Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Xoves, 1 de decembro de 2011 Páx. 35549

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

CORRECCIÓN de erros. Orde do 22 de novembro de 2011 pola que se nomean os membros do tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A1.

Advertido erro na orde antes citada, publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 224, do 23 de novembro de 2011, cómpre facer a seguinte corrección:

Na páxina 34620, en tribunal suplente, onde di: «Secretaría: Ana Cacharrón Castelos. Escala de funcionarios de Administración local con habilitación de carácter estatal, subescala Intervención-Tesouraría, categoría superior.», debe dicir: «Secretaría: Ana Cacharrón Castelos. Escala de funcionarios de Administración local con habilitación de carácter estatal, subescala secretaría, categoría de entrada.».