Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Mércores, 23 de novembro de 2011 Páx. 34672

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 11 de novembro de 2011, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural, polo que se dá publicidade ao informe final no cal se dá resposta ás alegacións presentadas ao borrador do anteproxecto da Lei de montes de Galicia.

De conformidade co artigo 16.1.a) da Lei 27/2006, do 18 de xuño, pola que se regulan os dereitos de acceso á información, de participación pública e de acceso á xustiza en materia de ambiente, e co parágrafo segundo do artigo 42.3 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, publicouse, o día 17 de xuño de 2011 no Diario Oficial de Galicia, un anuncio do 10 de xuño de 2011, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural, polo que se acorda someter a información pública o borrador do anteproxecto da Lei de montes de Galicia, para presentar as alegacións que se considerasen pertinentes.

De acordo coa normativa vixente, as proposicións, suxestións ou recomendacións recibidas son tidas en conta polo órgano encargado da redacción do texto do proxecto, que poderá asumilas ou rexeitalas a través dun informe final no cal recibirán unha resposta razoada, informe que no caso de materias relacionadas co ambiente a que se refiren os artigos 17 e 18 da Lei 27/2006, do 18 de xuño, debe ser oportunamente publicado.

Finalizado o prazo de presentación de alegacións ao borrador do anteproxecto da Lei de montes de Galicia, de conformidade co artigo 16.1.d) da Lei 27/2006, do 18 de xuño,

ACORDO:

Dar publicidade ao informe final no cal se dá resposta ás alegacións presentadas ao borrador do anteproxecto da Lei de montes de Galicia.

O devandito informe final poderase consultar na páxina web da Consellería do Medio Rural:

http://mediorural.xunta.es/nc/transparencia/elaboracion_de_disposicions_proxectos_e_actos_administrativos/

Santiago de Compostela, 11 de novembro de 2011.

Jorge Atán Castro
Secretario xeral técnico da Consellería do Medio Rural