Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Xoves, 1 de decembro de 2011 Páx. 35551

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 24 de novembro de 2011, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñeiros técnicos de obras públicas, pola que se fai pública a data, a hora e o lugar de realización do primeiro exercicio do proceso selectivo.

En sesión que tivo lugar o día 24 de novembro de 2011, o tribunal nomeado pola Orde do 17 de novembro de 2011 para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñeiros técnicos de obras públicas, acordou, de conformidade co disposto na base II.1.2.6 da convocatoria, que o primeiro exercicio da fase de oposición terá lugar o día 20 de decembro de 2011, na facultade de Dereito de Santiago de Compostela, no salón de actos, en chamamento único que se iniciará ás 16.00 horas.

Os aspirantes deberán ir provistos de DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal, lapis do n.º 2 e goma de borrar.

Non se permitirá o acceso ás aulas nas que se realice o exercicio con teléfonos móbiles, axendas electrónicas ou calquera outro instrumento do que se poida valer o aspirante para auxiliarse na realización do exercicio. Non se habilitará ningún servizo de recollida de móbiles.

Santiago de Compostela, 24 de novembro de 2011.

Roberto Arias Sánchez
Presidente do tribunal