Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Xoves, 24 de novembro de 2011 Páx. 34768

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCION do 15 de novembro de 2011, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión de administración da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de finanzas, convocado pola Orde do 27 de decembro de 2010 (DOG número 80, do 3 de xaneiro de 2011), pola que se fai pública a data, a hora e o lugar de realización do terceiro exercicio da fase de oposición.

En sesión que tivo lugar o día 14 de novembro de 2011, o tribunal nomeado pola Orde do 10 de maio de 2011 para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión de administración da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de finanzas, acordou, de conformidade co disposto na base II.1.2.6 da convocatoria, facer público que o terceiro exercicio da fase de oposición terá lugar o día trinta (30) de novembro de 2011, na aula 17 da Escola Galega de Administración Pública, situada na rúa Madrid 2-4, polígono das Fontiñas, en Santiago de Compostela, en chamamento único que se iniciará ás 15.30 horas.

Os aspirantes deberán ir provistos de DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal. Así mesmo, deberán ir provistos de bolígrafo.

Non se permitirá o acceso ao recinto onde se realice o exercicio con teléfonos móbiles, axendas electrónicas ou calquera outro instrumento de que se poida valer o aspirante para auxiliarse na realización do exercicio. Non se habilitará no recinto ningún servizo de recollida de móbiles.

Santiago de Compostela, 15 de novembro de 2011.

Eva María García Pérez
Presidenta do tribunal