Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Venres, 13 de maio de 2011 Páx. 9359

III. Outras disposicións

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 25 de abril de 2011, da Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións para a extensión de redes de acceso de banda larga no rural galego, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), no marco do Programa operativo FEDER Galicia 2007-2013, e se procede á súa convocatoria para o período 2011-2013 (procedemento administrativo PR880C).

A conectividade en banda larga é unha compoñente chave para o desenvolvemento, adopción e utilización de tecnoloxías da información e a comunicación (TIC) na economía e a sociedade. A banda larga reviste importancia estratéxica dada a súa capacidade de acelerar a contribución destas tecnoloxías ao crecemento e á innovación en todos os sectores da economía e á cohesión social e territorial.

A dispoñibilidade xeneralizada de servizos de banda larga para todos os cidadáns europeos é unha actuación apoiada activamente pola Comisión Europea, tal como se establece na Estratexia de Lisboa e en comunicacións posteriores, tales como «2010-Unha sociedade da información europea para o crecemento e o emprego» do 1 de xuño de 2005.

Neste senso, segundo as directrices da Comisión Europea, unha intervención pública selectiva no ámbito da banda larga pode contribuír a reducir a fenda dixital existente entre as rexións en que se dispón de servizos de banda larga alcanzables e competitivos e aquelas que carecen dos devanditos servizos.

En Galicia, nos últimos anos, leváronse a cabo diversas actuacións por parte de diferentes entidades -Administración estatal, autonómica, local e deputacións provinciais- para tratar de estender o servizo de banda larga a todos os galegos.

Porén, as actuacións para o despregamento de redes de banda larga que levaron ou están a levar a cabo o Estado, a Administración así como múltiples concellos e as distintas deputacións provinciais, careceron sempre dunha política común de actuación en materia de despregamento de infraestruturas e equipamento, o que implicou unha importante falta de visión global e coordinación á hora de os levar a cabo.

Deste xeito, no día de hoxe, a dispoñibilidade de banda larga en Galicia dista moito de poder considerarse satisfactoria, pois arredor do 37% dos núcleos de poboación de Galicia non dispoñen de acceso á banda larga.

Con data do 18 de febreiro de 2010, a Xunta de Galicia aprobou o Plan Director de Banda Larga de Galicia 2010-2013 en que se define a estratexia global para posibilitar o acceso ao servizo de banda larga a toda a sociedade galega como un dos motores principais para o desenvolvemento de Galicia, situándoa entre as rexións de referencia no desenvolvemento das novas tecnoloxías e redes para a Sociedade da Información.

Coa execución do Plan Director de Banda Larga de Galicia 2010-2013 preténdese desenvolver e estender as novas tecnoloxías e equipamento de telecomunicacións de banda larga aos cidadáns, organismos públicos e tecido empresarial de Galicia, con especial foco naquelas zonas máis desfavorecidas ou desatendidas:

• Fomentando a cohesión e a vertebración territorial, contribuíndo ao benestar e ao desenvolvemento social e a súa integración na Sociedade da Información.

• Impulsando o sector empresarial mediante o uso das novas tecnoloxías de banda larga como dinamizadoras económicas e xeradoras de emprego, competitividade e innovación.

• Incentivando a participación dos distintos axentes implicados e controlando a sustentabilidade dos investimentos.

• Impulsando a modernización dos servizos públicos e facilitando o acceso á Administración electrónica avanzada.

• Motivando a coordinación dos distintos organismos públicos para a unificación de esforzos e maximizar o seu impacto.

A Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica (SXMIT), como órgano superior da Administración autonómica con competencias nesta materia, impulsa esta resolución como continuación e parte integral da execución das actuacións de despregamento do Plan Director de Banda Larga de Galicia 2010-2013.

As actuacións desta convocatoria estarán cofinanciadas nun 80% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), no marco do Plan Operativo Feder Galicia 2007-2013, eixo 1-Desenvolvemento da Economía do Coñecemento (I+D+i, Sociedade da Información e TIC), tema prioritario 10 Infraestruturas telefónicas, actuación (1.10.4) * Infraestruturas de telecomunicacións. Por tanto, a súa tramitación queda condicionada ao cumprimento da normativa da Unión Europea nesta materia.

En consecuencia, e no uso das facultades que me foron concedidas,

RESOLVO:

Artigo 1. Bases reguladoras e convocatoria.

1. Esta resolución ten por obxecto aprobar as bases, que se inclúen como anexo I, polas cales se rexerá a concesión de subvencións, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), para a extensión de redes de acceso de banda larga na rural galego, dentro da área de actuación de extensión das redes de banda larga na contorna rural de Galicia, dentro da liña estratéxica de desenvolvemento de infraestruturas, do Plan Director de Banda Larga de Galicia 2010-2013, aprobado polo Consello da Xunta o 18 de febreiro de 2010.

2. Así mesmo, por medio desta resolución convócanse as citadas subvencións para o período 2011 - 2013 (procedemento administrativo PR880C).

Artigo 2. Solicitudes.

Para poder ser beneficiario da subvención deberá presentarse unha solicitude axustada ao modelo normalizado que se inclúe como anexo VI desta resolución, xunto coa documentación que se especifica nas bases reguladoras que se incorporan á presente resolución como anexo I.

O prazo para a presentación das solicitudes é dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ata ao primeiro día hábil seguinte.

As solicitudes presentaranse no rexistro xeral da Xunta de Galicia ou por calquera dos medios referidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), en modelo normalizado (anexo VI), xunto coa documentación que a seguir se indica. Así mesmo, o citado modelo poderase descargar na páxina web da Secretaría: http://imit.xunta.es

O feito de non axustarse aos termos da convocatoria, así como a ocultación de datos, a súa alteración ou calquera outra manipulación da información, será causa de rexeitamento da solicitude, sen prexuízo do disposto nos artigos 54 a 56 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 3. Prazo de duración do procedemento de concesión.

Unha vez rematado o prazo para a presentación de solicitudes, estas serán tramitadas e valoradas de acordo co procedemento establecido nas bases reguladoras, que non poderá ter unha duración superior a 6 meses.

Artigo 4. Crédito.

Para o financiamento desta convocatoria está prevista unha dotación orzamentaria máxima de 15.290.000 € que se financiarán con cargo á aplicación orzamentaria 04.70.571A.775.0, coa seguinte distribución:

2011

2012

2013

04.70.571A.775.0

2.285.000 €

5.105.000 €

7.900.000 €

As actuacións desta convocatoria estarán cofinanciadas nun 80% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), no marco do Plan Operativo Feder Galicia 2007-2013, eixo 1 - Desenvolvemento da Economía do Coñecemento (I+D+i, Sociedade da Información e TIC), tema prioritario 10 «Infraestruturas telefónicas», actuación (1.10.4) * Infraestruturas de telecomunicacións.

Artigo 5. Información aos interesados.

1. Sobre este procedemento administrativo, que ten o código PR880C, poderase obter documentación normalizada ou información adicional na Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica a través das seguintes canles:

a) Páxina web oficial da Secretaría Xeral (http://imit.xunta.es), na súa epígrafe de axudas.

b) O teléfono 981 95 78 68.

c) O enderezo electrónico oficina.bandalarga@xunta.es

d) Presencialmente.

Así mesmo, para cuestións xerais sobre este ou outros procedementos, poderá facerse uso do teléfono de información xeral da Xunta de Galicia (012 ou 902 12 00 12 para chamadas desde fóra de Galicia).

2. Unha vez presentadas as solicitudes, a Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica poderá habilitar canles personalizadas de información cos interesados, con independencia dos medios preceptivos de notificación recollidos nas bases reguladoras.

Disposición derradeira primeira. Habilitación para o desenvolvemento.

Facúltase o titular da Subdirección Xeral de Infraestruturas e de Telecomunicacións da Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica para que dite as instrucións que sexan precisas para o desenvolvemento e a aplicación desta resolución.

Disposición derradeira segunda. Compatibilidade das axudas co Tratado de funcionamento da Unión Europea.

Estas axudas foron debidamente notificadas á Comisión Europea, a cal considerou, na súa decisión N 424 / 2010 con data do 10 de novembro de 2010 (DOUE C 32/7, do 1-2-2011) que son conformes co artigo 107 do Tratado de funcionamento da Unión Europea.

Terceira. Entrada en vigor.

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 25 de abril de 2011.

Mª Mar Pereira Álvarez
Secretaria xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica

ANEXO I
Bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións para a extensión de redes de acceso de banda larga no rural galego, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), no marco do Programa Operativo Feder Galicia 2007-2013 (procedemento administrativo PR880C)

Artigo 1. Obxecto.

O obxecto destas bases é regular a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, para a extensión de redes de acceso de banda larga no rural galego.

O procedemento de concesión destas subvencións tramitarase en réxime de concorrencia competitiva co cofinanciamento ao 80% do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), no marco do Plan Operativo Feder Galicia 2007-2013, polo que este réxime de subvencións quedará suxeito aos regulamentos (CE) 1080/2006 (DOUE 31-7-2006), 1083/2006 (DOUE 31-7-2006) e 1828/2006 (DOUE 15-2-2007) relativos ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional.

Artigo 2. Ámbito material.

O ámbito material das presentes bases circunscríbese á área de actuación para a extensión de redes de banda larga na contorna rural de Galicia do Plan Banda Larga de Galicia 2010-2013 (PDBL).

Artigo 3. Ámbito territorial das redes que se van despregar.

En consonancia coas directrices fixadas dentro do Plan Director de Banda Larga de Galicia 2010-2013, as actividades obxecto de subvención poderán realizarse única e exclusivamente en núcleos rurais da xeografía galega tipificados como zona branca e que, por tanto, non poden acceder a conexións de banda larga de calidade nin teñen previsión de facelo nos próximos tres anos.

Os despregamentos de rede propostos polos solicitantes deberán restrinxirse a cubrir núcleos incluídos no anexo IX (lista de núcleos obxectivo) que se incorpora a estas bases reguladoras. Na listaxe que figura no dito anexo diferénciase entre os núcleos de cobertura obrigatoria (OB) e os de cobertura opcional, dentro dos cales se inclúen dous niveis de prioridade (P-1 e P-2 sendo os núcleos P-1 de maior prioridade). Non se valorará, en ningún caso, a cobertura de núcleos fóra da listaxe proporcionada. Para efectos de cobertura lémbrase que, para a valoración dunha solicitude, será condición indispensable o cumprimento dos requisitos mínimos de cobertura que figuran no artigo 7 das presentes bases.

Os solicitantes deberán achegar un lista dos núcleos do anexo IX, que poderán acceder aos servizos de conectividade sustentados na rede despregada indicando claramente a porcentaxe final de cobertura acadada polo despregamento de rede subvencionado en cada núcleo.

Para efectos destas bases reguladoras, e a fin de garantir un acceso de calidade á internet, para que rexións sitas en núcleos tipificados actualmente coma zona branca se consideren cubertas polo novo despregamento de rede, é condición indispensable que se poida acceder de modo efectivo a un paquete de servizos retallistas de acceso acorde co estipulado no artigo 11 destas bases reguladoras.

Para os efectos destas bases reguladoras serán de aplicación os datos de censo de poboación e nomenclátor do Instituto Nacional de Estatística referidos á data do 1 de xaneiro de 2010.

Artigo 4. Ámbito temporal.

O despregamento da rede poderá prolongarse no tempo ata o 1 de novembro de 2013 e o prazo máximo para a posta en servizo é o 15 de novembro do 2013.

Para estes efectos, o Plan de Despregamento deberá presentarse de conformidade co disposto no artigo 13 das presentes bases e incluirá as etapas temporais indicadas neste artigo cos seus respectivos mínimos de poboación obxectivo cuberta ao remate de cada etapa tomando como referencia a cobertura proposta polo solicitante:

Etapa

Data de inicio

Data de finalización

Cobertura mínima

1

Inicio do despregamento

15-12-2011

Sen mínimo exixido

2

16-12-2011

15-3-2012

25% da poboación proposta

3

16-3-2012

15-7-2012

40% da poboación proposta

4

16-7-2012

15-12-2012

55% da poboación proposta

5

16-12-2012

15-3-2013

70% da poboación proposta

6

16-3-2013

15-7-2013

85% da poboación proposta

7

16-7-2013

15-11-2013

100% da poboación proposta

O solicitante deberá dar conta dos núcleos e puntos de presenza da rede de acceso que serán despregados e cubertos durante cada etapa das recollidas con anterioridade indicando claramente a cobertura total obxectivo que se prevé acadar, desagregada segundo a tipoloxía de núcleos que se recolle no artigo 3. O incumprimento dos mínimos de cobertura estipulados por etapa poderá causar penalizacións conforme o recollido no artigo 37.

O prazo de inicio de traballos vinculados á realización das tarefas que motivasen concesión das axudas non poderá exceder os 10 días hábiles contados desde a data da notificación da resolución da convocatoria de axuda.

O prazo de vixencia da obriga de servizo computarase desde a data en que as obras fosen integramente declaradas conformes pola Xunta de Galicia, independentemente de que o solicitante optase por executar as obras en máis dunha etapa e iniciase o servizo naquelas que fosen aceptadas con anterioridade.

Artigo 5. Criterios xerais.

Os criterios xerais que van rexer a presente convocatoria de axuda son os especificados polas directrices da Comisión Europea ou as autoridades nacionais. Especificamente destacan os seguintes criterios:

1. Neutralidade tecnolóxica.

Seguindo as recomendacións e criterios xerais da Comisión Europea referentes ao despregamento de redes subvencionadas de telecomunicacións, non se primará a priori unha tecnoloxía de acceso para redes de banda larga. Por iso, o solicitante poderá escoller libremente a tecnoloxía que considere que mellor se axusta aos obxectivos xerais do proxecto e aos parámetros de calidade exixidos.

2. Cumprimento da lei de protección de datos.

O operador solicitante estará obrigado ao seguimento das normas sobre confidencialidade de datos. Declarará documentalmente que se responsabilizará de que o tratamento de datos de carácter persoal que se poida realizar no marco da prestación do servizo se realizará conforme a Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal e a súa normativa de desenvolvemento.

3. Neutralidade da rede.

O beneficiario operará as redes despregadas baixo criterios de neutralidade, asegurando manter unha clara separación entre o acceso á rede e o contido que transporta, tratando por igual todos os contidos, fontes e plataformas e permitindo, así, a capacidade de comunicar todo tipo de información, servindo para calquera aplicación ou servizo. Deste xeito, as redes despregadas deberán cumprir cos seguintes principios:

• Os usuarios teñen o dereito de acceder aos contidos legais da internet que desexen.

• Os usuarios teñen o dereito de usar as aplicacións e servizos que desexen, dentro dos límites que impoña a seguranza do Estado.

• Os usuarios teñen o dereito de conectar os dispositivos que desexen, sempre que non danen a rede.

• Os usuarios teñen o dereito de escoller en competencia os provedores de rede, de aplicacións, servizos e contidos.

A través dos principios de neutralidade da rede, búscase establecer unhas normas que garantan que a banda larga non impoña restricións á competencia, á creatividade e á actividade empresarial.

Artigo 6. Solución tecnolóxica.

En todo caso, para os efectos da presente convocatoria, entenderanse por servizos de banda larga os que teñan asociada unha taxa de transferencia nominal de, polo menos, 2 Mbps no sentido da rede ao usuario (DL) e de 512 Kbps en sentido do usuario á rede (UL), cunha garantía de caudal do 20%, e unha taxa de dispoñibilidade mensual de acceso superior ao 97%.

Cada solicitante poderá propor a solución tecnolóxica e de negocio que considere máis adecuada, así como a súa proposta de implantación de infraestrutura de rede necesaria. No caso de que o solicitante presente máis dunha solución para a rede de acceso que, polas súas características, requira dunha valoración diferenciada (diferentes características do servizo, variacións tecnolóxicas ou distinto equipamento de usuario), avaliarase de forma independente cada solución nos casos en que a dita diversidade sexa relevante, sendo a valoración final a media ponderada das correspondentes a cada solución proposta.

Artigo 7. Requisitos mínimos de cobertura e xustificación.

Establécense as seguintes obrigas relativas a núcleos e puntos de demanda de cobertura obrigatoria, cobertura mínima obxectivo por concello e xustificación técnica da cobertura proposta.

7.1. Requisitos mínimos de cobertura.

Considerarase un núcleo cuberto cando se cubra o 80% da súa poboación. No entanto, para calcular a poboación cuberta en cada núcleo, considerarase a cobertura proposta polo solicitante.

Os despregamentos de rede propostos deberán cumprir os seguintes requisitos mínimos de cobertura:

Cubrir como mínimo o 80% de todos e cada un dos núcleos de cobertura obrigatoria (OB) incluídos no anexo IX de modo que se poida acceder, en tempo e forma, a un paquete de servizos retallistas acorde co estipulado no artigo 11.

Cubrir como mínimo o 80% da poboación obxectivo de todos e cada un dos concellos incluídos no anexo VIII de modo que se poida acceder, en tempo e forma, a un paquete de servizos acorde co estipulado no artigo 11. Entenderase por poboación obxectivo dun concello a poboación do dito concello sita en núcleos incluídos na lista do anexo IX independentemente da súa tipoloxía (OB, P-1 ou P-2) e considerando a poboación por núcleo incluída no anexo IX.

Que todos os puntos de demanda asociados á Administración poidan acceder de modo efectivo a un paquete de servizos retallistas acorde co estipulado no artigo 11.

No tocante á evolución temporal do despregamento de rede, todo solicitante deberá facer unha proposta da porcentaxe estimada de cobertura por núcleo e a etapa en que acadará esa cobertura. Neste senso, o incumprimento dos obxectivos mínimos de cobertura por etapa que figuran no artigo 4 poderá, conforme o artigo 37 destas bases, derivar en penalizacións económicas sobre a subvención solicitada.

7.2. Xustificación da cobertura proposta.

A cobertura de núcleos obxectivo presentada polos solicitantes deberá sustentarse en estudos teóricos ou reais acordes co contorno de cada rexión e a solución tecnolóxica proposta. Neste senso os solicitantes deberán achegar toda a documentación precisa para facer un seguimento dos cálculos levados a cabo nas ligazóns da rede de acceso incluíndo, como mínimo, a seguinte información:

  • No caso de empregar algún software de simulación deberá especificarse o nome e a versión.
  • Deberanse especificar os modelos de propagación e perdas empregados, así como os parámetros que estes teñan asociados e o valor ou valores que toman para efectos das simulacións realizadas.
  • No caso de empregar tecnoloxías de acceso sen fíos deberanse achegar as alturas dos elementos de transmisión e recepción empregados para efectos do estudo, a potencia transmitida, o limiar mínimo de potencia e SNR en recepción, a modulación empregada, o tipo de sistema (GSM, GPRS, UMTS, HSDPA, LMDS, SDH…), referencias ás normas de utilización nacional do Cadro nacional de atribución de frecuencias en caso de que sexa de aplicación, as bandas de frecuencia empregadas, o largo de banda de transmisión e a polarización empregada.
  • Deberase especificar o fabricante, modelo e todas as características técnicas dos equipamentos de transmisión e recepción que serviron de referencia ao solicitante cara á realización dos seus estudos previos de cobertura. En ningún caso as características técnicas remitidas poderán omitir a sensibilidade do equipamento considerado nos estudos de cobertura.
  • Mapa de cobertura en formato .shp ou .kmz en que figure a posición xeográfica dos nodos da rede de acceso considerada nos estudos previos. Igualmente, deberase incluír a cobertura de cada nodo de acceso por separado e de todos en conxunto cunha escala apropiada.

Non se terá en conta a cobertura proposta, desestimando a correspondente solicitude, naqueles casos en que se omita información referente a algún parámetro citado neste artigo que se considere de aplicación ou nos cales a información achegada presente inconsistencias manifestas.

Artigo 8. Características das redes que se van despregar.

A consecución dos obxectivos da presente convocatoria requirirá o despregamento das redes de telecomunicacións que proporcionen servizos axeitados de banda larga en núcleos dentro do ámbito territorial mencionado nestas bases. Quedarán a criterio do solicitante os detalles do deseño e posterior explotación destas redes sempre que se cumpran as premisas especificadas nestas bases reguladoras.

O solicitante deberá incluír na documentación técnica que se entregue un nivel de detalle tal que permita a análise da rede proposta por parte dos organismos competentes. O anexo II destas bases reguladoras (descrición técnica mínima das redes obxecto desta axuda) recolle os puntos mínimos requiridos a este respecto.

Artigo 9. Servizos por xunto.

No tocante ao acceso de terceiros operadores de telecomunicación ás redes subvencionadas, será obrigatorio que o beneficiario das axudas ofreza un paquete de servizos por xunto que inclúa servizos que se axusten as necesidades de operadores de telecomunicación con rede propia.

O ámbito xeográfico do paquete de servizos por xunto anteriormente mencionado deberá abranguer todas as localizacións da rede de acceso subvencionada. Igualmente, e en consonancia co período mínimo de explotación de 10 anos que se fixa no artigo 16 destas bases, as obrigas recollidas neste artigo serán aplicables durante ese período obrigatorio de explotación, salvo que algunha autoridade competente ditamine o contrario.

A oferta de servizos por xunto ofrecidos sobre a infraestrutura subvencionada deberá considerar a posibilidade de interconectar as redes de transporte do beneficiario e dun terceiro operador para que este último poida sustentar a prestación de servizos retallistas a usuarios finais na rede do beneficiario. Adicionalmente, os custos que se lle impoñan ao operador contratante dos servizos por xunto permitiranlle replicar, se así o quere, toda a oferta de servizos retallistas do operador beneficiario das axudas tanto en prezos como en calidade e extensión xeográfica.

As condicións específicas baixo as cales se fará efectiva a prestación destes servizos por xunto serán libremente acordadas entre os operadores implicados entendendo que, en caso de existiren conflitos a este respecto, será a autoridade competente (Comisión do Mercado das Telecomunicacións) a que terá potestade para resolvelos.

A obriga de prestación de servizo derivada do presente artigo en ningún caso será substitutiva das que os organismos reguladores impoñan no exercicio da súa función. Adicionalmente, o recollido neste artigo subordínase en todo momento á función reguladora dos organismos competentes.

Artigo 10. Uso de infraestruturas existentes.

A Administración da Comunidade Autónoma de Galicia porá ao dispor do beneficiario, en condicións adecuadas ao mercado, as infraestruturas e redes de transporte do operador público Retegal, durante o período mínimo de explotación de rede mencionado no artigo 16, coa finalidade de favorecer a reutilización de infraestruturas existentes e, ao mesmo tempo garantir a existencia de mercados en réxime de competencia nas zonas obxecto da axuda.

Artigo 11. Servizos retallistas de acceso.

Neste artigo establécense os requisitos mínimos obrigatorios que debe cumprir o paquete de servizos retallistas comercializado polo beneficiario.

11.1. Servizo retallista de acceso básico de comercialización obrigatoria.

O beneficiario que opere e explote a rede deberá incluír no seu paquete de servizos e satisfacer baixo demanda a prestación dun servizo retallista de acceso coas seguintes características mínimas:

a) Largo de banda nominal mínimo: deberá proporcionarse un largo de banda nominal non inferior a 2 Mbps e 512 Kbps descendentes e ascendentes respectivamente.

b) Modalidade de acceso: non deben existir limitacións horarias ao acceso ao servizo e, no caso de aplicar unha limitación ao volume dos datos descargados, esta debe ser de 2 GB ou superior, e non se pode cortar o servizo ao acadar este volume de descargas, admitíndose unicamente unha redución do largo de banda.

c) Niveis mínimos de servizo.

  1. Dispoñibilidades de servizo maiores do 97% cando sexan medidas en intervalos mensuais.
  2. Garantir que polo menos o 95% do tempo está dispoñible, como mínimo, un 20% do largo de banda nominal mínimo exixido.
  3. Compromiso de que, unha vez despregada a rede correspondente a cada núcleo, se satisfagan as peticións de servizo dos seus habitantes nun prazo máximo de 30 días naturais.
  4. Compromiso de reparar ou repoñer os equipamentos de usuario suxeitos a un acordo de aluguer co operador nun prazo nunca superior a 5 días hábiles.
  5. O tempo máximo de resolución de incidencias de clientes que afecten o servizo deberá ser, como moito, de 24 horas no 95% dos casos.

Adicionalmente, son de aplicación sobre este servizo todos os condicionantes mencionados no artigo 11.3 extensibles a todos os servizos retallistas de acceso comercializados.

Do paquete de servizos proposto polo solicitante valoraranse todos os servizos que cumpran os mínimos dispostos neste punto.

11.2. Servizo retallista de acceso avanzado de comercialización obrigatoria.

O beneficiario que opere e explote a rede deberá asumir o compromiso de prestación baixo demanda de servizos de acceso de banda larga avanzados, que, cumprindo como mínimo todas as características do punto anterior, permitan, ademais, unha modalidade de acceso sen limitación de volume de descargas ou cunha limitación a 10GB ou superior sen degradación do servizo.

11.3. Condicionantes relativos aos servizos retallistas de acceso.

Empregando como soporte a rede comprometida polo beneficiario no seu proxecto, este ofertará servizos de conectividade a usuarios finais. Estes servizos, que deberán ser publicitados de forma activa, estarán subordinados a unha serie de condicionantes establecidos coa intención de asegurar o cumprimento dos principios destas bases:

• Oferta homoxénea territorialmente: existirá un compromiso respecto a que a oferta asociada a cada servizo prestado a usuarios finais sexa homoxénea xeograficamente en todo o territorio galego canto a tarifas e niveis de servizo, facendo extensivas ao ámbito do presente despregamento as ofertas e promocións existentes no resto de Galicia fóra deste ámbito.

• Accesibilidade dos contidos legais: de acordo cos principios de neutralidade de rede, os servizos comercializados non poderán restrinxir o acceso a contidos legais.

• Tarifas acordes co mercado: as tarifas dos servizos prestados deberán estar en cada momento en consonancia coas existentes en mercados nacionais competitivos de servizos de similares características.

• Plan de evolución dos servizos de acceso: deberá presentarse un plan cunha previsión da evolución do paquete de servizos comercializado respecto de largos de banda, tarifas e niveis de servizo. O devandito plan de evolución de servizos deberá abranguer, polo menos, todo o período de explotación mínimo da rede e deberá facer especial fincapé na provisión de servizos de acceso con maiores capacidades de tráfico que o servizo mínimo.

• Accesibilidade de servizos: os accesos retallistas comercializados deberán permitir acceder a unha serie de servizos base como navegación web, correo electrónico, mensaxería instantánea, acceso a servizos telemáticos das diferentes administracións e descarga de ficheiros. En calquera caso, os solicitantes deberán presentar nos seus proxectos os servizos a maiores soportados como pode ser voz sobre IP, videoconferencia, video streaming ou a posibilidade de establecer redes privadas virtuais asociándoos sempre aos seus respectivos niveis de servizo (latencia máxima, jitter máximo, taxa máxima de paquetes perdidos...).

Artigo 12. Metodoloxía, medios técnicos e materiais.

O solicitante deberá achegar información sobre os seus medios e procedementos para garantir as calidades mínimas exixidas nos servizos solicitados, incluíndo os medios de atención ao cliente. Así, deberase incluír na proposta presentada información relativa a:

• Operación e mantemento.

• Calidade de servizo (SLA).

• Atención a usuarios.

No anexo IV (Metodoloxía, medios técnicos e materiais) especifícanse os conceptos mínimos que se incluirán en cada punto.

Artigo 13. Plan de despregamento.

No que atinxe ao despregamento de rede proposto polo solicitante deberase fornecer un lista de núcleos segundo a tipoloxía especificada no anexo IX, no cal se detalle a cobertura proposta por núcleo, o punto de presenza asociado e a data de posta en servizo.

Ademais, a documentación proporcionada deberá incluír un plan de despregamento cun detalle temporal mínimo mensual en que consten, como mínimo, os seguintes conceptos detallados para cada punto de presenza da rede de acceso proposta:

• Provisión e construción da infraestrutura.

• Provisión e instalación do equipamento de acceso.

• Integración coa rede de transporte e interconexión coa rede do operador.

• Plan de probas.

• Posta en servizo.

No plan de despregamento deberanse detallar os prazos para cada concepto garantindo o cumprimento dos prazos de execución indicados nesta convocatoria. Igualmente, será preciso que cada tarefa sexa enmarcada na distribución temporal de etapas que figura no artigo 4.

Toda solicitude que teña asociado un plan de despregamento con data de finalización posterior á citada como límite no devandito artigo será desestimada inmediatamente. Respecto dos proxectos que entren dentro das restricións fixadas, a prontitude no cumprimento dos obxectivos de cobertura de habitantes obxectivo e de despregamento de puntos de presenza da rede de acceso serán parámetros tidos en conta no momento da valoración das solicitudes, de conformidade co establecido no artigo 24.

Artigo 14. Plan de negocio.

A proposta presentada deberá conter un plan de negocio que deberá abranguer, como mínimo, un horizonte temporal de 10 anos desde o inicio da prestación do servizo, utilizando o método de valor actual neto (VAN), indicando expresamente a taxa anual de desconto empregada, a cal, pola súa vez, deberá ser comparada coa taxa interna de retorno (TIR) que mostre a avaliación privada. Os plans de negocio presentados deberanse rexer polo principio do investidor privado nunha economía de mercado, tal e como se define por parte da CMT, sendo o beneficiario das axudas o único responsable da súa viabilidade e continuidade.

No plan de negocio presentado deberase incluír detalle de:

• Hipótese de cálculo: índices de penetración dos servizos, investimento total, prazos de amortización do equipamento, ingresos estimados, custos de explotación, custos de comercialización, hipóteses financeiras e variables macroeconómicas.

• Plan de investimentos propio.

• Repartición anual da subvención solicitada, coa contía anual máxima prevista na convocatoria da presente subvención.

• Plan de custos e ingresos.

Artigo 15. Beneficiarios e non beneficiarios.

Poderán ser beneficiarios destas subvencións, sen prexuízo de reuniren os demais requisitos establecidos nestas bases reguladoras:

Empresas: entidade, calquera que for a súa forma xurídica, que exerza unha actividade económica e que estea validamente constituída no momento da presentación da solicitude de subvención. Neste concepto teñen cabida tanto os empresarios colectivos como os empresarios individuais.

As seguintes agrupacións ou asociacións empresariais:

• Unión temporal de empresas (UTE).

• Agrupacións de interese económico, formadas por empresas ou por empresas con outras entidades (AIE).

De conformidade co disposto no artigo 8.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, cando o beneficiario sexa unha persoa xurídica, os membros asociados do beneficiario que se comprometan a efectuar a totalidade ou parte das actividades que fundamenten a concesión da subvención en nome e por conta do primeiro terán igualmente a consideración de beneficiarios.

Unicamente poderán ter a condición de beneficiarios os explotadores de redes e prestadores de servizos de comunicacións electrónicas, a título individual ou baixo calquera das agrupacións ou asociacións empresariais mencionadas con anterioridade. Para os efectos destas bases, entenderase por explotadores de redes e prestadores de servizos de comunicacións electrónicas aqueles operadores que se atopen debidamente inscritos conforme a Lei 32/2003, do 3 de novembro, xeral de telecomunicacións e a súa normativa de desenvolvemento.

Quedan expresamente excluídos da condición de beneficiarios:

a) As persoas en que concorra algunha das circunstancias que prohiben a obtención da condición de beneficiario, recollidas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. A acreditación de non estaren incursos nesas prohibicións realizarase mediante declaración responsable dos interesados, con independencia das comprobacións que preceptivamente deba efectuar o órgano xestor.

b) As empresas en crise de acordo coa definición e condicións establecidas nas directrices comunitarias sobre as axudas estatais de salvamento e reestruturación de empresas en crise (2004/C244/02) e o disposto no número 7 do artigo 1 do Regulamento (CE) núm. 800/2008 da Comisión.

c) As empresas que se atopen suxeitas a unha orde de recuperación pendente tras unha decisión previa da Comisión Europea que declarase unha axuda ao beneficiario ilegal e incompatible co mercado común.

Artigo 16. Obrigas do beneficiario.

Serán obrigas do beneficiario as seguintes:

a) Cumprir as obrigas establecidas no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, así como as instrucións específicas que, en aplicación e cumprimento destas bases, comunique a Administración autonómica en materia de execución, seguimento, pagamento das subvencións, información e publicidade, xustificación e control do gasto.

b) Comunicar ao órgano concedente de forma inmediata e, en todo caso, con anterioridade á xustificación da subvención concedida, a obtención de calquera outra subvención, axuda, ingresos ou recursos que financien a mesma actuación subvencionada, procedente doutras administracións públicas ou entes públicos e privados. No suposto de subvencións concedidas ao amparo da norma comunitaria de minimis, o beneficiario deberá comunicar as subvencións obtidas durante o exercicio fiscal en curso e os dous anteriores, calquera que for o obxecto destas.

c) Cumprir as condicións que, de ser o caso, puideren establecer as autoridades reguladoras nacionais e comunitarias no ámbito do mercado das telecomunicacións.

d) Deberán dar adecuada publicidade da orixe do financiamento público recibido en todas as actuacións que deriven da execución do proxecto. De conformidade co establecido no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no 20 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o seu regulamento de desenvolvemento, e do Regulamento (CE) 1828/2006 (DOUE 15-2-2007), nas publicacións, actividades de difusión, páxinas web e, en xeral, en toda información ou publicidade que se efectúe das actuacións ou proxectos subvencionados, deberase facer constar que están subvencionados pola Xunta de Galicia no marco do Plan Director de Banda Larga aprobado polo Consello da Xunta de Galicia con data do 18 de febreiro de 2010, e tamén cofinanciados pola Unión Europea, a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder). A Consellería de Facenda dispón na súa web dunha guía de publicidade, que poderá ser usada polo beneficiario:

http://www.conselleriadefacenda.es/web/portal/area-de-planificacion-e-fondos

Así mesmo, o beneficiario deberá cumprir especificamente as prescricións establecidas nos artigos 8 e 9 do Regulamento (CE ) nº 1828/2006 da Comisión, do 8 de decembro, relativas ás medidas de información e publicidade.

e) Con carácter específico, o beneficiario deberá cumprir as seguintes obrigas de comercialización:

1. Facilitar a adquisición dos seus produtos en puntos de venda físicos en todo o territorio da Comunidade Autónoma de Galicia, e sempre a unha distancia máxima de 30 km de calquera cliente.

Ser responsables da comercialización do servizo nos núcleos incluídos no plan de despregamento presentado. Igualmente, o beneficiario será responsable da realización duna campaña de divulgación e comunicación dos servizos prestados, supervisada pola Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica e que respecte os conceptos mínimos recollidos no anexo V (plan de difusión e comunicación).

Expresar nas súas referencias ao proxecto, calquera que for súa natureza e tipoloxía, que foi impulsado pola Xunta de Galicia e cofinanciado con fondos Feder.

f) Así mesmo, o beneficiario deberá cumprir as seguintes obrigas en relación coa explotación da rede:

1. Dispor dun portelo único de atención ao cliente de servizos de acceso retallista e proporcionar aos clientes un teléfono de atención en horario laboral, no cal se deberá facer referencia á natureza do proxecto cunha mensaxe consensuada coa SXMIT no ámbito de actuación do mesmo.

2. Operar a rede durante un período mínimo de 10 anos, contado desde a data en que as tarefas emprendidas fosen integramente declaradas conformes pola Xunta de Galicia, sendo responsables da correcta explotación e mantemento de toda a infraestrutura e equipamento instalado. Conforme se vaia despregando e activando a rede e, como mínimo, ata a finalización do período de explotación, os clientes das áreas con cobertura poderán solicitar os servizos ofertados.

3. Ofrecer a posibilidade de atender o usuario, tanto de forma oral como escrita, en idioma castelán ou galego.

g) Dispor dos libros contables, rexistros dilixenciados e demais documentos debidamente auditados nos termos exixidos pola lexislación mercantil e sectorial aplicable ao beneficiario en cada caso, coa finalidade de garantir o adecuado exercicio das facultades de control e comprobación da pista de auditoría sobre os gastos. Así mesmo, o beneficiario deberá conservar a documentación por un período de tres anos a partir do peche do Programa Operativo, tal e como se define no artigo 89, número 3, do Regulamento 1083/2006 do Consello.

h) Cumprir coa normativa ambiental vixente, incluíndo, se for preceptivo, as recomendacións da declaración de impacto ambiental ou avaliación ambiental integrada nos proxectos de execución.

En definitiva, o proxecto comprometido que o beneficiario despregue, opere e explote deberá cumprir coas exixencias mínimas de calidade recollidas nestas bases e na normativa vixente, así como as obrigas establecidas polos organismos internacionais que resulten de aplicación, e poderá, non obstante, ofertar maiores requisitos de calidade e/ou capacidades, respectivamente. En calquera caso, o servizo deberá prestarse con estrita adhesión aos principios de transparencia e non- discriminación e de forma que contribúa ao permanente desenvolvemento e investimento do mercado das telecomunicacións nos núcleos de poboación a que se dirixe a actuación das presentes bases.

Artigo 17. Subcontratación de actividades.

1. Cando na realización dun proxecto se subcontrate parte da súa execución, o custo da subcontratación non poderá exceder o 80% do custo total do proxecto.

2. Segundo o teor do disposto no artigo 27 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, enténdese que un beneficiario subcontrata cando concerta con terceiros a execución total ou parcial da actividade que constitúe o obxecto da subvención. Queda fóra deste concepto a contratación daqueles gastos en que teña que incorrer o beneficiario para a realización en por si da actividade subvencionada.

3. Non poderá realizarse a subcontratación con persoas ou entidades expresamente excluídas da condición de beneficiario no artigo 15 destas bases ou nas cales concorra algunha das circunstancias recollidas no artigo 27.7 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, con excepción das persoas ou entidades vinculadas a que se refire a alínea d) do dito precepto, nas cales a subcontratación estará permitida sempre que sexa previamente autorizada pola Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica e que a contratación se realice de acordo coas condicións normais do mercado.

4. Cando a actividade concertada con terceiros exceda o 20 por cento do importe da subvención e o dito importe sexa superior a 60.000 euros, a subcontratación estará sometida ao cumprimento dos seguintes requisitos:

a) Que o contrato se subscriba por escrito.

b) Que a súa subscrición a autorice previamente a entidade concedente da subvención.

Non poderá fraccionarse un contrato co obxecto de diminuír a súa contía e eludir o cumprimento dos requisitos exixidos no parágrafo anterior.

Artigo 18. Financiamento de proxectos: intensidade da subvención.

1. A intensidade bruta máxima destas subvencións será de ata o 40 por 100 do custo elixible do proxecto ou acción.

2. Enténdese por intensidade da subvención o seu importe bruto expresado en porcentaxe dos custos elixibles do proxecto ou acción. Todas as cifras empregadas se entenderán antes de deducións fiscais ou doutro tipo. A axuda pagadoira en varios prazos actualizarase ao seu valor no momento da concesión. A intensidade da subvención calcularase por cada beneficiario.

Artigo 19. Gastos subvencionables.

Considéranse gastos subvencionables aqueles que de maneira indubidable respondan á natureza da actividade subvencionada e se realicen no período de elixibilidade de gastos referido no artigo 33.

Os gastos subvencionables e non subvencionables defínense de acordo co establecido na Orde EHA/524/2008, do 26 de febreiro, pola que se aproban as normas sobre os gastos subvencionables dos programas operativos do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Fondo de Cohesión (BOE n.º 53, do 1 de marzo).

Todos os investimentos deberán estar plenamente realizados, operativos e verificables na data límite de xustificación do proxecto

Para efectos da presente convocatoria entenderase como rede de acceso a rede de telecomunicación que comeza no derradeiro equipamento activo sito en dependencias do operador e remata na entrada as dependencias do usuario final. Tendo en consideración esta definición de rede de acceso, serán financiables os seguintes conceptos sempre que sexan indubidablemente relativos á dita rede:

• Planificación, enxeñaría e dirección facultativa de obra, incluíndo os custos directos imputables por gastos de persoal propio asignado ao proxecto ata un máximo dun 7% da cantidade subvencionada.

• Subministración e instalación de equipamento da rede de acceso.

• Subministración e instalación do equipamento de interconexión da rede de acceso coa rede de transporte e equipamento de transporte sito nos puntos de presenza da rede de acceso, cun máximo dunha ligazón por punto de presenza.

• Subcontratacións exclusivamente derivadas do proxecto ou acción.

• Equipamento de usuario ata un máximo do 8% da cantidade subsidiada, sempre e cando estea asociado a unha alta no ámbito territorial e no servizo retallista definidos na presente orde.

En ningún caso se considerarán gastos subvencionables aínda que estean asociados á rede de acceso:

• O IVE e outros impostos indirectos cando sexan susceptibles de recuperación, nin os impostos persoais sobre a renda.

• Infraestruturas e gastos de obra civil.

• Material funxible.

• Gastos de promoción e difusión do proxecto ou acción.

Cando o importe do gasto subvencionable supere a contía de 30.000 euros no suposto de custo por execución de obra ou de 12.000 euros no suposto de subministración de bens de equipamento ou prestación de servizos por empresas de consultoría ou asistencia técnica, o beneficiario deberá solicitar como mínimo tres ofertas de diferentes provedores, con carácter previo á contratación do compromiso para a prestación do servizo ou a entrega do ben, salvo que polas especiais características dos gastos subvencionables non exista no mercado suficiente número de entidades que o subministren ou presten, ou salvo que o gasto se tiver realizado con anterioridade á solicitude da subvención.

A escolla entre as ofertas presentadas, que deberán achegarse na xustificación, realizarase conforme criterios de eficiencia e economía, e debe xustificarse expresamente nunha memoria a escolla cando non recaia na proposta economicamente máis vantaxosa.

Artigo 20. Órgano competente para convocar, instruír e resolver o procedemento.

1. O órgano competente para instruír o procedemento de concesión da subvención será a Subdirección Xeral de Infraestruturas e de Telecomunicacións da Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica.

2. O órgano competente para a resolución será a Secretaria Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica.

Artigo 21. Financiamento.

Para o financiamento desta convocatoria está prevista unha dotación orzamentaria máxima de 15.290.000 €, que se financiarán con cargo á aplicación orzamentaria 04.70.571A.775.0, coa seguinte distribución:

2011

2012

2013

04.70.571A.775.0

2.285.000 €

5.105.000 €

7.900.000 €

As actuacións desta convocatoria estarán cofinanciadas nun 80% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), no marco do Plan Operativo Feder Galicia 2007-2013, eixo 1-Desenvolvemento da economía do coñecemento (I+D+i, Sociedade da Información e TIC), tema prioritario 10 Infraestruturas telefónicas, actuación (1.10.4) *Infraestruturas de telecomunicacións.

Artigo 22. Solicitudes e prazo de presentación.

As solicitudes presentaranse no rexistro xeral da Xunta de Galicia ou por calquera dos medios referidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), en modelo normalizado (anexo VI), xunto coa documentación que a seguir se indica. Así mesmo, o citado modelo poderase descargar na páxina web da secretaría:

http://imit.xunta.es

O prazo para a presentación das solicitudes será dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ata o primeiro día hábil seguinte.

Xunto coa solicitude, presentarase a seguinte documentación, por duplicado (orixinal ou copia compulsada e outra copia máis en soporte electrónico):

a) Número de identificación fiscal (NIF) da entidade solicitante.

b) DNI do representante que asine a solicitude, sen prexuízo do dereito a non presentar este documento segundo o Decreto 255/2008 (DOG n.º 221, do 13 de novembro) no caso de que o interesado o identifique como información accesible. Os estranxeiros residentes presentarán o NIE.

c) Documento acreditativo de que a persoa que asina a solicitude representa a entidade solicitante, agás no caso de empresarios individuais. No caso das empresas, poderá xustificarse achegando un certificado expedido polo Rexistro Mercantil ou outros rexistros públicos necesario para ter personalidade xurídica en que se identifiquen os representantes ou apoderados da entidade solicitante, así como o alcance da dita representación e vixencia. De non achegarse o dito certificado, deberá xuntarse a escritura pública de outorgamento do poder ou, de ser o caso, o do nomeamento do representante, que deberá estar en vigor na data de presentación da solicitude e figurar expresamente a súa inscrición no rexistro que legalmente lle puider corresponder.

d) As empresas non españolas de Estados membros da UE deberán acreditar a súa inscrición no rexistro profesional ou comercial nas condicións previstas pola lexislación do estado respectivo. Os demais empresarios estranxeiros deberán acreditar a súa capacidade de obrar con certificación expedida pola Embaixada española no estado correspondente.

e) No caso de que se presenten proposicións subscritas conxuntamente por varios beneficiarios como unión temporal de empresas (UTE), incorporarase un compromiso polos beneficiarios para constituír unha UTE no caso de que lle sexa concedida a subvención. En todo caso, os empresarios que desexen concorrer integrados nela deberán indicar na proposta os nomes e circunstancias dos que a constitúan, a participación de cada un deles e que asumen o compromiso de constituírse formalmente en unión temporal, caso de resultaren beneficiarios. O escrito deberá de estar asinado polos representantes das diversas empresas promotoras, así como polo apoderado único, que estarán obrigadas a nomear as empresas mesmo para o período de licitación. A UTE deberase constituír nun prazo máximo de 10 días contados desde a notificación da resolución de concesión da subvención e non poderá disolverse ata que transcorra o prazo a que se estendan as obrigas derivadas da subvención.

f) Declaración responsable do solicitante de que non se acha incurso en ningunha das circunstancias previstas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, de acordo co modelo incluído como anexo VII.

g) Declaración responsable do solicitante en relación con outras axudas solicitadas e/ou concedidas para a mesma finalidade con indicación da convocatoria de axudas correspondente, da data de resolución de concesión e, de ser o caso, do pagamento da axuda, de acordo co modelo incluído como anexo VII.

h) Certificación emitida pola entidade bancaria en que conste o número de conta bancaria en que o solicitante quere percibir a axuda.

i) Certificado ou documento acreditativo da inscrición, con data anterior á finalización do prazo de presentación de solicitudes, do solicitante no rexistro de operadores como explotador de redes e prestador de servizos de comunicacións electrónicas. No caso de que se faga uso do espectro radioeléctrico para a prestación dos servizos, deberase acreditar a disposición de títulos habilitantes para o uso do dominio público radioeléctrico outorgados pola SETSI.

j) Plan financeiro que detalle como está previsto afrontar os investimentos que vai realizar diferenciando, en todo caso, os fondos segundo a súa orixe (fondos propios, créditos bancarios e outros).

k) Proposta técnica do proxecto segundo se establece no artigo 22.1 destas bases.

22.1. Proposta do proxecto.

Os solicitantes deberán presentar toda a documentación exixida en formato dixital e nativo (non exportado). Para os documentos de texto e follas de cálculo deberase utilizar un formato editable. As propostas de cobertura e topoloxía de rede deberán ser presentadas en formato tipo GIS, arquivos .shp ou .kmz.

Incluirase unha proposta técnica e económica estruturada segundo o seguinte índice:

1. Introdución e resumo executivo: neste primeir punto consignarase toda a información de carácter xeral que se estime conveniente para un mellor entendemento dos termos da proposta. Igualmente, deberase indicar de maneira explícita o cumprimento de todas as obrigas incluídas nestas bases.

2. Alcance da proposta:

2.1.1. Cobertura: presentarase en formato papel un resumo da cobertura proposta en función das tipoloxías especificadas no anexo IX (listaxe de núcleos obxectivo) e as condicións establecidas nos artigos 3 e 7, o cal inclúe a obrigatoriedade de presentar neste punto o pertinente informe técnico xustificativo da cobertura proposta. Achegarase, así mesmo, un documento dixital en que se especifique, para cada núcleo lista no anexo IX, a cobertura proposta e a etapa temporal das definidas no artigo 4 en que se acadaría a dita cobertura.

2.1.2. Servizos por xunto: achegarase o detalle dos servizos por xunto que o solicitante prestaría sobre a rede subvencionada respectando as condicións establecidas no artigo 9. Tamén se considera necesaria a achega dunha declaración de compromiso respecto das obrigas previstas no devandito artigo.

2.1.3. Servizos retallistas: achegarase o detalle dos servizos retallistas de acceso ofertados, segundo se define no artigo 11.

3. Características técnicas da solución proposta: segundo se detalla no artigo 8 e anexo II (descrición técnica mínima das redes obxecto da presente axuda).

4. Plan de Despregamento: achegarase Plan de Despregamento da Rede, recollendo polo menos os conceptos especificados no artigo 13.

5. Plan de Negocio: achegarase Plan de Negocio segundo se especifica no artigo 14.

6. Plan de Difusión e Comunicación: achegarase un Plan de Difusión e Comunicación segundo se especifica no anexo V (Plan de Difusión e Comunicación).

7. Metodoloxía, medios técnicos e materiais: segundo se detalla no artigo 12 e o anexo IV.

8. Memoria económica dos investimentos e gastos previstos, desagregados por partidas e con expresión do importe total do proxecto, acompañado dun resumo segundo o modelo contido no anexo VI.

9. Plan de Seguimento e Control: segundo se especifica no artigo 35 e no anexo III (Plan de Seguimento).

Os solicitantes non estarán obrigados a presentar os documentos que xa estean en poder da Administración autonómica, de conformidade co disposto no artigo 35 f) da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e deben indicar neste caso o número de expediente en que figura a documentación e o organismo ante o cal se tramitou, a condición de que non transcorresen máis de cinco anos desde a finalización do procedemento a que correspondan. Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirir ao solicitante a súa presentación ou, na súa falta, a acreditación por outros medios dos requisitos a que se refire o documento.

De conformidade co artigo 10.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, a presentación da solicitude para a obtención da axuda levará implícita a autorización do solicitante para que o órgano concedente obteña de forma directa a acreditación do cumprimento das obrigas tributarias e coa Seguridade Social a través de certificados electrónicos. O solicitante poderá denegar expresamente o consentimento, debendo achegar a dita certificación cando lle sexa requirida pola Administración. Se por razóns técnicas ou doutra índole as devanditas certificacións non puideren ser obtidas pola Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, poderanlle ser requiridas ao solicitante.

Se a documentación achegada non reunir os requisitos exixidos, requirirase o interesado para que, no prazo de 10 días hábiles desde o seguinte ao da recepción do requirimento, emende a falta ou presente os documentos preceptivos, con advertencia de que, se non o fixer, se terá por desistido da súa solicitude, de acordo co establecido no artigo 71 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Artigo 23. Instrución.

De conformidade co establecido no artigo 71 da Lei 30/1992, se a solicitude non reúne algún dos requisitos exixidos nestas bases reguladoras ou na correspondente convocatoria, requirirase o interesado para que, nun prazo de dez días hábiles, emende a falta ou achegue os documentos preceptivos. Neste requirimento farase indicación expresa de que, se así non o fixer, se terá por desistido na súa petición, logo da correspondente resolución.

Este requirimento de emenda tamén se fará da documentación identificada polo solicitante como información accesible se, logo das xestións efectuadas polo órgano xestor, se obtiver un resultado negativo da dita información, ou non for válida, ou con erros ou inexistente nos termos identificados inicialmente polo solicitante. Nestes casos o solicitante deberá responder ao requirimento achegando tal documentación orixinal ou copia cotexada.

Sen prexuízo do disposto nos parágrafos anteriores, poderá requirírselle ao solicitante que forneza cantos datos, documentos complementarios e aclaracións resulten necesarios para a tramitación e resolución do procedemento.

Unha vez revisadas as solicitudes e as emendas feitas, aqueles expedientes administrativos que reúnan todos os requisitos e a documentación necesaria serán remitidos á comisión encargada da súa valoración, de acordo co establecido no artigo seguinte.

Os expedientes que non cumpran as exixencias contidas nestas bases ou na normativa de aplicación, ou que non conteñan a documentación necesaria, quedarán ao dispsor do órgano instrutor para que formule a proposta de resolución de inadmisión, na cal se indicarán as causas desta.

Artigo 24. Avaliación.

1. A comisión de valoración será o órgano colexiado encargado de valorar as solicitudes de acordo cos criterios obxectivos fixados nestas bases reguladoras.

2. A composición da comisión de valoración será a seguinte:

a) Presidente: a titular da Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, ou persoa que o substitúa.

b) Dous vogais nomeados pola Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica entre os seus membros.

c) Secretario: un funcionario da Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica.

3. Os suplentes, de ser o caso, serán designados polo presidente da comisión de valoración.

4. A comisión poderá estar asistida por expertos externos, que estarán suxeitos ao mesmo réxime de confidencialidade e ás mesmas causas de abstención que os traballadores públicos.

5. Así mesmo, a comisión, poderá dispoñer a constitución dunha subcomisión técnica para os efectos de colaborar na revisión e valoración dos documentos achegados xunto coa solicitude. Tanto os membros da comisión como os membros da subcomisión técnica poderán percibir axudas de custo por asistencias e axudas para gastos de locomoción por concorreren ás sesións conforme o Decreto 144/2001, do 7 de xuño (DOG do 25 de xuño).

6. Os proxectos ou actuacións que se presenten deberán ser técnica, económica e financeiramente viables. No tocante á determinación da preferencia na concesión da subvención, os criterios de avaliación empregados serán os seguintes:

Criterio de avaliación

Puntos sobre 100

Alcance da proposta

Cobertura

30

Servizos por xunto

3

Servizos retallistas

22

Características técnicas da solución proposta

10

Plan de despregamento

12

Plan de difusión e comunicación

4

Metodoloxía, medios técnicos e materiais

3

Plan de seguimento e control

6

Intensidade da subvención

10

a) Alcance da proposta:

I. Cobertura: a avaliación da cobertura proposta só se levará a cabo unha vez que sexa constatado o cumprimento de todos os requisitos preceptivos recollidos nas bases incluíndo, entre eles, as obrigas de cobertura e a consistencia e completitude da xustificación técnica dela conforme o mencionado no artigo 7. De constatarse o cumprimento, os despregamentos de rede propostos será valorados segundo dous aspectos:

• Tipo e número de núcleos opcionais cubertos, outorgando unha maior puntuación á cobertura dun núcleo de prioridade 1 (P-1) que á dun núcleo prioridade 2 (P-2). Un núcleo considerarase cuberto cando se cubra un mínimo do 80% del.

• A poboación total obxectivo cuberta por riba do mínimo exixido.

II. Servizos por xunto: os servizos por xunto ofrecidos avaliaranse facendo especial fincapé en premiar a inclusión de elementos a maiores respecto dos mínimos establecidos. Neste senso considéranse especialmente relevantes os seguintes aspectos: a existencia de reservas de capacidade ou compromisos de dimensionamento asociados á prestación de servizos por xunto, a existencia dun catálogo de servizos por xunto de referencia con tarifas homoxéneas independentes do operador contratante e a diversidade de servizos ofertada.

III. Servizos retallistas de acceso: respecto dos servizos mínimos de comercialización obrigatoria, valorarase especialmente a competitividade das tarifas, toda mellora respecto dos caudais nominal e garantido mínimo, un aumento no volume de descargas permitido e as melloras que existan sobre os parámetros mínimos de calidade. Tamén será valorado o plan de evolución do paquete de servizos, principalmente no que respecta a actualizacións de tarifas e caudais. No que atinxe ao paquete de servizos retallistas en xeral, valorarase a súa diversidade e a competitividade das tarifas asociadas a eles. Por último, considérase un aspecto positivo e avaliable a existencia de servizos de acceso que aseguren uns parámetros de calidade que posibiliten a prestación de servizos de VoIP e videoconferencia, e os servizos que permitan mobilidade.

b) Características técnicas da solución proposta: avaliaranse as características das redes de transporte e acceso propostas polo solicitante. No que respecta á rede de acceso, valoraranse especialmente o valor presente e futuro da solución tecnolóxica proposta e a capacidade total despregada. Igualmente, terase en consideración a calidade e diversidade do equipamento de usuario posto ao dispor dos clientes. Respecto da rede de transporte, farase especial fincapé na solución tecnolóxica proposta, o grao de escalabilidade e robustez que mostre o deseño de rede, o dimensionamento desta especialmente nos puntos da rede de acceso e os criterios empregados para a escalado continuado da rede.

c) Plan de despregamento: valorarase a maior celeridade no despregamento das redes de telecomunicacións propostas medido, principalmente, con base na evolución temporal dos habitantes cubertos e puntos de presenza da rede de acceso operativos. Tamén se valorará o grao de detalle, claridade e completitude da documentación asociada ao plan de despregamento respecto dos aspectos detallados na presente convocatoria.

d) Plan de difusión e comunicación: valorarase a proposta dun plan de comunicación e difusión do proxecto que inclúa un plan de medios definido, campañas de publicidade en medios e de difusión nos puntos de venda e outras propostas de actos de comunicación das actuacións do proxecto.

e) Metodoloxía, medios técnicos e materiais: valorarase a adecuada disposición de recursos asociados a operación e mantemento, con especial fincapé na plataforma de xestión e monitorización de rede, así como os procedementos de operación e mantemento. Igualmente serán tidos en conta os compromisos adquiridos respecto dos niveis de calidade de servizo e os procedementos de atención ao cliente considerados. En todos os conceptos mencionados, o grao de detalle, claridade e completitude serán factores oportunamente valorados.

f) Plan de seguimento e control: respecto do Plan de Seguimento asociado ao seguimento e control das actuacións obxecto da presente convocatoria, os solicitantes deberán facer especial fincapé en facilitar o proceso de seguimento, incluíndo toda a información pertinente detallada respecto dos aspectos económicos do proxecto (gastos de capital, gastos operativos e ingresos), dos vinculados ao despregamento da rede (datos de cobertura, despregamento de puntos da rede de acceso e análise de desviacións e medidas correctoras), aspectos operativos (estatísticas xustificadas asociadas a operación e mantemento e á calidade dos servizos prestados), información asociada á comercialización dos servizos (tales como a penetración dos servizos e as tarifas e promocións existentes), e información relativa ao seguimento das tarefas de difusión e comunicación (como o detalle de campañas e actos realizados e previstos).

g) Intensidade da subvención: primaranse aqueles proxectos en que o solicitante se comprometa a un maior esforzo investidor propio respecto das axudas solicitadas. Outorgaráselle unha maior puntuación a aqueles proxectos en que a ratio entre as axudas públicas solicitadas e o investimento total subvencionable comprometido sexa menor.

7. Os resultados das avaliacións, o informe de avaliación final e a proposta de estimación ou desestimación das solicitudes de subvención efectuada pola comisión de avaliación trasladaranse ao órgano instrutor.

8. A comisión de avaliación rexerase no seu funcionamento polo disposto no capítulo II do título II da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Artigo 25. Proposta de resolución.

1. O órgano instrutor, sobre a base do informe da comisión de avaliación, formulará a proposta de resolución provisional, debidamente motivada, sobre a cal os solicitantes poderán formular as alegacións que consideren convenientes no prazo de 10 días contados desde a súa notificación.

2. Se non se presentaren alegacións e os interesados que foren propostos como beneficiarios non tiveren pendente a acreditación de ningún requisito, a proposta de resolución provisional elevarase automaticamente a proposta de resolución definitiva.

3. Noutro caso, examinadas as alegacións, formularase a proposta de resolución definitiva, que será notificada aos interesados e concederáselles un prazo de 10 días para alegaren o que consideren oportuno.

4. A proposta de resolución definitiva deberá expresar:

a) O solicitante ou a relación de solicitantes para os cales se propón a concesión de subvencións.

b) A contía da subvención que se propón conceder.

c) O resultado da avaliación efectuada.

d) Os solicitantes que resulten excluídos.

De conformidade co artigo 21.6 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, as propostas de resolución provisional e definitiva non crean ningún dereito fronte á Administración en favor do beneficiario proposto, mentres non se lle notifique a resolución de concesión.

Artigo 26. Resolución.

1. Á vista da proposta de resolución definitiva, o órgano competente ditará a resolución motivada de aceptación ou rexeitamento de concesión da subvención solicitada. A dita resolución porá fin á vía administrativa. A resolución, ademais de conter o solicitante ou relación de solicitantes aos cales se lle concede a subvención, fará constar, de ser o caso, de maneira expresa, o rexeitamento ou a non concesión por desistencia, renuncia ou imposibilidade material recoñecida do resto de solicitudes. No caso das solicitudes rexeitadas, indicarase o motivo do rexeitamento.

2. O procedemento a que se refiren estas bases terá unha duración máxima de seis meses desde a publicación da correspondente convocatoria. Unha vez transcorrido o dito prazo sen notificarse resolución expresa, os interesados estarán lexitimados para entender desestimadas as súas solicitudes.

3. Na resolución estimatoria de concesión da subvención farase constar, cando menos:

a) Compromisos asumidos polo beneficiario.

b) Créditos orzamentarios a que se imputa o gasto, contía da subvención individualizada e, de ser o caso, fondo europeo, eixo, categoría de gasto e porcentaxe de financiamento.

c) Prazos e modos de pagamento da subvención, posibilidade de efectuar pagamentos anticipados e pagamentos á conta, así como o réxime de garantías que, de ser o caso, deberá achegar o beneficiario.

d) Prazo e forma de xustificación por parte do beneficiario do cumprimento da finalidade para que se concedeu a subvención e da aplicación dos fondos percibidos.

e) Condicións técnicas e económicas que debe cumprir o proxecto obxecto da subvención concedida.

4. Nas resolucións desestimatorias farase constar o motivo da súa desestimación.

5. A resolución do procedemento notificaráselle aos interesados de acordo co previsto nos artigos 58 e 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

6. Así mesmo, poderá ser obxecto de publicación no taboleiro de anuncios da Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica e na páxina web da secretaría:

http://imit.xunta.es

Artigo 27. Aceptación e renuncia.

Sen prexuízo dos recursos que procedan contra a resolución de concesión, transcorridos quince días naturais desde a notificación ou publicación desta sen que o interesado comunique expresamente a súa renuncia á subvención, entenderase que a acepta, e desde ese momento adquire a condición de beneficiario.

A renuncia á subvención poderase facer por calquera medio que permita a súa constancia, de acordo co establecido no artigo 91 da Lei 30/1992. No caso de que se comunicase a renuncia, o titular da secretaría xeral ditará a correspondente resolución nos termos do artigo 42.1 da Lei 30/1992.

Artigo 28. Recursos.

1. A resolución de concesión da subvención, que pon fin á vía administrativa, poderá ser impugnada potestativamente mediante recurso de reposición, no prazo dun mes e ante o mesmo órgano que a ditou, de acordo co disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

2. Sen prexuízo do anterior, a resolución de concesión da subvención, será impugnable ante o órgano competente da orde xurisdicional contencioso-administrativa no prazo de dous meses contados desde o día seguinte á data de notificación da citada resolución.

Artigo 29. Modificación das resolucións de concesión.

As accións subvencionables deberán executarse no tempo e forma aprobados que se recollan nas resolucións de concesión. Non obstante, cando xurdan circunstancias concretas que alteren as condicións técnicas ou económicas tidas en conta para a concesión da subvención en aspectos tales como o importe do investimento aprobado, dos seus conceptos, ou o cumprimento dos prazos para a realización do proxecto, o beneficiario poderá solicitar a modificación da resolución de concesión. Calquera cambio no proxecto requirirá simultaneamente:

a) Que o cambio non afecte os obxectivos perseguidos coa subvención, os seus aspectos fundamentais, a determinación do beneficiario nin dane dereitos de terceiro.

b) Que o cambio sexa solicitado antes de que finalice o prazo de execución do proxecto e sexa aceptado expresamente.

c) Que os novos elementos e circunstancias que motiven a modificación, se tivesen concorrido na concesión inicial, non suporían a denegación da axuda.

No que atinxe a variacións respecto do alcance inicial proposto, o beneficiario poderá propoñer variacións nos núcleos cubertos tanto obrigatorios coma opcionais respecto do que figurou na súa solicitude. Con todo, os cambios introducidos deberán estar xustificados ante a SXMIT e en ningún caso poden supoñer unha diminución na poboación obxectivo que se propoña cubrir na súa solicitude. Igualmente, os cambios que se acepten por parte da SXMIT non poderán afectar, conxuntamente, mais do 15% dos núcleos incluídos no plan de despregamento do beneficiario. Calquera variación non aceptada pola SXMIT poderá derivar, segundo os termos recollidos no artigo 37 das presentes bases, nunha penalización sobre o importe da axuda concedida.

Artigo 30. Consentimentos, autorizacións e publicidade.

a) A presentación da solicitude de axuda comportará a autorización do solicitante para que a Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, de acordo co artigo 2 do Decreto 255/2008, do 23 de outubro, e a orde da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, do 7 de xullo de 2009, que o desenvolve, poida consultar os seus datos de identidade no Sistema de Verificación de Datos de Identidade do Ministerio de Presidencia.

b) Conforme o previsto no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, a Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica publicará no Diario Oficial de Galicia as subvencións concedidas ao amparo destas bases.

c) Así mesmo, de conformidade co artigo 13.4 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e de boas prácticas na Administración pública galega, a Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica publicará na súa páxina web as concesións das axudas reguladas nestas bases, polo que a presentación da solicitude leva implícita a autorización para o tratamento necesario dos datos de carácter persoal e da súa publicación. Ademais, de acordo co establecido na disposición adicional primeira do Decreto 132/2006, do 27 de xullo, de creación dos rexistros de axudas, subvencións e convenios e de sancións da Xunta de Galicia, a solicitude de axuda significa o consentimento para que os datos relevantes referidos ás axudas e subvencións recibidas, así como ás sancións impostas, de ser o caso, sexan incluídos e feitos públicos no citado rexistro, que depende da Consellería de Facenda.

Igualmente, as propostas que resulten seleccionadas pasarán a formar parte da lista pública de beneficiarios prevista nos artigos 6 e 7.2 d) do Regulamento (CE) 1828/2006 da Comisión, do 8 de decembro de 2006.

Porén, os interesados poderán pedir que non se fagan públicos os seus datos cando poidan afectar a honra e a intimidade persoal e familiar das persoas físicas, segundo o establecido na Lei orgánica 1/1982, do 5 de maio.

Artigo 31. Rexistros públicos de axudas, subvencións, convenios e sancións.

De conformidade co disposto no artigo 6 do Decreto 132/2006, do 27 de xuño, polo que se regulan os rexistros públicos creados nos artigos 44 e 45 da Lei 7/2005, do 29 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2006, a presentación da solicitude de subvención comportará o consentimento expreso do interesado ao órgano convocante para incluír e facer públicos, nos rexistros regulados no citado decreto, os datos relevantes conforme o disposto no seu artigo 4, referidos ás axudas e subvencións recibidas, así como sancións impostas. Poderanse exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición respecto do contido destes rexistros de conformidade co establecido no artigo 10 do Decreto 132/2006, do 27 de xuño.

Artigo 32. Xustificación da realización do proxecto.

1. O cumprimento da obriga de xustificación da subvención efectuarase ante o órgano concedente mediante a achega da documentación e información xustificativa detallada nestas bases.

Os investimentos e gastos ou compromisos de gasto previstos deberán realizarse dentro dos límites establecidos pola lexislación vixente, de conformidade co prazo de execución dos investimentos previsto nestas bases, atendendo ao disposto no artigo 58 do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia. No entanto, os documentos de pagamento emitidos polo beneficiario poden ter data de vencemento posterior, sempre que fosen materializados dentro do prazo concedido para presentar a documentación xustificativa do cumprimento da finalidade da subvención.

2. A comprobación documental do actuado adecuarase ao sistema de xustificación establecido no parágrafo seguinte.

As empresas beneficiarias estarán obrigadas a xustificar ante o órgano concedente o cumprimento da finalidade da subvención mediante a presentación dunha conta xustificativa con achega de xustificantes de gasto (facturas) e pagamento (transferencia bancaria ou documento contable de valor equivalente acreditativo da materialización do pagamento), que conterá unha memoria de actuación e unha memoria económica xustificativa do custo das actividades realizadas, co contido previsto para ambos os documentos no artigo 48 do Regulamento da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia.

3. Á vista da conta xustificativa presentada para acreditar o cumprimento da finalidade da subvención, o órgano instrutor poderá requirir do beneficiario a presentación de informes técnicos ou económicos adicionais sobre a execución dos proxectos e accións financiados que foron obxecto das axudas.

4. Coa finalidade de facilitar a comprobación da correcta realización das actividades obxecto de subvención, as facturas e xustificantes de pagamento achegaranse agrupadas segundo o punto de presenza da rede de acceso a que fosen destinados.

5. No caso de beneficiarios que opten por presentar a conta xustificativa con entrega de informe de auditor, a achega dos xustificantes de gasto e pagamento será substituída por un informe de auditor de contas inscrito como exercente no Rexistro Oficial de Auditores de Contas, de acordo co establecido no artigo 50 do regulamento da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia.

Os informes dos auditores incluirán no seu ditame os requisitos básicos relativos ás normas de elixibilidade do gasto financiado co Programa operativo Feder de Galicia 2007-2013 (especialmente a EHA/524/2008 do Ministerio de Economía e Facenda e o artigo 78 do Regulamento 1083/2006 do Consello), en concreto, a confirmación de que o gasto se aboou dentro do período subvencionable incluído e que garda relación cos conceptos aprobados no acordo de subvención, o cumprimento das condicións estipuladas no dito acordo, así como a existencia da documentación de apoio adecuada, rexistros contables incluídos.

O informe non poderá consistir simplemente nunha frase sobre a regularidade da solicitude do beneficiario, senón que deberá pormenorizar o traballo levado a cabo e os resultados.

A conta xustificativa deberá incorporar, ademais do referido informe, a documentación relacionada no artigo 50 do referido regulamento.

A Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica realizará unha mostra dos xustificantes que considere oportunos coa finalidade de obter evidencia razoable sobre a adecuada aplicación da subvención.

O beneficiario porá ao dispor da Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica ou dos órganos de control, cando llo requiran, os documentos xustificativos do gasto e do pagamento da subvención concedida.

Artigo 33. Prazo para a realización dos proxectos subvencionados e prazos para a xustificación da súa realización.

1. A execución dos investimentos subvencionados será levada a cabo polo beneficiario entre o día seguinte á publicación da convocatoria a que se refiren as presentes bases no DOG e o 1 de novembro de 2013.

A documentación xustificativa do cumprimento da finalidade da subvención deberase presentar antes do 15 de novembro de 2013.

2. En cada pagamento á conta da subvención, o beneficiario deberá presentar a documentación xustificativa do cumprimento das accións subvencionadas correspondentes á anualidade que se vai xustificar antes do 1 de decembro de cada ano, exceptuando a anualidade 2013, no que a dita xustificación deberá ser anterior ao 15 de novembro.

Artigo 34. Pagamento.

1. Recibida a documentación xustificativa da subvención na Secretaría Xeral, antes de proceder ao seu pagamento, os órganos competentes da dita secretaría xeral poderán realizar as actuacións de comprobación oportunas para verificar o cumprimento da actividade subvencionada e das condicións establecidas para a súa concesión.

2. Procederá a minoración da subvención concedida cando o investimento realizado teña un custo inferior ao inicialmente previsto, e sempre que esta minoración non supoña unha realización deficiente do proxecto.

3. O pagamento da subvención farase efectivo, mediante transferencia bancaria á conta indicada polo beneficiario, cando a empresa beneficiaria acredite o cumprimento da finalidade para a cal foi concedida e logo da xustificación da execución das actuacións correspondentes á anualidade vencida pendente de xustificar.

4. Poderanse realizar pagamentos parciais, de conformidade co establecido no artigo 31.6 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 62 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento da devandita lei.

Os ditos pagamentos parciais suporán a realización de pagamentos fraccionados que responderán ás actuacións executadas dentro da anualidade de que se trate, logo de xustificación do investimento realizado de conformidade co plan de despregamento presentado polo beneficiario.

5. De conformidade co establecido no artigo 67.4 do mencionado regulamento, o beneficiario queda exonerado da constitución de garantía, por autorizalo o Consello da Xunta.

Artigo 35. Seguimento e control.

1. A Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica (SXMIT) constitúese como órgano de seguimento e control técnico das actuacións que teña que realizar o beneficiario das axudas concedidas obxecto destas bases.

2. Así mesmo, o beneficiario está sometido ás actuacións de comprobación que deba efectuar o órgano concedente, ás de fiscalización e control que corresponde á Intervención Xeral da Comunidade Autónoma en relación coa axuda concedida, ás previstas na lexislación do Tribunal de Contas e do Consello de Contas e, se é o caso, ás dos servizos financeiros da Comisión Europea e do Tribunal de Contas Europeo.

3. O beneficiario comprométese a definir un Plan de Seguimento e a nomear un único director de proxecto, que será o interlocutor único coa SXMIT para calquera aspecto (administrativo, técnico, de servizos e outros) relacionado coa execución do proxecto, segundo se detalla no anexo III. O Plan de Seguimento comprenderá a realización de informes de seguimento periódicos nos cales se incluirá a información e estatísticas solicitadas, tal como se detalla no anexo III.

4. Celebraranse reunións de seguimento cunha periodicidade mínima mensual durante o despregamento e trimestral tras o seu remate nas cales deberá participar, en representación do beneficiario, o director de proxecto e o persoal necesario para poder tratar calquera aspecto do seguimento (económico, do despregamento, da operación da rede, de comercialización e de difusión e comunicación).

5. O beneficiario recoñece o dereito da SXMIT para examinar por medio de auditores, externos ou propios da entidade, o fiel cumprimento dos servizos prestados por parte do beneficiario. Para os efectos do seguimento e control das actividades financiadas, o beneficiario deberá dispor dos libros contables, rexistros dilixenciados e demais documentos nos termos exixidos pola lexislación aplicable ao beneficiario, así como as facturas e demais xustificantes de gasto de valor probatorio equivalente e os correspondentes xustificantes de pagamento. Este conxunto de documentos constitúe o soporte xustificativo da subvención concedida e garante o seu adecuado reflexo na contabilidade do beneficiario.

6. Durante todas as fases do proxecto, o beneficiario comprométese en todo momento a facilitar á SXMIT a información e documentación que esta solicite para dispor dun pleno coñecemento das circunstancias en que se desenvolven os traballos, así como dos eventuais problemas que se poidan expor e das tecnoloxías, métodos e ferramentas utilizados para resolvelos.

Artigo 36. Incumprimentos e reintegros das axudas.

1. O incumprimento dos requisitos establecidos nesta convocatoria e demais normas aplicables, así como das condicións que, de ser o caso, se establecesen na correspondente resolución de concesión dará lugar, despois do oportuno procedemento de reintegro, á obriga de devolver as axudas percibidas e os xuros de demora correspondentes, conforme o disposto nos artigos 33 e seguintes da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia.

2. A resolución pola que se acorde o reintegro da subvención será adoptada polo órgano concedente, logo de instrución do expediente no cal, xunto á proposta razoada do centro xestor, se xuntarán os informes pertinentes e as alegacións do beneficiario.

3. As cantidades reintegrables terán a consideración de ingresos de dereito público e o seu cobramento levarase a efecto con suxeición ao establecido para esta clase de ingresos no Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia.

4. En todos os supostos previstos nestas bases, ademais da devolución dos fondos públicos percibidos indebidamente, exixirase o xuro de demora xerado desde o momento do seu aboamento. Este xuro de demora será o xuro legal do diñeiro incrementado nun 25%, salvo que a Lei de orzamentos xerais do Estado estableza outro diferente.

5. O beneficiario estará obrigado ao reintegro total ou parcial das axudas outorgadas baixo esta convocatoria nos supostos en que obtivese, grazas a elas, unha vantaxe indebida ou un beneficio de explotación suficientemente elevado como para considerar innecesario o incentivo público obtido mediante esta convocatoria.

Para efectos de comprobar este aspecto, os solicitantes presentarán un Plan de Negocio que acredite a necesidade da subvención pública e cuxo seguimento permita corroborar este requisito durante todo o período de explotación.

Artigo 37. Sancións e penalizacións.

1. Será de aplicación o previsto no título IV da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, se concorresen os supostos de infraccións administrativas en materia de subvencións e axudas públicas.

2. Con carácter específico, aplicaranse penalizacións pola demora do beneficiario ao emprender as actuacións obxecto de subvención nestas bases.

3. O órgano concedente aplicará, salvo xustificación aceptada por el, as penalizacións acumulables asociadas ao incumprimento das tarefas de despregamento ou explotación da rede subvencionada.

a) Penalizacións asociadas ao despregamento da rede e os obxectivos de cobertura:

Categoría

Incumprimento

Penalización máxima aplicable

Atraso durante o despregamento no cumprimento dos obxectivos mínimos de cobertura por etapa recollidos no artigo 4

A cobertura final acadada nunha etapa é inferior ao 85% da proposta polo beneficiario segundo o fixado no artigo 4

5% da axuda da anualidade en curso se na anterior etapa tamén se incorreu neste incumprimento

A cobertura final acadada ao remate da derradeira etapa de 2011 é inferior ao 85% da proposta polo beneficiario segundo o fixado no artigo 4

10% da axuda concedida para 2011

Ao remate da derradeira etapa de 2012 ou de 2013 incúmprese, en mais do 10% dos concellos, os obxectivos anuais de cobertura propostos polo beneficiario segundo o artigo 4

10% da axuda da anualidade correspondente (2012 ou 2013)

Desviacións finais respecto da cobertura proposta (non se computan os cambios xustificados e aceptados pola SXMIT)

Nos núcleos incluídos no plan de despregamento acádase, ao remate do prazo previsto de despregamento, entre o 80% e o 90% da cobertura proposta polo beneficiario

15% da axuda total outorgada baixo a presente convocatoria

Nos núcleos incluídos no plan de despregamento acádase, ao remate do prazo previsto de despregamento, entre o 70% e o 80% da cobertura proposta polo beneficiario

25% da axuda total outorgada baixo a presente convocatoria

Nos núcleos incluídos no plan de despregamento acádase, ao remate do prazo previsto de despregamento, entre o 60% e o 70% da cobertura proposta polo beneficiario

50% da axuda total outorgada baixo a presente convocatoria

Nos núcleos incluídos no plan de despregamento acádase, ao remate do prazo previsto de despregamento, unha cobertura inferior ao 60% da cobertura proposta polo beneficiario

100% da axuda total outorgada baixo a presente convocatoria

Táboa 1. Penalizacións aplicables no tocante ao despregamento e obxectivos de cobertura.

A táboa 1 recolle as penalizacións aplicables por atrasos no cumprimentos dos obxectivos de cobertura durante o despregamento ou por desviacións finais respecto da cobertura proposta ao seu remate. Estas penalizacións serán acumulables ata o importe total da subvención concedida.

b) Penalizacións asociadas a incumprimentos durante a fase de explotación:

Categoría

Incumprimento

Penalización máxima

Caudal garantido, dispoñibilidade e resolución de fallos

Incumprimento en dous trimestres consecutivos dalgún dos niveis mínimos establecidos tomando como referencia o percentil do 95% das mostras tomadas

5% da subvención total concedida

Tempo de alta

Incumprimento en dous trimestres consecutivos do tempo máximo establecido para as altas de clientes tomando como referencia o percentil do 95% das mostras tomadas

5% da subvención total concedida

Táboa 2. Penalizacións aplicables no tocante á prestación de servizo.

A táboa 2 mostra as penalizacións vinculadas á prestación de servizo aplicables unha vez iniciada a fase de comercialización nos primeiros núcleos. Estas penalizacións avaliaranse e aplicaranse cada trimestre e son acumulables con outras penalizacións. Igualmente, pódense acumular penalizacións de forma posterior ao despregamento de rede ata chegar ao importe total da axuda outorgada.

c) Deficiencias na entrega de información de seguimento: poderán aplicarse penalizacións de ata o 0,1% da axuda total concedida por cada atraso ou deficiencia de forma na entrega de calquera tipo de informe de seguimento requirido de conformidade co artigo 35 das presentes bases. Estas penalizacións serán acumulables ata chegar ao importe total da subvención.

Artigo 38. Incompatibilidades.

De conformidade co disposto na decisión da Comisión Europea N 424 / 2010, con data do 10 de novembro de 2010 (DOUE C 32/7, do 1-2-2011), as axudas establecidas na presente convocatoria non poderán acumularse con outras axudas recibidas de réximes locais, rexionais, nacionais ou da Unión para cubrir os mesmos custos subvencionables no ámbito dos núcleos obxectivo considerados nesta resolución.

Ao estar este réxime de axudas dentro do Programa Operativo Feder Galicia 2007-2013 os gastos cofinanciados por un fondo non poderán acollerse a outras axudas procedentes do mesmo fondo ou doutros fondos ou instrumentos financeiros comunitarios, de conformidade co artigo 34 do Regulamento (CE) 1083/2006.

Artigo 39. Publicidade.

No prazo máximo de tres meses contados desde a data de resolución da concesión publicarase no Diario Oficial de Galicia a relación das subvencións concedidas con indicación da norma reguladora, beneficiario, crédito orzamentario, contía e finalidade da subvención.

Artigo 40. Marco regulatorio.

Os solicitantes, así como o desenvolvemento do proxecto, estarán suxeitos ao marco regulatorio do sector das telecomunicacións, incluíndo pero non limitando as seguintes directivas e leis:

• Directrices comunitarias para a aplicación das normas sobre axudas estatais ao despregamento rápido de redes de banda larga, do 17 de setembro de 2009.

• Directiva 2002/21/CE do Parlamento Europeo e do Consello, do 7 de marzo de 2002, relativa a un marco regulador común das redes e dos servizos de comunicacións electrónicos.

• Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia e o seu regulamento de desenvolvemento, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro; a Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións e o seu regulamento, aprobado polo Real decreto 887/2006, do 21 de xullo; a Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e o Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia.

• Lei xeral de telecomunicacións 32/2003, do 3 de novembro, e os seus correspondentes regulamentos.

• Real decreto 1066/2001, do 28 de setembro, polo que se aproba o regulamento que establece as condicións de protección do dominio público radioeléctrico, restricións ás emisións radioeléctricas e medidas de protección sanitaria fronte ás emisións radioeléctricas.

• Real decreto 424/2005, do 15 de abril, polo que se aproba o Regulamento sobre as condicións para a prestación dos servizos de comunicacións electrónicas, o servizo universal e a protección dos usuarios.

• Real decreto 1580/2006, do 22 de decembro, de transposición da Directiva 20004/108/CE sobre compatibilidade electromagnética.

• Orde ITC/912/2006, do 29 de marzo, pola que se regulan as condicións relativas á calidade do servizo na prestación dos servizos de comunicacións electrónicas.

• Orde ITC/332/2010, do 12 de febreiro, pola que se aproba o Cadro Nacional de Atribución de Frecuencias (CNAF).

• Real decreto 899/2009, do 22 de maio, polo que se aproba a carta de dereitos do usuario dos servizos de comunicacións electrónicas.

• Orde ministerial CTE/23/2002, do 11 de xaneiro, sobre emisións radioeléctricas.

• Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental.

• Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.

• Lei 2/2010, do 25 de marzo, de medidas urxentes de modificación da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.

ANEXO II
Descrición técnica mínima das redes obxecto da presente axuda.

Ademais dunha descrición xeral da rede, requírese unha exposición detallada das características máis relevantes das redes de transporte e acceso empregadas para proporcionar os servizos de conectividade pertinentes. Os puntos mínimos para tratar na exposición das propostas dos solicitantes respecto da rede que se van despregar son:

1) Descrición xeral da rede:

Deberase expor o deseño xeral da rede proposta valorando positivamente que este estea orientado á consecución duns parámetros axeitados de calidade de servizo, escalabilidade e interoperabilidade debidamente plasmados e xustificados. A exposición do deseño xeral da rede incluirá a topoloxía, as tecnoloxías empregadas nas redes de transporte e acceso así como os puntos de interconexión previstos.

2) Descrición das redes de acceso:

Respecto das redes de acceso que vaia despregar o solicitante para dar cumprimento aos obxectivos da presente convocatoria, considérase necesario facilitar a seguinte información mínima en puntos claramente separados e particularizados pola localización:

a) Relación de todos os puntos de presenza da rede de acceso especificando a súa localización (en coordenadas xeográficas UTM29 European Datum 1950), o tráfico asociado estimado, a titularidade destes e se será de nova construción ou existente.

b) Tecnoloxía empregada na rede de acceso, así como fabricantes, modelos e resumo das principais características do equipamento proposto (capacidades de servizo, estandarización e características mecánicas, eléctricas e radioeléctricas) que se considerou nos estudos previos.

c) Aspectos vinculados ao dimensionamento presente e futuro da rede de acceso incluíndo, por cada punto de presenza da rede de acceso, o dimensionamento inicial expresado en capacidade de xestión de tráfico e usuarios, os núcleos cubertos e un estudo da carga de tráfico esperada e a saída de transmisión efectiva que se habilitará. Adicionalmente será preceptivo mencionar calquera aspecto vinculado á monitorización continuada e ao escalado futuro da rede de acceso facendo especial fincapé nas medidas reactivas ou proactivas de incremento de capacidade que se comprometa a emprender o solicitante.

d) Titularidade das infraestruturas de rede empregadas e acordos comerciais que teñen ou pensar ter asociados no caso de non seren de titularidade propia. Os solicitantes deberán comprometerse de forma activa e explícita a que, no caso de seren beneficiarios, emprenderán as accións precisas para garantir o acceso ás infraestruturas empregadas durante o período mínimo de explotación fixado no artigo 16. Nos casos de uso de localizacións de Retegal, xa se considerará garantida a dispoñibilidade das infraestruturas durante todo o período de explotación.

e) Equipamento de usuario proposto para cada tipo de servizo: indicando fabricante, modelos e un resumo das principais características técnicas (interface de conexión con rede de usuario, estandarización, tempos de duración media antes de fallo (MTBF) do terminal, características mecánicas, eléctricas e radioeléctricas).

f) Outros aspectos que se consideren relevantes para a valoración da rede de acceso proposta.

3) Descrición da rede de transporte ou troncal:

Deberanse incluír, polo menos, os seguintes puntos debidamente separados e expostos:

a) Descrición da topoloxía e estrutura da rede proposta, especificando o dimensionamento da rede de transporte en cada punto de presenza da rede de acceso. No caso de uso de rede de transporte de terceiros, será preciso identificar o caudal que está previsto contratar en cada punto de presenza da rede de acceso.

b) Tecnoloxías de transmisión empregadas. Nos casos de uso de rede de transporte de Retegal non será preciso completar esa información neste punto.

c) Criterios de monitorización, dimensionamento inicial e escalado futuro da rede troncal facendo especial fincapé nas medidas reactivas e proactivas de incremento de capacidade. Nos casos de uso de rede de transporte de terceiros, especificar as políticas de contratación de incremento de capacidade e a posibilidade de incremento por parte do propietario (de ser o caso de Retegal, non será precisa a xustificación da posibilidade de incremento de caudal).

d) Outros aspectos relativos á rede de transporte proposta que se consideren relevantes e non estean incluídos nos puntos anteriormente citados.

ANEXO III
Plan de seguimento

1) Seguimento e control económico

Para a realización das actividades de seguimento e control económico das actuacións, o beneficiario comprométese a facilitar cunha frecuencia mínima trimestral e a través das canles de comunicación establecidas previamente, os seguintes parámetros económicos:

a) Gasto de capital.

O beneficiario proverá a información necesaria para coñecer e xustificar os investimentos realizados no referente a gastos de capital (CAPEX), incluíndo polo menos:

• Gastos en enxeñaría.

• Gastos en equipamento de telecomunicacións.

• Gastos en obra civil para o despregamento de infraestruturas de telecomunicacións.

• Gastos na realización de novas instalacións para o aloxamento de sistemas de telecomunicacións.

• Gastos na adquisición de licenzas para o despregamento e uso de sistemas de telecomunicacións.

Esta información deberá ser proporcionada cunha frecuencia trimestral e unha segmentación que permita diferenciar entre os gastos realizados con fondos provenientes do sector público dos gastos realizados con fondos provenientes do sector privado, así como o núcleo, concello e provincia na cal son empregados.

b) Gasto operativo.

O beneficiario proverá a información necesaria para coñecer e xustificar os investimentos realizados no referente a gastos de operación (OPEX), incluíndo polo menos:

• Gastos de persoal.

• Gastos de aprovisionamento.

• Gastos de mantemento e solución de incidencias.

• Gastos indirectos (administrativos, enerxía e outros).

c) Ingresos.

O beneficiario da axuda proporcionará información e xustificación dos ingresos derivados pola nova rede para garantir, segundo o disposto no artigo 36, que non se compensa en exceso o beneficiario por unha demanda de banda larga superior aos niveis previstos.

2) Seguimento do despregamento.

O solicitante deberá presentar unha proposta de informes de seguimento que permitan á SXMIT levar un correcto control do despregamento da rede obxecto das axudas.

Estes informes deberán presentarse como mínimo cunha periodicidade mensual, e cun grao de detalle que permita avaliar o avance segundo os conceptos reflectidos no Plan de Despregamento presentado.

O contido mínimo dos informes de seguimento do despregamento será tal que permita coñecer de modo claro e illado os seguintes conceptos:

b) Puntos de presenza:

• Datas previstas e definitivas de construción da infraestrutura.

• Datas previstas e definitivas de instalación do equipamento de acceso.

• Datas previstas e definitivas de integración coa rede de transporte e interconexión coa rede do operador.

• Datas previstas e definitivas de posta en servizo.

c) Servizo por núcleo:

• Datas estimadas e definitivas de inicio do despregamento por núcleo (primeiro cliente con posibilidade de acceso ao servizo de banda larga nas condicións establecidas nestas bases).

• Grao de cobertura por núcleo co despregamento actual.

• Datas estimadas e definitivas de finalización do despregamento por núcleo (conseguindo os graos de cobertura propostos).

• Información gráfica da cobertura dos diferentes servizos de acceso comercializados en formato importable a GIS cunha relación de escala 1:5000 ou máis detallada.

d) Análise de desviacións respecto do Plan de Despregamento proposto na solicitude e actuacións correctoras.

Estes informes servirán para avaliar as desviacións que se poidan producir respecto do Plan de Despregamento proposto polo operador e a súa capacidade de dar cumprimento en prazos ao obxectivo formulado.

3) Seguimento e control operativo.

O beneficiario da axuda está obrigado a cumprir o seguinte mecanismo de control para o cumprimento do acordo de niveis de servizo. Para iso debe comprometerse a proporcionar cunha periodicidade mínima mensual e a través das canles de comunicación establecidas previamente a información necesaria para o control e seguimento do rendemento da rede e estatísticas de incidencias cunha segmentación que permita diferenciar por concellos cada un dos indicadores, incluíndo polo menos os seguintes parámetros:

a) Operacións e mantemento.

O beneficiario proverá a información necesaria para coñecer e xustificar estatísticas sobre todos os traballos realizados con base nos mecanismos indicados na información achegada para Metodoloxía, medios técnicos e materiais.

b) Calidade de servizo.

O beneficiario proverá a información necesaria para coñecer e xustificar estatísticas sobre atencións realizadas a usuarios en base á información facilitada na Metodoloxía, medios técnicos e materiais (incidencias e tempos de resolución, tempos de subministración, tempos de reparación de equipamento de cliente,…).

Deberanse propoñer parámetros de calidade de servizo que, en función da tecnoloxía e solución empregada para a rede de acceso, permitan confirmar e auditar o cumprimento do caudal garantido. Estes parámetros incluiranse en cada informe de seguimento e control operativo.

Adicionalmente deberanse incluír, no que respecta ao servizo de soporte ao cliente, as chamadas atendidas e a súa tipoloxía, así como as incidencias recibidas e atendidas. Igualmente, o beneficiario deberá estar en disposición de proporcionar, cando se lle requira, calquera parámetro de calidade de servizo recollido na Orde ITC/912/2006, do 29 de marzo, no ámbito da rede subvencionada.

4) Seguimento e control da comercialización.

Para a realización das actividades de seguimento e control da comercialización, o beneficiario comprométese a facilitar a través das canles de comunicación establecidas previamente, cunha frecuencia mensual e unha segmentación que permita diferenciar entre concellos cada un dos indicadores, os seguintes parámetros comerciais:

a) Penetración do servizo de acceso retallista de banda larga.

O beneficiario proverá información da penetración do servizo de banda larga, incluíndo como mínimo os seguintes conceptos dentro do período de análise:

Novas altas solicitadas, incluíndo detalle da súa evolución (canceladas, pendentes, en servizo,…) e as causas por que se atopan en cada estado.

Novas altas en servizo, con detalle dos servizos contratados e prezos aplicados.

Baixas totais, de modo que sexa posible coñecer a taxa de abandono de clientes (churn rate).

b) Oferta de servizos.

O beneficiario proverá o detalle dos puntos de venta presenciais e non presenciais en que se poden contratar os servizos, facendo especial fincapé nos novos creados no período de información e nas previsións do seguinte período.

De igual modo, será preciso fornecer información das tarifas e promocións actuais e previstas, así como dos novos servizos que se vaian ofrecer, dando cumprimento aos plans de evolución propostos.

5) Seguimento e control de tarefas de difusión e comunicación.

O beneficiario deberá proporcionar información periódica relativa ás iniciativas de difusión e comunicación da rede subvencionada, que deberán ser supervisadas pola SXMIT.

Deberanse detallar as tarefas relacionadas coa difusión e comunicación dos servizos que se levaron a cabo o mes precedente, e as que se prevén para a seguinte mensualidade, incluíndo unha planificación de insercións en medios de comunicación.

En concreto, deberá informar como mínimo sobre as actualizacións realizadas ou previstas no portal web, a distribución de folletos e carteis (incluíndo a súa localización e as súas características), a difusión do proxecto (especificando as canles empregadas, con datas e contido), as campañas de difusión presencial realizadas e previstas (incluíndo análise do seu impacto) e o avance e previsións de todas as actuacións incluídas na súa proposta.

ANEXO IV
Metodoloxía, medios técnicos e materiais

1) Operación e mantemento.

Indicaranse os recursos humanos e técnicos postos ao dispor da función de operación e mantemento tanto para a xestión e monitorización da rede, como para as actuacións de carácter preventivo e correctivo, incluíndo detalle de:

a) Plataforma de xestión e monitorización.

Especificaranse os parámetros técnicos da plataforma de xestión, como mínimo incluíndo os seguintes conceptos:

• Monitorización e xestión remota de equipamento da rede de acceso: funcionalidades.

• Monitorización e xestión remota de equipamento de usuario: funcionalidades.

• Monitorizado e xestión remota de equipamento da rede de transporte: funcionalidades.

• Posibilidades de inventariación de equipamentos, versións de software, backup de configuracións, usuarios de servizo activados e as súas características.

• Posibilidades de estatísticas de uso de rede, por usuario ou estación base e capacidade de almacenamento históricos de estatísticas.

• Posibilidade de definición de perfís de usuario.

• Características do rexistro e almacenamento de alarmas, histórico de alarmas.

b) Procedementos de así mesmo describiranse os procedementos existentes para a operación e mantemento da rede como:

• Procedementos de mantemento preventivo e correctivo.

• Procedementos de actualización de versións e software.

• Procedementos de instalación e activación de localización.

• Procedementos de instalación e activación de usuario.

• Procedementos de seguranza para garantir a protección de datos dos usuarios.

• Plans de continxencia e medidas e protocolos de seguranza orientados ao mantemento do servizo (Plan de Seguranza).

2) Calidade do servizo (SLA).

Cada licitador presentará uns compromisos de calidade do servizo (SLA) en que se incluirán, polo menos, os seguintes conceptos:

a) Tempo máximo de instalación de equipamento de usuario e provisión do servizo.

b) Tempo máximo de resolución de incidencias (tempo transcorrido entre que o operador ten coñecemento da avaría e esta é resolta). Distinguiranse as incidencias en función da súa gravidade, relativa ao corte ou degradación do servizo e número de usuarios afectados.

c) Indispoñibilidade máxima do servizo: medíndose como a porcentaxe de horas sen servizo para o peor caso debendo reportarse para períodos mensuais e anuais.

3) Atención a usuarios.

Dentro da funcionalidade exixida de prestación do servizo a usuarios finais, o beneficiario será o responsable da atención ao usuario. Enténdese esta atención como un servizo integral posvenda, que inclúe un teléfono de atención permanente para recepción de avarías, consultas ou axudas remotas para a configuración do terminal de usuario.

Indicarase que procedementos de atención a usuario se consideran, con todos os pasos e elementos involucrados. Indicaranse os medios humanos e técnicos postos ao dispor destes servizos.

ANEXO V
Plan de Difusión e Comunicación

O beneficiario será responsable da comercialización adecuada dun paquete de servizos que deberá respectar os mínimos marcados no artigo 11. As tarefas de difusión e comunicación asociadas deberán estar supervisadas e validadas pola SXMIT, sendo preciso que abrangan todo o ámbito do despregamento de rede.

O beneficiario deberá informar previamente a SXMIT sobre a realización de calquera tarefa de difusión e comunicación vinculada aos puntos tratados no presente anexo e na cal se faga referencia á rede subvencionada. En ningún caso o beneficiario poderá pór en marcha ningunha iniciativa desta natureza sen a validación previa da SXMIT.

Os solicitantes facilitarán, asociado á comercialización da rede subvencionada, un plan de difusión e comunicación específico en que se deberán incluír os seguintes conceptos:

• Portal web informativo: os solicitantes deberanse comprometer a facer referencia no seu portal web a este proxecto, debendo incluír unha exposición breve del que será consensuada coa SXMIT.

• Puntos de venta do servizo: deberase dar o detalle dos puntos de venta presenciais (puntos fixos, stands…) e non presenciais (telemarketing, páxinas web…) en que serán comercializados os servizos de banda larga, distinguindo os que xa existen na actualidade e os previstos.

• Carteis e folletos: será obrigatoria a creación de carteis e folletos, nos cales se deberá facer referencia explícita á rede subvencionada cunha mensaxe clara e visible consensuada coa SXMIT. Será preceptivo que en cada punto de venda físico en que se comercialicen servizos da rede subvencionada sexan visibles os carteis e folletos durante todo o período de explotación da rede subvencionada.

• Canles de difusión: os solicitantes deberán especificar que tipo de canles se comprometen a empregar para a difusión dos servizos da rede subvencionada (medios audiovisuais, prensa escrita, telemarketing, difusión nas caixas de correo, e-mails, …), debéndose facer referencia á participación da Xunta de Galicia mediante unha mensaxe previamente aprobada pola SXMIT. Entre as canles de difusión empregadas deberanse incluír, ao menos, medios audiovisuais e prensa escrita.

• Campañas presenciais de difusión: os solicitantes deberán achegar unha proposta concreta de campañas presenciais de difusión, especificando o calendario destas respecto do despregamento de rede. Adicionalmente, nestas campañas deberanse incorporar as mensaxes e logotipos que a SXMIT considere oportunas para comunicar o carácter subvencionado do despregamento de rede.

• Planificación temporal e recursos dedicados: os solicitantes deberán anexar a planificación temporal e o investimento proposto para o Plan de Difusión e Comunicación.

Considérase positivamente a proposta dun plan de comunicación e difusión do proxecto que inclúa un plan de medios definido, campañas de publicidade en medios e de difusión nos puntos de venda e outras propostas de actos de comunicación das actuacións do proxecto. As mensaxes e a súa orientación serán supervisados pola SXMIT.

Considérase positivamente o uso da lingua galega.

Tal e como se recolle no artigo 35 e o anexo III, o beneficiario deberá entregar informes de seguimento do plan de difusión e comunicación cunha periodicidade mensual en que se recollan todos os puntos mencionados no anexo III.

ANEXO VIII
Lista de concellos

No presente anexo lístanse os concellos en que é preciso acadar unha cobertura do 80% da poboación obxectivo, segundo se especifica no artigo 7.

INE 5

Concello

Mínimo de cobertura

27001

Abadín

1.767

15001

Abegondo

2.030

36020

Agolada

412

27002

Alfoz

1.063

32001

Allariz

482

15002

Ames

1.421

32002

Amoeiro

350

27003

Antas de Ulla

462

15003

Aranga

1.585

36001

Arbo

174

15004

Ares

373

15005

Arteixo

987

15006

Arzúa

1.762

32004

Avión

77

27004

Baleira

931

32005

Baltar

200

32006

Bande

418

15007

Baña (A)

1.218

32007

Baños de Molgas

573

27901

Baralla

1.439

32009

Barco de Valdeorras (O)

107

27005

Barreiros

494

32011

Beariz

71

27006

Becerreá

1.294

27007

Begonte

1.525

15008

Bergondo

185

15009

Betanzos

877

32012

Blancos, Os

132

32013

Boborás

853

15010

Boimorto

594

15011

Boiro

2.158

32014

Bola (A)

914

32015

Bolo, O

154

15012

Boqueixón

470

27008

Bóveda

158

15013

Brión

1.023

36004

Bueu

580

15014

Cabana de Bergantiños

1.805

15015

Cabanas

1.387

32016

Calvos de Randín

220

36006

Cambados

298

15017

Cambre

2.049

36007

Campo Lameiro

146

36008

Cangas

676

36009

Cañiza (A)

229

15018

Capela (A)

474

32017

Carballeda de Valdeorras

289

27009

Carballedo

830

15019

Carballo

3.146

15020

Carnota

359

15021

Carral

788

32020

Cartelle

1.214

32022

Castrelo de Miño

197

32021

Castrelo do Val

384

32023

Castro Caldelas

654

27010

Castro de Rei

2.624

27011

Castroverde

1.109

15022

Cedeira

1.248

15023

Cee

462

32024

Celanova

1.328

32025

Cenlle

78

15024

Cerceda

735

36011

Cerdedo

125

15025

Cerdido

464

27012

Cervantes

1.249

27013

Cervo

391

15026

Cesuras

1.270

32029

Chandrexa de Queixa

510

27016

Chantada

962

15027

Coirós

559

32026

Coles

127

27014

Corgo (O)

1.410

15029

Coristanco

1.318

27015

Cospeito

2.146

36012

Cotobade

388

36013

Covelo

417

32028

Cualedro

407

15031

Culleredo

551

36015

Cuntis

83

15032

Curtis

598

36016

Dozón

181

15034

Dumbría

1.364

32030

Entrimo

607

32031

Esgos

124

36017

Estrada (A)

2.695

15035

Fene

92

15036

Ferrol

634

15037

Fisterra

422

27017

Folgoso do Courel

698

27018

Fonsagrada (A)

2.319

36018

Forcarei

342

27019

Foz

102

15038

Frades

945

27020

Friol

2.126

32033

Gomesende

117

36021

Gondomar

550

36022

Grove (O)

160

32034

Gudiña, A

70

27022

Guitiriz

2.699

27023

Guntín

601

36901

Illa de Arousa, A

140

27024

Incio (O)

1.147

15039

Irixoa

871

36024

Lalín

945

36025

Lama (A)

246

27026

Láncara

1.199

15041

Laracha (A)

1.613

15040

Laxe

206

32039

Laza

596

32041

Lobeira

711

32042

Lobios

1.009

27027

Lourenzá

239

15042

Lousame

2.358

27028

Lugo

2.268

32043

Maceda

390

15043

Malpica de Bergantiños

485

32044

Manzaneda

294

15044

Mañón

495

15045

Mazaricos

2.144

36027

Meaño

58

27029

Meira

214

36028

Meis

478

15046

Melide

1.107

32047

Merca (A)

194

15047

Mesía

1.212

32048

Mezquita, A

150

15048

Miño

226

36029

Moaña

572

15049

Moeche

418

36030

Mondariz

447

27030

Mondoñedo

1.341

15050

Monfero

1.446

27031

Monforte de Lemos

191

32049

Montederramo

604

36032

Moraña

313

36033

Mos

1.158

15051

Mugardos

50

32051

Muíños

663

27033

Muras

541

15053

Muros

1.194

15052

Muxía

649

15054

Narón

1.339

27034

Navia de Suarna

868

15056

Negreira

1.838

27035

Negueira de Muñiz

130

36034

Neves (As)

63

36035

Nigrán

486

27037

Nogais (As)

868

32052

Nogueira de Ramuín

678

15057

Noia

900

36036

Oia

127

32053

Oímbra

126

15058

Oleiros

827

15059

Ordes

1.455

15060

Oroso

630

15061

Ortigueira

1.719

32054

Ourense

376

27038

Ourol

798

27039

Outeiro de Rei

1.628

15062

Outes

1.378

15063

Oza dos Ríos

783

15064

Paderne

490

32055

Paderne de Allariz

233

32056

Padrenda

308

15065

Padrón

58

27040

Palas de Rei

1.523

27041

Pantón

350

32057

Parada de Sil

317

27042

Paradela

709

27044

Pastoriza (A)

1.501

27045

Pedrafita do Cebreiro

818

32058

Pereiro de Aguiar (O)

906

32059

Peroxa, A

790

15066

Pino (O)

1.750

32063

Pobra de Trives (A)

571

27047

Pobra do Brollón (A)

413

36041

Poio

64

27046

Pol

794

36043

Ponte Caldelas

470

36042

Ponteareas

613

15068

Ponteceso

397

15069

Pontedeume

214

32064

Pontedeva

34

27048

Pontenova (A)

982

15070

Pontes de García Rodríguez (As)

915

36038

Pontevedra

952

32062

Porqueira

117

36039

Porriño (O)

200

15071

Porto do Son

660

27049

Portomarín

382

32066

Quintela de Leirado

200

27050

Quiroga

836

32067

Rairiz de Veiga

209

32068

Ramirás

538

36045

Redondela

545

15072

Rianxo

849

32069

Ribadavia

66

27051

Ribadeo

506

36046

Ribadumia

238

27052

Ribas de Sil

148

15073

Ribeira

637

27053

Ribeira de Piquín

370

32071

Riós

161

27054

Riotorto

398

36047

Rodeiro

208

15074

Rois

586

36048

Rosal (O)

298

32073

Rubiá

142

15075

Sada

136

36049

Salceda de Caselas

285

36050

Salvaterra de Miño

421

27055

Samos

1.111

32075

San Cibrao das Viñas

478

32076

San Cristovo de Cea

173

15076

San Sadurniño

1.543

32070

San Xoán de Río

459

15077

Santa Comba

1.371

15078

Santiago de Compostela

2.155

15079

Santiso

122

36051

Sanxenxo

331

27057

Sarria

1.102

27058

Saviñao (O)

759

36052

Silleda

250

27059

Sober

209

15080

Sobrado

1.174

15081

Somozas (As)

895

27060

Taboada

213

32079

Taboadela

296

32080

Teixeira, A

268

15082

Teo

475

32081

Toén

250

36054

Tomiño

620

15083

Toques

521

15084

Tordoia

2.111

15085

Touro

843

27061

Trabada

780

15086

Trazo

587

27062

Triacastela

446

36055

Tui

378

15088

Val do Dubra

873

27063

Valadouro (O)

630

15087

Valdoviño

1.258

36056

Valga

99

15089

Vedra

662

32083

Veiga, A

398

32084

Verea

566

32086

Viana do Bolo

390

27064

Vicedo, O

785

36057

Vigo

4.314

36059

Vila de Cruces

826

36058

Vilaboa

448

36060

Vilagarcía de Arousa

146

27065

Vilalba

1.563

32087

Vilamarín

214

32088

Vilamartín de Valdeorras

119

36061

Vilanova de Arousa

94

32089

Vilar de Barrio

256

32091

Vilardevós

836

32092

Vilariño de Conso

271

15091

Vilarmaior

494

15090

Vilasantar

810

15092

Vimianzo

1.479

27066

Viveiro

616

27021

Xermade

740

32032

Xinzo de Limia

498

27025

Xove

1.395

32036

Xunqueira de Ambía

334

32037

Xunqueira de Espadanedo

173

15093

Zas

2.874

ANEXO IX
Lista de núcleos obxectivo

Os núcleos de poboación obxectivo recóllense nunha lista con indicación do código INE 11 do núcleo, o número de habitantes e a tipificación do núcleo para os efectos das actuacións previstas nas bases reguladoras, recolléndose os seguintes tipos:

• OB: núcleos de cobertura obrigatoria.

• P-1: núcleos de cobertura opcional con maior grao de prioridade.

• P-2: núcleos de cobertura opcional con menor grao de prioridade.

O documento coa lista íntegra de núcleos obxectivo está dispoñible co nome Anexo IX - lista de núcleos obxectivo.pdf” na páxina web da secretaría xeral no enderezo:

http://imit.xunta.es/portal/sectorempresarialdasociedadedainformacion/axudas/

O resumo (a pegada dixital) do dito documento redactado en galego, obtido co algoritmo de hash SHA1 é:

749F DB55 5D60 AC63 ACD8 BB7C 89CD 8347 0C66 4303

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file