Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Martes, 24 de maio de 2011 Páx. 11234

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

CORRECCIÓN de erros. Resolución do 28 de abril de 2011, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se convocan a concurso de traslados prazas vacantes e de nova creación entre funcionarios dos corpos e escalas de Xestión Procesual e Administrativa, Tramitación Procesual e Administrativa e Auxilio Xudicial da Administración de xustiza.

Advertido erro na Resolución do 28 de abril (BOE/DOG do 20 de maio de 2011) pola que se convoca a concurso de traslado prazas vacantes e de nova creación entre funcionarios dos corpos e escalas de Xestión Procesual e Administrativa, Tramitación Procesual e Administrativa e Auxilio Xudicial, segundo o establecido no artigo 105 da Lei 4/1999, de modificación da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, transcríbense a seguir as oportunas rectificacións:

1. Na páxina 10586, onde di: «ANEXO II», debe dicir: «ANEXO I».

2. Na páxina 10587, onde di: «ANEXO III», debe dicir: «ANEXO I».

3. Na páxina 10589, onde di: «ANEXO IV», debe dicir: «ANEXO II».

4. Na páxina 10592, onde di: «ANEXO V», debe dicir: «ANEXO IV».

Contra a presente resolución poderase interpor recurso potestativo de reposición ante o Ministerio de Xustiza, no prazo dun mes, ou contencioso-administrativo ante os xulgados centrais do contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado, segundo o disposto no artigo 9 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.