Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Venres, 13 de maio de 2011 Páx. 9438

III. Outras disposicións

Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 3 de maio de 2011, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para o acceso ás ensinanzas artísticas superiores reguladas pola Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, para os aspirantes que non estean en posesión do título de bacharelato.

O artigo 69.5 da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, dispón que os maiores de dezanove anos de idade poderán acceder directamente ás ensinanzas artísticas superiores mediante a superación dunha proba específica, regulada e organizada polas administracións educativas, que acredite que o aspirante posúe a madureza en relación cos obxectivos do bacharelato e os coñecementos, habilidades e aptitudes necesarios para cursar con aproveitamento as correspondentes ensinanzas.

Para tal fin, as ordes do 30 de setembro de 2010 (DOG do 8 e 11 de outubro) polas que se establecen os plans de estudos das ensinanzas artísticas superiores de grao en Música, Arte dramática, Deseño, e Conservación e Restauración de Bens Culturais, dispoñen, no artigo 17, que os aspirantes que non estean en posesión do título de bacharelato ou equivalente, e teñan dezanove anos cumpridos no ano de realización das probas, deberán superar a proba establecida no citado artigo 69.5 da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, debendo acreditar o aspirante os seus coñecementos e a madureza en relación cos obxectivos propios do bacharelato.

En consecuencia, procede ditar instrucións para o acceso do alumnado que se atope en tales circunstancias, para o curso 2011-2012, ás ensinanzas de grao en Música, Arte dramática, Deseño, e Conservación e Restauración de Bens Culturais. Xa que logo, en virtude das atribucións que lle son conferidas polo Decreto 332/2009, do 11 de xuño, polo que se establece a estrutura da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, esta dirección xeral

RESOLVE:

Convocar a proba de acceso para os aspirantes que non estean en posesión do título de bacharelato ou equivalente, e cumpran dezanove anos no ano 2011, ás ensinanzas de grao en Música, Arte dramática, Deseño, e Conservación e Restauración de Bens Culturais, para o curso 2011-2012, que se rexerá polas seguintes instrucións:

Primeiro. Inscrición para realizar a proba.

a) A inscrición realizarse na secretaría dos seguintes centros educativos entre o día seguinte ao da publicación da presente resolución e o día 2 de xuño, ambos inclusive:

–Conservatorio Superior de Música da Coruña.

–Conservatorio Superior de Música de Vigo.

–Escola de Arte e Superior de Deseño “Pablo Picasso” da Coruña.

–Escola de Arte e Superior de Deseño “Mestre Mateo” de Santiago de Compostela.

–Escola de Arte e Superior de Deseño “Ramón Falcón” de Lugo.

–Escola de Arte e Superior de Deseño “Antonio Faílde” de Ourense.

–Escola Superior de Arte Dramática de Galicia.

–Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia.

b) Para a formalización das solicitudes de admisión, os centros superiores facilitaranlles ás persoas interesadas o modelo para o efecto. Unha vez cuberto, entregarase unha única instancia na secretaría do centro, xunto cunha copia compulsada do DNI ou NIE ou pasaporte.

c) Os centros superiores onde se realice a inscrición deberán enviarlle á dirección xeral, a través do correo electrónico sxeefp@edu.xunta.es, a relación de persoas inscritas para realizar a proba de acceso, ordenadas alfabeticamente, con apelidos, nome e número do documento nacional de identidade ou do documento acreditativo.

d) A relación de persoas inscritas será exposta no taboleiro de anuncios de cada centro o día 3 de xuño, así como no portal educativo da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria: http://www.edu.xunta.es

e) Poderanse presentar reclamacións contra a listaxe provisional entre os días 3 e 7 de xuño, ambos incluídos, no mesmo centro onde se realizou a inscrición.

f) A relación definitiva de persoas admitidas e excluídas para a realización da proba farase pública o día 8 de xuño no taboleiro de anuncios de cada centro, así como no portal educativo da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria: http://www.edu.xunta.es

Segundo. Desenvolvemento da proba.

a) A proba de acceso realizarase o día 10 de xuño, ás 9.00, no IES As Fontiñas de Santiago de Compostela, de acordo co seguinte horario:

–9.00 h. Presentación.

–Das 9.30 ás 10.30: Lingua estranxeira (inglés ou francés).

–Das 10.30 ás 11.30: Lingua castelá e literatura.

–Das 12.00 ás 13.00: Lingua galega e literatura.

–Das 13.00 ás 14.00: Filosofía e cidadanía.

–Das 16.00 ás 17.00: Ciencias para o mundo contemporáneo.

–Das 17.00 ás 18.00: Historia de España.

–Das 18.00 ás 19.00: Historia da filosofía.

b) As persoas inscritas deberán presentar, para a realización da proba, o seu documento oficial de identidade e copia da folla de solicitude de inscrición.

Terceiro. Tribunal e cualificacións.

a) A proba de acceso será administrada e avaliada polo tribunal que se recolle no anexo a esta resolución.

b) Os membros deste tribunal terán dereito á percepción de asistencias de acordo co establecido no capítulo IV do Decreto 144/2001, do 7 de xuño.

c) A proba de acceso será cualificada cos termos de apto e non apto.

Cuarto. Admisión do alumnado.

a) Unha vez concluída a proba, o tribunal publicará a listaxe provisional de persoas que superaron e non superaron a proba, o día 13 de xuño, no taboleiro de anuncios de cada centro e a través do portal educativo da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria: http://www.edu.xunta.es

b) Poderanse presentar reclamacións contra as cualificacións provisionais os días 13 e 15 de xuño, ambos incluídos, ante o presidente do tribunal avaliador, no centro onde se realizase a inscrición. Neste mesmo período, os centros remitirán á Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, a través do correo electrónico sxeefp@edu.xunta.es, as reclamacións presentadas para proceder á súa revisión.

c) As cualificacións definitivas publicaranse o día 16 de xuño, no taboleiro de anuncios de cada centro e a través do portal educativo da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria: http://www.edu.xunta.es

d) Contra as cualificacións definitivas, a persoa interesada poderá interpoñer recurso de alzada no prazo dun mes desde o día seguinte ao da súa publicación, perante a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, segundo o disposto nos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999.

Quinto. Emisión de certificación.

Unha vez publicada a listaxe definitiva de aspirantes que superaron a proba, a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa remitirá, o día 17 de xuño, os correspondentes certificados de ter superada a proba aos centros onde os aspirantes realizaron a inscrición.

Santiago de Compostela, 3 de maio de 2011.

José Luis Mira Lema
Director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa

ANEXO I

Tribunal da proba de acceso de ensinanzas artísticas superiores para alumnado maior de dezanove anos.

Tribunal titular

Tribunal suplente

Presidente

Ricardo Luís Pita Fernández

Presidente

Fernando Fernández Fraga

Secretaria

Noemí Álvarez Villar

Secretario

Miguel Aragón Fitera

Vogal 1.º

Pilar Peñas Boleas

Vogal 1.º

María Paz Gago

Vogal 2.º

M.ª Luz Ares Fandiño

Vogal 2.º

Juan Emilio Riveiro Rodríguez

Vogal 3.º

Nuria Isabel Fernández

Vogal 3.º

Mª Blanca Fraga Lago

Vogal 4.º

Carmen Meiriño González

Vogal 4.º

Ana Isabel Campo Cabana

Vogal 5.º

Pedro Pérez Vérez

Vogal 5.º

Luís Otero Couso