Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Venres, 27 de maio de 2011 Páx. 11888

I. Disposicións xerais

Consellería de Economía e Industria

CORRECCIÓN de erros. Decreto 78/2011, do 14 de abril, polo que se establece a ordenación das funcións do control metrolóxico do Estado que corresponden á Comunidade Autónoma de Galicia, e se aproba o regulamento de vixilancia e inspección de instrumentos sometidos a control metrolóxico.

Advertidos erros no citado decreto, publicado no Diario Oficial de Galicia n.º 91, do 11 de maio de 2011, cómpre facer as seguintes correccións:

Na páxina 8803, no artigo 2, números 3 e 4, onde di:

«3. O control metrolóxico do Estado na fase de instrumentos en servizo poderá ser xestionado ben directamente pola consellería xa por si mesma xa mediante medios propios, ben indirectamente con medios alleos.

4. No caso de xestión indirecta, a consellería con competencias en materia de industria realizará a oportuna convocatoria pública, na cal se indicarán as autorizacións que se concedan e os prazos correspondentes cumprindo os requisitos da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de contratos do sector público».

Debe dicir:

«3. O control metrolóxico do Estado na fase de instrumentos en servizo será exercido:

a) Directamente polos órganos da dirección xeral con competencias en materia de industria, ou mediante as entidades instrumentais que teñan o carácter de medios propios instrumentais e servizos técnicos.

b) Indirectamente mediante contrato, de conformidade coa lexislación de contratos das administracións públicas.

c) Mediante autorización dos organismos autorizados de verificación metrolóxica que considere necesarios.

4. No suposto previsto na letra c) do número anterior a consellería con competencias en materia de industria efectuará a oportuna convocatoria pública con indicación das autorizacións a conceder e das bases reguladoras do seu outorgamento».

Na páxina 8806, na disposición derradeira segunda, onde di: «... no anexo II», debe dicir: «...nos anexos».