Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Venres, 30 de setembro de 2011 Páx. 28986

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

ANUNCIO do 16 de setembro de 2011, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, polo que se comunica a apertura dun prazo para solicitar prazas de interinidades e substitucións no corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas, nas especialidades de chinés (592004) e xaponés (592013).

Primeiro.

Comunícase que está aberto o prazo para posibles interinidades ou substitucións para o corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas e para as seguintes especialidades:

Especialidade

Titulacións por orde preferente*

Formación complementaria

Chinés

(592004)

1. Licenciado en filoloxía da lingua estranxeira obxecto da convocatoria.

2. Licenciado en tradución ou interpretación lingüística da lingua estranxeira obxecto da convocatoria.

3. Calquera titulación universitaria superior da área de humanidades.

Certificado de aptitude e/ou nivel avanzado das ensinanzas de idiomas de réxime especial no idioma obxecto da convocatoria.

4. Calquera titulación universitaria superior.

Ter cursado un ciclo dos estudos conducentes á obtención da licenciatura de filoloxía ou en tradución e interpretación do idioma correspondente, xunto co certificado de aptitude e/ou o nivel avanzado das ensinanzas de idiomas de réxime especial no idioma obxecto da convocatoria.

5. As titulacións homólogas ás mencionadas, segundo o Real decreto 1954/1994, do 30 de setembro (BOE do 17 de novembro).

Xaponés

(592013)

*Aínda que o baremo sexa inferior, os titulados do punto 1 terán preferencia sobre os titulados dos puntos 2, 3 e 4; os titulados do punto 2 terán preferencia sobre os titulados do punto 3 e 4; e os titulados do punto 3 terán preferencia sobre os titulados do punto 4.

Segundo. Prazo de solicitude.

O prazo para presentar a instancia de solicitude, na Consellería de Educación e Ordenación Universitaria ou nos seus departamentos territoriais, será de dez días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Terceiro. Modelo de solicitude.

O modelo de solicitude está á disposición dos interesados na páxina web da consellería, no enderezo http://www.edu.xunta.es/profesorado (xestión de profesorado; interinos e substitutos).

Cuarto. Comisión baremadora.

A asignación da puntuación que corresponde aos concursantes efectuaraa unha comisión constituída por funcionarios destinados na Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. Esta comisión estará cualificada na categoría primeira para os efectos do previsto no Decreto 144/2001, do 7 de xuño (DOG do 25 de xuño).

Poderá asistir ás reunións da comisión, con voz e sen voto, un representante por cada unha das organizacións sindicais con presenza na mesa sectorial docente non universitaria.

Quinto. Requisitos dos candidatos e candidatas.

a) Estar en posesión da titulación que se sinala no punto primeiro deste anuncio.

b) Ter superado o curso Celga 4 de lingua galega ou validación equivalente.

Non obstante o anterior, poderán presentar solicitudes aquelas persoas que, posuíndo as titulacións sinaladas no punto primeiro, non posúan o curso de Celga 4 de lingua galega ou equivalente. Estes candidatos poderán ser seleccionados en defecto de candidatos que si o acrediten. Neste caso, de seren seleccionados, os candidatos deberán superar, no prazo máximo de dous anos desde que sexan nomeados, o curso de Celga 4 de lingua galega ou equivalente. A superación do devandito curso deberá ser comunicada á Subdirección Xeral de Recursos Humanos da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Sexto.

O baremo de acordo coa addenda asinada cos sindicatos da mesa sectorial docente o 11 de xullo de 2006 (texto refundido publicado na Resolución do 10 de maio de 2010, DOG do 19 de maio), será o publicado na fase de concurso do último concurso-oposición convocado no DOG.

Santiago de Compostela, 16 de setembro de 2011.

José Manuel Pinal Rodríguez
Director xeral de Centros e Recursos Humanos