Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 193 Venres, 7 de outubro de 2011 Páx. 29645

III. Outras disposicións

Consellería de Economía e Industria

ORDE do 26 de setembro de 2011 pola que se amplía o prazo de xustificación das subvencións convocadas ao abeiro da Orde do 22 de febreiro de 2011, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións a concellos de Galicia, cofinanciadas polo Feder, no marco do Programa operativo Feder Galicia 2007-2013, para a adecuación e modernización de equipamentos comerciais en desenvolvemento do Plan Ágora, agora Re-comercia 2010-2013, e se procede á súa convocatoria para o ano 2011.(Código de procedemento IN223A).

A Orde do 22 de febreiro de 2011 (Diario Oficial de Galicia n.º 43, do 3 de marzo) establece as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións a concellos de Galicia, cofinanciadas polo Feder, no marco do Programa operativo Feder Galicia 2007-2013, para a adecuación e modernización de equipamentos comerciais, en desenvolvemento do Plan Ágora, agora Re-comercia 2010-2013, e procede á súa convocatoria para o ano 2011 (código de procedemento IN223A).

O artigo 1.5 do anexo I establece que: «De acordo co previsto no artigo 29.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (en diante Lei 9/2007), consideraranse subvencionables os gastos e investimentos que, sen admitir dúbida, respondan á natureza da actuación subvencionada e que se realicen no período comprendido entre o 1 de xaneiro de 2011 e o 20 de outubro de 2011. Para as subvencións plurianuais o prazo remata o 20 de outubro de 2012».

(...)

Así mesmo, o artigo 17.1 do anexo I establece que: «Para cobrar a subvención concedida, o beneficiario deberá presentar, na respectiva xefatura territorial, a seguinte documentación, en orixinal ou copia compulsada, tendo de prazo para presentala ata o 20 de outubro de 2011, e o 20 de outubro de 2012 para as subvencións plurianuais».

(...)

Tendo en conta o atraso producido na resolución das devanditas axudas, motivado polo volume de solicitudes presentadas, e polo longo proceso de avaliación, e co fin de viabilizar os procesos de xestión e dado que non se causa prexuízo a terceiros, procede modificar os artigos 1.5 e 17.1 do anexo I da orde, ampliando o prazo ata unha data (1 de decembro de 2011) que permita a mellor xustificación por parte dos concellos beneficiarios.

Na súa virtude, facendo uso das facultades que me confire o artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e da súa Presidencia, e demais disposicións de xeral aplicación,

DISPOÑO:

Artigo 1. Modificación do artigo 1.5 da Orde do 22 de febreiro de 2011 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións a concellos de Galicia, cofinanciadas polo Feder, no marco do Programa operativo Feder Galicia 2007-2013, para a adecuación e modernización de equipamentos comerciais en desenvolvemento do Plan Ágora, agora Re-comercia 2010-2013 (código de procedemento IN223A).

O primeiro parágrafo do punto 5 do artigo 1 do anexo I da referida orde queda redactado nos seguintes termos:

«1. De acordo co previsto no artigo 29.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (en diante Lei 9/2007), consideraranse subvencionables os gastos e investimentos que, sen admitir dúbida, respondan á natureza da actuación subvencionada e que se realicen no período comprendido entre o 1 de xaneiro de 2011 e o 1 de decembro de 2011. Para as subvencións plurianuais o prazo remata o 20 de outubro de 2012».

(...)

Artigo 2. Modificación do artigo 17.1 da Orde do 22 de febreiro de 2011, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións a concellos de Galicia, cofinanciadas polo Feder, no marco do Programa operativo Feder Galicia 2007-2013, para a adecuación e modernización de equipamentos comerciais en desenvolvemento do Plan Ágora, agora Re-comercia 2010-2013 (código de procedemento IN223A).

O primeiro parágrafo do punto 1 do artigo 17 do anexo I da referida orde queda redactado nos seguintes termos:

«1. Para cobrar a subvención concedida, o beneficiario deberá presentar, na respectiva xefatura territorial, a seguinte documentación, en orixinal ou copia compulsada, tendo de prazo para presentala ata o 1 de decembro de 2011, e o 20 de outubro de 2012 para as subvencións plurianuais».

(...)

Disposición derradeira.

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 26 de setembro de 2011.

Javier Guerra Fernández
Conselleiro de Economía e Industria