Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Venres, 5 de agosto de 2011 Páx. 22543

III. Outras disposicións

Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 15 de xullo de 2011 pola que se modifica a autorización do centro privado Miraflores, do concello do Pereiro de Aguiar (Ourense).

A representante legal do CPR Miraflores, do concello do Pereiro de Aguiar (Ourense), solicita o cambio da titularidade do centro educativo.

Mediante escritura pública notarial n.º 649, do 18 de abril de 2011, outorgada ante o notario José Antonio Bollo de Miguel, a Fundación Madre Trinidad doa a súa titularidade a favor da Congregación Religiosa Esclavas de la Santísima Eucaristía y de la Madre de Dios.

A Xefatura Territorial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria de Ourense tramita o expediente de acordo co Decreto 133/1995, do 10 de maio, de autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias, e coa Orde do 20 de setembro de 1995 que o desenvolve.

Por isto, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

DISPOÑO:

Primeiro. Autorizar o cambio de titularidade do centro privado Miraflores, código 32020720, a favor da Congregación Religiosa Esclavas de la Santísima Eucaristía y de la Madre de Dios.

O cambio de titularidade non afectará o réxime de funcionamento do centro.

Segundo. O centro queda obrigado ao cumprimento da normativa vixente e a solicitar a oportuna revisión cando teña que modificarse calquera dos datos que se sinalan nesta orde.

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben, directamente, o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses desde a mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 15 de xullo de 2011.

Jesús Vázquez Abad
Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria