Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Venres, 21 de outubro de 2011 Páx. 30959

I. Disposicións xerais

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ORDE do 18 de outubro de 2011 pola que se ditan actos dirixidos á constitución e posta en funcionamento da Axencia Galega de Infraestruturas.

Mediante o Decreto 173/2011, do 4 de agosto, aprobouse o estatuto da Axencia Galega de Infraestruturas, ente instrumental da Administración autonómica que asumirá as competencias atribuídas á Dirección Xeral de Infraestruturas e aos correspondentes servizos das xefaturas territoriais.

A constitución da axencia prodúcese coa realización da sesión constitutiva do Consello Reitor, órgano colexiado de goberno, integrado pola Presidencia (que lle corresponde ao conselleiro), a Vicepresidencia (que exercerá a persoa titular da Dirección da Axencia) e catro vogais.

Os vogais son designados polas persoas titulares das consellerías competentes en materia de administracións públicas (1), facenda (1) e infraestruturas (2). O nomeamento destes vogais e o dos seus suplentes corresponde á persoa titular da consellería competente en materia de infraestruturas.

Unha vez feitas as devanditas designacións, cómpre facer o seu nomeamento, que, para xeral coñecemento, se publicará no Diario Oficial de Galicia.

Por outra parte, disponse que as funcións asignadas á dirección da Axencia sexan exercidas pola directora xeral de Infraestruturas, temporalmente e ata que se produza o nomeamento do seu titular.

Por todo isto, en virtude das atribucións que me confire a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia,

DISPOÑO:

Primeiro. Noméanse vogais do Consello Reitor da Axencia Galega de Infraestruturas as seguintes persoas:

a) En representación da consellería con competencias en materia de administracións públicas:

– Vogal titular: Beatriz Cuiña Barja, secretaria xeral técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

– Vogal suplente: María de los Milagros Blanco Aller, subdirectora xeral de Xestión Económico-Administrativa da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

b) En representación da consellería con competencias en materia de facenda:

– Vogal titular: Manuel Galdo Pérez, director xeral de Política Financeira e Tesouro da Consellería de Facenda.

– Vogal suplente: Rosa María Pedrosa Pedrosa, secretaría xeral técnica e do Patrimonio da Consellería de Facenda.

c) En representación da consellería con competencias en materia de infraestruturas:

– Vogais titulares: María Encarnación Rivas Díaz, secretaria xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, e José Antonio Fernández Vázquez, secretario xeral técnico da mesma consellería.

– Vogais suplentes: Miguel Rodríguez Bugarín, director xeral de Mobilidade da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, e José Antonio Domínguez Varela, vicesecretario xeral da mesma consellería.

Segundo. Encoméndaselle temporalmente á directora xeral de Infraestruturas o exercicio das funcións asignadas á Dirección da Axencia Galega de Infraestruturas, ata o nomeamento da persoa titular da dirección desta entidade.

Santiago de Compostela, 18 de outubro de 2011.

Agustín Hernández Fernández de Rojas
Conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas