Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 173 Venres, 9 de setembro de 2011 Páx. 26695

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

CORRECCIÓN de erros. Orde do 21 de xullo de 2011 pola que se convoca proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala de xestión e sistemas de información.

Advertido erro na orde antes citada, publicada no Diario Oficial de Galicia n.º 142, do 26 de xullo de 2011, consistente na omisión da opción á reserva do primeiro exercicio establecida na base II da Orde do 21 de novembro de 2008 pola que se convoca o proceso selectivo para ingreso no corpo de xestión da Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala de xestión e sistemas de información, é necesario facer a seguinte corrección:

Engadir un segundo parágrafo na base II.1.1:

«Os aspirantes da quenda de promoción interna que superaron o primeiro exercicio do proceso selectivo para ingreso no corpo de xestión da Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala de xestión e sistemas de información, convocado pola Orde do 21 de novembro de 2008, poderán optar por conservar a puntuación obtida nel e acceder directamente ao segundo exercicio».