Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Luns, 3 de outubro de 2011 Páx. 29126

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 7 de setembro de 2011, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural, polo que se empraza o interesado para ser notificado por comparecencia no procedemento para declarar a perda do dereito ao cobramento da prima de mantemento do ano 2010 relativa ao expediente de subvención número 12360207/2007 (Orde do 9 de maio de 2007 pola que se establecen as bases e se convocan para o ano 2007 as axudas para o fomento das frondosas caducifolias).

De conformidade co disposto nos artigos 59.5.º e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselle ao interesado, que se sinala no anexo deste anuncio, o acordo de inicio dun procedemento para declarar a perda do dereito ao cobramento da prima de mantemento do ano 2010 relativa ao expediente de subvención número 12360207/2007 (Orde do 9 de maio de 2007 pola que se establecen as bases e se convocan para o ano 2007 as axudas para o fomento das frondosas caducifolias).

O interesado poderá comparecer, no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, na dependencia da Subdirección Xeral de Apoio Xurídico, situada no edificio administrativo San Caetano, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento do contido íntegro do mencionado acordo de inicio e a constancia de tal coñecemento.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte á data de finalización deste.

Concédeselle ao interesado un prazo de quince días hábiles, contados a partir do seguinte á notificación do acordo de inicio, para que poida formular alegacións e presentar a documentación que considere conveniente ao seu dereito ante a Consellería do Medio Rural.

Este anuncio remitirase, así mesmo, ao concello correspondente ao último enderezo coñecido do interesado, en aplicación do artigo 59.5.º da Lei 30/1992, co obxecto de que proceda a súa publicación por medio dun anuncio no seu taboleiro de edictos.

Santiago de Compostela, 7 de setembro de 2011.

Jorge Atán Castro
Secretario xeral técnico da Consellería do Medio Rural

ANEXO

Expediente: procedemento para declarar a perda do dereito ao cobramento da prima de mantemento do ano 2010 relativa ao expediente de subvención número 12360207/2007.

Interesado: CMVMC de Baión.

Acto de notificación: acordo de inicio

Último enderezo coñecido: Romarís-Baión, 36614 Vilagarcía de Arousa (Pontevedra).