións.

e) Os aspirantes que non posúan a nacionalidade española e teñan dereito a participar deberán presentar unha fotocopia do documento que acredite a súa nacionalidade e, de se-lo caso, os documentos que acrediten o vínculo de parentesco e o feito de viviren a expensas ou estaren a cargo do nacional doutro Estado co que teñan o dito vínculo. Así mesmo, deberán achega-la declaración xurada ou promesa deste de que non está separado de dereito do seu cónxuxe e, de se-lo caso, do feito de que o aspirante vive a expensas ou está ó seu cargo.

Para os efectos de información o teléfono de contacto é o 902 12 00 12 en horario de 9 ás 19 horas de luns a venres e de 9 ás 14 horas os sábados.

Por imperativo legal, de conformidade co disposto no artigo 31 punto 3º da Lei 4/2000, do 27 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2001, que modifica o Decreto lexislativo 1/1992, do 11 de abril , polo que se aproba o texto articulado das bases contidas no capítulo 3º do título II da Lei 13/1991, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, como requisito necesario para participar no proceso selectivo, deberase aboar previamente en concepto de dereitos de exame o importe de 7.755 pesetas e, de se-lo caso, os gastos de transferencia correspondentes, utilizando para iso

o impreso de autoliquidación sinalado no anexo IV. O dito impreso facilitaráselles ós interesados no rexistro xeral da Consellería da Presidencia e Administración Pública, nos das súas delegacións provinciais e nas oficinas comarcais da Xunta de Galicia.

Estarán exentos do pagamento das taxas por dereitos de inscrición os que posúan unha discapacidade igual ou superior ó 33%, circunstancia que deberá ser acreditada documentalmente xunto coa instancia, presentando copia cotexada da cualificación da minusvalidez.

A presentación do xustificante do ingreso das taxas, no que non figure o selo da entidade bancaria con indicación da data, determinará a exclusión do aspirante. En ningún caso a presentación deste xustificante suporá a substitución da presentación, en tempo e forma, da solicitude.

O importe aboado en concepto de dereitos de exame devolverase, logo dos trámites correspondentes, ós aspirantes excluídos que o soliciten no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación no DOG da resolución definitiva da Dirección Xeral da Función Pública á que fai referencia o punto terceiro da base I.4.2.

I.3.2. A presentación de solicitudes farase no rexistro xeral da Consellería da Presidencia e Administración Pública, no das súas delegacións provinciais, oficinas comarcais da Xunta de Galicia, así como nos lugares previstos no artigo 38 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo de vinte días naturais, contados a partir do seguinte ó da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia, e dirixiranse ó director xeral da Función Pública da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

As solicitudes subscritas no estranxeiro poderán cursarse, no prazo expresado no parágrafo anterior, a través das representacións diplomáticas ou consulares españolas correspondentes, que as remitirán seguidamente ó organismo competente.

I.3.3. Os aspirantes cun grao de discapacidade igual ou superior ó 33%, a que se refire a base I.1.3 deberán indica-lo expresamente na solicitude, especificando claramente o tanto por cento de discapacidade recoñecida polo órgano competente.

Así mesmo, de se-lo caso, os aspirantes con algunha discapacidade poderán solicita-las posibles adaptacións de medios para a realización dos exercicios en que esta adaptación sexa necesaria, todo iso conforme o contido na Lei 13/1982, do 7 de abril e no Decreto 122/2001, do 18 de maio, polo que se aproba a oferta de emprego público para o ano 2001.

I.4. Admisión de aspirantes.

I.4.1. Finalizado o prazo de presentación de instancias, o director xeral da Función Pública dictará resolución de conformidade co establecido no arti

go 12 do Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, que se publicará no Diario Oficial de Galicia, e na que se declarará aprobada a lista provisional de admitidos e excluídos. Na lista deberán constar, en todo caso, os apelidos, nome e número de documento nacional de identidade.

I.4.2. Os aspirantes excluídos disporán dun prazo de dez días, contados a partir do seguinte ó da publicación da resolución, para poderen emendar, de se-lo caso, o defecto que motivase a exclusión.

Para tal efecto, a estimación ou desestimación das ditas peticións de emendas entenderanse implícitas na resolución pola que se publique a lista definitiva.

Unha vez transcorrido o dito prazo, a Dirección Xeral da Función Pública dictará resolución definitiva, contra a que se poderá interpoñer recurso potestativo de reposición perante esta consellería, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, ou poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados desde a mesma data, de conformidade co disposto no artigo 8.2º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, en relación co artigo 10.1º do mesmo texto legal.

O feito de figurar na relación de admitidos non prexulga que se lles recoñeza ós interesados a posesión dos requisitos esixidos no procedemento que se convoca. Cando da documentación que debe presentarse, no caso de supera-lo proceso selectivo, se desprenda que non posúen algún dos requisitos, os interesados decaerán en tódolos dereitos que puideran derivarse da súa participación no procedemento.

II. Concurso-oposición.

O proceso de selección será o de concurso-oposición.

II.1. Fase de concurso.

II.1.1. Para o acceso mediante promoción interna:

Valoración de méritos:

II.1.1.1. Servicios prestados na Comunidade Autónoma:

Na fase de concurso valoraranse, de acordo co previsto na disposición transitoria décimo primeira da Lei 4/1988, da función pública de Galicia, ó persoal comprendido nesta, os servicios prestados con carácter definitivo na Administración da Xunta de Galicia no grupo B dela, a razón de 0,04 puntos por mes de servicios efectivos ou fracción, ata o tope de 7,2 puntos.

II.1.1.2. Servicios prestados noutras administracións públicas:

No grupo B: 0,02 puntos por mes de servicios efectivos ou fracción, ata o tope de 3 puntos.

II.1.1.3. Grao persoal consolidado, ata o tope de 3,5 puntos:

a) Nivel 16: 0,5 puntos.

b) Por cada dous niveis superiores: 0,5 puntos.

II.1.1.4. Traballo desenvolvido:

Polo desempeño, como funcionario do grupo B, de postos de traballo incluídos no intervalo de niveis correspondentes ó grupo A: 0,20 puntos por ano completo, ata o tope de 2,3 puntos. Só se terán en conta os intervalos de niveis de aplicación ós funcionarios da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.

II.1.1.5. Cursos de formación e perfeccionamento:

Por cada curso directamente relacionado coas funcións propias da escala a que se opta no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, realizados en administracións públicas, escolas das administracións públicas, universidades e INEM, así como os cursos homologados e os que recibiron informe favorable da comisión de formación continua da Comunidade Autónoma de Galicia:

-Ata as primeiras 20 horas: 0,25 puntos.

-Por cada hora que exceda dese número: 0,01 puntos por hora.

Se non se acredita a duración, entenderase ata 20 horas.

Non se valorarán os diplomas relativos á celebración de xornadas, seminarios, simposios e similares.

A puntuación máxima alcanzable neste epígrafe será de 2 puntos.

II.1.1.6. A puntuación obtida na fase de concurso non poderá supera-los 18 puntos, sumados os epígrafes II.1.1.1. ó II.1.1.5.

II.1.2. Para o acceso libre:

II.1.2.1. Ó persoal transferido polo Estado, tanto en réxime de contratación administrativa como interino, ó persoal interino seleccionado a través das oportunas probas convocadas pola Xunta de Galicia, así como ós contratados administrativos en situación de expectativa de acceso á función pública segundo o Decreto 57/1983, do 6 de abril, que estivesen en activo á entrada en vigor da Lei 4/1988, ou que estivesen ó servicio da Comunidade Autónoma de Galicia o 1 de maio de 1990 e ó persoal contratado laboral fixo que ocupe ou ocupase postos de traballo que pola natureza das súas funcións deban ser desempeñados por funcionarios pertencentes ó corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, na escala a que se opta, valoraráselle a antigüidade na Xunta de Galicia a razón de 0,375 puntos por mes de servicios ou fracción, non podendo excede-la puntuación total dos 22,5 puntos, segundo os seguintes criterios:

a) Ó persoal interino e contratado administrativo só se lle valorarán aqueles servicios que prestasen como titulados superiores nos postos correspondentes ó grupo A, con funcións propias da escala a que se opta.

b) Ó persoal laboral só se lle valorarán os servicios prestados en postos de traballo correspondentes ó grupo I do convenio colectivo único para o persoal ó servicio da Xunta de Galicia, con funcións propias da escala a que se opta.

II.1.2.2. Ós aspirantes do sistema de acceso libre que desempeñen ou desempeñasen postos de traballo na Administración da Xunta de Galicia, en réxime de persoal interino ou contratado administrativo, que deban ser desempeñados por funcionarios/as do corpo facultativo superior da Xunta de Galicia na escala a que se opta, ós que non lles sexan de aplicación as disposicións transitorias da Lei 4/1988, valoraránselle-los servicios prestados en tal Administración cos criterios previstos na base anterior a razón de 0,20 puntos por mes de servicios ou fracción.

II.1.2.3. Os aspirantes contratados en réxime laboral temporal que realicen ou realizaran nesta Administración funcións propias do corpo facultativo superior da Xunta de Galicia na escala á que se opta, valoraránselle-los servicios prestados correspondentes ó grupo I do convenio colectivo único da Xunta de Galicia, con funcións propias da escala á que se opta, a razón de 0,20 puntos por mes de servicios ou fracción.

II.1.2.4. Así mesmo, ó persoal que, na data de publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia, estea prestando servicios con funcións propias do corpo facultativo superior da Xunta de Galicia na escala á que se opta e teña prestados servicios no grupo A ou grupo I noutras administracións públicas con funcións propias da escala á que se opta, valoraránselle estes coa seguinte puntuación:

a) 0,20 puntos por mes ou fracción, no caso de que o aspirante estea transferido á Comunidade Autónoma de Galicia mediante a correspondente normativa.

b) 0,13 puntos por mes ou fracción, nos supostos non incluídos na alínea a) anterior.

II.1.2.5. A suma das distintas puntuacións que poidan adxudicarse conforme o previsto nas bases II.1.2.2, II.1.2.3 e II.1.2.4, en ningún caso poderá exceder de 17,5 puntos conxuntamente.

II.1.2.6. Ós aspirantes que xa accederan á condición de funcionarios da Administración da Xunta de Galicia ós que se lles computaron os servicios a que fan referencia os epígrafes II.1.2.1, 2, 3 e 4 para o seu ingreso na función pública, non se lles valorarán estes na presente convocatoria.

II.1.3. Os méritos enumerados nas bases II.1.1. e II.1.2. deberán referirse á data de publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Os méritos, requisitos e datos imprescindibles deberán ser acreditados mediante certificado, que se entregará coa instancia que se presente, segundo os modelos que figuran como anexos V e VI a esta orde, debendo xuntar á dita certificación, o funcionario competente que certifique, as fotocopias da documentación correspondente ás distintas situacións e méritos que se invoquen, que formarán parte integrante da certificación e presentaranse cotexadas fidedignamente, debendo numerarse de acordo co indicado modelo, significando que non se terán en conta as certificacións que non se axusten ó establecido anteriormente.

As certificacións deberán ser expedidas polas unidades seguintes de acordo co destino definitivo de cada aspirante:

-Servicios centrais:

Secretario xeral, subdirector xeral ou xefes de servicio que teñan atribuídas funcións en materia de xestión de persoal, dependentes da secretaría xeral da consellería respectiva ou dos seus organismos autónomos.

-Servicios periféricos:

Secretarios ou, de se-lo caso, funcionario responsable da área de Persoal das delegacións/direccións territoriais, provinciais ou comarcais da consellería respectiva, ou dos seus organismos autónomos.

II.1.4. Rematada a fase de oposición e respecto dos aspirantes que superaron a dita fase, o tribunal procederá á baremación desta fase de concurso e publicarase no Diario Oficial de Galicia, con indicación da puntuación obtida por cada aspirante. Contra a baremación, os aspirantes que o consideren oportuno poderán presentar reclamación perante o propio tribunal no prazo de dez días hábiles contados a partir do seguinte ó da publicación no Diario Oficial de Galicia da dita baremación.

Á vista das reclamacións presentadas e realizadas, se é o caso, as oportunas correccións da baremación inicialmente asignada a cada aspirante, o tribunal incluiraas no acordo definitivo que conteña a relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo a que se refire a base IV.1.

II.2. Fase de oposición.

O programa que rexerá as probas selectivas será o publicado no Diario Oficial de Galicia nº 10, do 15 de xaneiro de 2001, aprobado pola Orde do 7 de decembro de 2000 cunha corrección de erros publicada no Diario Oficial de Galicia nº 34, do 16 de febreiro de 2001.

II.2.1. Exercicios comúns para ambos sistemas de acceso.

a) Primeiro exercicio, de carácter eliminatorio: consistirá en contestar por escrito a un cuestionario de cen (100) preguntas tipo test con catro (4) respostas alternativas propostas polo tribunal, que será o resultante do sorteo de entre tres cuestionarios elaborados previamente polo mesmo e correspon

dentes ó contido do programa. O tempo máximo de duración será de tres horas.

Cada opositor poderá obter copia do exercicio realizado ó remate do mesmo.

No prazo das vintecatro horas seguintes ó da celebración farase pública, no lugar de realización do exercicio, o modelo de corrección do test, indicando as respostas correctas.

Este exercicio cualificarase de 0 a 20 puntos, sendo necesario para superalo obter un mínimo de 10 puntos. Para iso, terase en conta que por cada tres respostas incorrectas se descontará unha correcta.

Corresponderá ó tribunal determina-lo número de respostas correctas esixido para acada-la puntuación mínima.

As puntuacións publicaranse unha vez rematada a corrección da totalidade dos exercicios.

b) Segundo exercicio, de carácter eliminatorio: os aspirantes, no prazo máximo de seis horas, deberán desenvolver por escrito tres (3) temas, un (1) da parte común e dous (2) da parte específica do programa, (un da primeira parte e outro da segunda parte da dita parte específica), de conformidade co establecido no programa aprobado pola Orde do 7 de decembro de 2000, coas seguintes particularidades:

-Na escala de enxeñeiros de minas, a primeira parte da parte específica do programa comprende os temas 1 a 25, ámbolos dous inclusive, e a segunda parte os temas 26 a 50, ámbolos dous inclusive.

-Na escala de arqueólogos, a primeira parte comprende os temas de arqueoloxía, lexislación e xestión (temas 1 a 26, inclusive) e a segunda parte, os de inventario, protección/posta en valor e medio ambiente (temas 27 a 46, inclusive).

Os tres temas elixiranse polo opositor de entre dous (2) da parte común e catro (4) da parte específica (a razón de dous por cada unha das partes), obtidos mediante sorteo polo tribunal de entre os que forman o contido do programa. Os temas iranse desenvolvendo a intervalos de dúas horas cada un, realizándose sucesivamente logo de chamamento do tribunal e unha vez que se efectúen os correspondentes sorteos.

Posteriormente, serán convocados oportunamente polo tribunal para proceder á súa lectura pública, que se levará a cabo polo seu autor ou, na súa imposibilidade, ó seu rogo e na súa presencia, pola persoa que designe ou por un membro do tribunal.

O tribunal poderá dispoñe-la obtención de copias fotoestáticas dos exercicios para cotexa-la lectura efectuada polo aspirante.

As contestacións a este exercicio cualificaranse de 0 a 20 puntos, sendo necesario para superalo obter como mínimo 10 puntos, correspondendo ó tribunal determina-lo nivel de coñecementos esixidos para acada-la puntuación mínima.

As puntuacións publicaranse diariamente unha vez rematada a lectura dos exercicios correspondentes.

c) Terceiro exercicio, de carácter eliminatorio, constará de dúas probas:

Primeira proba: consistirá na traducción dun texto do castelán para o galego elixido por sorteo de entre tres textos propostos polo tribunal.

Segunda proba: consistirá na traducción dun texto do galego para o castelán, elixido por sorteo de entre tres textos propostos polo tribunal.

O tempo máximo para a realización do exercicio será dunha hora.

Este exercicio valorarase como apto ou non apto, sendo necesario para superalo obte-lo resultado de apto, correspondendo ó tribunal determina-lo nivel de coñecementos esixidos para acada-lo resultado de apto.

Os resultados publicaranse unha vez rematada a corrección da totalidade dos exercicios.

Estarán exentos da realización do terceiro exercicio os aspirantes que acrediten a posesión do curso de perfeccionamento de galego, ou estudios equivalentes, debidamente homologados pola Dirección Xeral de Política Lingüística da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia. Tal acreditación deberá presentarse xunto coa instancia de conformidade co previsto na base I.3.1.

II.2.2. Exercicio específico para o sistema de acceso libre.

Cuarto exercicio, de carácter eliminatorio: consistirá na resolución dun suposto práctico á elección do aspirante, de entre dous que serán os resultantes do sorteo levado a efecto entre seis elixidos polo tribunal e relacionados coas materias correspondentes ó contido do programa no que se refire ós temas específicos de cada escala. Disporá dun tempo máximo de catro horas para efectualo.

Para a realización do cuarto exercicio poderá servirse ós opositores de textos legais sen comentarios, excluíndose os libros de consulta.

Este exercicio cualificarase de 0 a 10 puntos, sendo necesario para superalo obter un mínimo de 5 puntos, correspondendo ó tribunal determina-lo nivel de coñecementos esixidos para acada-la puntuación mínima. As puntuacións publicaranse unha vez rematada a corrección da totalidade dos exercicios.

II.2.3. Os aspirantes deberán presentarse para a realización de cada exercicio provistos de DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal. Así mesmo, deberán presentarse provistos do correspondente lapis do nº 2 e goma de borrar para a realización dos exercicios tipo test.

II.2.4. Os exercicios celebraranse a porta pechada sen outra asistencia que a dos opositores, membros do tribunal e os colaboradores designados por este,

excepto á exposición do segundo exercicio, que se realizará en sesión pública.

II.2.5. A orde de puntuación dos aspirantes que superen o proceso selectivo efectuarase de acordo coa suma da puntuación obtida na fase de concurso e na da oposición, non podendo supera-lo proceso selectivo un número superior ó de prazas convocadas.

II.2.6. Os aspirantes que ingresen polo sistema de promoción interna, en virtude do disposto no artigo 22.2º do Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna da Comunidade Autónoma de Galicia terán, en todo caso, preferencia sobre os aspirantes provenientes do sistema xeral de acceso libre para cubri-las vacantes correspondentes.

No sistema de promoción interna, os aspirantes que superen o presente proceso selectivo poderán tomar posesión da praza que viñeran desempeñando con carácter definitivo, cando esta, de conformidade cos requisitos esixidos nas relacións de postos de traballo, poida ser desempeñada por funcionarios pertencentes ó corpo ó que accedan, de acordo co disposto no artigo 60 da Lei 4/1988, do 26 de maio, modificada pola Lei 3/1995, da función pública de Galicia.

II.3. Desenvolvemento dos exercicios:

II.3.1. Os exames deberán desenvolverse en galego ou castelán.

II.3.2. A orde de actuación dos opositores iniciarase alfabeticamente polo primeiro da letra T, de conformidade co establecido na resolución da Dirección Xeral da Función Pública do 14 de febreiro de 2001, polo que se publica o resultado do sorteo celebrado o 13 de febreiro (Diario Oficial de Galicia nº 39, do 23 de febreiro), ó tratarse dunha convocatoria correspondente ó ano 2001.

II.3.3. En calquera momento os aspirantes poderán ser requiridos polo tribunal correspondente coa finalidade de acredita-la súa personalidade.

II.3.4. Os aspirantes serán convocados para cada exercicio en único chamamento, sendo excluído da oposición quen non compareza, podéndose considera-los casos de forza maior, debidamente xustificados e libremente apreciados polo tribunal, para efectos dun posterior chamamento.

II.3.5. A publicación dos sucesivos anuncios de celebración do segundo e restantes exercicios será efectuada polo tribunal nos locais onde se celebrase o primeiro, e por calquera outro medio, se se xulga conveniente, para facilita-la súa máxima divulgación, cun mínimo de corenta e oito horas de antelación á sinalada para a súa iniciación. Cando se trate de distintas fases do mesmo exercicio, o anuncio será publicado nos locais onde se celebrase, e nalgún outro medio se se xulga conveniente, cun mínimo de doce horas de antelación.

II.3.6. En calquera momento do proceso selectivo, se o tribunal tivera coñecemento de que algún aspirante non cumpre algún dos requisitos esixidos pola convocatoria, logo da audiencia do interesado, deberá acorda-la súa exclusión, se procede.

Contra tal acordo poderá interpoñerse recurso de alzada conforme o previsto no artigo 114 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

III. Tribunais.

III.1. Os tribunais cualificadores do proceso serán designados por orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública, e a súa composición será a determinada polo previsto no artigo 7 do Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.

III.2. Ademais dos tribunais que se designen na orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública, poderán nomearse máis tribunais para xulga-lo proceso, por proposta do tribunal número 1, cando polo número de aspirantes isto fose necesario.

A autoridade convocante publicará no DOG resolución pola que se nomeen os novos tribunais, de se-lo caso.

III.3. Os membros dos tribunais deberán absterse de intervir, notificándollo ó director xeral da Función Pública da Consellería da Presidencia e Administración Pública, cando concorran neles circunstancias das previstas no artigo 28 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común ou se realizasen tarefas de preparación de aspirantes a probas selectivas nos cinco anos anteriores á publicación da convocatoria.

O presidente poderá solicitar dos membros do tribunal declaración expresa de non atoparse incursos nas circunstancias previstas no artigo 28 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Así mesmo, os aspirantes poderán recusa-los membros do tribunal cando concorran as circunstancias previstas na presente base.

III.4. A autoridade convocante publicará no DOG resolución pola que se nomeen os novos membros do tribunal, que substituirán os que perdesen a súa condición por algunha das causas previstas na base III.3.

III.5. Logo da convocatoria do presidente do tribunal número 1, constituiranse os tribunais en sesión conxunta. Tal constitución entenderase válida con que asistan a ela a maioría dos membros de cada tribunal.

A realización da sesión de constitución terá lugar no prazo máximo de trinta días a partir da publicación dos tribunais e mínimo de dez días antes da realización do primeiro exercicio.

Na dita sesión, os tribunais, baixo a dirección e coordinación do tribunal número 1, adoptarán tódalas decisións que lles correspondan para o correcto desenvolvemento das probas selectivas.

Especialmente cando as circunstancias así o aconsellen os tribunais poderán acordar que a celebración de calquera dos exercicios da fase de oposición se realice simultaneamente en varias localidades.

III.6. A partir da sesión de constitución, cada tribunal, para actuar validamente, requirirá a presencia da maioría dos seus membros, titulares ou suplentes.

III.7. O procedemento de actuación dos tribunais axustarase en todo momento ó disposto na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

III.8. A cada tribunal corresponderalle xulgar un número determinado de aspirantes que estarán comprendidos entre as letras do abecedario correspondentes ós apelidos dos opositores que se lles asignasen.

III.9. A un dos tribunais corresponderalle xulga-los aspirantes correspondentes ó sistema de promoción interna.

III.10. Corresponderalle ó tribunal nomeado co número un:

-Cursar de orde do seu presidente citación ó resto dos tribunais para constituírse nun acto conxunto.

-Mediante anuncio público no DOG e demais anuncios correspondentes, fixarase o lugar, data e hora de realización do primeiro exercicio.

-Recibi-los expedientes dos demais tribunais relativos ó transcurso das probas e respectivas propostas e eleva-la proposta definitiva de aprobados.

III.11. Co obxecto de acada-la necesaria coordinación entre os tribunais cualificadores, todos actuarán conxuntamente baixo a dirección do número 1, que resolverá cantas consultas, interpretacións e criterios de valoración e de unificación poidan presentar e solicitar os restantes tribunais sobre as normas da convocatoria.

Os tribunais cualificadores actuarán coordinadamente procurando a maior uniformidade nos criterios valorativos dos exercicios, sen prexuízo de que funcionarán con autonomía no que se refire á selección dos aspirantes, formulando as súas propias propostas.

III.12. Por cada sesión do tribunal levantarase acta, que, lida ó principio da sesión seguinte e feitas, de se-lo caso, as rectificacións que procedan, autorizarase coa sinatura do secretario e o visto e prace do presidente.

III.13. Cada tribunal poderá dispoñe-la incorporación ós seus traballos de asesores especialistas para as probas correspondentes ós exercicios que estime pertinente, limitándose os ditos asesores a presta-la súa colaboración nas súas especialidades técnicas. A designación de tales asesores deberá

comunicárselle ó director xeral da Función Pública da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

III.14. Os tribunais cualificadores adoptarán as medidas precisas naqueles casos en que resulte necesario, de forma que os aspirantes con discapacidades gocen de similares condicións para a realización dos mesmos exercicios que os restantes participantes. Neste sentido estableceranse, para as persoas con discapacidades que o soliciten na forma prevista na base I.3.3., as adaptacións posibles en medios para a súa realización.

Se na súa realización se lle suscitaran dúbidas ó tribunal respecto da capacidade do aspirante para o desempeño das actividades habitualmente desenvolvidas polos funcionarios do corpo ó que opta, poderá solicita-lo correspondente dictame do órgano competente.

III.15. O presidente de cada tribunal adoptará as medidas oportunas para garantir que os exercicios da fase de oposición que se realicen en forma escrita sexan corrixidos sen que se coñeza a identidade dos aspirantes, utilizando para iso os impresos adecuados.

Os tribunais excluirán aqueles candidatos con exercicios nos que figuren marcas ou signos que permitan coñece-la identidade do opositor.

III.16. Os tribunais que actúen no proceso selectivo terán a categoría primeira das recollidas no Decreto 144/2001, do 7 de xuño.

O número máximo de sesións de cada un dos tribunais será fixado por resolución da Dirección Xeral da Función Pública, podendo só ampliarse o número delas, con base en causa xustificada, pola dita dirección xeral.

III.17. En ningún caso o tribunal poderá aprobar nin declarar que superaron o proceso selectivo un número superior de aspirantes ó de prazas convocadas. Calquera proposta de aprobados que contraveña o establecido será nula de pleno dereito.

III. 18. No suposto de empate nas puntuacións de dous ou máis aspirantes, estas resolveranse pola puntuación obtida no primeiro exercicio e se iso non fose suficiente, pola puntuación obtida nos sucesivos exercicios ata que se resolva o mesmo. De persisti-lo empate resolverase pola orde alfabética de acordo co sorteo que tivo lugar o día 13 de febreiro de 2001, publicado por resolución da Dirección Xeral da Función Pública do 14 de febreiro de 2001 (DOG nº 39, do 23 de febreiro).

Cada tribunal resolverá os empates que se produzan relativos ós aspirantes que lles correspondan. No caso de que, unha vez elevadas as distintas pro

postas ó tribunal número 1, se produzan novos empates, estes serán resoltos polo dito tribunal, de acordo cos criterios expresados no parágrafo anterior.

III.19. As comunicacións que formulen os aspirantes ós tribunais dirixiranse á Consellería da Presidencia e Administración Pública, Dirección Xeral da Función Pública (edificio administrativo San Caetano. Santiago de Compostela).

IV. Lista de aprobados.

Rematado o proceso selectivo, os tribunais farán públicas no DOG, no lugar ou lugares de celebración do último exercicio e naqueles outros que estimen oportunos, as relacións independentes de aspirantes que superaron o proceso selectivo, tanto polo sistema de acceso libre como polo de promoción interna, por orde de puntuacións acadadas, con indicación do seu documento nacional de identidade.

O presidente do tribunal número 1 enviará proposta conxunta de ámbalas dúas listas de aprobados ó director xeral da Función Pública, especificando, igualmente, o número de aprobados en cada un dos exercicios.

V. Presentación de documentación e nomeamento de funcionarios.

V.1. Por orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública elevarase a definitiva a proposta dos tribunais dos aspirantes que superaron o proceso selectivo, publicándose no DOG, e a partir da dita publicación computarase o prazo de 20 días naturais para que os aspirantes presenten na Dirección Xeral da Función Pública os seguintes documentos:

a) Fotocopia compulsada polo órgano competente do título esixido na base I.2, ou certificación académica que acredite ter realizado tódolos estudios para a obtención do título ou, de se-lo caso, documento que acredite fidedignamente a posesión do correspondente título académico.

b) Declaración baixo a súa responsabilidade de non ter sido separado do servicio de ningunha Administración pública en virtude de expediente disciplinario nin atoparse inhabilitado por sentencia firme para o exercicio de funcións públicas.

Os aspirantes que non posúan a nacionalidade española deberán presentar declaración xurada ou promesa de non estaren sometidos a sanción disciplinaria ou condena penal que impida no seu Estado o acceso á función pública, segundo o modelo que figura como anexo VII a esta convocatoria.

c) Deberá presentarse certificado médico oficial no que se acrediten os extremos sinalados na base I.2.3.4.

V.2. Respecto das persoas que accedan pola cota de reserva de minusválidos, e no caso de que o certificado de minusvalidez sufrira modificacións con respecto ó inicio do procedemento, a Consellería da Presidencia e Administración Pública requirirá documento acreditativo sobre a compatibilidade co desempeño das correspondentes funcións, ó órgano competente da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais e, de se-lo caso, da Administración correspondente.

V.3. Os que tiveran a condición de funcionarios de carreira están exentos de xustificar documentalmente as condicións e demais requisitos xa probados para obte-lo seu anterior nomeamento, debendo presentar certificación do servicio de persoal da consellería ou organismo do que dependeran para acreditar tal condición, con expresión do número e importe de trienios, así como a data do seu cumprimento.

V.4. Os que dentro do prazo fixado, salvo os casos de forza maior, non presentasen a documentación ou do exame dela se deducira que carecen dalgún dos requisitos sinalados na base I.2., non poderán ser nomeados funcionarios e quedarán anuladas as súas actuacións, sen prexuízo da responsabilidade en que incorresen por falsidade na solicitude inicial.

V.5. Rematado o proceso selectivo, e unha vez cumpridos os requisitos esixidos con anterioridade, os aspirantes que o superen serán nomeados funcionarios mediante orde do conselleiro da Presidencia e Administración Pública, que se publicará no DOG, no que se indicará o destino adxudicado de acordo coa puntuación obtida no proceso selectivo, non podendo supera-lo proceso selectivo un número superior ó de prazas convocadas.

Os aspirantes procedentes do sistema de promoción interna, en virtude do disposto no artigo 22.2º do Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, terán, en todo caso, preferencia sobre os aspirantes provenientes do sistema de acceso libre para cubri-las vacantes correspondentes.

Así mesmo, poderán tomar posesión da praza que viñeran desempeñando con carácter definitivo, cando esta, de conformidade cos requisitos esixidos na relación de postos de traballo, poida ser desempeñada por funcionarios pertencentes ó corpo ó que accedan, de acordo co disposto no artigo 60 da Lei 4/1988, do 26 de maio, modificada pola Lei 3/1995, da función pública de Galicia.

V.6. A toma de posesión dos aspirantes aprobados efectuarase no prazo dun mes, contado a partir da data de publicación do seu nomeamento no DOG, de conformidade coas disposicións previstas na Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, modificada polas leis 4/1991, do 8 de marzo e 3/1995, do 10 de abril, e demais normas concordantes.

VI. Disposición derradeira.

Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, ou poderase impugnar directamente ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados desde a mesma data, segundo o artigo 8.2º en conexión co artigo 10.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo.

Santiago de Compostela, 8 de outubro de 2001.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia e Administración

Pública

ANEXO I

EscalasP.

interna

A.

libre

Cota

discapac.

Total

prazas

Enxeñeiros de camiños, canles e portos268

Enxeñeiros agrónomos1022133

Enxeñeiros industriais123

Enxeñeiros de minas246

Enxeñeiros de montes817126

Enxeñeiros de telcomunicacións011

Arquitectos59115

Biólogos134

Químicos235

Arqueólogos113

Facultativos de arquivos36110

Facultativos de bibliotecas246

Facultativos de museos134

ANEXO II

EscalasTítulos esixidos

Enxeñeiros de camiños, canles e portosEnxeñeiro de camiños, canles e portos

Enxeñeiros agrónomosEnxeñeiro agrónomo

Enxeñeiros industriaisEnxeñeiro industrial

Enxeñeiros de minasEnxeñeiro de minas

Enxeñeiros de montesEnxeñeiro de montes

Enxeñeiros de telecomunicaciónsEnxeñeiro de telecomunicacións

ArquitectosArquitecto

BiólogosLicenciado en biolóxicas

QuímicosLicenciado en químicas

ArqueólogosLicenciado en xeografía e historia. Rama arqueoloxía

Facultativos de arquivosLincenciado ou equivalente

Facultativos de bibliotecasLicenciado ou equivalente

Facultativos de museosLicenciado ou equivalente

Instruccións para o/a interesado/a:

* Instruccións xerais.

-Escriba soamente á máquina ou con bolígrafo sobre superficie dura, empregando maiúsculas de tipo imprenta.

-Asegúrese de que os datos resultan claramente lexibles en tódolos exemplares.

-Evite dobra-lo papel e realizar correccións, emendas ou riscaduras.

-Non escriba nos espacios sombreados ou reservados.

-Non esqueza asina-lo impreso.

-Non esqueza achega-lo impreso de autoliquidación de taxas debidamente cuberto e selado pola entidade bancaria.

-Non esqueza xuntar fotocopia do seu DNI ou documentación acreditativa segundo a base I.3.1 da convocatoria.

-Non esqueza xuntar copia cotexada da cualificación da minusvalidez e certificación de compatibilidade co exercicio das funcións, de se-lo caso.

-Non esqueza achegar copia do documento xustificativo de estar en posesión do curso de galego ou estudios equivalentes segundo o esixido na correspondente convocatoria.

* Instruccións particulares.

1. Forma de acceso: consigne cun X o recadro de promoción interna ou acceso libre segundo conveña.

2. Escala ou especialidade: á que opta.

Quenda de discapacitados: os discapacitados que reunindo os requisitos legais esixibles pretendan participar pola quenda reservada a persoas discapacitadas deberán facelo constar expresamente no recadro que figura na instancia cun si.

ANEXO VII

D./Dna ..., con domicilio en ..., e con DNI/pasaporte ..., declara baixo xuramento ou promete, para efectos de ser nomeado funcionario do corpo facultativo superior da Administración da Xunta de Galicia, grupo A, escala ..., que non está sometido a sanción disciplinaria ou condena no Estado de ... que me impida o acceso á función pública.

En (país e localidade) ..., ... de ... de 2001.