Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Xoves, 20 de outubro de 2011 Páx. 30792

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

ORDE do 11 de outubro de 2011 pola que se nomean os membros do tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala de xestión de sistemas da información.

Unha vez convocado o proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión de Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala de xestión de sistemas da información pola Orde da Consellería de Facenda do 21 de xullo de 2011, publicada no Diario Oficial de Galicia número 142, do 26 de xullo, e de conformidade co establecido nas bases da convocatoria, esta consellería

DISPÓN:

Nomear o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión de Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala de xestión de sistemas da información, coa composición que se relaciona no anexo.

Santiago de Compostela, 11 de outubro de 2011.

Marta Fernández Currás
Conselleira de Facenda

ANEXO

Corpo de xestión de Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala de xestión de sistemas da información

–Tribunal titular:

Presidencia: Jaime Barros Leboreiro, persoal funcionario do corpo superior da Administración da Xunta de Galicia, escala de sistemas e tecnoloxía da información.

Secretaría: Nuria Salgado Domínguez, persoal funcionario do corpo superior da Administración da Xunta de Galicia.

Vogais:

María José García Sexto, persoal estatutario da categoría profesional técnico superior de sistemas e tecnoloxías da información do Servizo Galego de Saúde.

Silvia Negreira Vidal, persoal funcionario do corpo superior da Administración da Xunta de Galicia.

Ignacio Cid Gómez, persoal funcionario do corpo técnico superior de tecnoloxías da información do Parlamento de Galicia.

– Tribunal suplente:

Presidencia: Pedro Vila López, persoal funcionario do corpo superior da Administración da Xunta de Galicia, escala de sistemas e tecnoloxía da información.

Secretaría: Natalia Prieto Viso, persoal funcionario do corpo superior da Administración da Xunta de Galicia.

Vogais:

José Manuel Ramiro Fernández, persoal estatutario da categoría profesional técnico de xestión de sistemas e tecnoloxías da información do Servizo Galego de Saúde.

Jaime Baltar Tojo, persoal funcionario do corpo superior da Administración da Xunta de Galicia.

Ana Isabel García Vallejo, persoal estatutario da categoría profesional técnico superior de sistemas e tecnoloxías da información do Servizo Galego de Saúde.