Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Martes, 28 de xuño de 2011 Páx. 17287

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 26 de maio de 2011, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, polo que se fai pública a decisión do 25 de maio de 2011.

En cumprimento do disposto no artigo 4 da Lei 9/2006, do 28 de abril, de avaliación dos efectos de determinados plans e programas no ambiente, faise pública a decisión de non someter o Plan parcial do sector SUD-7 da Pezoca, parroquias de Liáns e San Pedro de Nós, concello de Oleiros, ao procedemento establecido no seu artigo 7.

Esta decisión pódese consultar na Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas no seguinte enderezo da internet:

http://aae.medioambiente.xunta.es/

Santiago de Compostela, 26 de maio de 2011.

Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental