Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 183 Venres, 23 de setembro de 2011 Páx. 28114

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 23 de agosto de 2011, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa dunha instalación eléctrica no concello de Cedeira (expediente IN407A 105/2011).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE n.º 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE n.º 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: L.M.T.S. e C.T. sub. na avda. da Área.

Situación: Concello de Cedeira.

Características técnicas:

Liña eléctrica de media tensión subterránea (L.M.T.S.), a 20 kV, cunha lonxitude de 0,420 km con condutor R.H.Z.1-2OL 12/20 kV 3×(1×240) mm² Al, con orixe e final na L.M.T.S. CDR subestación Cedeira (expediente IN407A 2007/390) entre os CC.TT. sindicais (expediente 11.957) e o C.T. Convento (expediente IN407A 2003/149), unha vez que entre e saia do C.T. proxectado.

Centro de transformación (C.T.) subterráneo non prefabricado, cunha potencia de 400 kVA e relación de transformación de 20/0,400-0,230 kV. Concello de Cedeira.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, situada no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.

A Coruña, 23 de agosto de 2011.

Tristana Moraleja Gómez
Xefa territorial da Coruña