Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Venres, 13 de maio de 2011 Páx. 9518

III. Outras disposicións

Escola Galega de Administración Pública

RESOLUCIÓN do 10 de maio de 2011 pola que se convocan varios cursos de formación continua para o persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia.

Aprobado o programa de actividades formativas da Escola Galega de Administración Pública (EGAP) para o ano 2011 polo Consello Reitor, de conformidade co artigo 6.2 da Lei 4/1987, do 27 de maio, modificada pola Lei 10/1989, do 10 xullo, convócanse os cursos de formación continua correspondentes ao segundo semestre do ano 2011 cuxas bases, características e contido son detallados nos anexos desta resolución.

Santiago de Compostela, 10 de maio de 2011.

Pablo Figueroa Dorrego
Director da Escola Galega de Administración Pública

ANEXO I

Bases

Primeira. Requisitos dos participantes.

Poderán participar nas accións formativas convocadas por esta resolución os empregados públicos e as empregadas públicas destinados na Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia que se atopan en situación de servizo activo ou excedencia polo coidado dun fillo ou dun familiar e que reúnan os requisitos establecidos para cada un dos casos no anexo II. Está exceptuado o persoal docente da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e o persoal sanitario, sempre que non desempeñe postos na Administración xeral, que disporá das súas propias e exclusivas convocatorias.

O persoal dependente do Parlamento de Galicia, do Valedor do Pobo, do Consello de Contas, do Consello Consultivo e doutras entidades e organismos públicos poderá acceder ás accións formativas a través dos oportunos convenios que se subscriban para este efecto, de conformidade coa Resolución da Escola Galega de Administración Pública do 4 de xaneiro de 2008 (Diario Oficial de Galicia n.º 7, do 10 de xaneiro de 2008).

Toda persoa solicitante que ao inicio do curso se atope en situación de baixa laboral por incapacidade temporal quedará automaticamente excluída da listaxe do persoal seleccionado.

Segunda. Acceso ás actividades, datas e lugares de realización.

Poderá participar o persoal que cumpra os requisitos específicos e as preferencias exixidas para cada curso no anexo II. A participación nos cursos que teñan lugar en horario de traballo quedará condicionada á autorización das persoas responsables dos centros directivos.

Os cursos realizaranse coa duración e condicións que para cada un deles se indican no anexo II. A información será actualizada e ampliada na páxina web da EGAP http://egap.xunta.es.

No ámbito do plan estratéxico do Goberno galego Axenda Dixital de Galicia 2014.gal, a EGAP, en colaboración coa Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, propón o deseño dun itinerario formativo no ámbito das tecnoloxías da información e comunicación que coadxuvará á modernización da Administración e achegará un valor engadido aos servizos que se prestan á cidadanía.

Nas accións formativas cómpre salientar a incorporación de contidos prácticos que respondan ás necesidades reais dos alumnos. Cada acción formativa terá, como mínimo, o 25% de horas de formación de carácter práctico.

Terceira. Solicitudes.

a) O persoal que desexe participar nos cursos convocados nesta resolución deberá cubrir o formulario de matrícula telemática na páxina web da EGAP http://egap.xunta.es. Non serán admisibles outros modelos de solicitude. Faise recomendable facilitar a conta de correo electrónico e o teléfono móbil para enviar mensaxes aos candidatos.

b) A falsidade ou a ocultación de datos esenciais para a selección das persoas aspirantes dará lugar á exclusión automática do curso solicitado, así como á imposibilidade de participar en ningún outro curso durante o prazo dun ano computado desde o momento en que se detecte o feito.

c) Serán excluídas automaticamente aquelas solicitudes que non teñan cubertos correctamente os datos necesarios para realizar o proceso selectivo do alumnado, non se axusten ao formulario de solicitude oficialmente establecido no punto anterior ou sexan presentadas fóra de prazo.

d) As persoas solicitantes de cursos de teleformación deberán dispor dun equipamento informático que cumpra os seguintes requisitos técnicos:

–Ordenador con conexión á internet.

–Calquera navegador web co plugin de flash.

–Conta de correo electrónico especificada na solicitude.

e) As solicitudes cubertas adecuadamente entenderanse presentadas na EGAP no enderezo da internet http://egap.xunta.es/matricula unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.

f) No caso de que os interesados necesiten presentar documentación complementaria que acredite circunstancias específicas para os efectos da selección, poderán remitir á EGAP unha copia do formulario de matrícula, e a devandita documentación por fax ao número 981 54 63 39, ou por correo electrónico ao enderezo xestion.egap@xunta.es, sen prexuízo do dereito á presentación de acordo co disposto no artigo 38.4 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. A devandita documentación deberá presentarse dentro do prazo a que fai referencia a letra h) desta base.

g) Deberá utilizarse exclusivamente unha das modalidades de remisión. No caso de figurar varias solicitudes dunha mesma persoa só serán considerados os datos achegados a través dá internet.

h) O prazo de presentación de solicitudes rematará o 23 de maio de 2011.

i) O número máximo de cursos en que se pode solicitar participar nesta convocatoria limítase a cinco, coa excepción das actividades formativas que pertenzan a área de procesos de traballo, que se limita a tres. Se os alumnos solicitan máis de tres cursos da citada área serán considerados como renuncia para todos os efectos.

j) Non está permitida a realización de cursos que teñan simultaneidade de horarios nunha ou varias sesións presenciais das actividades. Cando un alumno teña coñecemento de que foi seleccionado para un curso que teña coincidencia horaria con outro para o que xa foi seleccionado, debe renunciar a un deles. No caso de que se comprobe con posterioridade a realización simultánea de varias actividades, non se expedirá certificación de ningunha delas, e o alumno non poderá participar noutros cursos durante o prazo dun ano desde que se detecte este feito.

k) Os formularios poderán ser obtidos e cubertos ata as 14.00 horas da data de finalización do prazo de presentación de solicitudes.

l) En caso de dúbida, dificultades técnicas ou necesidade de máis información, poderán dirixirse á EGAP a través dos números de teléfonos 981 546246 / 981 546257, fax 981 546339, ou enderezo de correo electrónico xestion.egap@xunta.es, que adoptará as medidas necesarias para facilitar a presentación de solicitudes.

Cuarta. Criterios de selección.

a) Os criterios selectivos que serán empregados son os sinalados con carácter xeral na Resolución da Escola Galega de Administración Pública do 4 de xaneiro de 2008 (Diario Oficial de Galicia n.º 7, do 10 de xaneiro de 2008) e, de ser o caso, os criterios específicos que se establezan para cada acción formativa sinalados no anexo II.

Para os efectos do previsto no punto segundo da citada resolución, o baremo que se empregará para a selección establécese sobre unha base de 100 puntos, dos cales o 60% estará vencellado ao número de horas de formación recibidas nos dous últimos anos, e o 40% restante á antigüidade na Administración, de acordo coa fórmula que se vai empregar e que se publicará na páxina web da EGAP.

De haber empate, desfarase de acordo co resultado do sorteo a que se refire o artigo 9 do Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, aprobado polo Decreto 95/1991, do 20 de marzo.

b) Nos cursos que teñan varias edicións, terá preferencia na selección efectuada para cada unha das localidades programadas o persoal que teña o seu posto de traballo nelas.

c) A EGAP poderá solicitar en calquera momento, nos centros directivos dos cales dependan os solicitantes, un informe acreditativo da adecuación do perfil do solicitante ao contido do curso nas accións formativas específicas.

d) Así mesmo, poderá ser solicitado o asesoramento dos profesores na materia dos cursos cando sexa conveniente para unha mellor selección e para a homoxeneización do grupo de alumnos, para o que poderán ser establecidas probas previas de nivel.

e) No caso de que non haxa un suficiente número de solicitantes que cumpran os requisitos nalgún curso, poderá completarse o número de alumnos asignados a eles mediante a apertura dun novo prazo público na páxina web da EGAP, con suficiente antelación para que teña lugar unha adecuada selección das novas persoas candidatas.

Quinta. Publicación das relacións do persoal seleccionado.

a) A EGAP publicará no taboleiro de anuncios da páxina web da EGAP http://egap.xunta.es unha relación das persoas seleccionadas para participar en cada curso, así como un número adecuado de reservas. Ademais, para unha maior difusión, será informado da súa selección a través do correo electrónico e mensaxaría telefónica quen facilite os seus datos na solicitude. As persoas que non figuren na relación non foron seleccionadas, polo que ocupan un posto máis afastado na lista de reservas, ou ben foron excluídas por algunha das razóns expresadas nas bases da convocatoria, todo isto de acordo co disposto no artigo 59.6.b da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

b) A EGAP solicitará, se é o caso, ao centro directivo en que está adscrito a persoa seleccionada ou á xefatura de persoal da entidade correspondente a documentación acreditativa da veracidade dos datos contidos na solicitude, así como a certificación de que a materia do curso ten relación co posto de traballo.

c) O persoal seleccionado só poderá renunciar ao curso por causa de forza maior suficientemente xustificada, necesidades do servizo ou outras causas xustificadas, sempre que así o acredite documentalmente a persoa responsable do departamento administrativo en que desenvolva o seu labor ou a través dun documento que acredite o feito alegado. A renuncia debe ser comunicada por escrito, mediante o modelo de renuncia que se publicará na páxina web da EGAP, e cunha antelación de tres días hábiles anteriores ao inicio do curso co fin de cubrir a vacante. A renuncia non xustificada, ou non acreditada documentalmente a causa que a produce, suporá a exclusión do seleccionado nas convocatorias do ano seguinte, de acordo co disposto na Resolución do 4 de xaneiro de 2008 pola cal se fan públicos os criterios de participación nas actividades docentes da Escola Galega de Administración Pública.

d) A persoa seleccionada deberá comunicarlle á persoa responsable do seu centro directivo a selección na actividade en caso de coincidir co horario de traballo, pois neste suposto deberá contar coa súa autorización, que terá que presentarlle ao comezo do curso ao responsable da actividade formativa ou á EGAP. Por necesidades do servizo ou causas debidamente motivadas poderá negarse a asistencia ao curso, circunstancia que debe ser comunicada á EGAP.

e) Non serán admitidos, en ningún caso, cambios ou substitucións entre as persoas seleccionadas.

Sexta. Asistencia aos cursos.

a) Durante a realización das actividades formativas levarase un control permanente de asistencia a través dos sistemas que se establezan para o efecto e, así mesmo, constarán como incidencia as ausencias dentro de cada sesión. Isto implica que o persoal que participe nos cursos terá que anotar a hora de chegada ou saída, no caso de facelo durante a duración oficial do curso, para poder acreditar o tempo que faltou. De non facelo así e realizarse un control de asistencia extraordinario, perderá o dereito a recibir o certificado.

b) É obrigatoria a asistencia con puntualidade a todas as sesións dos cursos. Unicamente se poderá autorizar a ausencia por causas xustificadas, que se acreditarán documentalmente ante o servizo competente da EGAP ou ante a persoa responsable do curso nun prazo máximo de 10 días despois de que este finalice, e que, en ningún caso, poderá superar o 10% das horas lectivas. A ausencia, incluso xustificada, superior ao 10% do total das horas lectivas suporá a perda do dereito á expedición do diploma.

c) A falta de asistencia dun número de horas superior ao 10% das horas lectivas sen xustificación ou a falta de acreditación documental da causa alegada determinará non só a perda do dereito ao certificado acreditativo da participación no curso senón que os participantes poderán ser excluídos das convocatorias das actividades formativas da EGAP durante o prazo dun ano contado desde a finalización do curso.

Sétima. Realización de probas.

a) Para poder superar os cursos o alumado deberá superar unha proba de avaliación que se realizará ao final deste, tanto na modalidade de teleformación como nos cursos que se impartan de xeito presencial. As probas poderanse desenvolver de xeito descentralizado nas sedes que se determinen ao comezo de cada acción formativa.

b) Para poder superar os cursos de teleformación é necesario cumprir unha serie de requisitos obrigatorios na súa totalidade:

–Asistencia á sesión presencial de apertura, se a houber.

–Adecuada realización das actividades que o titor ou a titora propoña. Estas deben constar como aprobadas nos prazos que estipulen as titorías.

–Lectura detallada dos contidos do curso. Cada curso ten uns contidos teóricos que deben ser revisados na plataforma. En cada curso estimarase un tempo mínimo que será comunicado polas titorías ao seu inicio.

Oitava. Certificados.

a) A EGAP poderá expedir dúas clases de certificados, de asistencia e de aproveitamento. A convocatoria de cada acción formativa determinará que tipo de certificado corresponderá aos alumnos que participen nos cursos.

b) Outorgaráselle o correspondente certificado de asistencia ao alumnado que participe con regularidade e dedicación no desenvolvemento dos cursos. Para os efectos de avaliar os coñecementos adquiridos polo alumnado, a EGAP poderá fixar a realización das probas que considere oportunas.

c) Outorgaráselle o correspondente certificado de aproveitamento ao alumnado que supere cada unha das probas da actividade formativa, tanto na modalidade presencial como na de teleformación.

Os/as profesores/as emitirán informe indicando a validación dos/as alumnos/as para os efectos de obtención do certificado de aproveitamento, declarando apto ou non apto a cada alumno/a en función do resultado das probas.

En caso de non superar as probas tampouco se facilitará certificado de asistencia.

Novena. Facultades da EGAP.

a) A EGAP resolverá aquelas incidencias que se poidan producir no desenvolvemento e na xestión dos cursos, e pode suprimir algún, ampliar novas edicións da programación ou programar outros cursos diferentes cando así veña exixido por circunstancias que afecten a súa organización ou docencia. Así mesmo, corresponde á EGAP prover canto sexa necesario para a execución e cumprimento desta resolución.

b) A execución material das accións queda condicionada á existencia de crédito orzamentario adecuado e dispoñible e á autorización correspondente do gasto.

c) No suposto de que o número de admitidos sexa inferior ao 50% das prazas convocadas, a EGAP reserva para si o dereito a suspender, cancelar ou agrupar varias edicións das actividades, caso en que empregará os medios de notificación ás persoas interesadas previstos na normativa vixente.

d) A EGAP poderá modificar o desenvolvemento e os contidos dos cursos, as datas e os lugares, así como resolver todas as continxencias que poidan xurdir.

ANEXO II

Código

Denominación

Tipo

Prazas

Horas

Destinatarios

Localidade

Datas

Horario

Coñecementos transversais

FC11171

Manexo preventivo de motoserra e rozadora motoserra

Xeral

12

6

Persoal da Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia.

Distrito forestal I

17 de outubro

8.30 h-14.30 h

FC11171

Manexo preventivo de motoserra e rozadora motoserra

Xeral

12

6

Persoal da Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia.

Distrito forestal II

19 de outubro

8.30 h-14.30 h

FC11171

Manexo preventivo de motoserra e rozadora motoserra

Xeral

12

6

Persoal da Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia.

Distrito forestal III

21 de outubro

8.30 h-14.30 h

FC11171

Manexo preventivo de motoserra e rozadora motoserra

Xeral

12

6

Persoal da Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia.

Distrito forestal IV

24 de outubro

8.30 h-14.30 h

FC11171

Manexo preventivo de motoserra e rozadora motoserra

Xeral

12

6

Persoal da Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia.

Distrito forestal V

26 de outubro

8.30 h-14.30 h

FC11171

Manexo preventivo de motoserra e rozadora motoserra

Xeral

12

6

Persoal da Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia.

Distrito forestal VI

28 de outubro

8.30 h-14.30 h

FC11171

Manexo preventivo de motoserra e rozadora motoserra

Xeral

12

6

Persoal da Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia.

Distrito forestal VII

2 de novembro

8.30 h-14.30 h

FC11171

Manexo preventivo de motoserra e rozadora motoserra

Xeral

12

6

Persoal da Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia.

Distrito forestal VIII

4 de novembro

8.30 h-14.30 h

FC11171

Manexo preventivo de motoserra e rozadora motoserra

Xeral

12

6

Persoal da Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia.

Distrito forestal IX

7 de novembro

8.30 h –14. 30 h

FC11171

Manexo preventivo de motoserra e rozadora motoserra

Xeral

12

6

Persoal da Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia.

Distrito forestal X

9 de novembro

8.30 h-14.30 h

FC11171

Manexo preventivo de motoserra e rozadora motoserra

Xeral

12

6

Persoal da Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia.

Distrito forestal XI

11 de novembro

8.30 h-14.30 h

FC11171

Manexo preventivo de motoserra e rozadora motoserra

Xeral

12

6

Persoal da Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia.

Distrito forestal XII

14 de novembro

8.30 h-14.30 h

FC11171

Manexo preventivo de motoserra e rozadora motoserra

Xeral

12

6

Persoal da Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia.

Distrito forestal XIII

16 de novembro

8.30 h-14.30 h

FC11171

Manexo preventivo de motoserra e rozadora motoserra

Xeral

12

6

Persoal da Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia.

Distrito forestal XIV

18 de novembro

8.30 h-14.30 h

FC11171

Manexo preventivo de motoserra e rozadora motoserra

Xeral

12

6

Persoal da Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia.

Distrito forestal XV

21 de novembro

8.30 h-14.30 h

FC11171

Manexo preventivo de motoserra e rozadora motoserra

Xeral

12

6

Persoal da Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia.

Distrito forestal XVI

23 de novembro

8.30 h-14.30 h

FC11171

Manexo preventivo de motoserra e rozadora motoserra

Xeral

12

6

Persoal da Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia.

Distrito forestal XVII

25 de novembro

8.30 h-14.30 h

FC11171

Manexo preventivo de motoserra e rozadora motoserra

Xeral

12

6

Persoal da Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia.

Distrito forestal XVIII

28 de novembro

8.30 h-14.30 h

FC11171

Manexo preventivo de motoserra e rozadora motoserra

Xeral

12

6

Persoal da Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia.

Distrito forestal XIX

30 de novembro

8.30 h-14.30 h

Dirección e xerencia pública

FC11169

A informática aplicada a área de cooperativas

Xeral

25

26

Funcionarios dos grupos A1, A2, C1 e C2 e persoal laboral dos grupo I, II, III, IV da Administración pública de Comunidade Autónoma de Galicia.

Santiago de Compostela

3, 10 e 17 de outubro

9.00 h a 14.30 h-16.30 h a 19.30 h

Específicas do sector competencial

FC11153

A Inspección ambiental

Superior

25

50

Persoal técnico dos grupos A1 e A2 da Administración pública da comunidade autónoma de Galicia con funcións relacionadas co control, verificación e inspección ambiental da Xunta de Galicia.

Santiago de Compostela

Do 5 de outubro ao 30 de novembro

16.00 h - 20.00 h (M, X)

FC11154

Curso de capacitación para o desempeño da función de inspección de servizos sociais

Específico

20

120

Persoal funcionario dos grupos A1, A2 e C1 e persoal laboral grupo I e II, preferentemente cunha titulación universitaria nas ramas educativa, xurídica ou social.

Santiago de Compostela

setembro-decembro

mañá -tarde

FC11162

O coidado do alumnado con necesidades derivadas de deficiencias sensoriais

Específico

20

20

Persoal que ocupe postos de educadores/as ou auxiliares coidadores/as da Consellería de Educación e O.U.

Ourense

Do 12 ao 16 de setembro de 2011

16.30 h - 20.30 h

FC11162

O coidado do alumnado con necesidades derivadas de deficiencias sensoriais

Específico

20

20

Persoal que ocupe postos de educadores/as ou auxiliares coidadores/as da Consellería de Educación e O.U.

Pontevedra

Do 5 ao 9 de setembro de 2011

9.30 h-13.30 h

FC11170

Violencia contra as mulleres con discapacidade.

Xeral

25

20

Persoal da Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia.

Santiago de Compostela

Do 26 de setembro ao 6 de outubro

16.30 h-19.00 h

Normativa e organización autonómica

FC11141

Contratos do sector público

Xeral

50

30

Persoal dos grupos C1 e C2, III e IV da Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia.

Teleformación

Do 11 de novembro ao 20 de decembro

Teleformación

FC11141

Contratos do sector público

Xeral

50

30

Persoal dos grupos C1 e C2, III e IV da Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia.

Teleformación

Do 4 de outubro ao 11 de novembro

Teleformación

Proceso de traballo

FC11145

Aplicacións informáticas de bases de datos relacionais (Microsoft Office 2010)

Xeral

50

50

Persoal da Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia, con coñecemento e acceso á internet.

Teleformación

Do 26 de outubro ao 16 de decembro

Do 5 de setembro ao 25 de outubro

Do 8 de xuño ao 28 de xullo

FC11146

Aplicacións informáticas de bases de datos relacionais (OpenOffice)

FC11147

Aplicacións informáticas de follas de cálculo (Microsoft Office 2010)

Xeral

50

50

Persoal da Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia con coñecemento e acceso á internet.

Do 8 de xuño ao 27 de xullo

FC11148

Aplicacións informáticas de follas de cálculo (OpenOffice)

FC11149

Aplicacións informáticas de tratamento de textos (Microsoft Office 2010)

Xeral

50

30

Persoal da Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia con coñecemento e acceso á internet.

Teleformación

Do 6 de xuño ao 4 de xullo

Do 1 ao 29 de xullo

Do 5 de setembro ao 5 de outubro

Do 7 de outubro ao 11 de novembro

FC11150

Aplicacións informáticas de tratamento de textos (OpenOffice)

Do 7 de outubro ao 8 de novembro

FC11151

Aplicacións informáticas para presentacións: gráficas de información (Microsoft Office 2010)

teleformación

FC11152

Aplicacións informáticas para presentacións: gráficas de información (OpenOffice)

FC11159

Sistema operativo, busca da información: internet/intranet e correo electrónico (contorno Linux)

FC11160

Sistema operativo, busca da información: internet/intranet e correo electrónico (contorno Windows 7)

Recursos humanos

FC11134

Básico de protocolo

Xeral

50

20

Secretarios/as de altos cargos e, en xeral, persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.

Teleformación

setembro

outubro

Teleformación