Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Luns, 17 de outubro de 2011 Páx. 30321

III. Outras disposicións

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 13 de outubro de 2011, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se resolven as solicitudes de axudas e subvencións a entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro para programas para mulleres e recursos integrais para xestantes e lactantes, convocadas pola Resolución do 10 de maio de 2011 e cofinanciadas polo Fondo Social Europeo.

Pola Resolución do 10 de maio de 2011, da Secretaría Xeral da Igualdade, (DOG n.º 96 do 19.5.2011), establecéronse as bases reguladoras e convocáronse as axudas e subvencións a entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro para programas para mulleres e recursos integrais para xestantes e lactantes para o ano 2011 que se desenvolverán a través dos seguintes programas:

a) Mantemento de centros de atención especializada a mulleres.

b) Recursos integrais específicos para mulleres xestantes e/ou lactantes con fillos/as menores de tres anos.

c) Recursos integrais de axuda para mulleres en situación de risco ou en proceso de exclusión social.

d) Recursos integrais de apoio a mulleres en situación de especial protección.

e) Recursos integrais de apoio e acompañamento dirixidos a vítimas de violencia de xénero.

f) Aqueles outros que se definan para mulleres en situación de especial discriminación ou desigualdade susceptibles de inclusión no ámbito desta resolución.

Segundo o artigo 10.4 das bases reguladoras, e de conformidade co establecido no artigo 59.6.º b) da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, a notificación individual das resolucións das axudas poderá ser substituída pola publicación no Diario Oficial de Galicia e na páxina web da Secretaría Xeral da Igualdade.

Unha vez rematada a fase de instrución das solicitudes recibidas na Secretaría Xeral da Igualdade, avaliadas as solicitudes pola comisión de valoración prevista no artigo 8 da convocatoria, vista a proposta de resolución formulada polo órgano instrutor e tendo en conta as dispoñibilidades orzamentarias,

RESOLVO:

Primeiro. Conceder as axudas e subvencións económicas para o financiamento das actuacións que se indican no anexo I a favor das entidades de iniciativa social, como consecuencia da aplicación dos criterios establecidos no artigo 9 das bases reguladoras, por un importe total de 916.000,00 euros distribuídos nas aplicacións orzamentarias que se indican.

Aplicación

Código de proxecto

Importe

04.40.312G.480.1

2011 00113

95.000,00 euros

04.40.313B.481.1

2011 00102

305.000,00 euros

04.40.313B.481.2

2011 00104

516.000,00 euros

Total

916.000,00 euros

Estas subvencións están cofinanciadas ao 80% con fondos FSE no Programa operativo de Galicia 2007-2013, eixe 2, tema prioritario 71.

Segundo. Excluír e declarar desistidas as solicitudes que se relacionan no anexo II, con indicación da causa específica, por non cumprir o requisito de emenda e/ou achega dos documentos preceptivos no prazo establecido, segundo o disposto no artigo 7 das bases reguladoras, ou ben por non cumprir os requisitos establecidos no artigo 1 das bases reguladoras. Así mesmo, no dito anexo tamén figuran as solicitudes que non se admitiron a trámite porque foron presentadas fóra do prazo establecido no artigo 3 da convocatoria.

Terceiro. De conformidade co artigo 17.2 das bases reguladoras realizarase un primeiro pagamento do 80% da contía da subvención concedida, en concepto de pagamento anticipado, que se fará efectivo no momento de notificación da resolución. O 20% restante, ou a parte que corresponda, librarase logo da completa xustificación polas entidades beneficiarias do cumprimento da finalidade para a cal se concedeu a subvención e demais condicións exixidas na Resolución do 10 de maio de 2011.

Cuarto. Informar ás entidades beneficiarias de que a obtención de axuda comunitaria implica a aparición na lista pública de persoas beneficiarias que a autoridade de xestión do programa operativo publicará conforme o previsto no artigo 7.2 d) do Regulamento (CE) 1828/2006 da Comisión, do 8 de decembro (DOUE L/45, do 15 de febreiro de 2007) e de que na devandita lista figurarán os datos de identidade ou denominación social, das operacións e da contía de fondos públicos asignada a cada operación.

Quinto. A percepción destas axudas é compatible con outras subvencións, axudas e ingresos ou recursos para a mesma finalidade, procedentes de calquera outra administración ou ente público ou privado.

Non obstante, os gastos financiados ao abeiro da convocatoria non se poderán acoller a outras axudas procedentes do Fondo Social Europeo ou doutros fondos ou instrumentos financeiros comunitarios.

Sexto. A data límite de presentación da xustificación dos gastos efectuados será o 30 de novembro de 2011 e realizarase de acordo co establecido no artigo 16 das bases reguladoras.

Os gastos que se subvencionarán deberán respectar o disposto na Orde TIN/2965/2008, do 14 de outubro, pola que se determinan os gastos subvencionables polo Fondo Social Europeo durante o período de programación 2007-2013 e na Orde TIN/788/2009, do 25 de marzo, que a modifica.

Sétimo. As entidades beneficiarias deberán dar a adecuada publicidade do carácter público do financiamento en todas as actuacións que deriven da execución do proxecto, en cumprimento do artigo 15.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. En concreto, deberán facer constar, na súa publicidade ou na información que xeren en relación co proxecto subvencionado, o financiamento das súas actuacións con fondos da Xunta de Galicia a través da Secretaría Xeral da Igualdade e do Fondo Social Europeo. Para isto, no lugar onde se realicen as actuacións deberá figurar, de forma visible, un cartel informativo no cal aparezan os anagramas da Secretaría Xeral da Igualdade da Xunta de Galicia e do Fondo Social Europeo, en aplicación do disposto na normativa aplicable. Na páxina web oficial da Secretaría Xeral da Igualdade infórmase das características do dito cartel e dos logos e lendas de obrigada inclusión.

Cando o proxecto teña publicidade nun sitio da internet, deberán figurar na súa páxina de inicio e en lugar visible as citadas referencias; cando se materialice nunha aplicación informática deberán facerse as citadas referencias na zona de inicio ou menú principal da aplicación informática, así como na epígrafe de información da aplicación (axuda, acerca de ou similares).

Cando o proxecto dese lugar a documentación (manuais, cadernos, enquisas, folletos, notas informativas, CD-Rom) deberán constar na dita documentación as citadas referencias, e colocaranse na contraportada no caso das publicacións.

Oitavo. De acordo co disposto no artigo 18 das bases reguladoras, o incumprimento por parte das entidades beneficiarias de calquera das obrigas establecidas na normativa aplicable a estas subvencións, incluída a publicidade das accións subvencionadas dará lugar, previo o oportuno expediente, á obriga de reintegrar a contía indebidamente percibida e aos intereses de demora correspondentes e, se é o caso, á perda do dereito ao cobramento das cantidades pendentes de percibir, conforme o establecido na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia e na súa normativa de desenvolvemento.

Noveno. As entidades beneficiarias das subvencións adquiren os compromisos e obrigas que, de conformidade co establecido no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, se establecen no artigo 13 das bases reguladoras, sen prexuízo das demais obrigas que resulten da normativa aplicable.

Décimo. Esta resolución esgota a vía administrativa e contra ela poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante a secretaria xeral da Igualdade, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao desta publicación, de conformidade co establecido nos artigos 107, 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, na súa redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao desta publicación, de acordo co establecido nos artigos 10 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Disposición derradeira.

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 13 de outubro de 2011.

Marta González Vázquez
Secretaria xeral da Igualdade

ANEXO I

N.º expediente

Entidade

NIF

Puntos

Programa

Detalle da axuda

Tipo axuda

Contías

SI427A 2011/000058-0

HH.TT.FF. Rebaño de María

R1100013J

80

Obra Social Sí a la Vida

Art. 4.1 c) subvención

18.000,00

SI427A 2011/000040-0

Asoc. Española Contra o Cancro

G28197564

80

Apoio Psicosocial Rehabilitación Operadas de Cancro de Mama

Art. 4.1 c) subvención

16.000,00

SI427A 2011/000039-0

Asoc. MMRR Alumear

G32350555

80

Prog de Atención Bio-Psicosocial para Mulleres na 3.ª Idade

Art. 4.1 c) subvención

4.000,00

SI427A 2011/000065-0

Asociación Redmadre Coruña

G70180229

79

Intervención para Mulleres Xestantes e Lactantes

Art. 4.1 b) incentivo

Art. 4.1 c) subvención

24.000,00

10.000,00

SI427A 2011/000002-0

Federación de Asoc. Anaral

G32362279

78

Proxecto Semas: Servizo de Apoio a Mulleres Maiores Soas

Art. 4.1 c) subvención

29.000,00

SI427A 2011/000025-0

ONG Mestura

G15940414

77

Programa Neneiras

Art. 4.1 c) subvención

14.000,00

SI427A 2011/000009-0

Fundación Érguete-Integración

G36861078

77

Servizo de Orientación Sociolaboral a Mulleres Inmigrantes

Art. 4.1 b) incentivo

Art. 4.1 c) subvención

24.500,00

4.500,00

SI427A 2011/000063-0

Congregación Siervas de la Pasión

R0800086A

77

Centro de Atención Especializada Hogar Sta. Isabel

Art. 4.1 a) ocupación

34.000,00

SI427A 2011/000027-0

ONGD Ecos do Sur

G15354483

77

Programa de Apoio ás Nais

Art. 4.1 c) subvención

30.000,00

SI427A 2011/000008-0

FAXPG

G15068091

76

Programa de Apoio a Mulleres Xordas

Art. 4.1 c) subvención

29.000,00

SI427A 2011/000019-0

Betania de Jesús Nazareno

R1500247J

75

Centro para Mulleres sen Recursos

Art. 4.1 a) ocupación

Art. 4.1 c) subvención

30.000,00

4.000,00

SI427A 2011/000034-0

Asoc. Ayuda y Atención al Preso

G15414667

75

Mulleres Reclusas

Art. 4.1 c) subvención

10.000,00

SI427A 2011/000062-0

Rede de MM Contra os Malos Tratos de Vigo

G36928646

75

Programa Re-Actívate

Art. 4.1 c) subvención

14.000,00

SI427A 2011/000053-0

Cáritas Diocesana de Santiago

R1500053B

74

Programa Grávida

Art. 4.1 c) subvención

11.000,00

SI427A 2011/000003-0

Asoc. Anel

G32207516

73

Servizo de Atención a Mulleres Anciás Soas

Art. 4.1 c) subvención

32.000,00

SI427A 2011/000033-0

Conf. Galega Persoas con Discapacidade. Cogami

G32115941

73

Servizo de Atención Especializada a Mulleres con Discapacidade

Art. 4.1 c) subvención

16.000,00

SI427A 2011/000043-0

Asoc. Dignidad - Ferrol

G15500853

70

Acompañamento Social a Mulleres Xestantes e Lactantes

Art. 4.1 b) incentivo

9.000,00

SI427A 2011/000032-0

Asoc. Redmadre Pontevedra

G27707686

70

Nais 2011

Art. 4.1 c) subvención

22.000,00

SI427A 2011/000050-0

Asoc. de Ayuda a la Vida Ayuvi

G36802536

70

Programa Tú Puedes

Art. 4.1 c) subvención

10.000,00

SI427A 2011/000045-0

Asoc. Redmadre Ourense

G32394082

70

Proxecto Nais 2011

Art. 4.1 c) subvención

7.000,00

SI427A 2011/000013-0

Asoc. Empresarias e Prof. Prov. Ourense

G32104663

70

Programa Ame Apoia

Art. 4.1 c) subvención

16.000,00

SI427A 2011/000036-0

Fundacion Ronsel

G15752660

69

Xerentas, Muller Emprendedora

Art. 4.1 c) subvención

14.000,00

SI427A 2011/000052-0

Asoc. Síndrome de Down Teima de Ferrol

G15458060

69

Programa en Igualdade (para futuras nais de nenos/as con síndrome Down)

Art. 4.1 c) subvención

10.000,00

SI427A 2011/000016-0

Asoc. Pro Saúde Mental A Creba

G15476310

68

Apoio Integral a Mulleres con Discapacidade no Rural

Art. 4.1 c) subvención

30.000,00

SI427A 2011/000012-0

Asociación Labregas

G15945686

68

Sensibilización e Prevención Social e Dinamización Comunitaria

Art. 4.1 c) subvención

29.000,00

SI427A 2011/000038-0

Cimo Entidade Prestadora de Servicios

G32010449

68

Club Emprego para Reclusas e Ex-reclusas

Art. 4.1 c) subvención

16.000,00

SI427A 2011/000029-0

Fed. Prov. MMRR de Ourense - Femuro

G32237869

67

Femuro Concilia e Emprega

Art. 4.1 c) subvención

23.000,00

SI427A 2011/000011-0

SLG - Secretaria das Mulleres

G27023951

66

Punto Delas

Art. 4.1 c) subvención

33.000,00

SI427A 2011/000037-0

Asoc. Patronato Concepción Arenal

G15030372

66

Centro de Atención Especializada

Art. 4.1 b) ocupación

33.000,00

SI427A 2011/000035-0

Asoc. Antonio Noche

G15210388

65

Inmigrantes, Minorías Étnicas

Art. 4.1 c) subvención

26.000,00

SI427A 2011/000014-0

Asoc. Rexurdir

G36046241

64

Programa de Apoio Integral á Familia

Art. 4.1 c) subvención

5.000,00

SI427A 2011/000007-0

Fundación Amigos de Galicia

G15859911

62

Plan de Axuda a Mulleres Vítimas

Art. 4.1 c) subvención

33.000,00

SI427A 2011/000005-0

Feaga

V15440639

60

Proxecto Paimega: asesoramento a emprendedoras

Art. 4.1 c) subvención

33.000,00

SI427A 2011/000023-0

Fundación Universidade da Coruña

G15597289

60

Programa de Competencias Prof. Assessment Week

Art. 4.1 b) incentivo

Art. 4.1 c) subvención

18.000,00

10.000,00

SI427A 2011/000006-0

Ampaga

G70251590

60

Proxecto Amfe: asesoramento a mulleres

Art. 4.1 c) subvención

9.000,00

SI427A 2011/000001-0

Alar Galicia

G15775901

57

Proxecto Madre: Gabinete de Apoio

Art. 4.1 c) subvención

19.000,00

SI427A 2011/000004-0

Asfem

G27255108

54

Programa de Acompañamento a Mulleres Inmigrantes

Art. 4.1 c) subvención

7.000,00

SI427A 2011/000059-0

Asoc. Mujeres Empresarias Prov. Lugo

G27105220

54

Apoio a Emprendedoras

Art. 4.1 c) subvención

3.000,00

SI427A 2011/000051-0

Down Vigo Asoc. para a Síndrome de Down

G36697324

53

Recursos Integrais de Apoio e Mellora de Oportunidades

Art. 4.1 c) subvención

23.000,00

SI427A 2011/000018-0

Asoc. Íntegro para a Divers Funcional

G15173263

53

Mulleres con Diversidade: Servizo de Información e Asesoramento no Rural

Art. 4.1 c) subvención

23.000,00

SI427A 2011/000042-0

Asoc. de Axuda ao Toxicómano Érguete

G36642726

52

Intervención Socioeducativa con Mulleres Reclusas

Art. 4.1 c) subvención

18.000,00

SI427A 2011/000055-0

Fed. Galega de Inst. para S. de Down (Down Galicia)

G15665144

49

Programa de Información, Ases. e Orient. A Mulleres con Discapacidade

Art. 4.1 c) subvención

28.000,00

SI427A 2011/000054-0

Fundación Down Compostela

G70040258

49

Programa para Mulleres en Situación de Especial Protección

Art. 4.1 c) subvención

5.000,00

SI427A 2011/000060-0

Feafes - Fed Asoc. Familiares e Pers. Enf. Mental

G15545353

48

Programa de Formac. e Inserción Laboral para Mulleres con Discapacidade

Art. 4.1 c) subvención

2.000,00

SI427A 2011/000030-0

Fed. Galega Redeiras Artesas O Peirao

G15969868

47

Programa de Formación Técnica

Art. 4.1 c) subvención

11.000,00

SI427A 2011/000057-0

Asoc. Down Coruña

G15731466

45

Atención Integral a Mulleres con Síndrome Down

Art. 4.1 c) subvención

13.000,00

SI427A 2011/000022-0

Down Ourense

G32311870

42

Programa de Autonomía Persoal para Mulleres con Síndrome Down

Art. 4.1 c) subvención

3.000,00

SI427A 2011/000061-0

Down Pontevedra Xuntos Asoc. Sind. Down

G36164887

40

Información, Orientación, Asesor. e Apoio Psicolóxico

Art. 4.1 c) subvención

3.000,00

SI427A 2011/000046-0

Asoc. E-Integralia

G32412678

37

Programa Muller Íntegra

Art. 4.1 c) subvención

8.000,00

SI427A 2011/000047-0

Asoc. Amigos da Cultura e do Ocio Aires Nosos

G32369696

31

Programa a Vida en Soidade

Art. 4.1 c) subvención

10.000,00

ANEXO II

N.º expediente

Solicitante

NIF

Causas

SI427A 2011/000010-0

Hijas Divino Celo - Rogacionistas

R0800037D

Art. 1 convocatoria e 3 das bases reguladoras: entidade non rexistrada na área de igualdade do rexistro de entidades prestadoras de servizos sociais.

SI427A 2011/000015-0

Cáritas Diocesana de Ourense

R3200098F

Art. 90 LRXAP: desistencia expresa.

SI427A 2011/000017-0

Fundac. Preescolar na Casa

G27268689

Art. 1 convocatoria e 3 das bases reguladoras: entidade non rexistrada na área de igualdade do rexistro de entidades prestadoras de servizos sociais.

SI427A 2011/000020-0

Unión Xeral de Traballadores de Galicia

G15383011

Art. 1 das bases reguladoras: acción non susceptible de inclusión no ámbito da convocatoria por non reunir todos os requisitos establecidos para as accións subvencionables.

SI427A 2011/000021-0

Asoc. Grupo Divers Funcional Ferrol e Com.

G15049919

Art. 1 convocatoria e 3 das bases reguladoras: entidade non rexistrada na área de igualdade do rexistro de entidades prestadoras de servizos sociais.

SI427A 2011/000024-0

Asoc. MM Pedra Vella

G36837433

Art. 1 das bases reguladoras: acción non susceptible de inclusión no ámbito da convocatoria por non reunir todos os requisitos establecidos para as accións subvencionables.

SI427A 2011/000026-0

Centro Sociocultural A.R. Valladares

G36617082

Art. 1 das bases reguladoras: acción non susceptible de inclusión no ámbito da convocatoria por non reunir todos os requisitos establecidos para as accións subvencionables.

SI427A 2011/000028-0

Asoc. Tempus

G15681000

Art. 7.3 das bases reguladoras: Incumprimento do requisito de emenda e/ou achega da documentación requirida no prazo establecido.

SI427A 2011/000031-0

Asoc. Redeiras Artesás Illa da Estrela de Corme

G70225560

Art. 1 das bases reguladoras: acción non susceptible de inclusión no ámbito da convocatoria por non reunir todos os requisitos establecidos para as accións subvencionables.

SI427A 2011/000041-0

Asoc. Aspas (de pais de pers. con discapac. int.)

G15031537

Art. 1 convocatoria e 3 das bases reguladoras: entidade non rexistrada na área de igualdade do rexistro de entidades prestadoras de servizos sociais.

SI427A 2011/000044-0

Fundación Amencer Aspanas

G32377160

Art. 1 das bases reguladoras: acción non susceptible de inclusión no ámbito da convocatoria por non reunir todos os requisitos establecidos para as accións subvencionables.

SI427A 2011/000048-0

Asoc. Diagnosticad@S Cancro Mama Adicam

G36380301

Art. 3 da convocatoria art. 7.7 das bases reguladoras: solicitude presentada fóra de prazo.

SI427A 2011/000049-0

Asoc. Prof. Redeiras O Fieital de Malpica

G15923022

Art. 1 das bases reguladoras: acción non susceptible de inclusión no ámbito da convocatoria por non reunir todos os requisitos establecidos para as accións subvencionables.

SI427A 2011/000056-0

Radio Ecca Fundación Canaria

G35103431

Art. 1 das bases reguladoras: acción non susceptible de inclusión no ámbito da convocatoria por non reunir todos os requisitos establecidos para as accións subvencionables.

SI427A 2011/000064-0

Asociación Amicos

G15747678

Art. 3 da convocatoria art. 7.7 das bases reguladoras: solicitude presentada fóra de prazo.

SI427A 2011/000066-0

Asoc. Integrados

G15970057

Art. 3 da convocatoria art. 7.7 das bases reguladoras: solicitude presentada fóra de prazo.