Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Luns, 28 de novembro de 2011 Páx. 35005

III. Outras disposicións

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 3 de outubro de 2011, da Dirección Xeral de Administración Local, pola que se aproba a desprovisión do carácter comunal duns bens do Concello de Ramirás, para dedicalos a fins sociais, para zona de esparexemento e reunión do vecindario e para actividades de lecer, culturais e deportivas.

O concello do Ramirás acordou iniciar un expediente de desprovisión do carácter comunal da parcela sita en Fraguas-Ramirás dunha superficie de 7.128 m2 e de referencia catastral 32069A503014930000DH, e da construción sita no interior da parcela, de referencia catastral 00220140NG87A0001LL, para dedicalas a fins sociais, para zona de esparexemento e reunión do vecindario e para actividades de lecer, culturais, deportivas, etc. O inmoble atopase incluído no libro de inventario de bens municipais coa natureza de dominio público, comunal características de agrario.

Os terreos comunais que conforman a chaira comunal non foron obxecto de aproveitamento comunal durante máis de dez anos, segundo consta na declaración xurada asinada polo veciños o día 18 de abril de 2011.

O procedemento, no cal se acredita a súa oportunidade e legalidade, deu cumprimento aos requisitos exixidos na lexislación vixente, concretamente nos artigos 81.1 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, 78.1 do Real decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais vixentes en materia de réxime local, 269 da Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración local de Galicia, e 8 e 100 do Real decreto 1372/1986, do 13 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de bens das entidades locais, e seguiu os trámites que a seguir se indican:

Primeiro. O Pleno do Concello do Ramirás, en sesión que tivo lugar o 26 de abril de 2011, acordou, por unanimidade dos seus membros, a desprovisión do carácter comunal da parcela 1493 do polígono 503, de 7.128 m2, de referencia catastral 32069A503014930000DH, e da construción sita no interior da parcela, de 70 m2 de superficie construída e de referencia catastral 00220140NG87A0001L.

Segundo. O expediente e o acordo municipal expuxéronse a información pública polo prazo dun mes mediante anuncio no BOP de Ourense número 99, do 3 de maio de 2011, e no taboleiro de edictos da casa do concello, sen que se tivese producido alegacións.

Terceiro. Mediante escrito do 22 de xuño de 2011, o alcalde remitiu o expediente á Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, para a súa aprobación. Co fin de formalizar o expediente, a Dirección Xeral de Administración Local solicitou ao concello de Ramirás a documentación complementaria que foi recibida o día 16 de setembro de 2011.

Cuarto. A Consellería do Medio Rural, a través do Servizo de Montes do seu Departamento Territorial de Ourense, emitiu informe, con data do 5 de setembro de 2011, no que informa favorablemente a citada desafectación.

A Dirección Xeral de Administración Local ten atribuída a competencia na materia ao abeiro do artigo 1.8.4 do Real decreto 1014/1979, do 13 de febreiro, sobre transferencia de competencias da Administración do Estado á Xunta de Galicia en materia de Interior, artigo 4.18 do Decreto 27/1979, do 9 de xullo, sobre regulación de competencias pola Xunta de Galicia en materia de interior, e artigo 24.e) do Decreto 303/2009, do 21 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

Por todo isto, esta dirección xeral

RESOLVE:

Aprobar o expediente, incoado polo concello de Ramirás, de desprovisión do carácter comunal da parcela 1493 do polígono 503, de 7.128 m2, de referencia catastral 32069A503014930000DH, e da construción sita no interior da parcela, de 70 m2 de superficie construída e de referencia catastral 00220140NG87A0001L, para dedicalas a fins sociais, para zona de esparexemento e reunión do vecindario e para actividades de lecer, culturais, deportivas, etc.

Contra esta resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación, segundo o previsto nos artigos 114 e seguintes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 3 de outubro de 2011.

José Norberto Uzal Tresandí
Director xeral de Administración Local