Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Xoves, 20 de outubro de 2011 Páx. 30794

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

ORDE do 11 de outubro de 2011 pola que se nomean os membros do tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala de sistemas e tecnoloxía da información.

Unha vez convocado o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior de Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala de sistemas e tecnoloxía da información pola Orde da Consellería de Facenda do 21 de xullo de 2011, publicada no Diario Oficial de Galicia número 142, do 26 de xullo, e de conformidade co establecido nas bases da convocatoria, esta consellería

DISPÓN:

Nomear o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior de Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala de sistemas e tecnoloxía da información, coa composición que se relaciona no anexo.

Santiago de Compostela, 11 de outubro de 2011.

Marta Fernández Currás
Conselleira de Facenda

ANEXO

Corpo superior de Adminsitración da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala de sistemas e tecnoloxía da información

– Tribunal titular:

Presidencia: Adrián Lence Paz, persoal estatutario da categoría profesional técnico superior de sistemas e tecnoloxías da información do Servizo Galego de Saúde.

Secretaría: Albertina Blanco Dorado, persoal funcionario do corpo superior da Administración da Xunta de Galicia.

Vogais:

Carlos Vázquez Mariño, persoal funcionario do corpo de profesores do ensino secundario, especialidade informática.

Guillermo González Tato, persoal funcionario do corpo superior da Administración da Xunta de Galicia, escala de letrados.

Yolanda García Ulloa, persoal funcionario do corpo de profesores do ensino secundario, especialidade informática.

– Tribunal suplente:

Presidencia: Javier Quiles del Río, persoal estatutario da categoría profesional técnico superior de sistemas e tecnoloxías da información do Servizo Galego de Saúde.

Secretaría: Francisco Tomás Couso González, persoal funcionario do corpo superior da Administración da Xunta de Galicia.

Vogais:

Rodrigo Varela Gestoso, persoal estatutario da categoría profesional técnico superior de sistemas e tecnoloxías da información do Servizo Galego de Saúde.

Arturo Hermida Paredes, persoal funcionario do corpo superior da Administración da Xunta de Galicia.

Miguel Ángel Vila Losada, persoal estatutario da categoría profesional técnico superior de sistemas e tecnoloxías de información do Servizo Galego de Saúde.