Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Venres, 1 de xullo de 2011 Páx. 17818

III. Outras disposicións

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 17 de xuño de 2011, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Economía e Industria, pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos por esta consellería no primeiro cuadrimestre.

O artigo 11 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega (DOG n.º 136, do 14 de xullo) impón a cada consellería da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia e para dar cumprimento a esa obriga,

RESOLVO:

Dar publicidade dá relación dos convenios subscritos pola Consellería de Economía e Industria nos meses de xaneiro, febreiro, marzo e abril do ano 2011, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 17 de xuño de 2011.

José Riesgo Boluda
Secretario xeral técnico da Consellería de Economía e Industria

ANEXO
Convenios de colaboración subscritos pola Consellería de Economía e Industria nos meses de xaneiro, febreiro, marzo e abril do ano 2011

Convenio

Data de sinatura

Importe

Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía e Industria e o Concello de Ortigueira para a execución do proxecto de mellora de trazado e ampliación da plataforma da DP 4402 Baleao-Corvelle a Casanova no concello de Ortigueira.

29.4.2011

500.000,00 €

Protocolo de actuación entre a Consellería de Economía e Industria, o Concello de Verín e Unión Fenosa Distribución, S.A., para a remodelación de infraestruturas eléctricas de alimentación do concello de Verín.

21.3.2011

0 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía e Industria e a entidade La Voz de Galicia, S.A., editora do xornal La Voz de Galicia, para a difusión neste medio de contidos de interese para a sociedade galega sobre actuacións en materia de I+D+i, Industria e Comercio.

15.4.2011

150.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía e Industria e a entidade Faro de Vigo, S.A., editora do xornal Faro de Vigo, para a difusión neste medio de contidos de interese para a sociedade galega sobre actuacións en materia de I+D+i, Industria e Comercio.

15.4.2011

150.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía e Industria e a entidade El Progreso de Lugo, S.L., editora do xornal El Progreso, para a difusión neste medio de contidos de interese para a sociedade galega sobre actuacións en materia de I+D+i, Industria e Comercio.

15.4.2011

150.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía e Industria e a entidade La Región, S.A., editora do xornal La Región para a difusión nos seus medios de contidos de interese para a sociedade galega sobre actuacións en materia de I+D+i, Industria e Comercio.

15.4.2011

150.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía e Industria e a entidade Editorial Compostela, S.A., editora do xornal Galicia Hoxe e El Correo Gallego, para a difusión nestes medios de contidos de interese para a sociedade galega sobre actuacións en materia de I+D+i, Industria e Comercio.

15.4.2011

150.000,00 €

Addenda ao convenio asinado o 29 de novembro de 2007 entre a Consellería de Innovación e Industria da Xunta de Galicia, o Instituto Español de Comercio Exterior, as cámaras oficiais de Comercio, Industria e Navegación de Galicia e o Consello Superior de Cámaras Oficiais de Comercio, Industria e Navegación de España para o desenvolvemento do Programa Plan de Iniciación á Promoción Exterior (PIPE), correspondente á anualidade 2011 (para as empresas con data de entrada no programa anterior ao 1 de xaneiro de 2011).

29.3.2011

114.758,00 €

Addenda ao convenio asinado o 29 de novembro de 2007 entre a Consellería de Innovación e Industria da Xunta de Galicia, o Instituto Español de Comercio Exterior, as cámaras oficiais de Comercio, Industria e Navegación de Galicia e o Consello Superior de Cámaras Oficiais de Comercio, Industria e Navegación de España para o desenvolvemento do Programa de seguimento PIPE, correspondente á anualidade do 2011 (para as empresas con data de entrada no programa anterior ao 1 de xaneiro de 2011).

29.3.2011

44.850,00 €