O Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día 28 de abril de 2011, adoptou, por proposta do conselleiro de Cultura e Turismo, o seguinte acordo:
«Declarar festa de Galicia de interese turístico na provincia de Lugo a Feira dos Santos, que se celebra o día 1 de novembro de cada ano no concello de Monterroso, de conformidade co establecido no Decreto 39/2001, do 1 de febreiro, de refundición en materia de Consello Galego de Turismo, declaración de municipio turístico galego e declaración de festas de Galicia de interese turístico».
En cumprimento do disposto no artigo 28 do devandito decreto, ordénase a publicación do acordo no Diario Oficial de Galicia e a notificación ás persoas e entidades organizadoras da festa e ao concello correspondente.
Santiago de Compostela, 3 de maio de 2011.
Antonio Fernández-Campa García-Bernardo
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura e Turismo