Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Mércores, 15 de maio de 2002 Páx. 7.130

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 3 de maio de 2002 pola que se convoca un seminario internacional sobre a Administración nunha sociedade multilingüe.

En execución do Plan de actividades da EGAP para o ano 2002, convócase un seminario interna

cional sobre a Administración nunha sociedade multilingüe, que se desenvolverá conforme as seguintes bases:

1. Obxectivos.

A reflexión e debate entre expertos sobre problemas xurídicos, políticos e administrativos que presenta o uso das linguas distintas da oficial de cada Estado (linguas rexionais, minoritarias, etc.).

2. Destinatarios.

Persoal ó servicio das administracións públicas, profesores e estudiantes universitarios, e interesados en xeral.

3. Desenvolvemento.

3.1. Lugar: salón de actos da EGAP. Rúa de Madrid, 2-4. 15707 Santiago de Compostela.

3.2. Datas: 6 e 7 de xuño.

3.3. Horarios: día 6 (mañá e tarde); día 7 (mañá).

3.4. Prazas: 300.

4. Contido.

-Os problemas xerais das sociedades multilingües en Europa (as declaracións dos organismos internacionais sobre o emprego de diferentes linguas).

-O emprego das linguas e a evolución institucional en Bélxica.

-Os principios e as declaracións constitucionais sobre a lingua e a posible discriminación das minorías lingüísticas. O caso de Francia.

-A protección institucional das minorías lingüísticas en Bélxica.

-Lingua oficial do Estado e linguas non oficiais nas relacións cos organismos institucionais da Unión Europea.

-O multilingüismo nas relacións coa Administración xeral. A lingua dos procedementos administrativos.

-As administracións dos entes locais nas rexións multilingües. O caso de España.

-O emprego das linguas na xustiza. O posible dereito a utilizar linguas distintas da oficial do Estado.

-A lingua como signo de identidade e de cultura.

5. Inscrición e prazo de presentación de solicitudes.

As solicitudes, segundo o modelo oficial que figura ó final desta convocatoria, irán dirixidas ó director da Escola Galega de Administración Pública; polígono das Fontiñas, rúa de Madrid, 2-4. 15707 Santiago de Compostela, e presentaranse no rexistro xeral da EGAP, ou por calquera das formas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Admitiranse tamén inscricións por telefax: 981 54 63 30.

O prazo de presentación de solicitudes remata o día 31 de maio. A inscrición fóra de prazo admitirase no caso de quedaren prazas baleiras, coa condición de que se cumpran os requisitos xerais antes citados.

6. Publicación e notificación da selección.

A relación de participantes publicarase no taboleiro de anuncios da EGAP. Os interesados poderán obter confirmación da súa posible admisión chamando por teléfono, o día 4 de xuño das 8.30 ás 14.30 horas ó seguinte número de teléfono: 981 54 62 49.

7. Modificacións.

A EGAP reserva para si a facultade de interpretar e de resolve-las incidencias que puidesen xurdir no desenvolvemento das xornadas, así como a de

cancelalas, se o escaso número de solictudes non xustificase a súa realización.

8. Certificación de asistencia.

Entregaráselles, ó remate destas xornadas, a aquelas persoas inscritas que concorresen asiduamente a elas, cando a súa asistencia sexa igual ou superior ó 85% das horas lectivas programadas.

Santiago de Compostela, 3 de maio de 2002.

Domingo Bello Janeiro

Director da Escola Galega de Administración Pública

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS

E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA