Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Venres, 6 de maio de 2011 Páx. 7986

IV. Oposicións e concursos

Consellería do Medio Rural

CORRECCIÓN de erros.- Resolución do 22 de marzo de 2011 pola que se abre un proceso de actualización e inclusión de novo persoal naquelas categorías profesionais necesarias para o funcionamento do Instituto Galego da Calidade Alimentaria (INGACAL) e se modifica a Resolución do 23 de maio de 2008 pola que se abría o prazo de presentación de solicitudes para a elaboración de diversas listas por categorías profesionais para a contratación de persoal laboral temporal.

Advertidos erros en dita resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 73 do mércores 13 de abril do 2011, é preciso publicar as seguintes correccións:

Na páxina 6.630, base terceira, punto e). No segundo parágrafo, onde di:

«Consellería: Medio Rural: 09.

Delegación: Servizos Centrais: 13.

Instituto Galego da Calidade Alimentaria: 17.

Taxa: 30.03.00».

Debe dicir:

«Consellería: Medio Rural: 09.

Delegación: Servizos Centrais: 13.

Instituto Galego da Calidade Alimentaria: 17.

Taxa: 30.03.01».

Na páxina 6.630, base cuarta, segundo parágrafo, punto 1. Onde di: «As titulacións requiridas son: enxeñería agronómica de montes, (…)», debe dicir: «As titulacións requiridas son: enxeñería agronómica, de montes, (…)».