Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Venres, 11 de novembro de 2011 Páx. 33050

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 4 de novembro de 2011, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se fan públicas as puntuacións provisionais dos participantes admitidos no concurso para a provisión de postos de traballo vacantes do grupo V de persoal laboral da Xunta de Galicia convocado pola Orde da Consellería de Facenda do 14 de abril de 2011.

Convocado o concurso para a provisión de postos de traballo vacantes do grupo V de persoal laboral da Xunta de Galicia, á vista da proposta do 2 de novembro de 2011, da comisión encargada de valorar os méritos alegados polos concursantes, e de conformidade coa base VI.5 da convocatoria, esta dirección xeral

RESOLVE:

Primeiro. Facer públicas as relacións coas puntuacións provisionais dos concursantes admitidos para cada un dos postos solicitados. Estas relacións atópanse á disposición dos interesados no Servizo do Rexistro Xeral e Información da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, nas oficinas de Rexistro e Información dos edificios administrativos da Xunta de Galicia, nas oficinas comarcais da Xunta de Galicia e na páxina web da Xunta de Galicia (www.xunta.es) na epígrafe Función Pública.

Segundo. Os interesados poderán formular reclamación contra as puntuacións provisionais no prazo de dez (10) días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 4 de novembro de 2011.

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública