Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 173 Venres, 9 de setembro de 2011 Páx. 26747

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Suelo Empresarial del Atlántico, S.L.

ANUNCIO polo que se fai público o inicio da venda de parcelas do parque empresarial da Laracha (A Coruña).

1. Entidade adxudicadora.

Organismo: Suelo Empresarial del Atlántico, S.L.

2. Obxecto do contrato.

Descrición do obxecto: venda de parcelas do parque empresarial da Laracha (A Coruña).

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación: varios criterios de adxudicación.

4. Garantía provisional: 5% do prezo de licitación da parcela a cuxa adquisición se opte en primeira preferencia.

5. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Suelo Empresarial del Atlántico, S.L.

b) Enderezo: polígono das Fontiñas, Área Central, 1.º andar, local 32 (B-D).

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela (A Coruña), 15707.

d) Teléfono: 981 57 54 69.

e) Telefax: 981 57 14 64.

f) Data límite de obtención de documentación e información: o último día en que remate o prazo de presentación de ofertas.

6. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: un mes (1) desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: segundo o especificado no prego de bases.

c) Lugar de presentación:

Entidade: Suelo Empresarial del Atlántico, S.L.

Enderezo: polígono das Fontiñas, Área Central, 1.º andar, local 32 (B-D).

Localidade e código postal: Santiago de Compostela (A Coruña), 15707.

7. Apertura do sobre C (proposición económica):

a) Entidade: Suelo Empresarial del Atlántico, S.L.

b) Enderezo: polígono de As Fontiñas, Área Central, 1.º andar, local 32 (B-D).

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela (A Coruña), 15707.

d) A data e a hora: convocarase os licitadores por calqueira medio que deixe constancia da súa recepción.

8. Resolución do procedemento:

a) Prazo: o procedemento será resolto dentro do prazo máximo de dous meses (2) contados desde a data de finalización do prazo de presentación das proposicións.

9. Outras informacións: páxina web onde figuren as informacións relativas á convocatoria ou onde pode obterse o prego: www.seasuelo.com

Santiago de Compostela, 5 de setembro de 2011.

      Francisco Fumega Piñeiro Vicente Caamaño Martínez
Apoderados