Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Venres, 17 de outubro de 2003 Páx. 12.945

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

DECRETO 372/2003, do 16 de setembro, polo que se establece o currículo da especialidade deportiva de grao superior correspondente ó título de técnico deportivo superior en fútbol.

O Real decreto 1913/1997, do 19 de decembro, polo que se configuran como ensinanzas de réxime especial as conducentes á obtención de titulacións de técnicos deportivos, aproba as directrices xerais dos títulos e as correspondentes ensinanzas mínimas e habilita as comunidades autónomas para establece-lo currículo das modalidades ou especialidades deportivas.

Pola súa parte, o Real decreto 320/2000, do 3 de marzo, estableceu para a modalidade deportiva de fútbol o título de técnico deportivo superior na especialidade de fútbol, así como as súas ensinanzas mínimas e as probas e os requisitos de acceso a elas en consonancia co devandito Real decreto 1913/1997.

Pola súa vez, o punto 3º do artigo 4 da citada lei orgánica e o artigo 19 do Real decreto 1913/1997 atribúenlles ás respectivas administracións a competencia para establece-lo currículo do correspondente grao e modalidade, do que deben formar parte as ensinanzas mínimas.

Seguindo os principios xerais que rexen a actividade educativa nesta materia, o currículo das ensinanzas deportivas no ambito territorial galego establécese de xeito que permita a adaptación da nova titulación ó campo profesional e de traballo na realidade socioeconómica galega e ás necesidades de cualificación dos sectores productivos da nosa economía, tendo en conta a marxe suficiente de autonomía pedagóxica que posibilite ós centros adecua-la docencia ás características do alumnado e ó contorno sociocultural do centro.

Isto require o posterior desenvolvemento nas programacións elaboradas polo equipo docente das ensinanzas deportivas que concrete a adaptación sinalada, tomando como referencia inmediata as capacidades profesionais que definen o perfil profesional do título. Estas han permitir realiza-lo papel do posto de traballo en actividades específicas que producen resultados concretos, dirixi-las variacións que se dan na práctica do traballo e nos procesos productivos, actuar correctamente ante anomalías, dirixi-lo conxunto do traballo e acada-los obxectivos da organización, así como establecer prioridades e actuar en coordinación con outros departamentos.

O currículo que se establece no presente decreto describe os obxectivos xerais das ensinanzas deportivas como o conxunto de aptitudes que configura a cualificación profesional, así como os obxectivos para acadar dos distintos módulos formativos, expre

sados neste decreto como capacidades terminais, e os criterios de avaliación que definen en termos de resultados avaliables o comportamento, saber e comprender qué se require do alumnado para acada-los logros profesionais do perfil profesional.

Estas capacidades acádanse a partir duns contidos mínimos necesarios de tipo conceptual, procedemental e actitudinal, que proporcionarán o soporte de información e destreza precisos para desenvolver comportamentos profesionais, tanto no aspecto tecnolóxico como no de valoración funcional e técnica. Estes contidos son igualmente importantes, xa que todos eles levan a acada-las capacidades terminais sinaladas en cada módulo. Preséntanse agrupados en bloques que non constitúen un temario nin son unidades compartimentadas que teñan por si mesmas sentido; a súa estructura responde a aquilo que deberá ter en conta o profesorado á hora de elabora-las programacións de aula e a orde na que se presentan non implica secuencia.

As ensinanzas de cada grao estructúranse agrupadas en bloques:

O bloque común está composto por módulos transversais de carácter científico-técnico xeral, que serán coincidentes e obrigatorios para tódalas especialidades deportivas.

O bloque específico ten os módulos de formación deportiva específica de carácter científico e técnico relacionados coa modalidade e coa especialidade deportiva á que se refire o título. Neste bloque integraranse os contidos que atinxan ás singularidades que requira a mellor e máis completa formación de cada modalidade e especialidade deportiva.

O bloque complementario abrangue os contidos que teñan por obxectivos formativos a utilización de cursos tecnolóxicos e as variacións da demanda social, así coma a atención a outros aspectos que os centros desexen incorporar ó currículo.

Tamén forman parte da estructura das ensinanzas a formación práctica e o proxecto final, constituíndose dentro dela como bloques de módulos únicos e independentes. A formación práctica desenvolverase en institucións deportivas de titularidade pública ou entidades privadas, así coma no marco de programas de intercambio internacional, e realizarase ó supera-lo bloque común, específico e complementario.

A inclusión do módulo de formación práctica (MFP) posibilita que o alumnado complete a competencia profesional acadada no centro educativo mediante a realización dun conxunto de actividades productivas desenvolvidas no centro de prácticas. Estas actividades de referencia poden ser modificadas ou substituídas por outras que, adaptándose mellor ás actividades programadas no centro de prácticas, conduzan á adquisición das capacidades terminais deste módulo.

O proxecto final, que se inclúe nas ensinanzas deportivas reguladas neste decreto, permite comprender globalmente os aspectos sobresalientes da competencia profesional característica do título que foron abordados noutros módulos formativos. Ademais, integra ordenadamente distintos coñecementos sobre organización, características, condicións, tipoloxía, técnicas e procesos que se desenvolvan nas diferentes actividades productivas do sector ó que corresponda o título e, ó mesmo tempo, permite adquirir coñecementos, habilidades, destrezas e actitudes que favorecen o desenvolvemento daquelas capacidades relacionadas coa profesión.

Os centros educativos disporán dun determinado número de horas que lles han permitir realiza-lo desenvolvemento curricular establecendo os obxectivos, contidos, criterios de avaliación, secuencia e metodoloxía que respondan ás características do alumnado e ás posibilidades de formación que ofrece o seu contorno.

Por todo isto, por proposta do conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, co informe do Consello Galego de Ensinanzas Técnico-Profesionais e do Consello Escolar de Galicia e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día dezaseis de setembro de dous mil tres,

DISPOÑO:

Capítulo I

Perfil e currículo

Artigo 1º.-Identificación do título.

1. Este decreto establece o currículo que será de aplicación na Comunidade Autónoma galega, con validez académica e profesional en todo o territorio do Estado, para o ensino de réxime especial relativo ó título de técnico deportivo superior na especialidade de fútbol regulado no Real decreto 320/2000, do 3 de marzo, polo que se aproban as ensinanzas mínimas e se regulan as probas e os requisitos de acceso a estas ensinanzas.

2. A denominación, o nivel de formación e a duración das ensinanzas son os que se establecen no punto 1 do anexo deste decreto.

Artigo 2º.-Validez académica e profesional do título.

O título de técnico deportivo superior en fútbol que regula este decreto será equivalente para tódolos efectos ó grao superior ó que se refire o artigo 35.2º da Lei orgánica 1/1/1990, de ordenación xeral do sistema educativo e o artigo 7.3º da Lei orgánica 10/2002, do 23 de decembro, de calidade da educación.

Artigo 3º.-Perfil profesional.

A competencia xeral, as capacidades profesionais, as unidades de competencia, as realizacións, a localización no ámbito deportivo, a responsabilidade nas situacións de traballo e a evolución da competencia

que definen o perfil profesional do título son as que se establece no punto 2 do anexo deste decreto.

Artigo 4º.-Currículo das ensinanzas.

O currículo das ensinanzas é o que se establece no punto 3 do anexo deste decreto. Os criterios de avaliación son os resultados avaliables das capacidades terminais de cada módulo.

Capítulo II

Ordenación académica e impartición

Artigo 5º.-Acceso ás ensinanzas.

Os requisitos de acceso ás ensinanzas deportivas son os que se expresan no punto 4.1 do anexo deste decreto

Artigo 6º.-Profesorado.

1. As especialidades do profesorado de centros sostidos con fondos públicos con atribución docente nos módulos que compoñen este título son as que se expresan no punto 4.2 do anexo deste decreto.

2. Os requisitos de titulacións que acreditan o profesorado para imparti-los módulos destas ensinanzas son os que se expresan no punto 4.2.2 do anexo deste decreto ou as que foron declaradas equivalentes ou homologadas con elas.

3. As equivalencias de titulación para efectos de docencia son as que se expresan no punto 4.2.3 do anexo deste decreto.

4. As equivalencias de titulación para o seguimento dos bloques de formación práctica son as que se establecen no punto 4.2.4. do anexo deste decreto.

5. A habilitación docente a expertos e especialistas recóllese no punto 4.2.5. do anexo deste decreto.

Artigo 7º.-Espacios, instalacións e equipamentos.

Os requisitos de espacios e instalacións que deben reuni-los centros educativos para a impartición das ensinanzas deportivas son os que se determinan no punto 4.3 do anexo deste decreto.

Artigo 8º.-Validacións, correspondencias e acceso a outros estudios.

1. Os módulos formativos susceptibles de validación por estudios de formación ocupacional, correspondencia coa práctica laboral ou ben con outros estudios ou diplomaturas son os que se especifican no punto 4.4 do anexo deste decreto.

2. As persoas que cursen este ciclo formativo poderán, unha vez que o superen, acceder ós estudios universitarios que se indican no punto 4.4. do anexo deste decreto.

Artigo 9º.-Criterios xerais para o desenvolvemento e a avaliación das ensinanzas.

A obtención do título correspondente ó grao superior das ensinanzas que se regulan no presente decreto requirirá a avaliación positiva dos distintos módulos nos que se organizan as ensinanzas e segundo os criterios que se establecen no punto 4.5 do anexo deste decreto.

Artigo 10º.-Distribución horaria.

1. Os módulos formativos destas ensinanzas organizaranse segundo os horarios que se establecen no punto 4.6 do anexo deste decreto.

2. As horas de libre disposición que se inclúen neste punto serán utilizadas polos centros educativos para reforzar, nos módulos do bloque específico asociados a unidades de competencia, as capacidades de formación profesional de base ou de formación profesional específica, para lles dar resposta ás características dos alumnos e ter en conta as necesidades de desenvolvemento económico, social e de recursos humanos do seu contorno socioproductivo.

Disposicións adicionais

Primeira.-Non regulación de profesión titulada.

Os elementos que definen o perfil profesional nas correspondentes ensinanzas mínimas conducentes ós títulos oficiais de técnico das especialidades de fútbol non constitúen regulación do exercicio da profesión titulada.

Segunda.-Habilitación docente a expertos e especialistas.

Nas condicións que se establezan e cos criterios que se determinen con carácter xeral para todo o territorio nacional, concederanse as habilitacións docentes ós deportistas con méritos sobresalientes a nivel internacional e as persoas nas que concorran méritos deportivos de prestixio recoñecido e experiencia profesional que aseguren, en cada caso, a preparación necesaria para o desempeño do seu labor docente, para os efectos de obter habilitación para imparti-las ensinanzas de determinados módulos do bloque específico ou do bloque de formación práctica que se regulan neste decreto.

Mediante a referida habilitación docente obterase a condición de profesor especialista para imparti-la docencia do módulo correspondente.

Terceira.-Adecuación das ensinanzas.

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria poderá adecuar estas ensinanzas ás peculiares características da educación a distancia e da educación de persoas adultas, así como ás características dos alumnos con necesidades educativas especiais.

Disposición transitoria

Habilitación do profesorado ata que se realicen os cursos de capacitación pedagóxica.

1. En tanto se leven a cabo os recursos de capacitación pedagóxica do profesorado ós que se refire o artigo 27 do Real decreto 320/2000, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria habilitará, para imparti-las ensinanzas dos técnicos deportivos da especialidade de fútbol, quen reúna os requisitos de titulación ou posúa algún dos títulos declarados equivalentes recollidos no punto 6.2 do anexo deste decreto.

2. De igual xeito, para impartir determinados módulos do bloque específico ou para a titorización do módulo de formación práctica, poderá autorizarse quen estea en posesión do diploma ou certificado de máximo nivel federativo na especialidade de fútbol, que fora recoñecido polo Consello Superior de Deportes, conforme o previsto no artigo 42 do Real decreto 1913/1997. Ademais, terá que acreditar mediante currículo persoal a formación e a experiencia docente na materia.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Órgano competente para o desenvolvemento e a aplicación da presente norma.

Autorízase o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria para dictar cantas disposicións sexan precisas, no ámbito das súas competencias, para a execución e o desenvolvemento do disposto neste decreto.

Segunda.-Entrada en vigor do decreto.

O presente decreto entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, dezaseis de setembro de dous mil tres.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

ANEXO

1. Identificación do título.

Denominación do título: técnico deportivo superior en fútbol.

Nivel: grao superior.

Duración total: 875 horas.

2. Perfil profesional.

2.1. Competencia xeral.

Planificar e dirixi-lo adestramento de deportistas e equipos de fútbol en competicións de medio e alto nivel, así como dirixir escolas de fútbol.

2.2. Capacidades profesionais.

2.2.1. Capacidades técnicas.

* Efectua-la programación específica e a programación operativa do adestramento a medio e a longo prazo para a alta competición.

* Planificar e programa-lo adestramento técnico-táctico e de acondicionamento físico dos deportistas.

* Realiza-la formulación táctica aplicable á competición, en función do alto rendemento dos deportistas.

* Avalia-la actuación do deportista e do equipo a nivel psicolóxico, físico e técnico-táctico trala competición.

* Valora-lo rendemento a nivel físico, psíquico e técnico-táctico dos deportistas e dos equipos en colaboración con especialistas das ciencias do deporte.

* Planifica-lo ensino do fútbol desde a iniciación e o perfeccionamento ata o alto nivel.

* Planifica-la realización de actividades deportivas ligadas ó desenvolvemento do fútbol.

* Realiza-la xestión económica e administrativa dunha pequena ou mediana empresa.

* Adapta-la súa práctica docente ás últimas achegas técnicas ou científicas relacionadas co seu traballo.

2.2.2. Capacidades para afrontar continxencias.

* Garanti-la seguridade dos técnicos que dependan del.

* Resolve-las posibles continxencias que se presenten en relación á sección, o departamento ou a escola de fútbol, garantindo a seguridade das persoas, das instalacións, dos equipos e dos materiais.

2.2.3. Capacidades para a dirección de tarefas.

* Dirixi-lo adestramento técnico e táctico cos requisitos da alta competición.

* Dirixi-lo acondicionamento físico de futbolistas en función do rendemento deportivo.

* Dirixir tecnicamente e tacticamente o deportista e o equipo na competición.

* Coordinar, planificar e dirixi-la actividade doutros técnicos e profesionais do mesmo nivel de cualificación.

* Comunicarse e actuar de xeito coordinado con todas aquelas seccións ou cos departamentos que incidan na prestación do servicio, co fin de logra-los obxectivos previstos.

* Coordinar, planificar e dirixi-las actividades de competición e formación dun departamento, dunha sección ou dunha escola de fútbol.

2.2.4. Capacidades para adaptarse ó medio.

* Adaptarse ós cambios tecnolóxicos, organizativos, económicos e sociais que inciden na actividade profesional.

* Identifica-la información científica relacionada co seu traballo, co fin de desenvolver novas técnicas e tendencias, así como saber utiliza-los novos equipos e materiais do sector.

2.3. Responsabilidade e autonomía nas situacións de traballo.

A este técnico, que dirixirá técnicos deportivos de fútbol de nivel igual ou inferior ó seu, no marco

da súa función e dos obxectivos asinados, requiriránselle nos campos ocupacionais concernidos, polo xeral, as capacidades de autonomía en:

* Planificación e dirección do adestramento técnico-táctico de futbolistas e equipos de fútbol de medio e alto nivel.

* Verificación e avaliación do proceso do adestramento deportivo.

* Avaliación e control do rendemento deportivo utilizando os instrumentos apropiados en cada caso.

* Programación e dirección do acondicionamento físico de futbolistas.

* Dirección da participación de futbolistas en competicións.

* Dirección e seguridade dos técnicos que dependen del.

* Verificación das instruccións xerais sobre as actividades do responsable da entidade deportiva.

* Dirección técnica das actividades de competición e formativas dun departamento, dunha sección ou dunha escola deportiva de fútbol.

* Xestión económica e administrativa do departamento, a sección ou a escola de fútbol.

2.4. Unidades de competencia.

1. Planificar e dirixi-lo adestramento de xogadores de fútbol.

2. Programar e dirixi-la participación de equipos de fútbol en competicións de medio e alto nivel.

3. Dirixir un departamento, unha sección ou unha escola de fútbol.

2.5. Realizacións de cada unidade de competencia.

2.5.1. Unidade de competencia 1: planificar e dirixi-lo adestramento de xogadores de fútbol.

* Selecciona-los aspectos técnico-tácticos máis axeitados ás características físicas e psíquicas dos deportistas.

* Planifica-lo adestramento do equipo tendo en conta o nivel da competición.

* Dirixi-la preparación de deportistas en función do tipo de competición na que participan e o momento en que esta se desenvolve.

* Analiza-las regras de xogo para o mellor aproveitamento táctico.

* Seleccionar, por parte do adestrador, as estratexias psicolóxicas aplicables a cada xogador co obxectivo da mellora do seu propio rendemento.

* Utiliza-las novas tecnoloxías verificadas coas prácticas de adestramento individual e colectivo.

* Realiza-las actividades de preparación física dos xogadores, atendendo ó nivel de alto rendemento esixido.

2.5.2. Unidade de competencia 2: programar e dirixi-la participación de equipos de fútbol en competicións de medio e alto nivel.

* Determina-lo sistema de xogo do equipo co fin de mellora-lo rendemento do conxunto durante a competición.

* Selecciona-la formulación táctica máis axeitada en función das características técnicas e tácticas dos equipos rivais.

* Dirixi-lo equipo na competición para mellora-lo rendemento de cada xogador en función da análise das características nas que se desenvolve a competición.

* Planifica-lo sistema de avaliación do equipo e dos xogadores trala competición.

* Realizar seguimentos individualizados dos xogadores e do equipo en conxunto durante a competición, utilizando as novas tecnoloxías.

2.5.3. Unidade de competencia 3: dirixir un departamento, unha sección ou unha escola de fútbol.

* Valora-la regulamentación do departamento, da sección ou da escola relativa ós requisitos do persoal, do material e do uso das instalacións.

* Organiza-lo programa xeral de actividades de acordo cos obxectivos establecidos e os recursos dispoñibles.

* Resolve-las posibles continxencias que se poidan presentar na realización do programa e as distintas solucións alternativas.

* Coordina-la utilización de servicios complementarios, tendo en conta as características da actividade e os deportistas.

* Xestionar e administra-lo departamento, a sección ou a escola do xeito adecuado e tendo en conta os orzamentos e os obxectivos perseguidos.

2.6. Localización no ámbito deportivo.

2.6.1.Contorno profesional e de traballo.

Esta figura exercerá a súa actividade no ámbito do ensino e o adestramento do fútbol, así como da dirección de deportistas e de equipos de alto nivel. Tamén na área da xestión deportiva, prestando os seus servicios na dirección de departamentos, seccións ou escolas de fútbol.

Exclúese expresamente do seu ámbito de actuación o ensino, o adestramento e a dirección de deportistas e equipos de fútbol-sala.

Este título acredita a adquisición dos coñecementos e das competencias profesionais, para asumi-las súas responsabilidades de xeito autónomo.

Actuará sempre no seo dun organismo público ou privado relacionado coa práctica do fútbol.

2.6.2. Contorno funcional e tecnolóxico (ocupacións).

Esta figura localízase nas funcións de planificación, ensino, adestramento e dirección de xogadores e equipos durante a competición deportiva. Ademais,

na área de xestión deportiva, dirixe o departamento, a sección ou a escola de fútbol.

As técnicas e os coñecementos tecnolóxicos abranguen os seguintes campos:

* Biomecánica do deporte.

* Fisioloxía do esforzo.

* Preparación física III.

* Seguridade deportiva III.

* Técnica, táctica e sistemas de xogo individuais e colectivas III.

* Metodoloxía do ensino e do adestramento do fútbol III.

* Adestramento do alto rendemento deportivo.

* Psicoloxía e socioloxía do alto rendemento deportivo.

* Regras de xogo III.

* Táctica e sistemas de xogo III.

* Dirección de equipos III.

* Xestión do deporte.

* Desenvolvemento profesional III.

2.6.3. Entidades ou empresas nas que desenvolve as súas funcións.

Os distintos tipos de empresas e entidades onde pode desenvolve-lo seu traballo son:

* Centros de alto rendemento deportivo.

* Centros de tecnificación deportiva.

* Escolas deportivas.

* Clubs ou asociacións deportivas.

* Federacións de fútbol.

* Padroados deportivos ou entidades deportivas municipais.

* Empresas de servicios deportivos.

* Centros de formación de técnicos deportivos de fútbol.

3. Ensinanzas mínimas.

3.1. Obxectivos xerais.

* Desenvolver e pór en práctica programacións de ensino e adestramento do fútbol de alto nivel, aplicando os procedementos e os fundamentos científicos e didácticos oportunos.

* Mellora-la aprendizaxe das habilidades técnicas do fútbol a nivel individual e colectivo aplicando os fundamentos científicos e didácticos axeitados.

* Desenvolve-las tácticas e os sistemas de xogo no fútbol aplicando os fundamentos axeitados.

* Desenvolver e dirixir programacións de actividades básicas de acondicionamento físico tendo en conta as características dos deportistas e as condicións do medio onde se van desenvolver.

* Aplica-la lexislación vixente respecto á seguridade nos campos de fútbol, así como o procedemento para seguir en caso de sinistro, e domina-las

técnicas de evacuación, control de masas e administración de primeiros auxilios.

* Verifica-la calidade da actividade realizada confrontando os resultados da competición cos resultados previstos nos adestramentos; identifica-las causas ou motivos das posibles desviacións respecto ó previsto e introduci-las correccións oportunas co fin de acada-los obxectivos marcados polo equipo.

* Analiza-lo marco legal e a normativa aplicada ós deportistas profesionais.

* Analiza-la xestión económica organizativa que regula e condiciona as actividades profesionais do deporte do fútbol, identificando dereitos e obrigas derivadas das relacións laborais.

* Caracteriza-la profesión de adestrador de fútbol profesional identificando e definindo os papeis doutros colaboradores (adestradores, psicólogos, preparadores, etc.), e elaborar un esquema de traballo colectivo atendendo á dinámica de funcionamento entre eles.

* Avalia-las características e os comportamentos dos deportistas e aplica-las técnicas necesarias que inflúen na dirección do grupo deportivo.

* Aplicar unha eficaz comunicación verbal, escrita e xestual para transmitir e recibir correctamente información e resolver situacións conflictivas, tanto no ámbito das relacións no contorno do traballo como nas relacións cos deportistas.

* Realiza-la procura de información relacionada co exercicio da profesión que posibilite a inserción no sector profesional do fútbol e a evolución e a adaptación das capacidades profesionais propias ós cambios tecnolóxicos e organizativos que se produzan ó longo de toda a vida activa.

3.2. Bloque común.

3.2.1. Módulo formativo 1: biomecánica do deporte.

Capacidades terminais e criterios

de avaliación correspondentes

Capacidades terminaisCriterios de avaliación

1Determina-los fundamentos da análise biomecánica aplicada ás estructuras vitais, especialmente ó aparello locomotor.* Avalia-la importancia da aplicación das leis mecánicas ó aparello locomotor e determina-los fundamentos básicos.

* Diferenciar distintas técnicas deportivas aplicadas ó fútbol baseadas nunha análise biomecánica.

2Aplica-los fundamentos da análise biomecánica ó estudio da técnica no deportista de alto rendemento.* Describi-la metodoloxía da biomecánica aplicada ó estudio das calidades físicas.

* Describi-la metodoloxía da biomecánica aplicada ó alto rendemento.

* Aplica-los procedementos e as ferramentas biomecánicas ó estudio da técnica da especialidade deportiva do fútbol.

3Interpreta-los resultados da análise biomecánica para o control do adestramento do deportista de alto nivel.* Defini-la aplicación da análise biomecánica ó estudio do alto rendemento deportivo.

* Describi-la aplicación da análise biomecánica ó control do adestramento.

* Aplica-la análise biomecánica ó control do adestramento da modalidade deportiva do fútbol.
* Aplica-los procedementos e as ferramentas biomecánicas ó adestramento da especialidade deportiva do fútbol.

Contidos (duración: 10 horas teóricas e 10 prácticas)

Contidos procedementais

* Análise da metodoloxía biomecánica aplicada durante o adestramento da técnica.

* Análise da metodoloxía biomecánica aplicada ó control do adestramento.

* Aplicación da análise biomecánica cualitativa.

* Aplicación dos métodos de análise biomecánica cinemática e dinámica.

Contidos conceptuais

* Introducción á análise biomecánica aplicada ó alto rendemento.

* Metodoloxía da biomecánica aplicada ó alto rendemento.

* A análise biomecánica cualitativa.

-Criterio de eficacia.

-Modelos e patróns determinantes da técnica deportiva.

-Elementos da análise biomecánica cualitativa.

* Os métodos de análise biomecánica cinemática e dinámica.

Contidos actitudinais

* Rigor na aplicación das leis mecánicas ó estudio do aparello locomotor.

* Valoración da importancia da biomecánica no alto rendemento.

* Aceptación dos aspectos positivos da análise biomecánica fronte ó adestramento deportivo.

3.2.2. Módulo formativo 2: adestramento de alto rendemento deportivo.

Capacidades terminais e criterios

de avaliación correspondentes

Capacidades terminaisCriterios de avaliación

1Determina-los sistemas e os métodos de adestramento das calidades físicas no alto rendemento deportivo.* Describi-los métodos máis axeitados para o desenvolvemento da forza, resistencia, velocidade e da flexibilidade no contexto do alto rendemento deportivo.

* Xustifica-la elección do método para o desenvolvemento dunha determinada calidade física no alto rendemento.

* Describi-las características da planificación do adestramento en altitude.

2Aplica-los métodos de planificación e control de adestramento das calidades físicas condicionais e as perceptivo-motoras nos deportistas de alto rendemento.* Nun suposto práctico de deportistas de alto nivel, planificar e programa-lo adestramento das calidades físicas e as perceptivo-motoras.

* Aplica-la metodoloxía máis axeitada para o desenvolvemento das calidades físicas básicas en función da periodización do adestramento.

* Dirixi-las diferentes fases do adestramento das calidades físicas e as perceptivo -motoras.
* Efectua-la programación dun adestramento en altura situando na planificación.

3Describi-los fenómenos de fatiga e sobreadestramento.* Recoñece-las manifestacións da fatiga e do sobreadestramento.

* Dirixi-las pautas de recuperación da fatiga e do sobreadestramento.

4Describi-la verificación necesaria para evita-los efectos da fatiga e do sobreadestramento nos deportistas de alto nivel.* Aplica-los medios de avaliación para evita-lo sobreadestramento e a fatiga.

* Analiza-las principais causas de sobreadestramento e fatiga nos deportistas.

Contidos (duración: 20 horas teóricas e 20 prácticas)

Contidos procedementais

* Deseño e elaboracións de distintos modelos de planificación e programación do adestramento no alto rendemento.

* Análise dos sistemas de desenvolvemento das calidades físicas no alto rendemento:

-Desenvolvemento dunha metodoloxía da forza, velocidade, resistencia e flexibilidade. Procedementos avanzados de adestramento. Controis e valoracións.

* Execución dos métodos máis axeitados para o desenvolvemento das capacidades perceptivo-motoras. Controis e valoracións.

* Aplicación dos medios máis axeitados para o sobreadestramento e a fatiga.

* Deseño avanzado dunha planificación do adestramento en altura.

Contidos conceptuais

* Modelos de planificación e programación do adestramento no alto rendemento deportivo.

* Sistemas avanzados para o desenvolvemento das calidades físicas e perceptivo-motoras nos deportistas de alto nivel.

* Métodos de control e valoración do adestramento das calidades físicas e perceptivo-motoras.

* Recuperación. Pautas e avaliación. Concepto de fatiga e recuperación. Medios de recuperación. Sobreadestramento.

* Programación do adestramento en altura.

Contidos actitudinais

* Esforzo na aplicación correcta dos métodos de recuperación.

* Preocupación pola correcta planificación dunha tempada deportiva na alta competición.

* Actitude aberta e positiva cara á aplicación de novas tecnoloxías, medios e métodos aplicables ó desenvolvemento das calidades físicas e perceptivo-motoras.

3.2.3. Módulo formativo 3: fisioloxía do esforzo.

Capacidades terminais e criterios

de avaliación correspondentes

Capacidades terminaisCriterios de avaliación

1Determina-los fundamentos da avaliación da capacidade funcional no alto rendemento.* Describi-los compoñentes básicos da valoración e da avaliación da capacidade funcional no alto rendemento.

* Selecciona-los métodos e os medios máis axeitados na valoración do rendemento físico.

2Interpreta-los resultados da valoración e da avaliación da capacidade funcional.* Sobre datos reais, interpretar resultados da avaliación das calidades ligadas ó metabolismo e dos factores de execución da acción motriz.

3Interpreta-los resultados da valoración nutricional do deportista.* Describi-los conceptos de dieta e reposición hidroeléctrica.

* Defini-los métodos para a determinación da composición corporal.

* Nun suposto práctico no ámbito do alto rendemento deportivo.-Interpreta-los resultados do estudio da composición corporal relacionándoos co rendemento do deportista.
-Interpreta-los resultados do estudio da avaliación do estado nutricional do deportista.

Capacidades terminaisCriterios de avaliación

4Verifica-lo programa alimentario determinado polo especialista.* Selecciona-las distintas dietas en función da periodización da tempada.

* Determínase, xunto co especialista, a dieta máis axeitada precompetitiva e poscompetitiva no alto rendemento.

5Determinar, en colaboración co especialista, a dieta programada das axudas ergoxénicas.* Describi-lo concepto de dopaxe.

* Selecciona-las distintas axudas ergoxénicas en función dos obxectivos do rendemento deportivo.

* Diferencia-los conceptos de axudas ergoxénicas e os suplementos nutricionais.

* Distingui-las substancias e os grupos farmacolóxicos catalogados como productos dopantes.
* Describi-los mecanismos de acción farmacolóxica dos principais grupos de productos considerados dopantes.

* Analiza-las regulamentacións galega, española e internacional sobre as substancias consideradas dopantes.

* Nun suposto dun determinado grupo de productos farmacolóxicos prohibidos polas autoridades deportivas, indica-lo efecto nocivo sobre a saúde deportiva.

6Analiza-las vantaxes fisiolóxicas do adestramento en altitude.* Describi-los efectos fisiolóxicos do adestramento en altura.

* Describi-la repercusión do adestramento en altura no rendemento deportivo.

7Familiarizarse cos aparellos dun laboratorio fisiolóxico de esforzo.* Nun suposto práctico dun deportista nun laboratorio, manexar e saber aplica-los distintos aparellos existentes no laboratorio, baixo a tutela do especialista.

* Distingui-los distintos aparellos en función das probas de esforzo realizadas ós deportistas.

Contidos (duración: 20 horas teóricas e 10 prácticas)

Contidos procedementais

* Manexo dos principais sistemas de avaliación das calidades ligadas ó metabolismo.

* Valoración funcional do metabolismo enerxético.

* Valoración funcional da forza muscular e flexibilidade.

* Valoración antropométrica.

* Aplicación de test para a valoración do rendemento deportivo.

* Cálculo do somatotipo.

* Determinación da masa ósea.

* Cálculo da porcentaxe de graxa e masa magra.

* Estimación e cálculo do gasto enerxético.

* Valoración do estado nutricional.

* Aplicacións prácticas das axudas ergoxénicas nutricionais.

Contidos conceptuais

* Avaliacións das calidades ligadas ó metabolismo.

-Sistema ATP-CP.

-Glicólise anaeróbica.

-Calidades aeróbicas. VO2 MAX. Resistencia aeróbica.

* Metodoloxía da valoración funcional do rendemento físico.

* Composición corporal.

-Métodos para a determinación da composición corporal.

-Medidas antropométricas.

-Concepto de somatotipo.

-Modificacións da composición corporal segundo o exercicio.

-Composición corporal e rendemento deportivo.

* Estado nutricional.

-Dietas especiais para deportistas.

-Dietas segundo o momento da tempada deportiva.

-Reposición hidroeléctrica.

* Respostas patolóxicas ó esforzo.

-Patoloxías cardiovasculares ó esforzo: arritmias, lipotimias, síncope e morte súbita.

-Patoloxías respiratorias vinculadas ó esforzo: asma.

-Patoloxías do aparello dixestivo: alteracións no tránsito intestinal.

-Patoloxías renais: proteinuria e hematuria.

-Patoloxías endócrinas: diabete, hipoglicemias, amenorreas e síndrome premenstrual.

-Patoloxías metabólicas: anemia.

-Patoloxías dermatolóxicas.

-Patoloxías infecciosas.

* Adaptacións endócrinas ó exercicio de alto nivel.

* Fisioloxía da actividade física en altitude.

* Exercicio e fatiga térmica. Termorregulación.

* Procesos fisiolóxicos da recuperación física no alto rendemento deportivo.

* Dopaxe.

-Concepto de dopaxe.

-Substancias e grupos farmacolóxicos prohibidos.

-Mecanismos de acción farmacolóxica.

-Efectos sobre a saúde.

-Regulamentación sobre a dopaxe.

-Control da dopaxe.

* Axudas ergoxénicas nutricionais. Concepto e clasificación de axudas ergoxénicas.

Contidos actitudinais

* Toma de conciencia da importancia do estado nutricional do deportista.

* Respecto pola lexislación vixente sobre a dopaxe.

* Recoñecemento e valoración da utilización das axudas ergoxénicas nutricionais.

* Colaboración co especialista na determinación das dietas alimentarias.

* Preocupación e interese pola valoración da capacidade funcional para o rendemento deportivo no alto nivel.

3.2.4. Módulo formativo 4: xestión do deporte.

Capacidades terminais e criterios

de avaliación correspondentes

Capacidades terminaisCriterios de avaliación

1Analiza-la normativa aplicable ós deportistas profesionais.* Describi-los aspectos fundamentais dos réximes laborais e fiscais dos deportistas profesionais.

2Aplica-las técnicas de xestión e organización no ámbito do deporte.* Nun suposto práctico, deseñar un proxecto de creación, financiamento e xestión durante unha tempada nunha entidade deportiva.

* Nun suposto práctico convenientemente caracterizado, deseña-la organización dun acto deportivo.

* A partir dun programa de actividade caracterizado:-Describi-la estructura organizativa máis axeitada.
-Defini-los recursos humanos necesarios para a súa execución e a súa forma de contratación.
-Elaborar un orzamento axustado para a realización do programa.

3Analiza-la normativa que regula o deporte de alto nivel no ámbito do Estado e no da Comunidade Autónoma galega.* Describi-la normativa estatal vixente que regula o deporte de alto nivel.

* Describi-la normativa autonómica vixente que regula o deporte de alto nivel.

* Facendo unha referencia ás normativas que regulan o deporte de alto nivel a nivel estatal e autonómico, facer unha comparación entre ámbalas dúas.

4Analiza-la normativa sobre o control da dopaxe.* Aplica-lo regulamento sobre o control das substancias e dos métodos prohibidos no deporte.

* Enumera-la listaxe de substancias dopantes na práctica deportiva de alto nivel no fútbol.

5Analiza-la normativa vixente en relación co patrocinio deportivo.* Enumerar e identifica-las leis que regulan o patrocinio deportivo.

6Describi-las medidas de prevención da violencia no deporte.* Diferencia-los aspectos legais referentes á prevención da violencia no deporte.

* Enumera-las medidas de prevención da violencia no deporte nun estadio de fútbol.

Contidos (duración: 30 horas teóricas e 5 prácticas)

Contidos procedementais

* Análise dos distintos modelos de xestión deportiva.

* Deseño dun proxecto de creación, financiamento e xestión dunha entidade deportiva nunha tempada deportiva.

* Organización dun acto deportivo.

* Diferenciación dos aspectos máis relevantes do regulamento sobre o deporte de alto nivel.

* Análise das leis do patrocinio deportivo.

* Análise regulamentaria sobre a prevención da violencia no deporte.

* Enumeración das substancias e dos métodos prohibidos no deporte.

Contidos conceptuais

* Teoría xeral da xestión.

* Modelos de planificación e xestión do deporte.

* Fiscalidade no campo do deporte.

* Desenvolvemento regulamentario sobre o deporte de alto nivel.

* Patrocinio deportivo. Leis de fundacións e xeral da publicidade.

* Regulación da relación laboral de carácter especial dos deportistas profesionais e a aplicación do dereito comunitario.

* Desenvolvemento regulamentario sobre a lexislación referida á prevención da violencia no deporte.

* Desenvolvemento regulamentario sobre o control das substancias e dos métodos prohibidos no deporte.

Contidos actitudinais

* Rigor na aplicación das normas e medidas para a prevención da violencia no deporte.

* Respecto e valoración polas leis vixentes sobre o control das substancias e dos métodos prohibidos no deporte.

* Actitude de respecto pola lexislación vixente en materia deportiva de alto nivel na nosa Comunidade Autónoma.

3.2.5. Módulo formativo 5: psicoloxía do alto rendemento deportivo.

Capacidades terminais e criterios

de avaliación correspondentes

Capacidades terminaisCriterios de avaliación

1Identifica-las necesidades psicolóxicas dos deportistas da alta competición.* Defini-los aspectos psicolóxicos relacionados co alto rendemento deportivo.

* Describi-los elementos que contribúen á motivación básica dos deportistas de alta competición.

2Aplica-las estratexias psicolóxicas para mellora-lo rendemento dos deportistas.* Elaborar exemplos nos que se utilicen estratexias para mellora-la motivación básica dun deportista de alta competición.
* Ante un suposto práctico, indica-las principais situacións potencialmente fatigantes do deporte de alta competición.
* Elaborar un exemplo de intervención para favorece-la aprendizaxe dunha habilidade de alta complexidade.
* Describi-las principais directrices dun plan de traballo psicolóxico nun determinado período, considerando as necesidades do plan deportivo durante ese período.

3Adquiri-los coñecementos e as habilidades psicolóxicas que se necesitan para dirixir outros adestradores e traballar con especialistas das ciencias do deporte.* Sinala-las directrices que debe segui-lo adestrador para controla-las principais situacións potencialmente fatigantes.

* A partir de exemplos concretos, discrimina-lo estilo de liderado máis apropiado a determinadas situacións.

* Dado un suposto práctico, sinala-los aspectos positivos da conducta do adestrador e os cambios que serían aconsellables para o mellor funcionamento do grupo.
* Elaborar un esquema colectivo definindo os papeis doutros colaboradores (adestradores e expertos das ciencias do deporte) e a dinámica de funcionamento entre todos eles.

4Diferencia-la psicoloxía do deporte do papel psicolóxico do adestrador.* Describi-lo papel psicolóxico do adestrador deportivo.

* Deseñar un programa deportivo que contemple a interacción do traballo psicolóxico do adestrador co traballo do psicólogo deportivo.

Contidos (duración: 10 horas teóricas e 5 prácticas)

Contidos procedementais

* Aplicación das estratexias psicolóxicas para mellora-lo rendemento dos deportistas.

* Identificación das estratexias psicolóxicas para o óptimo aproveitamento do tempo de adestramento.

* Elección axeitada da estratexia psicolóxica para a adquisición e o perfeccionamento de habilidades deportivas da alta complexidade.

* Planificación dos contidos psicolóxicos do adestramento.

* Elaboración de exemplos prácticos de condicións fatigantes de deportistas na competición.

* Intervencións psicolóxicas na competición: preparación psicolóxica para a competición, entre competicións e posterior á competición.

* Discriminación e aplicación do estilo de liderado axeitado ós diferentes grupos deportivos.

* Aplicación da competencia específica do papel psicolóxico do adestrador e comparación coas competencias específicas do psicólogo do deporte.

Contidos conceptuais

* Necesidades psicolóxicas dos deportistas da alta competición.

-Motivación dos deportistas de alta competición.

-Fatiga psicosocial na alta competición.

-Estratexias psicolóxicas do adestrador para controla-la motivación e a fatiga dos deportistas.

-Necesidades psicolóxicas dos deportistas da alta competición.

* Psicoloxía do adestramento deportivo na alta competición.

-Principais necesidades psicolóxicas do adestramento deportivo na alta competición.

-Estratexias psicolóxicas para o óptimo aproveitamento do tempo de adestramento.

-Estratexias psicolóxicas para a adquisición e o perfeccionamento de habilidades deportivas de alta complexidade.

-Adestramento dos deportistas nas condicións fatigantes da competición: características.

* Preparación específica de competicións.

* Dirección de grupos deportivos.

-Variables psicolóxicas que afectan ó funcionamento dos grupos deportivos.

-Estilos de liderado e conducta do adestrador na dirección de grupos.

-Habilidades interpersoais que inflúen na dirección do grupo deportivo.

-Relación do adestrador con outros adestradores.

-Relación do adestrador cos expertos das ciencias do deporte.

* Relación do adestrador co psicólogo deportivo.

-Papel psicolóxico do adestrador e do psicólogo deportivo.

-Características da relación entre adestrador, psicólogo deportivo e deportista.

-Asesoramento do psicólogo deportivo ó adestrador.

* Funcionamento psicolóxico do adestrador.

-Necesidades psicolóxicas do adestrador de alta competición.

-Estratexias de autorregulación para a mellora do funcionamento do adestrador.

Contidos actitudinais

* Interese e aceptación das necesidades psicolóxicas dos deportistas de alta competición.

* Rigor na aplicación das estratexias psicolóxicas para a mellora do rendemento dos deportistas.

* Preocupación polo papel psicolóxico do adestrador.

* Valoración dos aspectos psicolóxicos na dirección dos grupos deportivos.

* Interese pola colaboración entre o psicólogo deportivo, o adestrador e o especialista das ciencias do deporte.

3.2.6. Módulo formativo 6: socioloxía do deporte de alto rendemento.

Capacidades terminais e criterios

de avaliación correspondentes

Capacidades terminaisCriterios de avaliación

1Analiza-los problemas inherentes á práctica deportiva de alto nivel.* Describi-los factores sociais que afectan o rendemento dos deportistas.

* Análise de contidos de cuestionarios, entrevistas, diarios e vídeos para identifica-la influencia dos medios de comunicación, a utilización política e o aspecto económico no mundo do fútbol.

2Describi-los principais problemas de adaptación dos deportistas cando remata a súa vida deportiva.* Describi-los principais problemas de adaptación e analiza-las causas que os provocan.

* Analiza-la influencia da familia no proceso de adaptación dun deportista cando remata a súa vida deportiva.

3Analiza-la transcendencia social do deporte espectáculo e de alto rendemento e a súa incidencia no deportista de alta competición.* Describi-los problemas máis significativos de deportista de alto nivel na súa vida deportiva.

* Nun suposto práctico de dopaxe dun deportista, ve-la influencia que leve consigo desde a propia sociedade.

* Analizar no deporte do fútbol a violencia e a agresión desde a perspectiva social.

4Aplica-los métodos de investigación social aplicados ó deporte.* Describi-las técnicas de investigación social aplicadas ó deporte a nivel cualitativo e cuantitativo.

* Analizar e interpreta-los datos dunha investigación social a nivel cuantitativo no campo do deporte.

Contidos (duración: 10 horas teóricas)

Contidos procedementais

* Análise dos factores extrínsecos que afectan o rendemento deportivo.

* Análise dun conflicto social nun deportista de elite.

* Emprego das técnicas para a identificación das tendencias da sociedade en relación coa práctica deportiva.

* Aplicación práctica dos métodos de investigación social cualitativos e cuantitativos aplicados ó deporte.

* Comparación e análise de actuacións violentas no mundo do deporte.

Contidos conceptuais

* Factores extrínsecos que afectan o rendemento deportivo.

-Influencia dos medios de comunicación.

-Utilización política do deporte.

-Aspecto económico do deporte.

* Factores intrínsecos que afectan o rendemento deportivo.

* Problemas sociais dos deportistas de alto nivel.

-Familia.

-Rendemento deportivo.

-Proxecto educativo.

* Deporte e conflicto.

-Violencia e agresión no deporte.

-Dopaxe.

* Técnicas de investigación social aplicadas ó deporte.

* Técnicas sociolóxicas para a identificación das tendencias na práctica deportiva.

Contidos actitudinais

* Actitude de respecto polo contexto social do deportista.

* Preocupación polas mostras de violencia e agresividade no deporte.

* Interese polas novas técnicas sociolóxicas aplicadas á practica deportiva.

3.3. Bloque específico.

3.3.1. Módulo formativo 7: desenvolvemento profesional III.

Asociado á unidade de competencia 3: dirixir un departamento, unha sección ou unha escola de fútbol.

Capacidades terminais e criterios

de avaliación correspondentes

Capacidades terminaisCriterios de avaliación

1Analiza-las funcións, as tarefas e as responsabilidades do técnico deportivo superior en fútbol.* Describi-las funcións e as tarefas propias do técnico deportivo superior en fútbol en relación ás competencias de:-Adestrador de equipos de competición.
-Programación e dirección do ensino do fútbol.
-Dirección e coordinación de técnicos deportivos de fútbol.
-Dirección dunha escola de fútbol.
* Defini-las funcións e das tarefas propias da dirección técnica dun equipo de competición de fútbol.
* Defini-las funcións e as tarefas propias da dirección técnica dunha escola de fútbol.

2Analiza-las responsabilidades civís e penais do técnico deportivo superior en fútbol, derivados do exercicio da súa profesión.* Na dirección dun equipo de fútbol, determina-las principais responsabilidades civís do técnico superior de fútbol.

* Na dirección dun equipo de fútbol, determina-las principias responsabilidades penais do técnico superior de fútbol.

3Describi-lo papel do adestrador de fútbol no seu traballo respecto a outros profesionais da actividade física.* Describi-lo papel do adestrador de fútbol na colaboración con outros profesionais da actividade física.

* Analiza-las atribucións, as obrigas e as responsabilidades do adestrador en relación a outros profesionais da actividade física.

Capacidades terminaisCriterios de avaliación

4Aplica-los criterios de organización e xestión dunha pequena empresa.* Aplica-los sistemas de planificación e organización da actividade mercantil e deportiva de entidades dedicadas ó ensino e ó adestramento do fútbol.

* Xestionar e organiza-lo deporte con sistemas informatizados.

5Describi-las normativas de dopaxe españolas e a internacional de fútbol.* Ante un suposto práctico de competición de fútbol, explica-la aplicación da normativa española e internacional sobre a dopaxe nas competicións.

6Organizar actividades de fútbol.* Nun suposto práctico convenientemente caracterizado, deseña-la organización dun acto deportivo de fútbol:-Describi-la estructura organizativa do acto.
-Defini-los recursos humanos necesarios para a súa execución e o seu xeito de contratación.
-Defini-los recursos materiais necesarios para a execución do acto.
-Elaborar un orzamento axustado para a realización do programa.
-Defini-lo xeito de financiamento do acto.
* Aplicar tódolos criterios organizativos para a realización dunha competición de fútbol de categoría autonómica e estatal.
* Elaborar convocatorias de actividades de promoción relacionadas co fútbol baseadas na normativa vixente.

7Aplica-los sistemas para a elaboración e a execución de proxectos de equipos de fútbol.* Selecciona-la información necesaria para realizar un plan de actividades ligadas ó desenvolvemento do fútbol, nun club ou nunha sección de agrupación deportiva, así como os criterios e os procedementos para a súa elaboración.

* Aplica-los sistemas de planificación, programación e organización das actividades ligadas ó fútbol.

8Describi-las estructuras e os estamentos da RFEF.* Describi-las competencias da RFEF.

9Describi-la estructura e organización da UEFA e da FIFA.* Describi-las competencias da UEFA e da FIFA.

Contidos (duración: 30 horas teóricas e 10 prácticas)

Contidos procedementais

* Análise do contorno profesional do técnico deportivo superior en fútbol.

* Determinación das responsabilidades civís e penais do técnico deportivo superior en fútbol.

* Comparación da actividade profesional do adestrador de fútbol coa dos outros profesionais da actividade física.

* Execución e control de proxectos deportivos.

* Aplicación da informática aplicada á xestión deportiva.

* Organización de competicións e actos deportivos relacionados co fútbol.

* Análise do regulamento da Real Federación Española de Fútbol, da FIFA e da UEFA.

Contidos conceptuais

* Contorno profesional do adestrador de fútbol.

-Lexislación específica.

-Exercicio profesional.

-Competencias do técnico deportivo superior en fútbol.

-Funcións e tarefas que pode realiza-lo técnico deportivo superior en fútbol. Limitacións e responsabilidades na súa tarefa.

-Contrato de adestrador.

* Responsabilidades civís e penais do técnico deportivo superior en fútbol derivados do exercicio da súa profesión.

-Materiais e equipamentos.

-Métodos de adestramento e competicións.

-Saúde e seguridade dos deportistas.

* Relación do adestrador de fútbol con outros profesionais da actividade física.

* Xestión, dirección e administración de organizacións dedicadas ó ensino e ó adestramento de fútbol.

* Proxectos deportivos.

-Deseño de proxectos.

-Execución e control de proxectos.

* Dirección e coordinación de técnicos deportivos.

* Dirección e promoción de equipos de fútbol.

-Clubs de fútbol.

-Federacións territoriais.

-Real Federación Española de Fútbol.

* Organización de actos e competicións, autonómicas, estatais e internacionais.

* Dopaxe.

-Normativa española sobre a dopaxe no fútbol.

-Normativa internacional sobre a dopaxe no fútbol.

* Estatutos da Real Federación Española de Fútbol.

* Regulamento da Real Federación Española de Fútbol.

-Liga Nacional de Fútbol Profesional.

-Órganos federativos de xustiza.

-Clubs.

-Futbolistas.

-Escola Nacional de Adestradores.

-Competicións de ámbito estatal.

-Competicións internacionais.

-Fútbol feminino.

-Control antidopaxe.

* Federation International de Football Association (FIFA).

-Organización.

-Organización dunha asociación nacional.

-Confederacións.

-Competicións.

* Union European Football Association (UEFA).

-Organización.

-Competicións.

Contidos actitudinais

* Actitude positiva na relación do adestrador co resto dos profesionais da actividade física.

* Interese pola formación permanente do adestrador de fútbol.

* Preocupación pola normativa española e internacional da dopaxe.

* Rigor na organización de actividades deportivas de promoción relacionados co fútbol.

3.3.2. Módulo formativo 8: dirección de equipos III.

Asociado á unidade de competencia 2: programar e dirixi-la participación de equipos de fútbol en competicións de medio e alto nivel.

Capacidades terminais e criterios

de avaliación correspondentes

Capacidades terminaisCriterios de avaliación

1Analiza-las variables psicolóxicas que poden afecta-lo rendemento dos deportistas durante o adestramento e a competición.* Describi-las calidades psíquicas e da conducta que afectan ó rendemento deportivo no adestramento dos xogadores e na participación na competición.
* Describi-los métodos de intervención do adestrador para favorece-lo rendemento psicolóxico dos seus xogadores.

2Aplica-los sistemas de adestramento psicolóxico para reforza-la participación dos futbolistas en competicións de alto nivel.* Nun suposto práctico dun equipo de fútbol de categoría nacional, efectuar correctamente a dirección do equipo na súa participación nun adestramento e nun partido de fútbol.
* Nun suposto práctico dun equipo de categoría nacional para un determinado período da competición, programa-lo adestramento das calidades psíquicas dos xogadores de fútbol.

Contidos (duración: 15 horas teóricas e 15 prácticas)

Contidos procedementais

* Establecemento de obxectivos para a mellora da capacidade de rendemento.

* Análise das variables psicolóxicas que interveñen no adestramento e na competición de fútbol.

* Avaliación dos aspectos psicolóxicos do adestramento.

* Preparación específica da competición de fútbol.

* Observación previa do equipo rival.

Contidos conceptuais

* Calidades psíquicas e da conducta que interveñen no adestramento e na competición de fútbol.

-Capacidade de rendemento. Disposición cara ó rendemento.

-Capacidade do carácter e da conducta.

-Capacidades psicoafectivas.

-Capacidades intelectuais.

-Capacidades sociais.

* Aspectos psicolóxicos do adestramento e da competición.

-Variables psicolóxicas que poden afecta-lo funcionamento dos deportistas durante o adestramento.

-Risco psicolóxico do adestramento.

-Efectos psicolóxicos do adestramento.

-Fatiga e esgotamento psicolóxicos.

* Dirección de equipos de fútbol de alto nivel.

-No adestramento.

-Na competición.

-Relacións do adestrador con outros estamentos do club.

* Preparación dos partidos de fútbol.

-Características da competición.

-Variables psicolóxicas que poden afecta-lo funcionamento dos deportistas durante a competición.

-Preparación específica das competicións.

Contidos actitudinais

* Valoración dos aspectos psicolóxicos e de conducta que interveñen no adestramento e na competición de fútbol.

* Respecto polos métodos de intervención do adestrador para favorece-lo rendemento psicolóxico dos seus xogadores na competición.

* Preocupación e rigor na preparación previa á competición deportiva.

3.3.3. Módulo formativo 9: metodoloxía do ensino e do adestramento de fútbol III.

Asociado á unidade de competencia 1: planificar e dirixi-lo adestramento de xogadores de fútbol.

Capacidades terminais e criterios

de avaliación correspondentes

Capacidades terminaisCriterios de avaliación

1Realiza-la planificación do adestramento de fútbol en función dos obxectivos deportivos.* Nun suposto práctico dun determinado equipo de fútbol de características dadas, con participación nunha competición deportiva concreta, efectua-la planificación do adestramento nun período de tempo dunha tempada deportiva, compaxinando o adestramento técnico, táctico e psicolóxico, e o acondicionamento físico.
* Describi-los criterios para a coordinación das faceta técnica, táctica e física nun adestramento de fútbol de alto nivel.

2Aplica-la metodoloxía para a avaliación dos programas de adestramento deportivo de alto nivel.* Describi-los criterios para avalia-la eficacia dun adestramento establecido.

* Trala dirección técnica do equipo nunha competición deportiva concreta, autoavalia-la actuación nunha sesión posterior.

Contidos (duración: 15 horas teóricas e 10 prácticas)

Contidos procedementais

* Establecemento da aplicabilidade dos métodos de ensino ó adestramento de alto nivel.

* Vinculación do adestramento físico ó adestramento técnico e táctico.

* Aplicación das distintas avaliacións dos programas de adestramento e das competicións de fútbol do alto nivel.

Contidos conceptuais

* Modelos de planificación do adestramento e da participación nas competicións de fútbol.

* Metodoloxías de avaliación da eficacia do adestramento deportivo.

Contidos actitudinais

* Aceptación dos distintos modelos de planificación deportivos.

* Respecto polos criterios de avaliación dos programas de adestramento e competición de fútbol .

3.3.4. Módulo formativo 10: preparación física III.

Asociado á unidade de competencia 1: planificar e dirixi-lo adestramento de xogadores de fútbol.

Capacidades terminais e criterios

de avaliación correspondentes

Capacidades terminaisCriterios de avaliación

1Aplica-los criterios de planificación e organización da preparación física de futbolistas de alto nivel.* Nun suposto práctico dun equipo de fútbol dunhas determinadas características de idade, rendemento deportivo e participación en competicións periódicas:-Elaborar e xustifica-la planificación da preparación física dunha tempada deportiva.
-Describir no tempo o plan de acción da tempada, determinando os obxectivos e os contidos dos ciclos para o acondicionamento físico dos futbolistas e tendo en conta os períodos de adestramento e a participación na competición

2Aplica-los sistemas de control e seguimento da preparación física en futbolistas de alto nivel.* Describi-los criterios para o control do rendemento físico dos xogadores.

* Elixir unha metodoloxía para o seguimento do rendemento dos xogadores do equipo.

Contidos (duración: 20 horas teóricas e 25 prácticas)

Contidos procedementais

* Planificación da preparación física no fútbol nunha tempada deportiva.

* Análise das alteracións xurdidas na planificación da preparación física no fútbol.

* Deseño de sesións de adestramento de preparación física.

* Coordinación do adestramento físico, técnico e táctico na organización do adestramento.

* Utilización dos sistemas de control do adestramento.

* Aplicación da metodoloxía de avaliación do acondicionamento físico en deportistas de alto rendemento.

* Determinación da metodoloxía de seguimento do rendemento dun xogador de fútbol.

* Análise dos distintos seguimentos realizados ós xogadores de fútbol para a mellora do rendemento deportivo.

Contidos conceptuais

* Planificación da preparación física no fútbol do alto nivel.

-Consideración xerais.

-Factores condicionantes.

-Alteracións da planificación.

* Programación do plan de acción da preparación física no fútbol.

-Ciclos plurianuais.

-Tempada.

-Ciclos dentro da planificación do acondicionamento físico.

-Sesión de adestramento.

* Organización do adestramento

-Consideracións xerais.

-Requisitos físicos, técnicos e tácticos

* Control da preparación física

-Consideracións xerais.

-Sistemas de control do adestramento.

-Metodoloxía da avaliación do acondicionamento físico en deportistas de alto rendemento

* Seguimento do rendemento do xogador de fútbol.

-Seguimento fisiolóxico, médico e psicolóxico.

-Seguimento do adestramento.

-Seguimento da súa participación en competición.

Contidos actitudinais

* Preocupación pola planificación e a preparación física dos futbolistas de alto nivel.

* Interese pola preparación física individual adaptada a cada xogador.

* Valoración da boa organización do adestramento para unha mellora no desenvolvemento deportivo individual e colectivo.

* Esforzo no seguimento e no control do xogador de fútbol de alto nivel.

3.3.5. Módulo formativo 11: regras de xogo III.

Asociado á unidade de competencia 2: programar e dirixi-la participación de equipos de fútbol en competicións de medio e alto nivel.

Capacidades terminais e criterios

de avaliación correspondentes

Capacidades terminaisCriterios de avaliación

1Analiza-las regras do xogo para o mellor aproveitamento táctico.* Nun suposto teórico dun equipo de fútbol de categoría nacional nunha determinada participación en competición oficial, establecer e xustifica-la estratexia das accións atacantes e defensivas baseadas na utilización táctica das regras de xogo.
* Nun suposto práctico de observación dun partido de fútbol de dous equipos de primeira división, analiza-la utilización correcta do regulamento como elemento táctico.

2Describi-lo regulamento da International Football Association Board.* Describi-los aspectos máis salientables da International Football Association Board.

3Identifica-las instruccións especiais do regulamento de fútbol da IFAB.* Describi-las instruccións especiais que se establecen no Regulamento do fútbol da IFAB.

* Nun partido de fútbol: identificar e enumera-las instruccións especiais que se dan en dita competición.

Contidos (duración: 15 horas teóricas e 10 prácticas)

Contidos procedementais

* Aplicación das regras de xogo para unha mellora do aproveitamento táctico.

* Análise da utilización táctica das regras de xogo.

* Descrición do regulamento de fútbol da IFAB.

* Determinación das instruccións especiais do Regulamento de fútbol da IFAB.

Contidos conceptuais

* As regras de xogo.

* O regulamento da International Football Association Board (IFAB).

* As instruccións especiais do regulamento.

Contidos actitudinais

* Preocupación polas idealizacións axeitadas dos regulamentos.

* Interese polo coñecemento das instruccións especiais do regulamento da IFAB.

3.3.6. Módulo formativo 12: seguridade deportiva II.

Asociado á unidade de competencia 1: planificar e dirixi-lo adestramento de xogadores de fútbol.

Capacidades terminais e criterios

de avaliación correspondentes

Capacidades terminaisCriterios de avaliación

1Analiza-las lesións máis frecuentes no fútbol de alta competición.* Describi-las lesións e os traumatismos máis usuais no fútbol de alto nivel en relación ás causas que os producen, a súa prevención, os síntomas que presentan, as normas de actuación, os factores que as predispoñen, etc.
* Describi-la actuación do adestrador na recuperación das lesións máis frecuentes no fútbol.
* Programar e executar un quecemento que axude a previ-las lesións máis frecuentes de fútbol de alto nivel.

2Describi-las medidas de seguridade aplicables ó adestramento dos xogadores de fútbol de alto nivel.* Describi-las condicións de seguridade para o adestramento de fútbol.

* Analiza-las condicións de seguridade mínima dunha instalación para a práctica do fútbol.

Contidos (duración: 5 horas teóricas e 5 prácticas)

Contidos procedementais

* Prevención das lesións máis frecuentes no fútbol de alto nivel.

* Recuperación de lesións no fútbol de alto nivel.

* Participación dos adestradores na recuperación de lesións máis frecuentes do fútbol.

* Aplicación dun quecemento para previ-las posibles lesións.

* Establecemento das condicións óptimas de seguridade nos adestramentos e na competición de alto nivel.

Contidos conceptuais

* Lesións máis frecuentes no fútbol de alto nivel.

-Mecanismo de producción.

-Efecto do quecemento na prevención das lesións.

* Condicións de seguridade na práctica do adestramento de fútbol.

Contidos actitudinais

* Interese pola prevención das lesións máis frecuentes no fútbol de alto nivel.

* Esforzo e colaboración na aplicación das condiciones idóneas no que respecta á seguridade na práctica do fútbol durante o adestramento e a competición.

* Valoración do quecemento como medio de previ-lo risco de lesións.

3.3.7. Módulo formativo 13: táctica e sistemas de xogo III.

Asociado á unidade de competencia 2: programar e dirixi-la participación de equipos de fútbol en competicións de medio e alto nivel.

Capacidades terminais e criterios

de avaliación correspondentes

Capacidades terminaisCriterios de avaliación

1Analiza-la evolución histórica do fútbol, fundamentalmente a dos sistemas de xogo.* Establece-la evolución histórica dos sistemas de xogo do fútbol.

* Enumera-los aspectos máis importantes da evolución dos sistemas de xogo do fútbol.

2Analiza-los fundamentos da táctica do fútbol de alto nivel.* Describi-la organización do xogo nun equipo de primeira división.

* Describi-lo equilibrio entre ataque e defensa e a superioridade numérica nun equipo de alto nivel.

3Analiza-las diferentes accións tácticas e a súa aplicación ó fútbol de alto nivel.* Nun suposto dun equipo de primeira división española de características dadas, na súa participación nunha competición de fútbol determinada contra un equipo adversario cun sistema de xogo definido:-Establecer e xustifica-la táctica para empregar.-Determinar e xustifica-las principais accións tácticas en ataque e en defensa.

4Analiza-los diferentes sistemas de xogo e a súa aplicación ó fútbol de alto nivel.* Describi-los distintos sistemas de xogo empregados no fútbol de alto nivel moderno, caracterizalos e establece-lo papel dos xogadores en cada un dos sistemas.
* Describi-los distintos sistemas de xogo empregados no fútbol de alto nivel moderno, enfrontalos entre si e comparalos obxectivamente en razón da súa aplicabilidade ás distintas condicións do xogo.
* Explica-los sistemas de xogo, caracteriza-las súas diferencias e indica-lo papel de cada un dos xogadores en razón das súas accións tácticas.
* Nun suposto práctico dun equipo de fútbol que participa nunha competición concreta contra un equipo cun sistema de xogo determinado:-Xustifica-la organización do xogo ofensivo e defensivo.
-Defini-lo sistema de xogo para empregar.
* Describi-las variantes dos sistemas de xogo máis empregados no fútbol de alto nivel moderno.

5Aplica-la metodoloxía da planificación do adestramento táctico do fútbol para a práctica do alto nivel.* Determina-los criterios para a planificación do adestramento da táctica.

* Para un equipo de primeira división española, realizar unha planificación do adestramento da táctica en función dos obxectivos deportivos establecidos, e vincular esta planificación á do adestramento da técnica e da preparación física.

* Empregar unha metodoloxía da avaliación do adestramento táctico en equipos de alto nivel.

Contidos (duración: 30 horas teóricas e 60 prácticas)

Contidos procedementais

* Análise organizativa do xogo de fútbol de alto nivel.

* Determinación das accións conxuntas dos diferentes sistemas de xogo.

* Análise das accións tácticas.

* Planificación do adestramento táctico.

* Aplicación do adestramento globalizado.

* Organización e desenvolvemento dos movementos tácticos no fútbol de alto nivel.

* Dirección táctica de equipos en competicións deportivas.

Contidos conceptuais

* Historia do fútbol. Evolución dos sistemas de xogo.

* Táctica no fútbol de alto nivel.

-Organización do xogo.

-Equilibrio entre ataque e defensa.

-Imposición da superioridade numérica.

* Accións conxuntas dos diferentes sistemas de xogo.

-Sistema 1-4-3-3 e variantes.

-Sistema 1-4-4-2 e variantes.

-Sistema 1-5-3-2 e variantes.

-Sistema 1-5-4-1 e variantes.

-Sistema 1-4-5-1 e variantes.

* Análise das accións tácticas: desenvolvemento en ataque e en defensa.

* Adestramento táctico.

-Sistemas de control do adestramento táctico.

-Metodoloxía da avaliación do adestramento táctico en equipos de alto nivel.

Contidos actitudinais

* Valoración da evolución dos sistemas de xogo ó longo da historia do fútbol.

* Preocupación polo coñecemento da metodoloxía da planificación do adestramento táctico.

* Interese polos sistemas de control do adestramento táctico.

3.3.8. Módulo formativo 14: técnica individual e colectiva III.

Asociado á unidade de competencia 1: planificar e dirixi-lo adestramento de xogadores de fútbol.

Capacidades terminais e criterios

de avaliación correspondentes

Capacidades terminaisCriterios de avaliación

1Analiza-los xestos e as accións técnicas dos xogadores de fútbol de alto nivel.* Empregando imaxes de xogadores de fútbol de equipos de primeira división española, detecta-los erros de execución técnica, explica-las causas e propor exercicios para a mellora técnica.
* Para un determinado xesto técnico dun porteiro de fútbol:-Realiza-la análise do xesto técnico.
-Propor unha serie de exercicios específicos para o adestramento do xesto técnico.
* Establece-las series completas de exercicios para a mellora das diversas accións técnicas.

2Emprega-los sistemas avanzados no adestramento dos xestos técnicos individuais dos xogadores de fútbol de alto nivel.* Nun suposto práctico dun determinado equipo de fútbol de primeira división española, deseñar e aplicar unha serie de sesións de adestramento de accións técnicas; establecer, por sesións, os obxectivos, os contidos e os criterios para avalia-la obtención dos obxectivos propostos; e determinar en tódolos casos o adestramento das accións individuais e as accións con compañeiro, en grupos e en equipo.

Capacidades terminaisCriterios de avaliación

* Describi-lo adestramento da velocidade do xogador con balón, as diferentes procedencias e traxectorias do balón e a dificultade na posición nun suposto práctico dun determinado equipo nunha competición.
* Aplica-los criterios para avalia-la progresión dos deportistas na aprendizaxe da técnica.
* En función de obxectivos propostos, desenvolver diferentes exercicios para o adestramento técnico dun porteiro de fútbol.

Contidos (duración: 20 horas teóricas e 70 prácticas)

Contidos procedementais

* Planificación do adestramento técnico.

* Aplicación dos sistemas de control do adestramento técnico.

* Utilización da metodoloxía da avaliación do adestramento técnico en futbolistas de alto rendemento.

* Adestramento das acción técnicas individuais, con compañeiro, en grupo e en equipo.

* Adestramento das accións técnica en velocidade.

* Organización técnica do xogo.

* Aplicación dos exercicios para a mellora das accións técnicas.

Contidos conceptuais

* Adestramento técnico: consideracións.

* Adestramento das accións técnicas: accións individuais, con compañeiro, en grupo e en equipo.

* Adestramento das accións técnicas en dificultade.

-Velocidade do xogador.

-Velocidade do balón.

-Diferentes procedencias e traxectorias do balón.

-Dificultade na posición.

* Organización técnica do xogo.

-Fases da organización.

-Manobras elaboradas e improvisadas.

-Accións combinativas.

-Solucións para aplicar en cada zona do campo.

* Exercicios para a mellora das diversas accións técnicas.

-Acción técnicas.

-Xogos con dificultade crecente.

-Adestramento en grupos reducidos.

Contidos actitudinais

* Rigor na aplicación do adestramento da técnica.

* Esforzo na realización e aprendizaxe das accións técnicas en dificultade.

* Actitude positiva para a realización dos exercicios da mellora das diversas accións técnicas.

3.4. Bloque complementario.

3.4.1. Módulo formativo complementario: información e comunicación.

Capacidades terminais e criterios

de avaliación correspondentes

Capacidades terminaisCriterios de avaliación

1Empregar soportes multimedia para o ensino e o adestramento da especialidade deportiva.* Nun suposto dado, utiliza-los recursos multimedia que corresponda.

* Presentar un esquema defensivo utilizando as novas tecnoloxías (texto, son, imaxe, etc.).

2Utiliza-la Internet como medio de recollida de información especifica da especialidade deportiva.* Elaborar unha base de datos específicos relacionados coa especialidade deportiva de fútbol.

* Utilizar unha base de datos como mellora da formación do técnico deportivo.

Contidos (duración: 25 horas)

Contidos procedementais

* Exposición de contidos.

* Navegación pola Internet a través de páxinas web.

* Utilización do correo electrónico.

* Utilización da Internet na especialidade deportiva.

Contidos conceptuais

* Soportes e recursos dos métodos multimedia.

* A Internet.

Contidos actitudinais

* Valoración do emprego de soportes multimedia para o ensino e o adestramento do fútbol.

* Preocupación pola incorporación das novas tecnoloxías na disciplina deportiva do fútbol.

3.4.2. Módulo formativo complementario: lingua estranxeira (inglés).

Capacidades terminaisCriterios de avaliación

1Comunicarse oralmente e por escrito cun interlocutor en lingua estranxeira, transmitindo a información necesaria para levar a cabo as accións oportunas.* Transferi-la información dunha comunicación en lingua estranxeira dun código escrito a un oral e viceversa.

* Interpreta-la información pedida ou expresada polo interlocutor en lingua estranxeira de forma presencial, telefónica ou escrita, tendo en conta o contexto e a situación.

* Producir mensaxes orais na lingua estranxeira en diversas situacións relacionadas co ámbito da actividade profesional, interpretando e transmitindo a información con adecuación, cohesión e coherencia, empregando a terminoloxía profesional máis habitual.
* Comunicarse oralmente en lingua estranxeira, de forma ordenada, coherente e eficaz, nas situacións relacionadas coa actividade profesional.

2Redactar e/ou cubrir documentos e informes propios do ámbito deportivo en lingua estranxeira, con corrección, precisión e coherencia, solicitando ou facilitando unha información de tipo xeral ou detallada.* Traducir detalladamente á lingua propia textos en lingua estranxeira relacionados co contorno profesional, tendo en conta a terminoloxía específica e a axuda das técnicas de traducción asistida e automatizada de textos.

* Producir mensaxes escritas, co léxico preciso e os aspectos formais adecuados á normativa e ó protocolo de cada país, relacionadas coas operacións do contorno profesional.

Contidos (duración: 50 horas)

Contidos procedementais

Comunicación oral.

* Comprensión de mensaxes orais procedentes de fontes diversas.

* Interpretación das mensaxes: distinción entre datos e opinións, intencionalidade do falante, iden

tificación dos elementos relevantes nas mensaxes atendendo ós distintos códigos (verbal, xestual e icónico).

* Obtención de información profesional en lingua estranxeira.

-Selección e baldeirado das fontes de información.

-Ordenación da información.

-Elaboración en lingua estranxeira.

-Presentación e emisión en lingua estranxeira.

* Comunicación presencial en lingua estranxeira.

-Recepción e saúdo.

-Introducción das convencións de cortesía do país estranxeiro.

-Selección das formas de comunicación e de cortesía.

-Captación do obxectivo da situación comunicativa.

* Comunicación telefónica en lingua estranxeira.

-Identificación do interlocutor.

-Inferencia dos aspectos claves da mensaxe.

-Deducción do sentido da mensaxe.

-Formulación de preguntas tendo en conta as convencións de cortesía propias da lingua estranxeira.

-Obtención de información complementaria para dar resposta á demanda de información.

-Selección das estratexias de relación e do estilo comunicativo.

-Emisión da mensaxe e/ou información.

-Síntese da mensaxe recibida.

Comunicación escrita.

* Análise do contido dun documento en lingua estranxeira.

* Interpretación do léxico específico.

* Consulta da normativa regulamentaria e dos soportes de traducción.

* Obtención da información pertinente.

* Comprobación dos datos, as expresións e os formulismos.

* Producción de textos en lingua estranxeira.

-Concreción da finalidade do escrito en lingua estranxeira.

-Organización da información e das ideas do texto.

-Elección da información para producir un texto en lingua estranxeira.

-Preparación dun borrador do deseño formal do texto.

-Redacción dun texto tendo en conta as características propias de cada documento.

-Revisión e corrección convencional e informatizada dos textos.

* Traducción directa e inversa de textos relacionados coa actividade profesional, identificando os elementos e as relacións do texto.

Aspectos socioprofesionais.

* Análise dos aspectos socioculturais relevantes nos países onde se fala a lingua estranxeira.

* Introducción das convencións de cortesía do país estranxeiro.

* Emprego contextualizado das normas de tratamento e protocolo.

* Utilización dos coñecementos adquiridos para interpretar mensaxes presentes no propio medio.

Contidos conceptuais

Comunicación oral.

* Funcións habituais na interacción comunicativa cotiá.

-Descrición.

-Narración.

-Explicación.

-Argumentación no contexto laboral.

* Expresividade oral: fonoloxía, fonética, acentuación, entoación e prosodia.

* Vocabulario referente a termos profesionais.

* Expresións idiomáticas e de uso frecuente no ámbito socioprofesional.

* Fórmulas básicas de interacción socioprofesional.

* Estratexias.

* Atención presencial e/ou telefónica: interpretación, adaptación, cohesión do discurso, recursos, etc.

Comunicación escrita.

* Elementos formais e estructura dos textos escritos.

-Presentación, ortografía, signos de puntuación e normas gramaticais e discursivas.

-Comunicación axeitada ás diferentes situacións e ós distintos contextos.

-Fórmulas de cortesía.

* Principios e características máis relevantes do discurso escrito.

-Identificación do relevante evitando a ambigüidade.

-Elementos de cohesión no discurso.

* Traducción directa e inversa de textos propios do contorno profesional: proceso, estructura e coherencia.

* Redacción de cartas e comunicacións no contexto profesional: fórmulas de tratamento persoal, estructura e cohesión sintáctica.

* Terminoloxía específica do sector.

Aspectos socioprofesionais.

* Regras e hábitos en situacións da vida cotiá: horarios, actividades habituais, papeis sociais, etc.

* Convencións e pautas de cortesía.

* Formas de expresión nas funcións comunicativas orais e escritas.

* Normativas internacionais de uso nas relacións internacionais de ámbito profesional: léxico, formulismos e expresións.

Contidos actitudinais

Comunicación oral.

* Interese por solucionar dificultades de comprensión e/ou expresión no desenvolvemento dunha mensaxe en lingua estranxeira.

* Autonomía á hora de procura-la forma de interpretar, expresar e descodifica-la información.

* Valoración da capacidade de se expresar oralmente na lingua estranxeira como medio de comunicación e entendemento entre as persoas.

* Superación das dificultades, admitindo que os erros forman parte do proceso da aprendizaxe e aproveitando os recursos lingüísticos.

* Interese por participar nas distintas situacións de comunicación posibles.

* Constancia na procura da significación do vocabulario, as expresións idiomáticas e os formulismos que se usan no contexto profesional do tráfico internacional.

* Respecto e seguimento das normas do protocolo profesional.

* Respecto polas mensaxes emitidas polos nosos interlocutores.

* Esforzo polo rigor na interpretación e na producción de mensaxes.

Comunicación escrita.

* Curiosidade e interese polas ideas manifestadas nos textos en lingua estranxeira.

* Rigor na interpretación, na producción e na revisión de textos.

* Esforzo pola procura de información ante as dificultades de comprensión dos textos escritos en lingua estranxeira.

* Interese pola introducción de novas posibilidades expresivas nas comunicacións e nas traduccións.

* Recoñecemento da capacidade de comprender globalmente un texto escrito sen necesidade de entender tódolos seus elementos.

* Busca da fórmula máis adecuada na presentación da comunicación no contexto das relacións comerciais.

3.5. Bloque de formación práctica.

3.5.1. Módulo formativo: módulo de formación práctica.

Capacidades terminais e sesións formativas

de referencia

Capacidades terminaisSesións de avaliación

1Concreta-la programación e dirixi-lo adestramento de xogadores e equipos de fútbol e a súa participación en competicións de medio e alto nivel.* Análise da concreción das actividades que se poden planear para a consecución do obxectivo deportivo.

* Valoración das características dos futbolistas e as súas capacidades.

* Descrición do sistema táctico máis axeitado para os enfrontamentos cos rivais.

2Programar e dirixi-lo acondicionamento físico de xogadores de fútbol.* Seguimento físico dos deportistas a nivel individual e colectivo.

* Verificación do rendemento físico dos deportistas e dos equipos en colaboración con outros especialistas.

3Programar e dirixi-lo ensino deportivo do fútbol.* Planificación do ensino do fútbol.

* Planificación do sistema avaliativo do equipo e dos xogadores trala competición.

4Programar e coordina-la actividade dos técnicos deportivos de nivel inferior ó seu.* Seguimento e control das actividades desenvolvidas polos técnicos deportivos de fútbol.

* Valoración da posta en práctica das tarefas programadas.

5Dirixir un departamento, unha sección ou unha escola de fútbol.* Xestión e administración da sección, a escola ou o departamento.

* Solución rápida de imprevistos.

* Identificación da regulamentación do departamento, a escola ou a sección de fútbol.

6Comportarse de xeito autónomo co grupo de traballo integrándose no equipo do club, a entidade e a federación.* Participación en actividades complementarias en caso necesario, respectando as características e as normas propias de cada entidade.

* Planificación de actividades deportivas ligadas ó desenvolvemento do fútbol.

Duración: 200 horas

Desenvolvemento das sesións

Baixo a supervisión do titor asignado e co equipo ou grupo, o período total de formación práctica distribuirase do seguinte xeito:

* Sesións de adestramento de fútbol, entre un 25% e un 30%.

* Sesións de acondicionamento físico de futbolistas, entre un 10% e un 20%.

* Sesión de dirección de equipos, entre un 20% e un 25 %.

* Sesións de programación e dirección de ensinanzas deportivas do fútbol, entre un 20% e un 25%.

* Sesións de programación e coordinación de técnicos deportivos de nivel inferior, entre un 15% e un 20%.

* Sesións de dirección dunha escola de fútbol, entre un 10% e un 15%.

As sesións formativas desenvolveranse en tres fases: observación, colaboración e actuación supervisada. Ó termo das fases o alumno redactará a memoria correspondente a cada sesión.

3.6. Bloque de proxecto final.

3.6.1. Módulo formativo: proxecto final.

Duración: 75 horas.

3.6.2. Obxectivo.

O proxecto final ten como obxectivo comprobar que o alumno asimilou e é capaz de integrar, sincretizar

e aplica-los coñecementos teórico-prácticos adquiridos durante o proceso formativo e, en consecuencia, de desempeñar unha actividade profesional no campo propio de técnico deportivo superior en fútbol.

3.6.3. Estructura.

O proxecto final será elaborado polo alumno de acordo coa seguinte estructura:

* Introducción, que establecerá os obxectivos do traballo, a súa relación con outros traballos precedentes, de os haber, e o seu enfoque xeral.

* Núcleo do proxecto.

* Referencias bibliográficas e iconográficas utilizadas para a elaboración do traballo.

3.6.4. Contidos do proxecto.

O proxecto final consistirá na concepción e na elaboración dun traballo monográfico, que versará sobre algún dos aspectos da súa formación:

* Adestramento de xogadores e equipos de fútbol.

* Dirección técnica de equipos de xogadores de fútbol.

* Acondicionamento físico de xogadores de fútbol.

* Dirección de técnicos deportivos.

* Dirección de escolas de fútbol.

* Ensino do fútbol.

3.6.5. Avaliación.

O proxecto final será cualificado seguindo a escala numérica dun a dez puntos, sen decimais. Consideraranse positivas as cualificacións iguais ou superiores a cinco puntos, e negativas as restantes.

Valorarase, no proxecto:

* Realización dun traballo orixinal.

* Utilización dunha linguaxe clara e unha correcta terminoloxía específica.

* Presentación e estructuración correcta do proxecto.

* Pertinencia e viabilidade do proxecto.

* Realización dunha completa revisión bibliográfica.

4. Ordenación académica e impartición.

4.1. Acceso ás ensinanzas.

4.1.1. Requisitos de acceso e promoción.

Para o acceso ó grao superior das ensinanzas de fútbol requirirase:

* Posuí-lo título de bacharelato ou equivalente para afectos académicos.

* Dispor do título de técnico deportivo de fútbol.

* Acreditar experiencia como adestrador titular nalgunhas das condicións que de seguido se especifican:

-Dúas tempadas como mínimo en equipos participantes en competicións de terceira división ou de categoría rexional preferente.

-Tres tempadas como mínimo en equipos participantes en competicións de categoría rexional ordinaria ou na liga nacional xuvenil.

-Catro tempadas como mínimo en equipos participantes en competicións nas categorías xuvenil, cadete, infantil, alevín ou benxamín.

A experiencia deportiva acreditarase mediante o certificado expedido, segundo o caso, pola Real Federación Española de Fútbol ou pola federación autonómica de fútbol correspondente.

As competicións terán que ser promovidas pola Real Federación Española de Fútbol ou polas federacións autonómicas de fútbol.

Unha tempada considerarase completada cando o técnico deportivo, en calquera das dúas especialidades de fútbol, realizara as súas funcións durante un período mínimo de seis meses ou, se é o caso, 183 días.

4.1.2. Requisitos de acceso para persoas en circunstancias especiais.

Acceso sen o título de bacharelato:

* Será posible acceder ás ensinanzas sen cumpri-lo requisito de titulación de bacharelato, sempre que o aspirante reúna as condicións de ter cumpridos 20 anos e demostra-la madureza en relación ós obxectivos formativos do bacharelato, tanto intelectual -acreditada a través do domino das capacidades lingüísticas-, como de razoamento e de coñecementos fundamentais.

* A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria regulará no ámbito da súa competencia as probas ás que se refire o punto anterior.

Acceso dos deportistas de alto nivel:

Para a exención de requisitos de acceso para os deportistas de alto nivel:

* De conformidade co artigo 53 da Lei 10/1990, estarán exentos dos requisitos deportivos os deportistas de alto nivel que reúnan os requisitos de carácter xeral para acceso ás ensinanzas deportivas ou ben que superen as probas de acceso que se establecen para as persoas que non posúen a titulación de bacharelato.

* A duración deste beneficio estenderase ós 5 anos seguintes á perda da condición de deportista de alto nivel, excepto se esta se produce como consecuencia do disposto no artigo 16, parágrafos b), c) e d), do Real decreto 1467/1997, sobre deportistas de alto nivel.

Probas de acceso adaptadas ós que acrediten discapacidades:

* As solicitudes de acceso ás ensinanzas de técnico deportivo superior na especialidade de fútbol de persoas discapacitadas deberanse acompañar do correspondente certificado de minusvalidez expedido polo órgano competente da Comunidade Autónoma.

* Co obxectivo de garanti-la eficacia da formación e o posterior exercicio das competencias profesionais inherentes ó título, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria establecerá un tribunal que avaliará o grao de discapacidade e as limitacións que leva implícitas para cursar con aproveitamento as ensinanzas e, se é o caso, adaptará os requisitos das probas de madureza que deban supera-los aspirantes.

4.2. Profesorado.

4.2.1. Especialidades do profesorado con atribución docente nos módulos das ensinanzas deportivas en centros sostidos con fondos públicos.

Módulo de formaciónEspecialidade

do profesorado

Corpo

1Biomecánica deportiva.Educación física.Profesor de ensino secundario.

2Adestramento de alto rendemento deportivo.Educación física.Profesor de ensino secundario.

3Fisioloxía do esforzo.Bioloxía e xeoloxía.

Procesos sanitarios.

Procesos de diagnósticos clínicos e productos ortoprotésicos.

Educación física.

Profesor de ensino secundario.

4Xestión do deporte.Administración de empresas.

Economía.

Formación e orientación laboral.

Educación física.

Profesor de ensino secundario.

5Psicoloxía do alto rendemento deportivo.Psicoloxía e pedagoxía.

Educación física.

Profesor de ensino secundario.

6Socioloxía do deporte de alto rendemento.Educación física.Profesor de ensino secundario.

7Desenvolvemento profesional.Profesor especialista.Profesor especialista.

8Dirección de equipos.Profesor especialista.Profesor especialista.

9Metodoloxía do ensino e adestramento do fútbol.Profesor especialista.Profesor especialista.

10Preparación física específica.Profesor especialista.Profesor especialista.

11Regras do xogo.Profesor especialista.Profesor especialista.

12Seguridade deportiva.Profesor especialista.Profesor especialista.

13Táctica e sistemas de xogo.Profesor especialista.Profesor especialista.

14Técnica individual e colectiva.Profesor especialista.Profesor especialista.

15Terminoloxía en lingua estranxeira, máis frecuente nas ciencias da especialidade e nas ciencias do deporte.Educación física.Profesor de ensino secundario.

16Procesadores de textos, bases de datos e multimedia.Informática.Profesor de ensino secundario.

17Práctica deportiva realizada con discapacitados.Educación física.Profesor de ensino secundario.

4.2.2. Requisitos de titulación que acreditan o profesorado para imparti-los módulos destas ensinanzas.

Módulo de formaciónTitulación do profesorado

Biomecánica deportiva.Licenciado en ciencias da actividade física e do deporte.

Calquera outra titulación universitaria de ciclo longo da área de ciencias experimentais e da saúde ou da área das ensinanzas técnicas, e acredita-la formación suficiente na materia.

Adestramento de alto rendemento deportivo.Licenciado en ciencias da actividade física e do deporte.

Fisioloxía do esforzo.Licenciado en ciencias da actividade física e do deporte.

Licenciado en medicina.

Outra titulación universitaria de ciclo longo da área de ciencias experimentais e da saúde, e acredita-la formación suficiente na materia.

Xestión do deporte.Licenciado en ciencias da actividade física e do deporte.

Licenciado en economía.

Licenciado en ciencias empresariais.

Licenciado en dereito.

Outra titulación universitaria de ciclo longo da área de humanidades ou da área de ciencias sociais e xurídicas, e acredita-la formación suficiente na materia.

Módulo de formaciónTitulación do profesorado

Psicoloxía do alto rendemento deportivo.Licenciado en psicoloxía.

Licenciado en ciencias da actividade física e do deporte.

Outra titulación universitaria de ciclo longo da área de ciencias sociais e xurídicas, e acredita-la formación suficiente na materia.

Socioloxía do deporte de alto rendemento.Licenciado en ciencias da actividade física e do deporte.

Licenciado en socioloxía.

Outra titulación universitaria de ciclo longo da área de ciencias sociais e xurídicas, e acredita-la formación suficiente na materia.

Desenvolvemento profesional.Licenciado en economía.

Licenciados en ciencias da actividade física e do deporte.

Licenciado en dereito.

Técnico deportivo superior da especialidade de fútbol correspondente.

Dirección de equipos.Técnico deportivo superior da especialidade de fútbol correspondente.

Licenciado en psicoloxía.

Metodoloxía do ensino e do adestramento da especialidade deportiva.Técnico deportivo superior da especialidade de fútbol correspondente.

Licenciado en ciencias da actividade física e do deporte.

Preparación física.Técnico deportivo superior da especialidade de fútbol correspondente.

Licenciado en ciencias da actividade física e do deporte.

Regras de xogo.Técnico deportivo superior da especialidade de fútbol correspondente.

Seguridade deportiva.Técnico deportivo superior da especialidade de fútbol correspondente.

Licenciado en ciencias da actividade física e do deporte.

Táctica e sistemas de xogo.Técnico deportivo superior da especialidade de fútbol correspondente.

Licenciado en ciencias da actividade física e do deporte.

Técnica individual e colectiva.Técnico deportivo superior da especialidade de fútbol correspondente.

Licenciado en ciencias da actividade física e do deporte.

Terminoloxía en lingua estranxeira frecuente nas ciencias da especialidade e nas ciencias do deporte.Licenciado en ciencias da actividade física e do deporte.

Procesadores de texto, bases de datos e multimedia.Enxeñeiro en informática ou calquera titulación universitaria de ciclo longo da área das ensinanzas técnicas, e acredita-la formación práctica correspondente.

Práctica deportiva realizada con discapacitados.Licenciado en ciencias da actividade física e do deporte.

4.2.3. Equivalencias de titulación para efectos de docencia.

Para a impartición dos módulos de formación que de seguido se determinan, establécense as seguintes equivalencias para efectos de docencia:

Módulo formativoTitulación do profesorado

Desenvolvemento profesional.Diplomado en ciencias empresariais.

Diplomado en relacións laborais.

Diplomado en turismo.

Xestión do deporte.Diplomado en ciencias empresariais.

Diplomado en relacións laborais.

Diplomado en turismo.

4.2.4. Equivalencias de titulacións para o seguimento do bloque de formación práctica.

Para realiza-lo seguimento do bloque de formación práctica, considérase equivalente para efectos de docencia o diploma de adestrador nacional de fútbol expedido pola Real Federación Española de Fútbol, recollido segundo o previsto no artigo 42.2º do Real decreto 1913/1997.

4.2.5. Habilitación docente a expertos e especialistas.

O Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, por proposta do Consello Superior de Deportes e de acordo coas comunidades autónomas que se atopan en pleno exercicio das súas competencias educativas, establecerá as condicións que teñen que reuni-los deportistas con méritos sobresalientes a nivel internacional e as persoas nas que concorran méritos deportivos con prestixio recoñecido e experiencia profesional que asegure, en cada caso, a preparación necesaria para o desempeño da súa función docente, para os efectos de obter habilitación para imparti-las ensinanzas de determinados módulos do bloque específico ou do bloque de formación práctica que se regulan neste decreto.

Mediante a devandita habilitación docente, obterase a condición de profesor especialista para imparti-la docencia do módulo correspondente.

4.3. Requisitos materiais dos centros de formación dos técnicos da especialidade de fútbol.

4.3.1. Espacios de uso administrativo e docente xenérico.

* Sala de uso múltiple para o desenvolvemento das actividades comúns do centro, con capacidade suficiente para o número de prazas autorizadas.

* Cada unha das especialidades deportivas que se pretenda impartir deberá dispor dunha unidade de seminario en horario compatible.

* Servicios e fondos que garantan a consulta de libros, revistas e documentos en soporte audiovisual das especialidades de fútbol.

* Espacios independentes para os órganos de goberno e os servicios administrativos do centro, secretaría e sala de profesores, todo isto axeitado á capacidade do centro.

* Aseos e servicios hixiénico-sanitarios en número axeitado á capacidade do centro, tanto para alumnos como para profesores, en función do que dispoña a lexislación que en cada caso sexa aplicable.

* Dependencias para a almacenaxe de material, axeitadas ás necesidades do centro.

* Zona de vestiarios axeitada á capacidade do centro, en función do que dispoña a lexislación que en cada caso sexa aplicable.

Non se debe interpretar que os diversos espacios formativos identificados deban diferenciarse necesariamente mediante pechamentos.

4.3.2. Requisitos de instalacións e equipamentos docentes deportivos.

* Os centros de formación de técnicos deportivos das especialidades de fútbol disporán do espacio suficiente e do equipamento docente necesario nas súas aulas, para atende-los alumnos inscritos en cada nivel e grao de formación da correspondente especialidade.

* A superficie da aula onde se desenvolven as clases teóricas terá polo menos 40 metros cadrados, ou 1,5 metros cadrados por alumno.

* Os centros disporán dunha sala deportiva polivalente debidamente equipada para a impartición dos contidos teórico-prácticos dos distintos módulos. As dimensións deberán ser suficientes para atender simultaneamente os alumnos inscritos nun módulo de formación determinada, respectando o número máximo de alumnos por profesor.

* As instalacións estarán dotadas da moblaxe e do equipamento didáctico de uso colectivo suficiente para impartir con garantías de calidade estas ensinanzas.

* Os centros disporán de medios audiovisuais que garantan a impartición correcta das ensinanzas destes técnicos deportivos.

* Para a impartición das clases teórico-prácticas, os centros de formación das especialidades deportivas de fútbol terán que acredita-la disposición de acceso ás instalacións seguintes:

-Un campo de fútbol de herba de medidas regulamentarias e dotado de porterías.

-Dous campos de fútbol de medidas reducidas dotados de porterías.

-Un balón de fútbol regulamentario por cada alumno, en perfectas condicións de uso.

* Os centros deberán contar cun mínimo de cinco manequíns de recuperación cardiopulmonar.

As ensinanzas deportivas de réxime especial conducentes á obtención dos títulos de técnico deportivo (superior) na modalidade de fútbol nas especialidades de fútbol requiren dos seguintes espacios cos seguintes graos de utilización.

Superficie e grao de utilización de espacios e instalacións:

Espacio formativo

Superficie

(22 alumnos)

Grao de

utilización

Aula40 m ou 1,5 m por alumno55%
Sala deportiva polivalenteSegundo a normativa vixente10%
Campo de fútbol de herba grandeMedidas regulamentarias25%
Campo de fútbolMedidas reducidas10%

O grao de utilización expresa en tanto por cento a ocupación en horas do espacio previsto para a impartición das ensinanzas, por un grupo de alumnos, respecto da duración total das ensinanzas.

4.3.3. Requisitos de seguridade e responsabilidade.

En relación ós requisitos de seguridade e responsabilidade, os centros deberán dispor de:

* Servicio medico ou, se é o caso, dun concerto de asistencia médica de urxencia.

* Plan de evacuación de enfermos e accidentados.

* Seguro que cubra a reponsabilidade civil que puidese ser reclamada ó centro, en razón da súa propia actividade.

4.4. Validacións, correspondencias e acceso a outros estudios.

4.4.1. Validación do bloque común.

A superación do bloque común do grao superior de calquera das modalidades ou especialidades das ensinanzas ás que se refire o Real decreto 1913/1997, do 19 de decembro, terá validez para as ensinanzas do grao superior da especialidade de fútbol.

4.4.2. Módulos profesionais que poden ser obxecto de correspondencia coa práctica deportiva de alto nivel (Real decreto 1467/1997, do 19 de setembro, sobre deportistas de alto nivel).

A práctica dos deportistas que tivesen a consideración de alto nivel nas especialidades de fútbol, poderán ser obxecto de correspondencia formativa cos módulos de técnica individual e colectiva na especialidade de fútbol na que tiveran a referida consideración.

* Técnica individual e colectiva III.

4.4.3. Acceso a outros estudios.

* Os títulos de técnico deportivo superior en fútbol darán acceso ós seguintes estudios universitarios:

-Mestre (tódalas especialidades).

-Diplomado en educación social

-Diplomado en fisioterapia.

-Diplomado en terapia ocupacional.

-Diplomado en traballo social.

-Diplomado en enfermería.

-Diplomado en empresas e actividades turísticas.

-Diplomado en turismo.

-Licenciado en ciencias da actividade física e do deporte.

4.5. Criterios xerais para o desenvolvemento e a avaliación das ensinanzas.

* O ensino e a avaliación da aprendizaxe do alumno realizarase por módulos, considerando as capacidades terminais e os criterios de avaliación establecidos no currículo para cada módulo, así como a madureza académica do alumno en relación coa competencia xeral que se establece no perfil profesional das ensinanzas.

* A formación práctica desenvolverase en institucións deportivas de titularidade pública ou entidades privadas, así coma no marco de programas de intercambio internacional. A avaliación do módulo de formación práctica realizaraa o titor correspondente e só se concederá a cualificación de apto ou non apto. Para acada-la cualificación de apto os alumnos terán que:

-Asistir como mínimo ó 80% das horas establecidas para cada unha das fases.

-Acada-las capacidades terminais asociadas ás sesións formativas.

-Presentar correctamente unha memoria estructurada nos apartados seguintes:

-Descrición da estructura e do funcionamento do centro, das instalacións e dos espacios en que se realizan as prácticas, do grupo ou grupos, así como o período en que se desenvolven.

-Desenvolvemento das prácticas: fichas de seguimento das prácticas de cada sesión agrupadas por fases.

-Informes de autoavaliación das prácticas.

-Informe de avaliación do titor.

* O proxecto final elaborarase de acordo coas características e os procedementos de elaboración que se establecen no módulo de proxecto final. O proxecto avaliarase despois de ter superado tódolos bloques do proceso formativo e a formación práctica. A súa realización non requirirá da escolarización do alumno; sen embargo, o centro facilitará o emprego da bibliografía e os medios necesarios para completa-lo proxecto con éxito. A avaliación do módulo de proxecto final farase segundo a escala numérica de un a dez puntos, sen decimais. Consideraranse positivas as cualificacións iguais ou superiores a cinco puntos, e negativas as restantes.

4.6. Distribución horaria.

Os módulos profesionais deste ciclo formativo organízanse do seguinte xeito:

Bloque común:

Horas teóricasHoras prácticasDenominación dos módulos

1010Biomecánica deportiva

2020Adestramento de alto rendemento deportivo

2010Fisioloxía do esforzo

305Xestión do deporte

105Psicoloxía de alto rendemento deportivo

10-Socioloxía do deporte de alto rendemento

Bloque específico:

Horas teóricasHoras prácticasDenominación dos módulos

3010Desenvolvemento profesional III

1515Dirección de equipos III

1510Metodoloxía do ensino e do adestramento do fútbol III

2025Preparación física III

1510Regras de xogo III

55Seguridade deportiva II

3060Tácticas e sistemas de xogo III

2070Técnica individual e colectiva III

Bloque complementario

Módulo formativo de información e comunicación. 25 horas.

Módulo formativo de lingua estranxeira (inglés). 50 horas.

Módulo de formación práctica

200 horas prácticas.

Módulo de proxecto final

75 horas.

* As horas de libre disposición do centro neste ciclo formativo son 20, que se utilizarán nos tres primeiros trimestres.

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E ADMINISTRACIÓN

LOCAL