Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 160 Martes, 23 de agosto de 2011 Páx. 25407

III. Outras disposicións

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ANUNCIO do 10 de agosto de 2011, da Subdirección Xeral de Desenvolvemento da Sociedade da Información, polo que se publica a relación das subvencións concedidas ao abeiro da Resolución do 22 de marzo de 2011 referente ao desenvolvemento do sector empresarial da sociedade da información, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), no marco do Programa operativo Feder Galicia 2007-2013 (procedemento administrativo PR520A).

A Resolución do 22 de marzo de 2011, da Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, establece as bases reguladoras para a concesión en réxime de concorrencia competitiva das subvencións para potenciar o desenvolvemento do sector empresarial da sociedade da información na Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2011, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), no marco do Programa operativo Feder Galicia 2007-2013, e procede á convocatoria (procedemento administrativo PR520A, publicado no Diario Oficial de Galicia n.º 62, do 29 de marzo de 2011).

A dita Resolución do 22 de marzo de 2011 faculta, na disposición derradeira primeira, o titular da Subdirección Xeral de Desenvolvemento da Sociedade da Información para que dite as instrucións que sexan precisas para o desenvolvemento e aplicación da convocatoria. Así mesmo, no artigo 7 das bases reguladoras disponse que a dita subdirección xeral, pertencente á Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, será o órgano competente para a instrución do procedemento de concesión da subvención e que lle corresponde ao titular da secretaría xeral ditar a resolución que corresponda.

A Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica con data do 15 de xullo de 2011 ditou resolución de concesión de subvencións ao abeiro da citada convocatoria.

O artigo 12 das bases reguladoras dispón: «Todas as resolucións serán notificadas de acordo co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro. Con carácter xeral non se enviarán notificacións postais e, de conformidade co establecido no artigo 59.6.º b) da indicada lei, substituirase a notificación individual pola publicación no Diario Oficial de Galicia e na páxina web da Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica. Nesta publicación especificarase a data da convocatoria, o beneficiario, a cantidade concedida e a finalidade da subvención outorgada. Coa publicación no DOG poderán remitirse os beneficiarios a que consulten información detallada da resolución nun taboleiro da citada web».

Ademais, con esta publicación dáse cumprimento á obriga de publicidade prevista no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Na súa virtude,

ACORDO:

1. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia da relación de beneficiarios das subvencións concedidas ao abeiro da Resolución do 22 de marzo de 2011, procedemento administrativo PR520A. Esta relación achégase como anexo-subvencións concedidas.

Estas subvencións realízanse con cargo á aplicación orzamentaria 04.70.571-A.770.0 achegas ás empresas para o desenvolvemento da sociedade da información, cofinanciada pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) cunha porcentaxe do 80%, segundo o establecido na convocatoria.

2. Facer indicación expresa aos beneficiarios que desde a data de notificación da concesión están suxeitos ás obrigas de publicidade e demostración en relación aos proxectos subvencionados, e mesmo á colocación de placas explicativas permanentes e información de publicidade temporal na súa web, nos supostos e coas condicións previstas na convocatoria.

3. Identificar que os solicitantes que non aparecen no dito anexo I deberán entender que non lles foi concedida a subvención.

4. Identificar o taboleiro electrónico que se describe neste anuncio como o medio e lugar onde se remite aos interesados para que obteñan información particularizada e motivada dos feitos aquí recollidos, coa indicación de que será onde se publicarán os sucesivos actos integrantes deste procedemento administrativo.

5. Identificar que o acceso aos contidos do dito taboleiro electrónico pode facerse por tres canles electrónicas distintas. Para empregar calquera das tres canles o interesado deberá dispoñer da primeira folla dos formularios de solicitude, ben en formato papel ou ben en arquivo PDF, que se xerou no seu momento coa aplicación de formalización de formularios de subvención.

5.1. Acceso pola web http://imit.xunta.es, empregando un código electrónico.

O interesado debe acceder á páxina web da Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, sita no enderezo http://imit.xunta.es, e seleccionar a opción «Axudas», co que se amosa o servizo do taboleiro electrónico. Para o acceso ao contido do taboleiro electrónico deberá introducir, tecleando, o código electrónico (de entre 16 a 20 carácteres alfanuméricos) existente na parte superior dereita da primeira folla da súa solicitude, o que garante a privacidade no acceso á información de cada solicitante. O enlace directo a este servizo é o seguinte:

http://imit.xunta.es/portal/sectorempresarialdasociedadedainformacion/axudas/

5.2. Acceso nun clic desde o arquivo PDF da solicitude.

O interesado debe abrir o arquivo PDF da solicitude cun visor Acrobat Reader. Na parte inferior dereita da primeira folla dispón dunha figura con cadrados brancos e negros, un código QR. Premendo clic dentro da figura do código QR activará un enlace personalizado con que accede directamente á información.

5.3. Acceso a través dun dispositivo móbil, coa fotografía do código QR.

O interesado debe fotografar o código QR da solicitude e dispoñer no seu dispositivo móbil dun software de recoñecemento e acceso a internet que lle permita enlazar co URL que está codificado na matriz bidimensional do código QR.

Disponse de información explicativa adicional sobre o uso das canles electrónicas citadas no seguinte enlace:

http://imit.xunta.es/portal/sectorempresarialdasociedadedainformacion/axudas/pregunta4.html

6. Facer indicación expresa de que os actos comunicados de resolución da convocatoria son definitivos en vía administrativa e cabe interpoñer, de ser o caso:

• Recurso potestativo de reposición ante o órgano que ditou a resolución, no prazo dun mes contando a partir do día seguinte desta publicación, segundo os artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

• Ou ben directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte desta publicación, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co establecido nos artigos 10 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

7. En caso de dúbida, dificultades técnicas ou necesidade de máis información, poderán dirixirse á Subdirección Xeral de Desenvolvemento da Sociedade da Información a través do teléfono 881 99 50 58, do enderezo de correo electrónico sxmit.axudas@xunta.es ou presencialmente no edificio administrativo de San Caetano, bloque 5-4.º andar, Santiago de Compostela (A Coruña). Nesta subdirección xeral tamén se disporá dun taboleiro físico convencional onde poderá accederse en formato papel á información particularizada para cada un dos solicitantes presentados á convocatoria, recollidos nos citados anexos, o que garante a igualdade no proceso de notificación para todos os solicitantes nun procedemento de concorrencia competitiva, e mesmo para aqueles que non obtiveron un código electrónico na súa solicitude ao non seguir as indicacións e medios de axuda para a obtención dos formularios normalizados previstos na convocatoria.

Santiago de Compostela, 10 de agosto de 2011.

Yolanda García Ulla
Subdirectora xeral de Desenvolvemento da Sociedade da Información

ANEXO
Subvencións concedidas

Razón social

Código expte. PR520A-2011

NIF

Tipo de actuación

Finalidade/título do proxecto

Subvención (€)

2Mares Demil, S.L.

24

B36697696

A1

Openxeo-Callcenter

61.645,50

Academia Postal 3 Vigo, S.L.

485

B36795565

A2

Proxecto Qr

20.632,00

Advanced Systems Puntobit, S.L.

23

B15995558

A1

Xestión de portos deportivos

24.796,50

Aldaba Servicios Profesionales, S.L.

102

B15862295

A1

CMMEP. Control móbil de mercadorías no espazo portuario

26.179,50

Aldaba Servicios Profesionales, S.L.

291

B15862295

A2

Accesos lixeiros multidispositivo ao Rps

29.441,00

Aldaba Soluciones y Proyectos, S.L.

283

B15889405

A1

Ice2: control enerxético na nube

26.359,50

Avansig, S.L.L.

426

B70271747

A1

CoreSIG: Framework para o desenvolvemento de aplicacións SIX corporativas mediante un modelo produtivo baseado en LPS

24.687,00

Ayco Internet, S.L.

229

B36824480

A1

BDCHART: sistema de xestión intelixente operacional e de negocio para dispositivos móbiles

31.250,00

Classora Technologies, S.L.

434

B27411289

A1

Desenvolvemento dun servizo para a integración automática de información estruturada en medios de comunicación dixitais

15.652,00

Colabora Ingenieros, S.L.

480

B15846124

A1

Mellora enerxética mediante servizos TIC (medidor intelixente TIC)

23.698,50

Comasis Consultores de Management y Sistemas, S.L.

470

B15637267

A1

Solución para a nova xestión organizativa 2.0-CKM 2.0 (Comasis Knowledge Management 2.0)

72.414,98

Conexiona Telecom, S.L.

402

B32350795

A1

Investigación e desenvolvemento de prototipo baseado en tecnoloxía Rfid e Zigbee para control de existencias

22.756,00

Coremain, S.L.U.

118

B15313505

A2

Plataforma avanzada de implementación de programas sanitarios de prevención

46.669,57

Crossnet Ingeniería y Sistemas, S.L.

109

B27720523

A1

Servizo de xestión e gravación de chamadas de atención de cliente

20.912,50

Dhuman Consultores, S.L.U.

174

B36982569

A1

OTW 360

29.061,50

Edisa Sistemas de Información, S.A.

471

A36781334

A1

Sistema para automatización da rastrexabilidade e xestión loxística no sector produtos do mar conxelados (Proxecto Traloxeo)

43.885,00

Elaboro, Ingeniería del Software, S.L.

286

B15838006

A1

INdustriall

34.544,00

Emetel Sistemas, S.L.

280

B15474570

A1

Sistema de control do consumo enerxético-eficiencia enerxética

29.742,00

Estudios Mega, S.L.

119

B36964542

A1

MANSIS

24.081,00

Everis Spain, S.L.U.

297

B82387770

A2

Plataforma tecnolóxica de xestión da comunicación corporativa 2.0

91.313,50

I más D3 Equipamientos Teclonógicos, S.L.

365

B36921096

A1

Deseño e desenvolvemento dun novo sistema de control de aparcadoiro de parquímetros gratuítos de rotación por tempo

21.022,50

Ideit, S.L.

330

B32325292

A1

SmartTravel: plataforma para a creación e difusión de contidos de ámbito turístico en Smartphones

17.642,00

Igalia, S.L.

227

B15804842

A1

Procesamento multimedia acelerado por hardware con GStreamer para plataformas OMAP4

15.001,50

Igalia, S.L.

98

B15804842

A2

Desenvolvemento dun motor web con arquitectura multiproceso

41.519,60

Imaxdi Real Innovation, S.L.

350

B27720390

A1

Imax: data mDeployment-atualización funcional da plataforma imax: data para o seu uso en tablets e sistemas appliance

24.264,00

Indra Software Labs, S.L.U.

364

B84065820

A1

Aplicación de mobilidade para valoradores sociais

107.063,00

Indra Software Labs, S.L.U.

359

B84065820

A2

Integrador da historia social

90.676,66

Infojc, S.L.

444

B36764827

A1

BenEstar Intelixente: sistema de intelixencia ambiental para a autonomía persoal no fogar dixital

57.080,90

Innovaciones Tecnológicas e Investigación I+D, S.A.

203

A32399099

A1

Servizos xeolocalizados para a promoción do turismo en Galicia a través de múltiples dispositivos

36.858,13

IP Web Services, S.L.

147

B70225172

A1

Versión Webphone 3.0

99.603,10

Isenda Telemática, S.L.U.

323

B70104484

A1

Plataforma de organización social de eventos xeolocalizados

15.650,50

Isonor Quality, S.L.

315

B36275519

A1

Mobilidade na xestión comercial

25.136,00

Laudemio Investimentos de Galicia, S.L.

250

B70212006

A1

Plataforma de localización low cost

46.661,00

Level Telecom, S.L.

28

B15565294

A1

Desenvolvementos sobre plataforma móbil embarcada para servizos de conectividade, seguridade, loxística, aforro enerxético

40.173,50

Macrosistemas, S.A.

267

A36646768

A1

Solucións profesionais de mobilidade

35.450,84

Marine Instuments, S.A.

56

A36924140

A1

BW Alarm

55.341,48

Nomasystems, S.L.

105

B15955503

A1

Sistema para dispositivos móbiles de información contextual en interiores baseado en realidade aumentada

25.195,00

Novaware, S.L.

181

B70219126

A1

Aplicación de localización e cálculo do camiño a puntos de interese próximos para dispositivos móbiles

20.538,50

Opcon Informática, S.L.

190

B36858512

A1

Novas interfaces de acceso a servizos avanzados desde TV do fogar dixital

53.611,80

Open Soft Servicios Informáticos, S.L.

231

B36769917

A1

OS-SINERGY-II: servizos intelixentes para a eficiencia enerxética

45.212,00

Pazos Pascual Óscar 000830762g, S.L.N.E.

488

B32337776

A1

Aplicación de xestión comercial 3G

15.635,50

Quadralia, S.L.

484

B27742337

A1

MareGIS

30.887,00

Redegal, S.L.

463

B32318354

A1

Sistema colaborativo de planificación de rutas turísticas en destino

21.261,50

Savia, S.L.

458

B70281662

A2

Plataforma integral para a creación de contidos dixitais educativos e aprendizaxe en liña con dispositivos de R.A.

15.807,00

Seresco, S.A.

500

A33011826

A1

Visor SIX con análise espacial e impresión avanzada

24.477,50

Serinfer Servicios Informáticos, S.L.

176

B36841070

A1

Sistema de mobilidade para talleres de automoción con Pda/Tablet e localización GPS

42.927,80

Signo, S.L.

450

B15868359

A1

Sistema integral de control e visualización para servizos de augas en Galicia

31.026,50

Softgasa Informática, S.L.

473

B36832210

A1

Proxecto desenvolvemento aplicación Softmobile Softgasa Informática, S.L.

56.192,50

Soluciones y Proyectos de Información, S.L.

104

B15986771

A1

Creación dunha API e versións para dispositivos móbiles de ikiMap

45.940,36

Sondara Solucions, S.L.N.E.

180

B36995678

A1

Plataforma de observación e información do litoral (POIL)

24.852,60

Taelpo Seguridad, S.A.

154

A36569739

A1

Mellora da seguridade e do confort no fogar dixital a través de servizos TIC

60.615,00

Taelpo Seguridad, S.A.

155

A36569739

A2

Servidor de recursos dixitais de carácter educativo para a creación de plataformas de aprendizaxe personalizadas

60.293,50

Taelpo Telecom, S.L.

48

B36246353

A1

Servizos xeolocalizados de teleasistencia a través de dispositivos móbiles avanzados

84.714,00

Taelpo Telecom, S.L.

53

B36246353

A2

Plataforma de servizos sociosanitarios centrado en persoas maiores dependentes. Integración con redes sociais e xogos

77.245,50

Talleres Electrotécnicos de Pontevedra, S. COOP.

51

F36049534

A1

T-Lecer: sistema de actividades de ocio a través do fogar dixital

88.577,00

Talleres Electrotécnicos de Pontevedra, S. COOP.

50

F36049534

A2

Control do progreso do alumnado en educación infantil e plataforma de aprendizaxe en familia a través de ITV

62.827,00

Tecnologías Plexus, S.L.

18

B15726177

A2

Aplicación para a informatización do consentimento informado na práctica sanitaria

18.421,00

Teimas Desenvolvemento, S.L.

13

B70179973

A1

Solución loxística para a recollida e xestión de residuos

30.697,21

Televés, S.A.

15

A15010176

A1

Plataforma de servizos IP multidispositivo para a xestión de cabeceiras de distribución

50.242,51

Valedeme, S.L.

251

B70211990

A1

Pay As You Drive (PAYD)

73.748,50

Visual Microsystems, S.A.

10

A36333706

A1

Contorno de xerencia baseado en minaría de datos para plataformas de xestión de transporte intermodal

28.639,00

Wireless Galicia, S.L.

249

B15916760

A2

Home Well Health: plataforma asistencial de monitorización domiciliaria para pacientes con insuficiencia cardíaca

26.062,00