Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Xoves, 19 de maio de 2011 Páx. 10153

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura e Turismo

RESOLUCIÓN do 3 de maio de 2011 pola que se ordena a publicación do acordo do Consello da Xunta de Galicia do 28 de abril de 2011 polo que se declara festa de Galicia de interese turístico na provincia da Coruña as Alfombras florais de Corpus Christi, que se celebra no concello de Ares.

O Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día 28 de abril de 2011, adoptou, por proposta do conselleiro de Cultura e Turismo, o seguinte acordo:

«Declarar festa de Galicia de interese turístico na provincia da Coruña as Alfombras florais de Corpus Christi, que se celebra no domingo seguinte ao oitavo domingo despois de Resurrección de cada ano no concello de Ares, de conformidade co establecido no Decreto 39/2001, do 1 de febreiro, de refundición en materia de Consello Galego de Turismo, declaración de municipio turístico galego e declaración de festas de Galicia de interese turístico».

En cumprimento do disposto no artigo 28 do devandito decreto, ordénase a publicación do acordo no Diario Oficial de Galicia e a notificación ás persoas e entidades organizadoras da festa e ao concello correspondente.

Santiago de Compostela, 3 de maio de 2011.

Antonio Fernández-Campa García-Bernardo
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura e Turismo