Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 183 Venres, 23 de setembro de 2011 Páx. 28119

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 29 de agosto de 2011, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición da autorización administrativa e a declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello de Cedeira (expediente IN407A 237/2011).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE n.º 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE n.º 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición da autorización administrativa e a declaración de utilidade pública, en concreto, da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 – A Coruña.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T., Vilacacín.

Situación: Cedeira.

Características técnicas:

Liña eléctrica de media tensión subterránea, a 20 kV, cunha lonxitude de 2×0,0,317 km, con orixe na L.M.T.S. entre o C.T. Caixa de Aforros e o C.T. Pobo, condutor tipo R.H.Z.-1.-2OL-12/20 kV.-3(1×240), e final na mesma liña con entrada e saída no C.T. proxectado.

Centro de transformación prefabricado, cunha potencia de 250 kVA, e unha relación de transformación de 20.000/400-230 V.

Rede de baixa tensión subterránea, cunha lonxitude de 0,233 km., coa orixe no C.T. proxectado, condutor tipo X.Z.-1.

Liña de baixa tensión aérea, cunha lonxitude de 0,424 km, con orixe en pasos aéreo-subterráneos da R.B.T.S. proxectada, condutor tipo R.Z. e apoios de formigón. (Concello de Cedeira).

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos afectados polo procedemento de expropiación forzosa figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, sita no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación ou notificación individual.

A Coruña, 29 de agosto de 2011.

Tristana Moraleja Gómez
Xefa territorial da Coruña

ANEXO
Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expte. n.º 237/11 Concello: Cedeira Provincia: A Coruña

L.M.T. C.T. R.B.T. Vilacacín

Afección C.T.

N.º predio

Lugar

Cultivo

Nome e apelidos

Dirección

N.º

m2

1

Leira da Lama

Labor

- Luis Antonio López Punin

Camiño do Beco, s/n,15350 Cedeira, A Coruña

Centro transf.

28.0