Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Martes, 14 de xuño de 2011 Páx. 14861

III. Outras disposicións

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 31 de maio de 2011, da Dirección Xeral de Formación e Colocación, pola que se procede á publicación das subvencións concedidas en virtude da Orde do 14 de setembro de 2010, pola que se aproba a convocatoria para a concesión de subvencións públicas destinadas á realización de accións de apoio e de acompañamento á formación, de ámbito autonómico, correspondentes ao exercicio do ano 2010, en aplicación da Orde TIN/2805/2008, do 26 de novembro, pola que se desenvolve o Real decreto 395/2007, do 23 de marzo, polo que se regula o subsistema de formación profesional para o emprego en materia de accións de apoio e acompañamento á formación, e se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións públicas destinadas ao seu financiamento.

De conformidade co disposto no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, os órganos administrativos concedentes publicarán no Diario Oficial de Galicia as subvencións concedidas con expresión da convocatoria, o programa e crédito orzamentario a que se imputen, o beneficiario, a cantidade concedida e a finalidade ou as finalidades da subvención.

Finalidade da axuda: as subvencións concedidas ao abeiro desta convocatoria teñen como finalidade financiar o desenvolvemento de accións de investigación, prospección do mercado de traballo, determinación das necesidades de formación, análises da repercusión da formación profesional para o emprego na competitividade das empresas e dos traballadores e traballadoras, a realización de estudos de carácter sectorial e multisectorial, e produtos e ferramentas innovadores relacionados coa formación para o emprego, dirixidas ao ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia.

Norma reguladora: Orde do 14 de setembro de 2010 pola que se aproba a convocatoria de subvencións públicas destinadas á realización de accións de apoio e de acompañamento á formación, de ámbito autonómico, correspondentes ao exercicio do ano 2010, en aplicación da Orde TIN/2805/2008, do 26 de novembro, pola que se desenvolve o Real decreto 395/2007, do 23 de marzo, polo que se regula o subsistema de formación profesional para o emprego, en materia de accións de apoio e acompañamento á formación, e se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións públicas destinadas ao seu financiamento (Diario Oficial de Galicia n.º 182, do 21 de setembro de 2010).

Aplicacións e créditos orzamentarios: 12.05.323B.481.0 (1.650.760,44 €)

12.05.323B.471.0 (1.585.683,13 €)

Santiago de Compostela, 31 de maio de 2011.

Ana María Díaz López
Directora xeral de Formación e Colocación

Anexo
Entidades sen ánimo de lucro

Entidade

Total

2010-2011

Confederación Empresarial de Ourense

105.000

Fundación Formación e Emprego de Galicia Forem

38.900

Unións Agrarias (UPA)

50.000

Unión Xeral de Traballadores de Galicia (UGT-Galicia)

75.000

Federación de Autónomos de Galicia (Feaga)

120.000

Confederación de Empresarios de Lugo

125.000

Fundación Formación e Emprego de Galicia Forem

95.000

Asociación de Investigación Metalúrgica del Noroeste (Aimen)

73.000

Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (Cogami)

115.000

Asociación de Empresarios de A Coruña

110.000

Formega

112.000

Fundación Puerto de Vigo

50.000

Asociación de Excavadores de Galicia

50.000

Fundación para el Desarrollo de Empleabilidad y Formación Fundefo

113.000

Unión Sindical Obrera–USO Galicia

105.000

Confederación Empresarios de Pontevedra

99.900

Unión de Cooperativas Asociación Galega de Cooperativas Agrarias Agaca

58.000

Fundación Gómez Franqueira

64.000

Forga

91.000

Entidades con ánimo de lucro

Entidade

Total

2010-2011

Altia Consultores

135.000

Academia Juan Flórez

120.000

SCA Informática, S.L.

105.000

Gabinete de Innovación, S.L.

110.000

Eosa Estrategia y Organización, S.A.

125.000

Servicios Corporativos Metalúrxicos, S.L.

140.000

Simce Consultores, S.L.

95.000

Infojc, S.L.

119.000

G12 Grupo Empresarial de Servicios, S.L.

89.480

Foro Galego de Formación e Edicións, S.L.U.

83.000

Alba Techologi Galicia, S.L.

69.500

Silenus Consultoría

142.000

Astron Consultores de Gestión, S.L.

99.000

Consultora de Estudios Económicos y Sociales, S.L. (CEES, S.L. )

112.000

Cadmo Conocimientos, S.L.

40.000