Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Martes, 29 de novembro de 2011 Páx. 35202

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 26 de outubro de 2011, da Xerencia do Hospital da Barbanza, pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión do posto de xefe/a da Sección de Traumatoloxía e Cirurxía Ortopédica deste hospital.

Convocada por Resolución do 13 de abril de 2011 (Diario Oficial de Galicia n.º 91, do 11 de maio), a provisión do posto de xefe/a da Sección de Traumatoloxía e Cirurxía Ortopédica do Hospital da Barbanza, esta xerencia, de conformidade coa competencia atribuída no artigo 3 da Orde da Consellería de Sanidade do 24 de maio de 2006 (Diario Oficial de Galicia n.º 106, do 5 xuño),

DISPÓN:

Primeiro. Resolver a convocatoria pública para a provisión do posto de xefe/a da Sección de Traumatoloxía e Cirurxía Ortopédica do Hospital da Barbanza, convocado pola Resolución do 13 de abril de 2011 (Diario Oficial de Galicia n.º 91, do 11 de maio).

Segundo. Nomear, para o posto que se indica, a persoa citada no anexo desta resolución.

Terceiro. De conformidade coa base novena da convocatoria, o candidato nomeado será avaliado, antes de que transcorran catro anos desde o seu nomeamento, para os efectos de prorrogar o desempeño da xefatura, por idéntico período, ou proceder á súa remoción.

Cuarto. O aspirante nomeado deberá cesar na praza que desempeñe dentro dos tres días hábiles seguintes a aquel en que se publique esta resolución no Diario Oficial de Galicia.

A toma de posesión do posto de traballo adxudicado deberá efectuarse dentro dos tres días hábiles seguintes ao do cesamento, se a praza desempeñada e o posto adxudicado son da mesma área de saúde, ou no prazo de quince días hábiles, se son de distinta área de saúde. Para estes efectos, entenderase por praza desempeñada a efectivamente ocupada, con independencia de que sexa en condición de destino definitivo, adscrición ou destino provisional ou comisión de servizos.

Se así o permiten as necesidades do servizo e por petición motivada do interesado, os prazos a que se refiren os parágrafos anteriores poderán ser prorrogados polo órgano convocante.

O prazo de toma de posesión e a súa prórroga terán a consideración de servizo activo, e percibiranse os correspondentes haberes de conformidade co que estableza a orde sobre a confección de nóminas do persoal ao servizo da Administración autonómica.

Entenderase que solicita a excedencia voluntaria por interese particular, e será declarado nesa situación polo órgano competente, quen non se incorpore ao posto adxudicado no prazo establecido.

Quinto. Contra esta resolución poderá interpoñerse recurso de alzada ante a Dirección de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación, nos termos dos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, segundo a redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Ribeira, 26 de outubro de 2011.

Luis González Taboada
Xerente executivo do Hospital da Barbanza

ANEXO

Posto: xefe/a da Sección de Traumatoloxía e Cirurxía Ortopédica.

Código: SF-A1-12.

Nome e apelidos: Emilio García Atanes.

DNI: 33232028-H.