Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 164 Luns, 29 de agosto de 2011 Páx. 25824

III. Outras disposicións

Consellería de Economía e Industria

ORDE do 11 de agosto de 2011 pola que se regula o proceso de selección de entidades colaboradoras na xestión de subvencións da Consellería de Economía e Industria para promover a sociedade da información no comercio retallista galego, se aproban as bases reguladoras das ditas subvencións e se procede a súa convocatoria para o ano 2011, cofinanciada polo Feder, no marco do Programa operativo Feder-Galicia 2007-2013.

O grao de desenvolvemento e acceso á sociedade da información nas empresas e no comercio galego é aínda moi inferior ao que resulta desexable para o desenvolvemento deste sector en Galicia, tanto no que se refire aos seus niveis de equipamento tecnolóxico como de presenza na rede. Só un 42% dos comercios galegos incorporaron novas tecnoloxías da información e da comunicación nos seus establecementos.

O sector comercial ten unha importancia vital no desenvolvemento económico de Galicia: a densidade comercial en Galicia é das máis altas en comparación co resto das comunidades autónomas, sendo a rama de actividade con maior número de ocupados. Por iso é necesario mellorar a competitividade do sector incrementando os niveis de penetración das tecnoloxías da información e a comunicación, actualmente moi baixos.

A Consellería de Economía e Industria está a impulsar medidas dinamizadoras da economía galega dada a actual conxuntura económica, para o que é preciso un esforzo dos axentes implicados no desenvolvemento económico de Galicia para paliar os seus efectos. A potenciación e mellora do uso das novas tecnoloxías da información no comercio galego son instrumentos xeradores de riqueza e un reforzo de cara á competitividade do sector.

A Consellería de Economía e Industria, en virtude do Decreto 324/2009, do 11 de xuño, polo que establece a súa estrutura orgánica, exerce as competencias da Xunta de Galicia en materia de planificación, coordinación e control de comercio interior e exterior, artesanía e consumo. Para este fin ten atribuídas, entre outras funcións, a promoción, fomento, modernización e desenvolvemento do comercio e a programación e xestión de subvencións destinadas a estes fins.

A promoción da sociedade da información no comercio retallista galego resulta de interese xeral para Galicia, polo que, mediante esta orde, se regula o procedemento para a selección das entidades colaboradoras que participarán na xestión das subvencións ao sector para a citada finalidade, e se aproban as bases reguladoras das ditas subvencións.

Para a execución de moitas das accións recollidas nesta orde a consellería necesita da participación de entidades próximas aos destinatarios das accións, con experiencia no desenvolvemento deste tipo de actuacións e que teñan contacto xeográfico próximo cos destinatarios finais.

Esta orde prevé o uso e a aplicación de medios telemáticos nos procedementos de concesión e xustificación das subvencións, con indicación dos trámites para cumprir por esta vía e os medios electrónicos e sistemas de comunicación para utilizar, de conformidade co artigo 14.2.º da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

En consecuencia, e en uso das facultades que me foron conferidas,

DISPOÑO:

Artigo 1. Obxecto.

Esta orde ten por obxecto regular o proceso de selección de entidades colaboradoras na xestión das subvencións da Consellería de Economía e Industria para promover a sociedade da información no sector do comercio retallista galego e as condicións de colaboración (anexo I).

Así mesmo, por medio desta orde apróbanse as bases reguladoras das ditas subvencións e procedese á súa convocatoria para o ano 2011 (anexo II).

Artigo 2. Entidades colaboradoras.

1. As entidades colaboradoras terán como función a promoción da sociedade da información nos termos establecidos nesta orde, actuando como canle entre os/as beneficiarios/as das accións subvencionables e a consellería. Esta colaboración estenderase desde a comprobación inicial dos requisitos documentais dos/as solicitantes da subvención á realización ante a consellería dos trámites para solicitar a subvención, ao desenvolvemento das accións vinculadas á subvención e á xustificación desta e a súa certificación ante a consellería. Con posterioridade as colaboradoras recuperarán da consellería os importes subvencionados.

2. Para os efectos desta orde, entenderase por entidade colaboradora as empresas privadas con personalidade xurídica, validamente constituídas, así como os/as empresarios/as individuais que teñan a súa sede social ou algún centro de traballo en Galicia, que realicen actividade económica con ánimo de lucro relacionada coas accións que se fomentan a través desta orde e que acrediten os requisitos de solvencia técnica, económica e de eficacia, recollidos nesta orde e nos seus anexos.

3. Non poderán acadar a condición de entidade colaboradora as agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, as comunidades de bens ou calquera outro tipo de entidade que, aínda que realice actividade empresarial, careza de personalidade xurídica propia.

4. As entidades colaboradoras adheridas non poderán en ningún caso ser beneficiarias das subvencións convocadas nesta orde.

5. Para acceder á condición de entidade colaboradora, as entidades solicitantes deberán asumir os compromisos establecidos para este fin, así como reunir os requisitos e demais condicións establecidos nesta orde e nos seus anexos.

Artigo 3. Información ás persoas interesadas.

Sobre este procedemento administrativo poderase obter documentación normalizada ou información adicional na Dirección Xeral de Comercio, a través dos seguintes medios:

a) Páxina web oficial da consellería (http://economiaeindustria.xunta.es), a súa epígrafe de subvencións e na oficina virtual.

b) O teléfono 981 54 55 97/981 54 55 07 e o fax 981 54 55 41 da dita dirección xeral.

c) O enderezo electrónico: cei.dxcomercio@xunta.es

d) Presencialmente.

Así mesmo, para cuestións xerais sobre este ou outro procedemento, poderá facerse uso do teléfono de información xeral da Xunta de Galicia: 012 (desde o resto do Estado: 902 12 00 12).

Disposición derradeira primeira. Habilitación para o desenvolvemento.

Facúltase a directora xeral de Comercio para que dite as resolucións que sexan precisas para o desenvolvemento e a aplicación desta orde.

Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor.

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 11 de agosto de 2011.

Javier Guerra Fernández
Conselleiro de Economía e Industria

ANEXO I
Proceso de selección de entidades colaboradoras na xestión das subvencións da Consellería de Economía e Industria para promover a sociedade da información no comercio retallista galego, e condicións de colaboración (procedemento 214B)

Artigo 1. Obxecto e réxime xurídico.

Este anexo ten por obxecto regular o proceso de selección das entidades colaboradoras e as condicións de colaboración destas na xestión das subvencións da Consellería de Economía e Industria para promover a sociedade da información no comercio retallista galego; as súas bases reguladoras figuran como anexo II desta orde.

As entidades colaboradoras actuarán como canle entre os/as beneficiarios/as e a consellería nos termos establecidos nesta orde.

Tendo en conta que as entidades colaboradoras van ser persoas suxeitas a dereito privado, a selección realízase mediante un procedemento sometido aos principios de publicidade, concorrencia, igualdade e non-discriminación e a colaboración formalizarase mediante convenio, de acordo co previsto no artigo 13 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia.

Artigo 2. Solicitudes de adhesión como entidade colaboradora.

1. Para poder actuar como entidade colaboradora, as entidades interesadas en participar neste procedemento poderán solicitar a súa consideración coma tal presentando os formularios normalizados que figuran, exclusivamente para efectos informativos, como anexo III desta orde, xunto cos dos documentos que se especifican no artigo 4 deste anexo.

2. As entidades que soliciten a adhesión e obteñan a consideración favorable da súa solicitude, deberán asinar un convenio de colaboración con esta consellería e acadarán a condición de entidades colaboradoras, con suxeición ao disposto na Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, así como na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

3. Logo da sinatura do convenio de colaboración coas entidades colaboradoras, publicarase no DOG unha relación completa das entidades asinantes, xunto coa publicación do prazo de apertura de solicitudes de subvencións.

Artigo 3. Lugar e prazo de presentación das solicitudes de adhesión.

1. O prazo de presentación das solicitudes será dun mes contando a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Enténdese como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo fose inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes do vencemento non houbese día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes.

2. Conforme as condicións de solvencia técnica requiridas ás entidades colaboradoras no artigo 5 deste anexo, as entidades que desexen adherirse deberán necesariamente acceder, cubrir, validar e presentar telematicamente ante o Rexistro Electrónico da Xunta de Galicia as súas solicitudes de adhesión. Todo isto terán que facelo a través da aplicación informática Axudas virtual (procedemento IN214B) establecida na oficina virtual desta consellería, sita no enderezo da internet http://economiaeindustria.xunta.es. Tamén se pode acceder desde o enderezo http://www.xunta.es/presentacion-electronica-da-xunta-de-galicia, facendo uso do enlace dispoñible co procedemento IN214B, ou directamente no enderezo da internet https://axudasindustria.xunta.es/att.

Accedendo ao citado enderezo da internet tamén deberán anexar as copias dixitalizadas (en formato pdf) dos documentos que corresponda anexar á solicitude, cuxa fidelidade co orixinal garantirán co emprego de sinatura electrónica avanzada ante o Rexistro Electrónico. Para cubrir correctamente os formularios de solicitude, no citado enderezo da internet disporase de instrucións de axuda, que deberán ser observadas en todo momento polos/as solicitantes.

3. En caso de dúbida, dificultades técnicas ou necesidade de máis información durante o proceso de obtención dos formularios, poderán dirixirse á Dirección Xeral de Comercio a través dos teléfonos, telefax ou enderezo de correo sinalados no artigo 3 desta orde, que adoptará as medidas necesarias para facilitar a presentación das solicitudes.

Para a presentación da solicitude e documentación ante o Rexistro Electrónico da Xunta de Galicia será necesario que o/a presentador/a dela sexa a persoa física solicitante ou que desempeñe a representación legal da empresa ou entidade solicitante, e como tal figure identificado/a nos formularios normalizados de solicitude. No caso de que a representación sexa individual ou solidaria, asinará só un representante. No caso de que a representación sexa mancomunada, deberá asinar tamén aquel ou aqueles representantes mancomunados que sexan necesarios.

4. O/a presentador/a deberá posuír un certificado dixital en vigor baixo a norma X.509 V3 expedido pola Fábrica Nacional de Moeda e Timbre-Real Casa da Moeda, conforme o disposto no Decreto 164/2005, do 16 de xuño. Tamén será válido calquera outro certificado dixital aceptado polo Rexistro Electrónico, mais advírtese expresamente que non son válidos para estes efectos nin para uso xeral os certificados dixitais de persoas físicas vinculados á representación de persoas xurídicas para fins exclusivamente tributarios.

Unha vez asinados co certificado dixital do/a presentador/a os formularios normalizados e todos os documentos que acompañen a solicitude, procederase á transferencia telemática da dita documentación ao Rexistro Electrónico da Xunta de Galicia. Tras completar o proceso de transferencia telemática, efectuarase a anotación correspondente no rexistro de entrada, e nese momento expedirase, empregando as características da aplicación telemática, un recibo en que quedará constancia do feito da presentación.

Artigo 4. Documentación que se presentará xunto coas solicitudes para actuar como entidades colaboradoras.

1. As solicitudes para actuar como entidade colaboradora presentaranse na forma e prazo establecidos na convocatoria, xunto coa seguinte documentación:

1.º Identificación do/a representante legal da entidade colaboradora.

2.º Declaración de non estar incursa en ningunha das prohibicións para obter a condición de entidade colaboradora recollidas nos puntos 2.º e 3.º do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

3.º Declaración do cumprimento da normativa en materia de protección de datos de carácter persoal por parte da entidade colaboradora.

4.º Declaración expresa de compromiso de utilización dos medios electrónicos nas comunicacións entre a entidade colaboradora e a consellería, segundo o establecido no artigo 27 da Lei 11/2007 e 24 do Decreto 198/2010.

5.º Designación do/a interlocutor/a único/a da entidade colaboradora, que levará o despacho cotián dos asuntos tramitados baixo este réxime de subvencións e que deberá dispor dun certificado dixital de usuario, para realizar os trámites telemáticos que poidan establecerse.

6.º Identificación detallada da entidade colaboradora, o que tamén servirá para a acreditación de determinados criterios de solvencia técnica e eficacia. Recollerase cando menos o seguinte:

a) Razón social, datos de localización, enderezo completo e datos de contacto da súa sede e puntos de venda ao público na Comunidade Autónoma de Galicia.

b) Enderezo da páxina web propia da entidade colaboradora.

c) Enderezo de correo electrónico do/a interlocutor/a único/a da entidade colaboradora e enderezo de correo electrónico, dispoñible ao público, para a atención comercial e técnica ás persoas solicitantes de subvencións que sexan clientes da entidade colaboradora.

7.º Epígrafe ou epígrafes do imposto de actividades económicas en que está dada de alta a entidade colaboradora, de acordo coa súa declaración censual.

8.º Medios humanos en Galicia. Acompañaranse os TC do mes anterior ou, de ser o caso, certificación da Seguridade Social de inexistencia de traballadores/as.

9.º Documentación administrativa de acreditación da personalidade da entidade colaboradora:

a) Documento/s público/s acreditativo/s do poder con que actúa o/a representante legal (no caso de persoas xurídicas). Esta documentación deberá ser a de outorgamento do poder ou, de ser o caso, a de nomeamento do/a representante, e deberá estar en vigor na data de presentación da solicitude. A documentación ten que presentarse íntegra e nela deberá figurar expresamente a súa inscrición no rexistro que legalmente lle puider corresponder.

b) NIF da entidade colaboradora (no caso de persoas xurídicas).

c) Autorización para a consulta dos datos de identidade no Sistema de Verificación de Datos de Identidade do Ministerio de Administracións Públicas, de acordo co previsto no artigo 2 do Decreto 255/2008, do 23 de outubro, ou, de ser o caso, DNI do/a representante legal ou do/a empresario/a individual.

d) Autorización para a consulta dos datos de identidade no Sistema de Verificación de Datos de Identidade do Ministerio de Administracións Públicas, de acordo co previsto no artigo 2 do Decreto 255/2008, do 23 de outubro, ou, de ser o caso, DNI do/a interlocutor/a único/a da entidade colaboradora para o despacho cotián dos asuntos tramitados baixo este réxime de subvencións.

e) Copia da escritura de constitución e modificacións posteriores, no caso de ser unha persoa xurídica.

f) Certificación bancaria da titularidade da conta onde se realizarán os ingresos da consellería á entidade colaboradora.

10.º Certificados acreditativos de situación censual e de estar ao día das obrigas coas administracións públicas, excepto no caso de que a consellería sexa autorizada para solicitalos. Noutro caso deberanse achegar as certificacións de estar ao día nas obrigas coa Axencia Estatal da Administración Tributaria, coa Tesouraría Xeral da Seguridade Social e coa Comunidade Autónoma de Galicia, ou non ser debedor/a por resolución de procedencia de reintegro, e da situación censual das actividades económicas que declara a entidade colaboradora ante a Axencia Estatal da Administración Tributaria.

2. A documentación indicada no número anterior deberá anexarse mediante arquivos en formato pdf, que a entidade solicitante deberá obter como copias dixitalizadas a partir dos documentos orixinais, garantindo e responsabilizándose o/a solicitante da fidelidade co orixinal co emprego da súa sinatura electrónica avanzada ante o Rexistro Electrónico, todo isto de conformidade co disposto no artigo 35.2.º da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso dos cidadáns aos servizos públicos e 22.3 do Decreto 198/2010, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes. Así mesmo, poderá identificarse que xa dispón desa documentación a consellería en aplicación do artigo 35 f) da Lei 30/1992, do 26 de novembro (procedementos cunha antigüidade non superior a cinco anos). A conta bancaria tamén poderá ser identificada como xa existente no sistema informático de xestión económica da Xunta de Galicia.

Artigo 5. Solvencia técnica e económica das entidades colaboradoras.

Para poderen participar no proceso de selección de entidades colaboradoras, requirirase que as entidades presenten a xustificación dos seguintes aspectos:

1.º Identificación da situación censual de alta da entidade colaboradora nunha epígrafe do imposto de actividades económicas relacionado co desenvolvemento do tipo de actividades recollidas neste réxime de subvencións.

2.º Existencia de sede e/ou puntos de venda ao público na Comunidade Autónoma de Galicia, desde onde se poidan desenvolver as actividades recollidas neste réxime de subvencións.

A acreditación da solvencia técnica da entidade colaboradora establecerase a través dos seguintes elementos, que deberán cumprirse na súa totalidade:

1.º Compromiso de emprego dos medios electrónicos, informáticos e telemáticos dispostos pola Consellería de Economía e Industria para a presentación da solicitude de adhesión da entidade colaboradora, así como na tramitación e xestión das actuacións recollidas nesta orde.

Estes medios estarán baseados en estándares de uso común e/ou amplamente difundidos, e recollerán cando menos o coñecemento e necesario emprego da sinatura electrónica, técnicas de escaneado e dixitalización de documentación, a navegación en ferramentas da internet e a integración co Rexistro Electrónico da Xunta de Galicia.

2.º Existencia de páxina web propia da entidade colaboradora.

3.º Dispoñibilidade e emprego de certificado dixital de usuario por parte do/a representante legal da entidade colaboradora e por parte do/a interlocutor/a único/a que defina a propia colaboradora para o despacho cotián dos asuntos.

A acreditación da solvencia económica non será necesaria para estas actuacións, dado que a participación da entidade colaboradora suponlle a esta unha demora no cobramento da parte do equipamento subvencionado ás persoas beneficiarias, para a recuperación posterior mediante xustificación ante a consellería.

Artigo 6. Garantías.

Os participantes neste proceso de selección de entidades colaboradoras non precisarán a presentación de garantías dado que a participación da entidade colaboradora suponlle a esta unha demora no cobramento da parte do equipamento subvencionado ás persoas beneficiarias, para a recuperación posterior mediante xustificación ante a consellería.

Artigo 7. Órganos competentes.

1. A Dirección Xeral de Comercio será o órgano competente para a instrución do proceso de selección de entidades colaboradoras, e corresponderalle ao conselleiro de Economía e Industria ditar a resolución que corresponda, sen prexuízo da delegación noutros órganos.

2. A Dirección Xeral de Comercio será o órgano competente para a aplicación dos medios informáticos, electrónicos e telemáticos que se empreguen neste proceso, así como para a definición das especificacións, programación, mantemento, supervisión e control da calidade das aplicacións dos medios utilizados para a actuación administrativa automatizada. Estas actuacións, en todo caso, poderán ser impugnadas ante o conselleiro de Economía e Industria (artigo 39 da Lei 11/2007 e 22.7 do Decreto 198/2010).

Artigo 8. Instrución do proceso de selección das entidades colaboradoras.

1. De conformidade co establecido no artigo 71 e 35 f) da Lei 30/1992, se a solicitude de adhesión ou a documentación que se deberá presentar conxuntamente con esta non reúne algún dos requisitos exixidos nesta orde, requirirase a entidade solicitante para que, nun prazo de dez días hábiles, emende a falta ou achegue os documentos preceptivos. Neste requirimento farase indicación expresa de que, se así non o fixese, se considerará que desistiu na súa petición, logo da correspondente resolución.

De acordo co previsto na Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico aos servizos públicos, e no Decreto 198/2010 polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes, e tendo en conta o establecido no artigo 5 deste anexo en canto á solvencia técnica das entidades colaboradoras, utilizaranse medios electrónicos para as notificacións, de maneira que, cando existindo constancia da recepción da notificación pasasen 10 días naturais sen que se acceda ao seu contido, entenderase que a notificación foi rexeitada cos efectos previstos no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, salvo que de oficio ou por instancia do destinatario se comprobe a imposibilidade técnica ou material de acceso.

Sen prexuízo do disposto nos parágrafos anteriores, poderán ser requiridas as entidades solicitantes para que presenten cantos datos, documentos complementarios e aclaracións resulten necesarios para a tramitación e resolución do procedemento.

2. Despois de revisadas as solicitudes de participación e as emendas feitas en función do cumprimento dos requisitos exixidos, e inmediatamente antes de redactar a proposta de resolución, porase de manifesto aos/as interesados/as para que, nun prazo de dez días, poidan formular alegacións e presentar os documentos e xustificacións que consideren pertinentes. Porén, poderase prescindir deste trámite cando non figuren no procedemento nin se vaian ter en conta na resolución outros feitos nin outras alegacións ou probas que as aducidas polo/a interesado/a.

3. Os/as solicitantes recibirán a través da aplicación informática e/ou mediante correo electrónico o usuario e contrasinal necesarios para consultar o seu estado de adhesión e, no caso de que se aprobe esta, crear as solicitudes de axuda.

Artigo 9. Resolución, notificación e réxime de recursos.

1. Unha vez rematado o prazo para a presentación de solicitudes de adhesión, tramitadas as solicitudes de acordo co procedemento establecido neste anexo, e concluído o trámite de audiencia, o órgano instrutor formulará a proposta de resolución, que elevará ao conselleiro, quen ditará a correspondente resolución. O prazo máximo para resolver e notificar a resolución do procedemento non poderá exceder os seis meses. O prazo computarase a partir da publicación da correspondente convocatoria.

Se transcorrese o prazo máximo sen que se ditase resolución expresa, os interesados poderán entender desestimadas as súas solicitudes por silencio administrativo.

2. As resolucións serán notificadas de acordo co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro. De conformidade coa Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico aos servizos públicos, e no Decreto 198/2010 polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes, e tendo en conta o establecido no artigo 5 deste anexo en canto á solvencia técnica das entidades colaboradoras, utilizaranse medios electrónicos para as notificacións, de maneira que, cando existindo constancia da recepción da notificación pasasen 10 días naturais sen que se acceda ao seu contido, entenderase que a notificación foi rexeitada cos efectos previstos no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, salvo que de oficio ou por instancia do destinatario se comprobe a imposibilidade técnica ou material de acceso.

3. As resolucións ditadas ao abeiro do proceso de selección poñen fin á vía administrativa e contra elas poderán interpoñerse os seguintes recursos, sen prexuízo de que os interesados poidan exercer calquera outro que consideren procedente:

– Recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Economía e Industria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación da resolución, se esta fose expresa, ou de tres meses contados a partir do seguinte a aquel en que se produza o acto presunto.

– Recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da notificación da resolución, se esta for expresa, ou de seis meses contados a partir do seguinte a aquel en que se produza o acto presunto.

Artigo 10. Aceptación ou renuncia, e sinatura dun convenio de colaboración coas entidades colaboradoras.

A notificación da resolución ás entidades que sexan seleccionadas favorablemente incluirá a sinatura dun convenio de colaboración coa Consellería de Economía e Industria, para que acaden a condición de entidades colaboradoras, con suxeición ao disposto na Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, así como na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

A notificación da resolución favorable establecerá un prazo máximo de 15 días para a sinatura do convenio de colaboración. Transcorrido este prazo sen que a entidade seleccionada asine o convenio entenderase que a entidade renuncia á súa sinatura. A notificación tamén establecerá se o convenio se poderá asinar presencialmente nunha data concreta ou por medios telemáticos e sinatura electrónica avanzada dos asinantes.

O convenio de colaboración que se debe asinar deberá conter, como mínimo, os aspectos establecidos no artigo 13 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, e recollerá os requisitos de personalidade e solvencia, así como as condicións e obrigas que figuran nesta orde e anexos.

Logo da sinatura do convenio de colaboración coas entidades colaboradoras, publicarase no DOG a relación completa das entidades asinantes.

Artigo 11. Obrigas das entidades colaboradoras.

1.º Ademais doutras sinaladas nesta orde, as entidades colaboradoras están obrigadas a:

1. Realizar todos os trámites ante a consellería para a obtención das subvencións por parte dos/as solicitantes conforme o disposto neste anexo, así como ao disposto nas bases reguladoras para a concesión das subvencións recollidas no anexo II desta orde, no que lles resulte de aplicación, incorporando os datos á aplicación informática habilitada para o efecto. Así, verificarán que os/as solicitantes reúnen os requisitos establecidos, solicitarán a subvención, notificarán a avaliación previa positiva das solicitudes aos/ás beneficiarios/as, adiantarán a contía destas subvencións a aqueles/as que resulten beneficiarios/as, presentarán a documentación xustificativa da realización das actuacións subvencionadas, e emitirán certificación de todos os trámites e verificacións feitas.

2. Vender no marco da iniciativa só os equipamentos que cumpran coas condicións mínimas e dentro dos prezos máximos establecidos nas bases de convocatoria de subvencións recollidas no anexo II desta orde, aplicando os descontos correspondentes ao importe da subvención conforme co establecido no artigo 4 das citadas bases.

3. Facilitarlle á Consellería de Economía e Industria canta información e documentación precise para verificar a correcta aplicación das subvencións.

4. Acreditar que se encontra ao día no cumprimento das súas obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social e que non ten pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da comunidade autónoma ou non é debedor/a por resolución de procedencia de reintegro, segundo o previsto no artigo 10 da Lei 9/2007.

5. As colaboradoras adaptaranse ás solucións telemáticas para a xestión do convenio de colaboración e tramitación de expedientes así como para outros procesos de información continua, adoptando para iso as medidas necesarias en canto ao acceso á internet e/ou a adopción de sinatura electrónica.

6. As entidades colaboradoras adheridas non poderán en ningún caso ser beneficiarias das subvencións convocadas.

7. Cumprir as condicións de solvencia e as demais requiridas nesta orde, así como comunicar calquera variación substancial relativa á información inicial presentada en relación coa solicitude de adhesión.

8. Conservar os xustificantes orixinais e o resto da documentación relacionada coa subvención outorgada desde a data da concesión ata tres anos despois do peche do Programa operativo Feder 2007-2013, de acordo co disposto nos artigos 60 e 90 de Regulamento (CE) 1083/2006 do Consello, do 11 de xullo de 2006, e colaborar na restitución das subvencións outorgadas nos casos en que concorra causa de reintegro.

9. Cumprir as obrigas en materia de protección de datos de carácter persoal, derivadas da Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, e da normativa aplicable.

2.º A xestión das axudas por parte das entidades colaboradoras non suporá compensación económica ningunha por parte da Administración.

Artigo 12. Obrigas específicas de publicidade.

As colaboradoras disporán na súa web de información suficiente dirixida aos seus clientes respecto ao alcance do convenio, da orde de convocatoria e dos equipamentos que oferten nas condicións e prezos obxecto da subvención. Así mesmo, disporán cando menos dun enderezo de correo electrónico para canalizar as consultas dos interesados e manterán na web vínculo cos sitios da internet promovidos pola consellería en que se facilite información detallada e, de ser o caso, se acceda ás ferramentas telemáticas de tramitación.

Na factura emitida pola colaboradora ao/a beneficiario/a, deberá atribuírse explicitamente a orixe da dita subvención á Xunta de Galicia e á Unión Europea, mediante o programa Feder. Para isto incluirase a frase «Subvención da Consellería de Economía e Industria e Unión Europea-Feder», e a continuación indicarase a contía da axuda expresada en euros.

As entidades colaboradoras deberán cumprir as medidas en materia de información e publicidade reguladas na sección 1 do capítulo II do Regulamento (CE) 1828/2006 da Comisión, do 8 de decembro, e no artigo 1, números 1 e 2 do Regulamento (CE) 846/2009 da Comisión, do 1 de setembro de 2009, e que se recollen na Guía de publicidade e información das intervencións cofinanciadas polos fondos estruturais 2007-2013, e que poden consultarse na páxina web (http://www.conselleriadefacenda.es/web/portal/guia-intervencions-cofinanciadas-fe).

As colaboradoras incluirán no equipamento adquirido polo/a beneficiario/a unha sinalización adhesiva de carácter informativo en que se deixe constancia do cofinanciamento do equipamento por parte da Xunta de Galicia e da Unión Europea. Para a execución do aquí indicado, a consellería disporá dun modelo tipo.

Conforme á normativa autonómica e estatal en materia de subvencións públicas, a consellería establecerá as canles de publicidade da orde de convocatoria e do convenio coas entidades colaboradoras conforme os medios que sexan necesarios, incluíndo a información sobre as entidades colaboradoras e sobre os/as beneficiarios/as e as contías percibidas, empregando medios electrónicos e, de ser o caso, a publicación no Diario Oficial de Galicia.

Artigo 13. Xustificación e pagamento ás entidades colaboradoras.

1. Unha vez finalizado o procedemento de solicitude de subvencións e executadas as actuacións subvencionables que obtivesen a avaliación previa positiva, de acordo co procedemento establecido nas bases de convocatoria de subvencións recollidas no anexo II desta orde, para realizar o pagamento ás entidades colaboradoras, estas deberán presentar ante a consellería a seguinte documentación:

1.º Certificación de actuacións subvencionables executadas, emitida polo/a interlocutor/a único/a, cunha relación detallada por beneficiario en que se inclúan os seguintes datos: identificación do número da factura, identificación do equipamento subvencionado e do cumprimento dos seus requisitos técnicos mínimos exixidos na orde de convocatoria, data da factura, identificación do medio de pagamento, contía efectivamente pagada e observacións complementarias.

2.º Certificación, emitida polo/a interlocutor/a único/a, de que a entidade colaboradora dispón da seguinte documentación do beneficiario en formato papel e copia informática:

a) Autorización para a consulta dos datos de identidade no Sistema de Verificación de Datos de Identidade do Ministerio de Administracións Públicas, de acordo co previsto no artigo 2 do Decreto 255/2008, do 23 de outubro, ou, de ser o caso, copia do DNI/ NIE ou NIF, en vigor, en que conste o domicilio dentro da Comunidade Autónoma de Galicia ou, de ser o caso, certificado de domicilio fiscal.

b) Copia de documento do TC2 da Seguridade Social do mes anterior á solicitude, ou certificación correspondente da Seguridade Social.

c) Documento orixinal da aceptación expresa de condicións, asinada polo/a beneficiario/a, agás que fose asinado electronicamente polo/a solicitante.

d) Declaracións e certificacións requiridas aos/as beneficiarios/as nas bases da convocatoria de axudas recollidas no anexo II desta orde.

e) De ser o caso, copia do documento ou poder de representación con que actúe o/a comprador/a.

A citada documentación anexarase en documentos pdf a través da plataforma informática para o seu arquivo pola Administración, para os efectos da realización dos controis posteriores que se consideren oportunos por parte da consellería ou por calquera dos órganos de control pertinentes.

3.º Copia en soporte informático, en formato pdf, da factura emitida e efectivamente pagada polo/a beneficiario/a, así como xustificante do medio de pagamento utilizado.

Admitirase a documentación sobre facturas e pagamentos electrónicos sempre que cumpran os requisitos exixidos para a súa aceptación no ámbito tributario.

2. A consellería poderá solicitar da colaboradora calquera información complementaria que poida considerar durante a vixencia desta orde. A falsidade ou inexactitude nos datos recollidos nas solicitudes así como nas certificacións citadas poderá dar lugar á anulación da adhesión da colaboradora ao convenio, así como á aplicación do réxime sancionador previsto no artigo 14 deste anexo.

3. A presentación telemática da xustificación das subvencións, que será de uso obrigatorio para as colaboradoras, poderá realizarse de xeito agrupado.

4. No prazo dun mes desde a notificación da avaliación previa positiva á entidade colaboradora, deberá realizarse a actuación subvencionable e presentar a entidade colaboradora a documentación xustificativa correspondente. En todo caso, a data límite de xustificación é o 10 de novembro de 2011.

Transcorrido o prazo indicado sen que a entidade colaboradora presente a documentación solicitada, de conformidade co disposto polo artigo 45.2 do Decreto 11/2009, requirirase esta para que no prazo improrrogable de dez días a presente. A falta de xustificación en prazo non eximirá a colaboradora, ou o/a beneficiario/a no caso de que esta falta sexa imputable a el/a, das sancións que legalmente correspondan.

A falta de presentación da xustificación no dito prazo adicional suporá a cancelación da adhesión da entidade colaboradora, sen que esta cancelación afecte a xestión das axudas tramitadas de conformidade con anterioridade a ela, nos termos establecidos no artigo 14 do anexo I. O incumprimento do dito prazo adicional por causas imputables ao/á beneficiario/a no proceso de xustificación suporá a denegación da subvención ou, de ser o caso, a perda do dereito á subvención e a obriga de reintegro.

5. Ditada a resolución de concesión de axuda e unha vez verificada de conformidade pola Administración a documentación xustificativa, a consellería realizará sucesivas propostas de pagamento para lles reintegrar ás colaboradoras os importes das subvencións anticipadas por estas.

A consellería poderá verificar presencialmente ou polos medios que se consideren oportunos que o proceso de solicitude e a xustificación da axuda se levaron a cabo segundo o establecido.

Artigo 14. Incumprimentos, reintegros e sancións.

1. As colaboradoras someteranse ás actuacións de inspección, información e control que esta consellería poida efectuar respecto á xestión destas subvencións, e que permitan a xustificación financeira ante a Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, do Tribunal de Contas e do Tribunal de Contas da Comisión Europea, así como as comprobacións previstas na lexislación do Consello de Contas, de acordo co establecido na Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, e na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, para o que se achegará canta información lle sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores.

A consellería poderá realizar cantas comprobacións, inspeccións e controis considere precisos para a comprobación da xestión das subvencións, e quedan as colaboradoras obrigadas a prestar a súa colaboración e facilitar toda a información que se lle solicite en relación coas citadas axudas.

2. Se a Consellería de Economía e Industria comprobase o incumprimento dalgún dos compromisos adquiridos, poderá cancelar a adhesión, logo de audiencia do/a interesado/a, sen que esta teña efectos sobre as solicitudes tramitadas previa e correctamente pola colaboradora.

Ás entidades colaboradoras seralles de aplicación o réxime de infraccións e sancións previsto no título IV da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

3. No caso de que se produzan incumprimentos imputables ás colaboradoras na xustificación das axudas ou na verificación das condicións establecidas para recibir a axuda polos beneficiarios, as colaboradoras asumirán os posibles descontos realizados aos beneficiarios e, de ser o caso, reintegrarán as contías que obtivesen indebidamente da consellería, xunto cos xuros de demora que correspondan, atendendo ao previsto no título II da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 15. Remisión normativa.

Para todo o non previsto neste anexo observarase o previsto na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. Así mesmo, observarase o disposto na normativa básica da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, no Real decreto 887/2006, do 21 de xullo, polo que se aproba o regulamento da dita lei, e da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, no Decreto 198/2010, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes e restante normativa de aplicación, así como nos regulamentos (CE) 1080/2006 (DOUE do 31.7.2006), 1083/2006 (DOUE do 31.7.2006) e 1828/2006 (DOUE do 15.2.2007), relativos ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), e a Orde EHA 524/2008, do 26 de febreiro, relativa aos gastos subvencionables polo Feder e Fondo de Cohesión.

ANEXO II
Bases reguladoras para a concesión de subvencións para promover a sociedade da información no comercio retallista galego (procedemento IN214A).

Artigo 1. Obxecto e réxime da subvención.

1. A subvención regulada por estas bases ten por obxecto promover a sociedade da información no sector do comercio retallista galego, mediante a adquisición de ordenadores, software de xestión e outros equipamentos por parte dos comerciantes retallistas galegos para o ano 2011.

2. De acordo co establecido na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, a concesión destas subvencións tramítase na modalidade de concorrencia non competitiva, de modo que as solicitudes de subvención serán atendidas respectando a súa orde de entrada e sen comparación con outras solicitudes, ata o esgotamento do crédito dispoñible. A elección deste procedemento de concesión de subvencións vén xustificado polo feito de que os requisitos que se teñen que cumprir para a concesión da subvención están fixados de forma clara e regulada nesta orde, de tal maneira que non é axeitado para a finalidade e para o obxecto da subvención establecer criterios de gradación entre os posibles beneficiarios.

Así mesmo, prevese a participación de entidades colaboradoras na xestión das subvencións, que terán como función a promoción da sociedade da información actuando como canle entre os/as beneficiarios/as das accións subvencionables e a consellería nos termos establecidos nesta orde.

3. O procedemento de concesión destas subvencións quedará suxeito ao Regulamento comunitario 1998/2006 da Comisión, do 15 de decembro de 2006, relativo á aplicación dos artigos 87 e 88 do Tratado ás subvencións de minimis (DOUE L 379, do 28.12.2006). Así mesmo, pola orixe das partidas orzamentarias, tamén quedará suxeito aos regulamentos (CE) 1080/2006 (DOUE do 31.7.2006), 1083/2006 (DOUE do 31.7.2006) e 1828/2006 (DOUE do 15.2.2007), relativos ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), e a Orde EHA 524/2008, do 26 de febreiro, relativa aos gastos subvencionables polo Feder e Fondo de Cohesión.

4. Estas bases reguladoras prevén o uso e a aplicación de medios telemáticos nos procedementos de concesión e xustificación das subvencións, con indicación dos trámites para cumprir por esta vía e os medios electrónicos e sistemas de comunicación para utilizar, de conformidade co artigo 14.2.º da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 2. Persoas beneficiarias.

1. Poderán solicitar e beneficiarse das subvencións para as actuacións subvencionables recollidas no artigo 4 das bases desta convocatoria, sen prexuízo de reunir os demais requisitos establecidos nesta orde, os/as comerciantes que realicen a súa actividade única e exclusivamente como comerciantes retallistas, xa sexan persoas físicas ou xurídicas, e as comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado sen personalidade xurídica, legalmente constituídas, que teñan domicilio e alta fiscal no IAE para a súa actividade económica en Galicia e que cumpran cos seguintes requisitos:

1.º Estar incluídos dentro das agrupacións ou epígrafes correspondentes á clasificación do imposto de actividades económicas relacionadas no anexo IV desta orde, e non estar dados de alta noutras epígrafes distintas ás recollidas no citado anexo. A data de alta deberá ser anterior á data de publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Este requisito acreditarase coa presentación diante da entidade colaboradora da certificación expedida pola Axencia Tributaria en que se indiquen a data e as epígrafes do imposto de actividades económicas en que figure dado de alta o solicitante.

2.º Non estar incurso/a en ningunha das prohibicións para obter a condición de beneficiario/a recollidas nos puntos 2.º e 3.º do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Este requisito acreditarase mediante a presentación diante da entidade colaboradora dunha declaración escrita do/a solicitante, e poderá a Administración realizar en calquera momento as comprobacións que considere oportunas para verificar a veracidade de tal declaración.

Non obstante, os/as solicitantes e beneficiarios/as quedan exentos/as de achegar os xustificantes do cumprimento das obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social, e de non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da comunidade autónoma ou ser debedor/a por resolución de procedencia de reintegro, de acordo co previsto no artigo 49.un.l) da Lei 14/2010, do 27 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2011.

3.º Destinar os investimentos e desenvolver a súa actividade en establecementos comerciais situados na Comunidade Autónoma de Galicia, que deberán ter o domicilio social nesta comunidade.

No caso do comercio ambulante, requírese que a actividade se desenvolva no territorio galego.

4.º Os/as comerciantes ambulantes deberán estar inscritos/as no rexistro de comerciantes ambulantes ou ter solicitada a inscrición con anterioridade á data de finalización do prazo de presentación de solicitudes.

5.º Non superar os dez traballadores.

Este requisito acreditarase mediante a presentación diante da entidade colaboradora do TC2 do mes anterior á presentación de solicitudes, ou certificación correspondente da Seguridade Social.

6.º Que, de ser o caso, os seus locais comerciais non superen os 150 m2 de superficie comercial destinada á exposición e venda ao público. Esta limitación non será de aplicación para as actividades encadradas nas epígrafes 653.1.º e 663.

Este aspecto acreditarase cunha declaración escrita do/a solicitante, e poderá a Administración realizar con posterioridade as comprobacións que considere oportunas para verificar a veracidade de tal declaración.

2. Os/as beneficiarios/as de ordes de convocatoria desta consellería para equipamentos similares dos exercicios 2006 a 2010 non poderán ser novamente beneficiarios/as para os mesmos conceptos xa subvencionados, a menos que se trate de investimentos destinados a un establecemento comercial de nova apertura.

Este aspecto acreditarase cunha declaración escrita do/a solicitante, e poderá a Administración realizar con posterioridade as comprobacións que considere oportunas para verificar a veracidade de tal declaración.

3. Así mesmo, para seren beneficiarios/as deberán presentar diante da entidade colaboradora a documentación acreditativa da identidade do/a solicitante e, de ser caso, da persoa que asina a solicitude na súa representación.

4. A documentación para presentar diante da entidade colaboradora incluirá unha declaración expresa sobre a concesión doutras subvencións ou axudas para a mesma finalidade procedentes da mesma ou doutras administracións, ou de entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais. Así mesmo, incluirase declaración de subvencións en réxime de minimis segundo o anexo V desta orde, tendo en conta o límite cuantitativo máximo para este réxime de axudas, establecido en 200.000 € para o conxunto do exercicio fiscal actual e os dous exercicios anteriores.

5. As agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, públicas ou privadas sen personalidade xurídica, comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado sen personalidade xurídica, presentarán o código de identificación fiscal, así como a escritura de constitución.

Deberán constar expresamente, na solicitude e na resolución de concesión, os compromisos de execución asumidos por cada membro da agrupación e o importe de subvención que se aplicará por cada un, que terán igualmente a consideración de beneficiarios. Deberá nomearse un representante único da agrupación, con poderes suficientes para cumprir as obrigas que corresponden á agrupación. Non poderá disolverse ata que transcorra o prazo de prescrición previsto nos artigos 35 e 63 da Lei de subvencións de Galicia.

6. En todo caso, deberá tramitarse a solicitude exclusivamente a través de calquera das entidades colaboradoras que sexan seleccionadas pola Consellería de Economía e Industria no procedemento público e aberto regulado por esta orde de convocatoria.

Artigo 3. Financiamento e concorrencia.

1. A Consellería de Economía e Industria destinará para o financiamento deste réxime de subvencións os créditos globais correspondentes á aplicación orzamentaria dos orzamentos da comunidade autónoma para 2011, que se menciona a continuación:

Aplicación orzamentaria: 08.03.751A.770.1 «modernización e fomento da calidade no comercio retallista», exercicio 2011: 438.396,94 € (cód. proxecto 2010 406). Esta convocatoria está financiada nun 70%, polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) e no 30% restante polo FCI. As actuacións previstas están comprendidas no Programa operativo Feder Galicia 2007-2013, dentro do eixe 2, tema prioritario 08, actuación 08.

Estas cantidades poderán incrementarse en función das solicitudes presentadas e de acordo coas dispoñibilidades de crédito, e publicarase no DOG o aludido incremento na súa contía, sempre que os fondos para este incremento procedan de:

a) Unha xeración, ampliación ou incorporación de crédito.

b) A existencia de remanentes doutras convocatorias financiadas con cargo ao mesmo crédito ou a créditos incluídos no mesmo programa ou en programas do mesmo servizo.

Artigo 4. Actuacións subvencionables.

1. Para os efectos desta orde, entenderase como investimento subvencionable os custos en que incorra cada beneficiario/a como consecuencia da subministración por parte dalgunha das entidades colaboradoras dos equipamentos definidos no número 4 deste artigo, co límite máximo establecido para cada modalidade, sempre que a adquisición e posterior mantemento da propiedade se realice cumprindo todos os requisitos e trámites aquí establecidos.

2. As entidades colaboradoras están obrigadas a ofertar os bens subvencionables nas condicións técnicas e atendendo aos importes máximos establecidos nesta orde.

3. Cada unha das subvencións acadará o 70% do importe do investimento subvencionable, co límite máximo e nas condicións establecidas para cada modalidade na presente orde de convocatoria. Non se considerará subvencionable o IVE correspondente, que deberá ser aboado na súa totalidade polo/a beneficiario/a, polo que a porcentaxe de subvención enténdese aplicable sobre a base impoñible.

Os/as solicitantes poderán optar a unha ou varias das 5 modalidades de subvencións que se recollen nesta orde, coas exclusións e condicións establecidas para cada unha no número 4 deste precepto, sen que poidan en ningún caso superar polo conxunto de subvencións a que concorran o límite máximo de investimento subvencionable de 2.142,8 € (IVE excluído), o que equivale a un límite máximo de subvención de 1.500 euros por beneficiario/a.

En todo caso, os gastos subvencionables deberán estar realizados e efectivamente pagados con posterioridade á avaliación previa positiva da subvención por parte da consellería.

4. Os conceptos subvencionables, segundo modalidades de subvención, son os seguintes:

1.º Modalidade A. Adquisición dun ordenador portátil ou de escritorio, segundo as seguintes opcións, das cales unicamente se poderá financiar unha por beneficiario/a.

A) Opción 1: ordenador portátil cun importe máximo custo equipamento de 400,00 €, IVE excluído.

Os requisitos e especificacións técnicas que con carácter de mínimos deberá reunir o equipamento subvencionable son os seguintes:

– Ordenador Netbook.

– Pantalla 10’’ a 11,6’’ preferentemente antirreflectante.

– Procesador compatible ×86 con prestacións como mínimo equivalentes ou superiores a un Intel Atom n27 a 1,6 XHz.

– Memoria RAM 1 XB ampliable a 2 XB, ou 2 Xb se carece de rañura de ampliación.

– Disco duro 160 XB ou SSD de 64 Xb.

– Wifi clase N compatible con clase G.

– Lector tarxetas SD.

– Autonomía mínima de 4 h garantidas (segundo probas benchmark habituais no mercado).

– Sistema operativo preinstalado con licenza incluída.

Nesta primeira opción, a contía da subvención non superará o 70% do custo total do equipamento, IVE excluído, o que supón un máximo de subvención de 280,00 €.

B) Opción 2: ordenador portátil cun importe máximo de custo do equipamento de 650,00 €, IVE excluído.

Os requisitos e especificacións técnicas que con carácter de mínimos deberá reunir o equipamento subvencionable son os seguintes:

– Ordenador portátil.

– Pantalla entre 12’’ e 16’’.

– Procesador compatible ×86 ou Mac con prestacións equivalentes ou superiores a un Intel Core 2 Duo serie 6000 ou superior.

– Memoria RAM 4 XB, ou 2 XB máis rañura libre para ampliación.

– Disco duro 250 XB ou disco SSD de 64 X.

– Wifi clase N compatible con clase G.

– Lector tarxetas SD.

– Gravadora DVD.

– Autonomía mínima de 4 h garantidas (segundo probas benchmark habituais no mercado).

– Sistema operativo preinstalado con licenza incluída.

Nesta opción, a contía da subvención non superará o 70% do custo total do equipamento, IVE excluído, o que supón un máximo de subvención de 455,00 €.

C) Opción 3: ordenador de escritorio cun importe máximo de custo do equipamento de 750,00 €, IVE excluído.

Para esta opción poderase optar por unha das dúas versións seguintes, segundo os requisitos e especificacións técnicas que con carácter de mínimos deberá reunir o equipamento subvencionable:

a) Ordenador de escritorio.

– Caixa semitorre.

– Procesador compatible ×86 ou Mac con prestacións como mínimo equivalentes ou superiores a un Intel Dual Core Serie E4000 a 3 Xhz.

– Memoria Ram 4 Xb máis rañura de ampliación.

– Disco duro 500 XB.

– Lector de tarxetas SD.

– Gravadora DVD multiformato.

– Monitor de 19 polgadas ou superior.

– Teclado e rato opcionalmente sen fíos.

– Sistema operativo preinstalado con licenza incluída.

b) Ordenador de escritorio categoría net top ou todo-nun.

– Procesador compatible ×86 con prestacións equivalentes ou superiores a un Intel Atom N270 a 1,6 XHz.

– Memoria Ram 1 Xb ampliable ou 2 Xb se carece de rañura de ampliación.

– Disco duro de 160 XB ou SSD de 64 XB.

– Wifi clase N compatible con clase G.

– Lector tarxetas SD.

– Pantalla mínimo 19’’ ou táctil de 18’’.

– Teclado e rato opcionalmente sen fíos.

– Sistema operativo preinstalado con licenza incluída.

Nesta opción, a contía da subvención non superará o 70% do custo total do equipamento, IVE excluído, o que supón un máximo de subvención de 525,00 €.

2.º Modalidade B: paquete software de xestión.

Nesta modalidade de subvención, ofértanse dúas opcións, e os solicitantes poderán acollerse a unha ou a ambas, segundo o detalle seguinte:

A) Opción 1:

Módulo de xestión comercial e/ou almacén máis control económico. O importe máximo do custo do equipamento será de 1.000,00 €, IVE excluído.

Nesta opción, a contía da subvención non superará o 70% do custo total do equipamento, IVE excluído, o que supón un máximo de subvención de 700,00 €.

B) Opción 2:

Complementaria da opción 1, recolle o soporte técnico, a implantación in situ e a formación por importe máximo de 400,00 €, IVE excluído.

Nesta opción, a contía da subvención non superará o 70% do custo total do equipamento, IVE excluído, o que supón un máximo de subvención de 280,00 €.

3.º Modalidade C: páxina web comercial.

O importe máximo do custo do equipamento será de 1.000,00 €, IVE excluído. Os elementos mínimos da páxina son:

– Portada ou páxina de inicio.

– Formulario de contacto.

– Sistema de catálogo en liña ou páxinas de produtos ou servizos facilmente actualizables desde o xestor, incluíndo o servizo de maquetación das 2 primeiras páxinas como mínimo.

– Formación para actualización das páxinas polo xestor.

– Como mínimo un complemento preinstalado tipo blog, foro, xestor de noticias, xestor de enquisas ou similar.

– Epígrafe de situación cos datos de contacto da empresa.

– Rexistro nome de dominio.

– Outras características: a tecnoloxía da páxina debe ser facilmente accesible e indexable polos motores de busca.

Nesta opción, a contía da subvención non superará o 70% do custo total do equipamento, IVE excluído, o que supón un máximo de subvención de 700,00 €.

4.º Modalidade D: periféricos e outros compoñentes.

Nesta opción poderase optar por unha ou varias modalidades:

A) Lector de código de barras.

O importe máximo do custo do equipamento será de 200,00 €, IVE excluído.

Nesta opción, a contía da subvención non superará o 70% do custo total do equipamento, IVE excluído, o que supón un máximo de subvención de 140,00 €.

B) Caixón portamoedas.

O importe máximo do custo do equipamento será de 60,00 €, IVE excluído.

Nesta opción, a contía da subvención non superará o 70% do custo total do equipamento, IVE excluído, o que supón un máximo de subvención de 42,00 €.

C) Impresora tíckets. O importe máximo do custo do equipamento será de 230,00 €, IVE excluído.

Nesta opción, a contía da subvención non superará o 70% do custo total do equipamento, IVE excluído, o que supón un máximo de subvención de 161,00 €.

5.º Modalidade E: paquete TPV integrado.

A opción por esta modalidade é excluinte coas modalidades A, B, C e D.

O importe máximo do custo do equipamento será de 2.142,8 €, IVE excluído.

Os requisitos mínimos do equipamento, que poderá ser modular ou compacto, son:

– CPU.

– Monitor 15’’ a 19’’, preferentemente táctil.

– Impresora térmica tíckets.

– Caixón portamoedas.

– Lector de código de barras.

– Teclado e rato (excepto versións táctiles).

– Software tpv preinstalado e licenza.

– Sistema operativo preinstalado e licenza.

Nesta opción, a contía da subvención non superará o 70% do custo total do equipamento, IVE excluído, o que supón un máximo de subvención de 1.500,00 €.

Artigo 5. Forma e prazo de presentación das solicitudes de subvencións.

1. O prazo de presentación das solicitudes de axudas quedará aberto a partir do día seguinte ao da publicación no DOG da relación íntegra de entidades colaboradoras, nos termos que se recollen no anexo I desta orde, e permanecerá aberto ata o 10 de novembro de 2011, ou ata que se esgote o crédito orzamentario se se produce este esgotamento en data anterior.

2. Para seren beneficiarios/as deberase tramitar a solicitude de axuda exclusivamente a través de calquera das entidades colaboradoras que sexan seleccionadas para este réxime de subvencións, de acordo co procedemento previsto no anexo I desta orde.

3. As colaboradoras presentarán para cada solicitante unha solicitude de subvención ante a consellería. Necesariamente a execución do investimento subvencionable deberá realizarse unha vez obtida a correspondente avaliación previa positiva, e non se aceptarán investimentos realizados con anterioridade.

No caso de que o solicitante optase por solicitar modalidades de axudas en entidades colaboradoras diferentes, cada solicitude constituirá un expediente de subvención diferenciado, cada un coa data de presentación que corresponda, para o que o/a solicitante deberá achegar novamente a documentación correspondente ou ben autorizar a consulta dos datos segundo o establecido no artigo 2 do Decreto 255/2008.

A Consellería de Economía e Industria proporcionará ás entidades colaboradoras unha plataforma telemática para a tramitación de expedientes de subvencións.

4. As entidades colaboradoras comprobarán a idoneidade da documentación dos/as solicitantes para seren beneficiarios/as, para o que obterán do/a solicitante o seguinte:

1.º Autorización para a consulta dos datos de identidade no Sistema de Verificación de Datos de Identidade do Ministerio de Administracións Públicas, de acordo co previsto no artigo 2 do Decreto 255/2008, do 23 de outubro, ou, de ser o caso, copia do DNI ou NIF, en vigor, en que deberá constar o enderezo dentro da Comunidade Autónoma de Galicia ou, no segundo caso, certificado de domicilio fiscal.

2.º De ser o caso, copia do documento ou poder de representación con que actúe o/a comprador/a.

3.º Copia de documento TC2 de pagamento mensual á Seguridade Social do mes anterior á solicitude, ou certificación correspondente da Seguridade Social.

4.º Certificación das epígrafes do IAE e da localidade da Comunidade Autónoma de Galicia en que se encontra dado de alta censual ou, de ser o caso, certificado de domicilio fiscal.

5.º No caso dos comerciantes ambulantes, certificación da inscrición no rexistro de comerciantes ambulantes ou da solicitude de inscrición con data anterior á data de finalización do prazo de presentación de solicitudes.

6.º Declaracións relativas á solicitude ou percepción doutras subvencións.

7.º Declaración de axudas de minimis.

8.º Declaración, de ser o caso, de superficie dos locais comerciais.

9.º Declaración de non estar incurso/a en ningunha das prohibicións para obter a condición de beneficiario/a recollidas nos puntos 2.º e 3.º do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

10.º Declaración de non ter recibido axudas para os mesmos conceptos subvencionables da Consellería de Economía e Industria no período 2006-2010.

O beneficiario poderá identificar que a consellería xa dispón desa documentación indicando no anexo o código de procedemento, en aplicación do artigo 35 f) da Lei 30/1992, do 26 de novembro (procedementos cunha antigüidade non superior a cinco anos). Así mesmo, poderá autorizar a consellería para a consulta dos datos de identidade do Ministerio de Administracións Públicas, de acordo co previsto no artigo 2 do Decreto 255/2008, do 23 de outubro.

5. Unha vez obtida a documentación anterior, a colaboradora solicitará a subvención cos formularios que cubrirán e obterán necesariamente a través da aplicación informática correspondente establecida na oficina virtual desta consellería, sita no enderezo da internet http://economiaeindustria.xunta.es, ou aquel que poida substituílo durante a vixencia desta orde.

Así mesmo, a través da citada aplicación informática, as colaboradoras obterán un documento de aceptación e sometemento ás condicións establecidas neste réxime de subvencións, que deberá ser asinado polo/a solicitante. Se a colaboradora dispón dos medios adecuados e o/a solicitante dispón dun DNI dixital, deberase fomentar e permitir que se realice a sinatura electrónica do dito documento de aceptación na propia aplicación web, e neste caso a colaboradora non necesitará arquivar copia do dito documento. De non ser posible a sinatura electrónica, imprimirase o documento por duplicado para que o asine o/a solicitante e garde un exemplar, e o outro exemplar será arquivado pola colaboradora.

Para os trámites que se realicen na citada aplicación informática, o/a interlocutor/a da colaboradora necesitará posuír e empregar un certificado dixital, en vigor, conforme o disposto no Decreto 164/2005, do 16 de xuño, polo que se crea o Rexistro Electrónico da Xunta de Galicia.

Artigo 6. Procedemento de concesión das subvencións.

1. O procedemento de concesión destas subvencións tramitarase ao abeiro do disposto no artigo 19.2.º da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, que establece que as bases reguladoras das convocatorias de subvencións poderán exceptuar do requisito de fixar unha orde de prelación entre as solicitudes presentadas que reúnan os requisitos establecidos cando, polo obxecto e a finalidade da subvención, non sexa necesario realizar a comparación e prelación das solicitudes presentadas nun único procedemento ata o esgotamento do crédito orzamentario coas garantías previstas no artigo 31.4.º da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e facendo uso da tramitación prevista no artigo 22 da dita lei.

2. As solicitudes de axudas someteranse a avaliación previa á resolución, e revisaranse en función do previsto neste réxime de subvencións, empregando procedementos telemáticos automáticos de revisión das solicitudes de axudas que permitan a aprobación dentro dos criterios establecidos neste réxime de subvencións. As solicitudes completas e correctas en función da revisión efectuada, para as que exista dispoñibilidade orzamentaria, recibirán a avaliación previa positiva a través dos medios electrónicos establecidos nesta convocatoria.

De conformidade co establecido no artigo 71 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, se a solicitude non reúne os requisitos exixidos, requirirase a entidade colaboradora para que, nun prazo de 10 días hábiles, emende a falta ou presente os documentos preceptivos exixidos, con indicación de que, de non facelo así, se considerará que desiste da solicitude de subvención, logo da resolución que deberá ser ditada nos termos previstos no artigo 42 da dita lei.

3. A concesión das subvencións efectuarase respectando a orde de rexistro de solicitudes de subvencións correspondentes ás avaliacións previas que resulten positivas, seguindo a orde de presentación a través da plataforma telemática ata esgotar o crédito dispoñible. No caso de que para a última solicitude atendida non exista crédito suficiente tendo en conta o límite máximo de subvención posible para cada beneficiario (1.500 €), poderá atenderse a solicitude ata a contía dispoñible.

Todas as resolucións serán notificadas de acordo co establecido no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. As solicitudes desestimadas notificaranse indicando as causas de desestimación.

4. O prazo máximo para resolver e notificar a resolución será de 3 meses contados desde a data de presentación da solicitude da axuda. Se transcorrese o prazo máximo para resolver sen que se ditase resolución expresa, os solicitantes poderán entender desestimadas as súas solicitudes por silencio administrativo, de conformidade co artigo 23.5 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

5. No momento en que a consellería esgote a consignación orzamentaria establecida no artigo 3 destas bases reguladoras, e sen prexuízo de que a Administración poida optar por incrementar o crédito orzamentario nos supostos previstos nesta orde, porao en coñecemento das colaboradoras, e non admitirá nin aprobará ningunha nova solicitude, sen menoscabo da tramitación ordinaria das solicitudes de axuda correspondentes a avaliacións previas positivas xa comunicadas, de acordo co previsto no artigo 32 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

En todo caso, a indicada circunstancia deberá ser publicada no DOG e na páxina web oficial da Consellería de Economía e Industria.

6. No prazo dun mes desde a notificación da avaliación previa positiva á entidade colaboradora, deberá realizarse a actuación subvencionable e presentar a entidade colaboradora a documentación xustificativa correspondente. En todo caso, a data límite de xustificación é o 10 de novembro de 2011.

Transcorrido o prazo indicado sen que a entidade colaboradora presente a documentación solicitada, de conformidade co disposto polo artigo 45.2 do Decreto 11/2009, requirirase esta para que no prazo improrrogable de dez días a presente. A falta de xustificación en prazo non eximirá a colaboradora, ou o/a beneficiario/a no caso de que esta falta sexa imputable a el/a, das sancións que legalmente correspondan.

A falta de presentación da xustificación no dito prazo adicional suporá a cancelación da adhesión da entidade colaboradora, sen que esta cancelación afecte a xestión das axudas tramitadas de conformidade con anterioridade a ela, nos termos establecidos no artigo 14 do anexo I. O incumprimento de dito prazo adicional por causas imputables ao/a beneficiario/a no proceso de xustificación suporá a denegación da axuda ou, de ser o caso, a perda do dereito á subvención concedida e a obriga de reintegro.

Artigo 7. Desenvolvemento das actuacións subvencionables.

1. Unha vez que unha solicitude conte coa avaliación previa positiva, desenvolveranse as actuacións subvencionables e as colaboradoras emitirán a preceptiva factura.

2. A contía da subvención avaliada positivamente será reflectida pola colaboradora, no momento da emisión da factura ao/a beneficiario/a, como unha redución na cantidade para ingresar do importe total da factura. Esta redución calcularase aplicando a porcentaxe de subvención aprobada sobre o importe da base impoñible do investimento, isto é, excluíndo o IVE, e esta contía restarase do importe total para ingresar da factura, polo que a subvención non supón ningunha minoración do IVE ou outros impostos que puidesen gravar o investimento.

A aplicación desta porcentaxe de subvención estará en todo caso limitada pola contía máxima que se establece para o investimento no artigo 4 destas bases reguladoras.

3. O/a beneficiario/a deberá realizar o pagamento íntegro da factura, descontando a contía da subvención avaliada positivamente, mediante pagamento con tarxeta bancaria (de débito ou crédito), transferencia ou ingreso bancario. Non se considerarán válidas para os efectos de xustificación outras formas de pagamento como obrigas de pagamento ou talóns, nin os pagamentos mediante arrendamento financeiro (renting, leasing, etc.) nin o pagamento en efectivo.

4. Calquera modificación sobrevida nos datos incluídos na solicitude de axuda (por exemplo, erro nos datos do/a beneficiario/a, nos importes, no equipamento que se vaia subvencionar, etc.) implica a necesaria anulación da solicitude pola entidade colaboradora, e debe dar lugar á presentación dunha nova solicitude de axuda.

Artigo 8. Réxime da aceptación e renuncia da subvención.

Sen prexuízo dos recursos que procedan contra a resolución, transcorridos dez días desde a notificación sen que o interesado comunicase expresamente a súa renuncia á subvención, entenderase que a acepta e desde ese momento adquirirá a condición de beneficiario.

A renuncia á subvención deberá ser motivada e poderá facerse axustándose ao modelo que se inclúe como anexo VII.

Artigo 9. Obrigas dos/as beneficiarios/as.

Son obrigas dos/as beneficiarios/as as recollidas no artigo 11 da Lei 9/2007, entre as cales destacan as seguintes:

1. Cumprir o obxectivo, executar o proxecto, realizar a actividade ou adoptar o comportamento que fundamenta a concesión das subvencións.

2. Xustificar ante a entidade colaboradora o cumprimento dos requisitos e das condicións, así como a realización da actividade e o cumprimento da finalidade que determinen a concesión da subvención.

3. As persoas beneficiarias someteranse ás actuacións de inspección e control que esta consellería poida efectuar respecto á xestión destas subvencións, e que permitan a xustificación financeira ante a Intervención Xeral da Comunidade Autónoma e o Tribunal de Contas, e do Tribunal de Contas da Comisión Europea, así como as comprobacións previstas na lexislación do Consello de Contas, de acordo co establecido na Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, e na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

4. Facilitar toda a información que lle sexa requirida pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, polo Tribunal de Contas e polo Consello de Contas no exercicio das súas funcións de fiscalización e control do destino das subvencións

5. Manter a propiedade sobre os investimentos subvencionados, e a vinculación destes á actividade económica que motivou a subvención, durante un período mínimo de 5 anos. Necesariamente os investimentos estarán dedicados a actividades e centros de traballo en Galicia.

6. Proceder ao reintegro dos fondos percibidos nos supostos previstos no artigo 33 da Lei 9/2007.

7. Os/as beneficiarios/as quedan exentos de xustificar que se encontran ao día do pagamento das obrigas coa Facenda Pública do Estado, da Administración autónoma así como coa Seguridade Social, ou ser debedor/a por resolución de procedencia de reintegro, de acordo co recollido no artigo 49.un.l) da Lei 14/2010, do 27 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2011.

8. As persoas beneficiarias deberán comunicarlle ao órgano concedente ou á entidade colaboradora a obtención doutras subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas, especificando aquelas axudas obtidas por de minimis, para os efectos de poder comprobar o cumprimento do límite cuantitativo a que fai referencia o artigo 2.4 destas bases. Así mesmo, comunicarán a modificación das circunstancias que fundamentasen a concesión da subvención.

Esta comunicación deberá efectuarse no momento en que se coñeza e, en todo caso, con anterioridade á xustificación da aplicación dada aos fondos percibidos.

9. Os/as beneficiarios/as deberán manter un sistema de contabilidade separado ou un código contable axeitado que facilite unha pista de auditoría apropiada en relación con todos os gastos relacionados co investimento realizado ao abeiro desta orde, e deberán conservar os xustificantes orixinais e o resto da documentación relacionada coa subvención outorgada desde a data da concesión ata tres anos despois do peche do programa operativo, de acordo co disposto nos artigos 60 e 90 de Regulamento (CE) 1083/2006 do Consello, do 11 de xullo de 2006, e deberán restituír a subvención outorgada nos casos en que concorra causa de reintegro.

A falsidade ou inexactitude nos datos e documentos achegados polos/as beneficiarios/as poderá dar lugar á denegación da axuda ou, con posterioridade, á perda do dereito á subvención e ao seu reintegro, así como á aplicación do réxime sancionador previsto na normativa en materia de subvencións públicas.

Artigo 10. Obrigas específicas de publicidade.

1. Os/as beneficiarios/as deberán adoptar as medidas de difusión contidas no punto 3 do artigo 15 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia.

Os/as beneficiarios/as deberán dar a adecuada publicidade do carácter público do financiamento en todas as actuacións que deriven da execución do proxecto, en cumprimento do artigo 15.3.º da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia. En concreto, os/as beneficiarios/as de axudas deberán facer constar o cofinanciamento dos activos adquiridos ao abeiro desta axuda con fondos da Xunta de Galicia a través da Consellería de Economía e Industria. Para isto empregarán adhesivos ou distintivos similares coa lenda «Proxecto cofinanciado», xunto co escudo normalizado da Xunta de Galicia.

Para dar cumprimento á publicidade do cofinanciamento, seguiranse as instrucións que se recollen no enderezo da internet http://economiaeindustria.xunta.es no seu enlace «Axudas» da Consellería de Economía e Industria e dentro deste no sitio dedicado ao procedemento IN214A.

2. Ademais, os/as beneficiarios/as deberán cumprir as medidas en materia de información e publicidade reguladas na sección 1 do capítulo II do Regulamento (CE) 1828/2006 da Comisión, do 8 de decembro, e no artigo 1, números 1 e 2, do Regulamento (CE) 846/2009 da Comisión, do 1 de setembro de 2009, e que se recollen na Guía de publicidade e información das intervencións cofinanciadas polos fondos estruturais 2007-2013, e que poden consultarse na páxina web http://www.conselleriadefacenda.es/web/portal/guia-intervencions-cofinanciadas-fe.

En aplicación desta normativa en materia de publicidade, os/as beneficiarios/as deberán ter en conta que, de acordo co artigo 9 do citado Regulamento (CE) 1828/2006 e co artigo 1.2 a) do Regulamento (CE) 846/2009, todas as medidas de información e publicación establecidas incluirán os elementos seguintes:

– O emblema da Unión Europea.

– Referencia ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder).

– Declaración do Fondo: «Unha maneira de facer Europa».

– Proporcionalidade entre emblemas.

A aceptación desta axuda supón a publicación na lista de beneficiarios prevista nos artigos 6 e 7.2 d) do Regulamento (CE) 1828/2006 da Comisión.

Artigo 11. Xustificación e pagamento ás entidades colaboradoras.

1. Para a xustificación da axuda e o pagamento ás entidades colaboradoras, observarase o disposto para ese fin no anexo I desta orde, que regula o proceso de selección de entidades colaboradoras e as condicións de colaboración en relación con esta convocatoria de subvencións.

2. A consellería poderá solicitar do/a beneficiario/a calquera información complementaria que poida considerar durante a vixencia desta orde. A falsidade ou inexactitude nos datos recollidos nas solicitudes de subvención, así como na documentación requirida, imputable ás entidades colaboradoras, poderá dar lugar á aplicación do réxime sancionador previsto na normativa de aplicación en materia de subvencións públicas.

Artigo 12. Órganos competentes.

1. A Dirección Xeral de Comercio será o órgano competente para a instrución do procedemento de concesión da subvención, así como para realizar a proposta de resolución ao conselleiro, correspondendo ao conselleiro de Economía e Industria ditar a resolución que corresponda, sen prexuízo da delegación noutros órganos.

2. A Dirección Xeral de Comercio será o órgano competente para a aplicación dos medios informáticos, electrónicos e telemáticos que se empreguen neste réxime de subvencións, así como para a definición das especificacións, programación, mantemento, supervisión e control da calidade das aplicacións dos medios utilizados para a actuación administrativa automatizada. Estas actuacións, en todo caso, poderán ser impugnadas ante o conselleiro de Economía e Industria (artigo 39 da Lei 11/2007 e 22.7 do Decreto 198/2010).

Artigo 13. Incumprimento, reintegros e sancións.

1. O incumprimento das obrigas contidas nestas bases reguladoras, na convocatoria ou na demais normativa aplicable, así como das condicións que, de ser o caso, se establezan na resolución de concesión, dará lugar á obriga de devolver total ou parcialmente as subvencións percibidas, así como os xuros de demora correspondentes.

2. Para facer efectiva a devolución a que se refire o punto anterior tramitarase o oportuno procedemento de reintegro, que se axustará ao previsto no título II da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

3. Aos/ás beneficiarios/as das subvencións reguladas nestas bases seralles de aplicación o réxime de infraccións e sancións previsto no título IV da dita Lei 9/2007.

Artigo 14. Modificación da resolución.

Toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión da subvención e, en todo caso, a obtención concorrente de subvencións ou axudas outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión.

Artigo 15. Consentimentos e autorizacións dos/as solicitantes das subvencións.

1. De conformidade co artigo 20.3.º da Lei 9/2007, se o solicitante indica que certa documentación que se deba usar neste procedemento xa consta en poder da consellería, a presentación da solicitude implica a autorización ao órgano instrutor para acceder a esa documentación.

2. De acordo co establecido na disposición adicional primeira do Decreto 132/2006, do 27 de xullo, de creación dos rexistros de axudas, subvencións e convenios e de sancións da Xunta de Galicia, a persoa solicitante da subvención consente expresamente a inclusión e publicidade dos datos relevantes referidos ás axudas e subvencións recibidas, así como ás sancións impostas, no dito rexistro, feito que terá lugar agás nos supostos legalmente establecidos.

3. De conformidade co artigo 13.4.º da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e de boas prácticas na Administración pública galega, esta consellería publicará na súa páxina web oficial a relación dos/as beneficiarios/as e o importe das subvencións concedidas, polo que a presentación da solicitude leva implícita a autorización para o tratamento necesario dos datos dos/as beneficiarios/as e a súa publicación na citada páxina web, coas excepcións previstas no artigo 15.2.º d) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

4. A presentación da solicitude implica o coñecemento e a aceptación do contido da convocatoria e das bases reguladoras.

Artigo 16. Réxime de recursos.

As resolucións ditadas ao abeiro deste réxime de subvencións poñerán fin á vía administrativa e contra elas poderán interpoñerse os seguintes recursos, sen prexuízo de que os interesados poidan exercer calquera outro que consideren procedente:

– Recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Economía e Industria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación da resolución, se esta fose expresa, ou de tres meses contados a partir do seguinte a aquel en que se produza o acto presunto.

– Recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da notificación da resolución, se esta fose expresa, ou de seis meses contados a partir do seguinte a aquel en que se produza o acto presunto.

Artigo 17. Incompatibilidade.

As subvencións recollidas a través desta orde serán incompatibles con calquera outro tipo de subvención pública ou privada que poida recibir o/a beneficiario/a para a adquisición do mesmo investimento.

Artigo 18. Publicidade das subvencións concedidas.

Dado que os importes das subvencións concedidas, individualmente consideradas, son de contía inferior a 3.000 €, non será necesaria a publicación no DOG, e poderá substituírse esta pola publicación das subvencións concedidas na páxina web da Consellería de Economía e Industria, segundo o disposto no artigo 15.2.º c) da Lei 9/2007, do 13 de xuño.

Artigo 19. Protección de datos.

A Consellería de Economía e Industria velará polos datos de carácter persoal incorporados a este procedemento administrativo e observarase o disposto na Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, e na súa normativa de desenvolvemento. Os datos non serán obxecto de cesión a terceiros agás de conformidade coas disposicións legais e regulamentarias aplicables ao caso.

A finalidade da recollida e tratamento dos datos persoais será estritamente a xestión e tramitación do expediente correspondente e as que deriven da aplicación da Lei 4/2006, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega.

Os/as beneficiarios/as poderán en todo momento exercer os dereitos de acceso, rectificación e cancelación previstos na Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, así como no R.D. 1720/2007, do 21 de decembro, polo que se desenvolve o regulamento da citada lei.

Artigo 20. Remisión normativa.

Para todo o non previsto nestas bases observarase o previsto na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007. Ademais, observarase o disposto na normativa básica da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, no Real decreto 887/2006, do 21 de xullo, polo que se aproba o regulamento da dita lei, na Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, e no Decreto 198/2010 polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.

Así mesmo, observarase o previsto no Regulamento comunitario 1998/2006 da Comisión, do 15 de decembro de 2006, relativo á aplicación dos artigos 87 e 88 do Tratado ás subvencións de minimis (DOUE L 379, do 28.12.2006) e, pola orixe das partidas orzamentarias, nos regulamentos (CE) 1080/2006 (DOUE do 31.7.2006), 1083/2006 (DOUE do 31.7.2006) e 1828/2006 (DOUE do 15.2.2007), relativos ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder).

ANEXO IV
Relación de epígrafes do IAE en que deberán estar de alta os beneficiarios

641. Comercio retallista de froitas, verduras, hortalizas e tubérculos.

642. Comercio retallista de carnes e miúdos; de produtos e derivados cárnicos elaborados: de ovos, aves, coellos de granxa, caza; e de produtos derivados deles.

643. Comercio retallista de peixes e doutros produtos da pesca e da acuicultura e caracois.

644. Comercio retallista de pan, pastelaría, confeitaría e similares, e de leite e produtos lácteos.

645. Comercio retallista de viños e bebidas de todas as clases.

647.1. Comercio retallista de produtos alimenticios e de bebidas en establecementos con vendedor.

647.2. Comercio retallista de produtos alimenticios e de bebidas en réxime de autoservizo ou mixto en establecementos cuxa sala de vendas teña unha superficie inferior a 120 metros cadrados.

647.3. Comercio retallista de calquera clase de produtos alimenticios e de bebidas en réxime de autoservizo ou mixto en supermercados, denominados así cando a superficie da súa sala de vendas estea comprendida entre 120 e 399 metros cadrados.

651. Comercio retallista de produtos téxtiles, confección, calzado, peles e artigos de coiro.

652.2. Comercio retallista de produtos de drogaría, perfumaría e cosmética, limpeza, pinturas, vernices, disolventes, papeis e outros produtos para a decoración e de produtos químicos.

652.3. Comercio retallista de produtos de perfumaría e cosmética, e de artigos para hixiene e aseo persoal.

652.4. Comercio retallista de plantas e herbas en herbolarios.

653. Comercio retallista de artigos para o equipamento do fogar e a construción.

654.2. Comercio retallista de accesorios e pezas de recambio para vehículos terrestres.

654.5. Comercio retallista de toda clase de maquinaria, agás aparellos do fogar, de oficina, médicos, ortopédicos, ópticos e fotográficos.

657. Comercio retallista de instrumentos musicais en xeral, así como dos seus accesorios.

659.2. Comercio retallista de mobles de oficina e máquinas e equipamentos de oficina.

659.3. Comercio retallista de aparellos e instrumentos médicos, ortopédicos, ópticos e fotográficos.

659.4. Comercio retallista de libros, xornais, artigos de papelaría e escritorio e artigos de debuxo e belas artes.

659.5. Comercio retallista de artigos de xoiaría, reloxaría, prataría e bixutería.

659.6. Comercio retallista de xoguetes, artigos de deporte, prendas deportivas, de vestido, calzado e toucado, armas, cartucharía e artigos de pirotecnia.

659.7. Comercio retallista de sementes, fertilizantes, flores e plantas e pequenos animais.

661.3. Comercio retallista en almacéns populares, entendendo por tales aqueles establecementos que ofrecen en seccións múltiples e venden en autoservizo ou en preselección unha variedade relativamente ampla e pouco profunda de bens de consumo, cunha gama de prezos baixa e un servizo reducido.

662.2. Comercio retallista de toda clase de artigos, incluíndo alimentación e bebidas, en establecementos distintos dos especificados no grupo 661 e na epígrafe 662.1.

663.1. Comercio retallista fóra dun establecemento comercial permanente de produtos alimenticios, incluso bebidas e xeados.

663.2. Comercio retallista fóra dun establecemento comercial permanente de produtos téxtiles e de confección.

663.3. Comercio retallista fóra dun establecemento comercial permanente de calzado, peles e artigos de coiro.

663.4. Comercio retallista fóra dun establecemento comercial permanente de artigos de drogaría e cosméticos e de produtos químicos en xeral.

663.9. Comercio retallista fóra dun establecemento comercial permanente doutras clases de mercadorías n.c.o.p.

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file