A Lei 12/1992, de 9 de novembro, de creación de determinadas escalas de persoal funcionario ao servizo da Xunta de Galicia, crea escalas de profesores numerarios e mestres de taller de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros, establecendo os requisitos xerais de titulación para o acceso a cada unha delas.
Ademais, a disposición transitoria segunda do Decreto 428/1993, do 17 de decembro, polo que se regula e refunde a normativa en materia de formación náutico-pesqueira, habilita a Consellería do Mar para aprobar as titulacións requiridas para os efectos de equivalencia para a docencia nas materias que deben impartir os profesores numerarios e mestres de taller das escalas citadas.
Debido aos importantes cambios na oferta formativa destes centros e na lexislación reguladora do sistema educativo do Estado, procede revisar a Orde do 4 de novembro de 2008 co obxectivo axustar a oferta formativa dos centros de formación dependentes da Consellería do Mar, de maneira que exista unha correlación entre os requisitos de titulación exixidos e as materias impartidas na actualidade, de xeito que, no momento de cobertura de postos docentes en réxime de interinidade, se axusten os currículos de cada título establecidos por decreto ás titulacións idóneas específicas, garantindo que o persoal seleccionado reúna as condicións de coñecemento e competencia para una función docente concreta.
Por todo iso, a Consellería do Mar, no uso das competencias que lle confire o artigo 34.6 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, das normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia,
DISPÓN:
Artigo único. Modificar a Orde do 4 de novembro de 2008, pola que se establecen as materias que se imparten e as especialidades do profesorado dos centros de ensino pesqueiro e se regula a equivalencia para os efectos de docencia e o procedemento para a cobertura de carácter temporal de prazas de profesores numerarios e mestres de taller de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros.
Un. O parágrafo 3 do artigo 3 terá a seguinte redacción:
Para a elaboración das listas polo procedemento indicado deberá exixírselles aos aspirantes que se inscriban estar en posesión dalgunha das titulacións consideradas como idóneas para a especialidade ou materia de que se trate, ademais dos requisitos específicos para a especialidade do profesorado en cada materia, se os houber, de acordo co anexo I desta orde. Da posesión destas titulacións estarán exceptuados os aspirantes que acrediten ter superadas todas as probas da fase de oposición do último proceso selectivo realizado para o acceso ás escalas dentro da especialidade ou materia correspondente á lista en que soliciten a súa inscrición.
Dous. Modifícase o anexo I correspondente ao cadro de materias que se imparten e especialidade do profesorado, ao que se lle engade e modifican as titulacións idóneas para a cobertura de prazas que estaban recollidas no anexo IV da anterior orde.
Tres. Modifícase o anexo III correspondente ao cadro de titulacións equivalente a efectos de docencia de acordo cos artigos 3.3 profesores numerarios e o 4.3 mestres de taller da Lei 12/1992.
Catro. Queda suprimido o anexo IV da Orde do 4 de novembro de 2008, ao incorporar o seu contido modificado ao anexo I desta orde.
Disposición transitoria.
Os integrantes das listas de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros, na especialidade de Navegación marítima, ou de mestres de taller de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros, na especialidade de Máquinas e produción, que na data de entrada en vigor desta orde estean admitidos nas listas das citadas especialidades e non posúan ningunha das titulacións recollidas no seu anexo III para a especialidade correspondente, seguirán conservando a súa expectativa de ocupar interinamente postos da especialidade na que xa figuran inscritos.
Disposición derradeira.
Esta orde entrará en vigor ao día seguinte da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 9 de maio de 2011.
Rosa M.ª Quintana Carballo
Conselleira do Mar
ANEXO I
Cadro resumo das materias que se imparten, especialidade do profesorado e titulacións idóneas
Profesores numerarios.
Materias |
Especialidade do profesorado |
Titulacións idóneas |
Goberno do buque Seguridade, supervivencia e primeiros auxilios Seguridade, prevención e supervivencia no mar |
Navegación marítima “ “ |
- Capitán da Mariña Mercante - Lic. en Navegación e Transporte Marítimo |
Radiocomunicacións (GMDSS) |
Comunicacións |
- Oficial Radioelectrónico de 1.ª clase da M.M. |
Pesca marítima, extracción e conservación Bioloxía das especies mariñas |
Pesca marítima Bioloxía pesqueira |
- Capitán de Pesca - Licenciado/a en Bioloxía |
Automatización, regulación e control Planificación e xestión das instalacións Instalacións e máquinas eléctricas |
Máquinas e instalacións mariñas “ “ |
- Xefe de Máquinas da Mariña Mercante - Lic. en Máquinas Navais - Enxeñeiro Naval, Oceánico ou Industrial |
Atención sanitaria de urxencia a bordo |
Procesos sanitarios |
- Lic. en Medicina e Cirurxía |
Dereito marítimo e lexislación pesqueira Administración do buque |
Lexislación marítima “ |
- Lic. en Dereito - Capitán da Mariña Mercante - Lic. en Navegación e Transporte Marítimo |
Lingua estranxeira |
Inglés marítimo |
- Lic. en Filoloxía Inglesa - Capitán da Mariña Mercante - Lic. en Navegación e Transporte Marítimo |
Relacións no contorno de traballo Formación e orientación laboral Administración, xestión e comercialización na pequena empresa |
Formación e orientación laboral “ “ |
- Lic. en Empresas - Lic. en Económicas - Lic. en Dereito - Lic.en Administración e Dirección de Empresas |
Organización do proceso produtivo acuícola Técnicas e cultivo de moluscos Técnicas e cultivo de crustáceos Técnicas e cultivo de peixes Produción de cultivos auxiliares Instalacións e equipamentos de cultivo Técnicas e produción de cultivos auxiliares Parámetros e condicións de cultivo |
Procesos de cultivo acuícola “ “ “ “ “ “ “ |
- Licenciado/a en Bioloxía - Licenciado/a en Ciencias do Mar |
Fisiopatoloxía do mergullo e asistencia sanitaria de urxencia a mergulladores |
Medicina subacuática e hiperbárica (1) |
Lic. en Medicina e Cirurxía |
Inmersión a media profundidade |
Intervencións subacuáticas e hiperbáricas (2) |
Licenciado/a, enxeñeiro/a, arquitecto/a |
Traballos subacuáticos de obras hidráulicas e con explosivos |
Intervencións subacuáticas e hiperbáricas (3) |
Licenciado/a, enxeñeiro/a, arquitecto/a |
1. En cumprimento dos artigos 43 a 45 da Orde do 23 de abril de 1999, deberá estar escrito no censo de facultativos habilitados para a realización de exames médicos a mergulladores.
2. En cumprimento dos artigos 40 a 42 da Orde do 23 de abril de 1999, deberá estar en posesión da tarxeta profesional de mergullador instrutor profesional en vigor e ter a especialidade subacuática de «Instalacións e sistemas de mergullo» segundo o artigo 3 f) e 4 do Decreto 152/1998, do 15 de maio.
3. En cumprimento dos artigos 40 e 42 da Orde do 23 de abril de 1999, deberá estar en posesión da tarxeta profesional de mergullador instrutor profesional en vigor e ter a especialidade subacuática de «Obras hidráulicas» segundo o artigo 3 f) e 4 do Decreto 152/1998, do 15 de maio.
ANEXO II
Cadro resumo das materias que se imparten, especialidade do profesorado e titulacións idóneas
Mestres de taller.
Materias |
Especialidade do profesorado |
Titulacións idóneas |
Manobra e carga do buque Navegación e comunicación do buque Estabilidade e manobra |
Servizos ao buque “ “ |
Diplomado/a en Navegación Marítima |
Operación e mantemento dos equipamentos de propulsión Operación e mantemento dos sistemas frigoríficos e de produción Operacións auxiliares de mantemento industrial Sistemas de propulsión e servizos do buque Instalacións e equipamentos eléctricos do buque Sistemas automáticos e de regulación Técnicas auxiliares de mantemento industrial Instalacións e equipamentos de cultivo |
Máquinas e produción “ “ “ “ “ “ |
- Diplomado/a en Máquinas Navais - Enxeñeiro/a Técnico Naval ou Industrial |
Servizos técnicos subacuáticos e hiperbáricos |
Traballos técnicos de mergullo (1) |
- Diplomado/a universitario ou equivalente |
(1) Deberá estar en posesión da tarxeta profesional de mergullador profesional de 1.ª clase ou superior e coa especialidade subacuática correspondente á materia que vai impartir.
ANEXO III
Titulacións equivalentes para os efectos de docencia
Especialidade do profesorado |
Titulación declarada equivalente para os efectos de docencia |
Navegación marítima |
- Diplomado en Navegación Marítima ou equivalente |
Máquinas e instalacións mariñas |
- Diplomado en Máquinas Navais - Enxeñeio técnico Naval ou Industrial |
Formación e orientación laboral |
- Diplomado en Ciencias Empresariais - Diplomado en Relacións Laborais - Diplomado en Traballo Social - Diplomado en Educación Social |
Pesca, extracción e conservación |
- Capitán de Pesca |
ANEXO V
Materias técnicas reguladas na Orde do 22 de decembro de 1995 |
Correspondencia coas materias do novo deseño educativo |
a) Profesores numerarios |
|
Navegación, comunicación e meteoroloxía |
Goberno do buque |
Coñecementos do buque, estabilidade, manobra, regulamentos e estiba |
Administración do buque |
Dereito marítimo e lexislación pesqueira |
Dereito marítimo, lexislación pesqueira e administración |
Seguridade marítima |
Seguridade, prevención e supervivencia no mar |
Hixiene no traballo e primeiros auxilios a bordo |
Atención sanitaria de urxencia a bordo |
Inglés marítimo |
Lingua estranxeira |
Motores de combustión interna e instalacións propulsoras |
Instalacións e máquinas eléctricas |
Sistemas mecánicos e pneumohidráulicos |
Automatización, regulación e control |
Sistemas auxiliares, vapor e frío |
Automatización, regulación e control |
Sistemas eléctricos e electrónicos |
Instalación e máquinas eléctricas |
Bioloxía pesqueira |
Procesos de cultivo |
Pesca marítima |
Pesca marítima, extracción e conservación |
Cultivos mariños |
Procesos de cultivos |
Materias comúns reguladas na Orde do 22 de decembro de 1995 |
Correspondencia coas materias do novo deseño educativo |
a) Profesores numerarios -Habilitación previa da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. |
|
Educación física |
“ |
Matemáticas |
“ |
Física |
“ |
Lingua e literatura galega |
“ |
Lingua e literatura española |
“ |
Formación humanística |
“ |
Debuxo técnico |
“ |
Materias técnicas reguladas na Orde do 22 de decembro de 1995 |
Correspondencia coas materias do novo deseño educativo |
b) Mestres de taller |
|
Instrutor de pesca |
Manobra e carga do buque |
Prácticas do buque e radiocomunicacións |
Navegación e comunicación do buque |
Soldadura e caldeiraría |
Técnicas auxiliares de mantemento industrial |
Axuste e torno |
Operación e mantemento dos equipos de propulsión |
Condución, vapor e frío |
Operación e mantemento dos sistemas frigoríficos e de produc. |
Motores de combustión interna |
Sistemas de propulsión e servizos do buque |
Pneumática e hidráulica |
Sistemas automáticos e de regulación |
Electricidade, electrónica |
Instalacións e equipamentos eléctricos do buque |
Instalacións e equipamentos de cultivo |
Instalacións e equipamentos de cultivo |