O Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día 28 de abril de 2011, adoptou, por proposta do conselleiro de Cultura e Turismo, o seguinte acordo:
«Declarar festa de Galicia de interese turístico na provincia de Lugo o Arde Lucus, que se celebra no mes xuño, na fin de semana máis próxima ao solsticio de verán de cada ano, no concello de Lugo, de conformidade co establecido no Decreto 39/2001, do 1 de febreiro, de refundición en materia de Consello Galego de Turismo, declaración de municipio turístico galego e declaración de festas de Galicia de interese turístico».
En cumprimento do disposto no artigo 28 do devandito decreto, ordénase a publicación do acordo no Diario Oficial de Galicia e a notificación ás persoas e entidades organizadoras da festa e ao concello correspondente.
Santiago de Compostela, 3 de maio de 2011.
Antonio Fernández- Campa García- Bernardo
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura e Turismo