Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Xoves, 13 de outubro de 2011 Páx. 30077

III. Outras disposicións

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 26 de setembro de 2011 pola que se publican os resultados das eleccións de vogais da Comisión Galega de Artesanía que representan os artesáns e as artesás inscritos/as na sección terceira do Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia.

Realizado o 23 de setembro de 2011 o acto de apertura dos sobres que contiñan os votos para a elección de vogais da Comisión Galega de Artesanía que representan os artesáns e as artesás de cada provincia, inscritos/as na sección terceira do Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia, e realizado o escrutinio de conformidade co disposto no artigo 8 da Orde do 1 de febreiro de 2005 pola que se regula o procedemento de elección de vogais da Comisión Galega de Artesanía que representan os artesáns e as artesás inscritos/as na sección terceira do Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia (DOG n.º 27, do 9 de febreiro), modificada pola Orde do 10 de febreiro de 2011 (DOG n.º 42, do 2 de marzo), a Dirección Xeral de Comercio

RESOLVE:

Proclamar os candidatos e as candidatas electos/as da Comisión Galega de Artesanía que representan os artesáns e as artesás inscritos/as na sección terceira do Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia:

Pola provincia da Coruña: Susana E. González Amado.

Pola provincia de Lugo: Alfonso Otero Regal.

Pola provincia de Ourense: Olga Santos Pereira.

Pola provincia de Pontevedra: Isabel Neira Neira.

Contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, poderá interpoñerse recurso de alzada perante o conselleiro de Economía e Industria, no prazo dun mes a partir do día seguinte a aquel en que teña lugar esta publicación; tamén poderá interpoñerse calquera outro recurso que se considere pertinente.

Santiago de Compostela, 26 de setembro de 2011.

María Nava Castro Domínguez
Directora xeral de Comercio