Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 6 Martes, 10 de xaneiro de 2012 Páx. 1575

III. Outras disposicións

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 30 de decembro de 2011 pola que se publica o orzamento desta universidade para o exercicio 2012.

Aprobado o orzamento económico de 2012 polo Consello de Goberno, con data do 21 de decembro de 2011, e polo Consello Social o día 29 de decembro de 2011, esta reitoría resolveu publicar o orzamento da Universidade de Vigo para o exercicio económico de 2012, que figura no anexo desta resolución.

Vigo, 30 de decembro de 2011.

Salustiano Mato de la Iglesia
Reitor da Universidade de Vigo

1. Previsión de ingresos.

Estimación de ingresos para o exercicio 2012

Capítulo III. Taxas, prezos públicos e outros ingresos

31

 

Prezos públicos

15.195.000,00

 

310

Dereitos de matrícula en cursos e seminarios

90.000,00

 

311

Cotas de instalacións deportivas e outros espazos

180.000,00

 

313

Dereitos de matrícula e servizos académicos

14.900.000,00

 

314

Outros ingresos extensión universitaria

25.000,00

32

 

Outros ingresos procedentes

655.000,00

 

327

Servizos prestados por actividades investigadoras

305.000,00

 

328

Dereitos de custos indirectos

350.000,00

33

 

Venda de bens

4.000,00

 

330

Venda de publicacións propias

4.000,00

Total capítulo III

15.854.000,00

Capítulo IV. Transferencias correntes

40

 

Da Administración do Estado

5.493.740,00

 

400

Do MEC

5.493.740,00

41

 

De organismos autónomos administrativos

305.058,00

 

410

De organismos autónomos administrativos

305.058,00

45

 

Da comunidade autónoma

104.655.940,00

 

450

Da Xunta

104.655.940,00

 

450.00

Financiamento estrutural

88.600.735,00

 

450.01

Financiamento por resultados

6.366.990,00

 

450.02

Financiamento por mellora da calidade

5.940.000,00

 

450.03

Prazas vinculadas e persoal de investigación

3.446.555,00

 

450.09

Outras subvencións

301.660,00

46

 

De corporacións locais

261.200,00

 

460

De concellos

55.000,00

 

461

De deputacións

206.200,00

47

 

De empresas privadas

780.000,00

 

470

De empresas privadas

780.000,00

48

 

De familias e institucións sen ánimo de lucro

51.415,00

 

481

De familias e institucións sen ánimo de lucro

51.415,00

Total capítulo IV

111.547.353,00

Capítulo V. Ingresos patrimoniais

52

 

Xuros de depósitos

135.000,00

 

520

Xuros das contas bancarias

135.000,00

54

 

Rendas de bens inmobles

50.000,00

 

540

Aluguer de locais

50.000,00

55

 

Produtos de concesións administrativas

5.000,00

 

550

Produtos de concesións administrativas

5.000,00

Total capítulo V

190.000,00

Capítulo VII. Transferencias de capital

70

 

Da Administración do Estado

6.900.000,00

 

700

De Ministerios

6.900.000,00

75

 

Da comunidade autónoma

8.468.964,00

 

750

Da Xunta

8.468.964,00

 

750.00

Financiamento estrutural

1.982.964,00

 

750.02

Proxectos de investigación

5.600.000,00

 

750.03

Infraestrutura de investigación

886.000,00

76

 

De corporacións locais

130.000,00

 

760

De concellos

50.000,00

 

761

De deputacións

80.000,00

77

 

De empresas privadas

3.820.000,00

 

770

De empresas privadas

70.000,00

 

771

Contratos de investigación

3.750.000,00

Total capítulo VII

19.318.964,00

Total operacións non financeiras

146.910.317,00

Capítulo VIII. Variación de activos financeiros

87

 

Remanente de tesouraría

16.059.428,00

 

870

Remanentes de tesouraría

16.059.428,00

Total capítulo VIII

16.059.428,00

Total operacións financeiras

16.059.428,00

TOTAL

162.969.745,00

2. Orzamento de gastos.

Resumo xeral consolidado do orzamento de gastos segundo a clasificación económica

Art.

Cto.

Subcto.

Denominación do gasto

Subcto.

Cto.

Art.

Capítulo I. Gastos de persoal

10

Altos cargos e delegados

250.000

100

Altos cargos

250.000

11

Persoal eventual

146.000

110

Retribucións básicas

146.000

12

Funcionarios

52.953.700

120

Retribucións básicas

21.771.200

121

Retribucións complementarias

31.182.500

13

Laborais

10.167.000

130

Laborais fixos

7.580.000

131

Laborais eventuais

2.587.000

14

Outro persoal

17.354.800

140

Persoal docente e contratado

16.466.800

140.00

Contratados docentes

12.620.000

140.02

Novas prazas e transformacións

580.000

140.06

Persoal investigador subvencionado-convocatorias MEC

1.392.000

140.05

Lectores

70.000

140.08

Persoal investigador subvencionado-convocatorias Xunta

1.804.800

143

Outro persoal

888.000

143.01

Persoal técnico financiado con subvención pública

888.000

15

Incentivos ao rendemento

750.000

150

Produtividade PAS

724.000

151

Gratificacións do P. funcionario PAS

26.000

16

Cotas prestación e gastos sociais a cargo do empregador

11.976.500

160

Cotas da Seguridade Social

11.195.000

162

Gastos sociais do persoal

781.500

162.00

Cursos de formación PAS

195.000

162.04

Plan de pensións

235.000

162.99

Outros gastos sociais

351.500

 

 

 

Total capítulo I

 

 

93.598.000

Cap. II. Gastos correntes en bens e servizos

20

Arrendamentos

373.000

209

Licenzas

373.000

21

Reparación e conservación

2.725.545

212

De edificios e outras construcións

1.299.774

213

De maquinaria, instalacións e ferramenta

1.145.771

214

De material de transporte

55.000

215

De mobiliario e equipamento

225.000

22

Material, subministracións e outros

20.600.293

220

Material de oficina

734.413

221

Subministracións

4.447.804

221.01

De servizos administrativos

3.844.344

221.02

De docencia

389.460

221.23

Medios bibliográficos dixitais

214.000

222

Comunicacións

453.304

223

Transportes

80.850

224

Primas de seguros

160.000

225

Tributos

6.000

226

Gastos diversos

1.860.530

226.01

Atencións protocolarias

300.292

226.02

Publicidade e propaganda

376.966

226.03

Xurídico-contencioso

20.000

226.09

Cotas de organismos

20.950

226.12

CIUG

195.000

226.99

Outros gastos

947.322

227

Traballos realizados por outras empresas

8.853.672

227.00

Limpeza e aseo

4.200.000

227.01

Seguridade

715.000

227.06

Estudos e traballos técnicos

1.265.000

227.09

Outros

2.673.672

228

Cursos e conferencias

3.094.941

228.00

Obradoiros

135.000

228.01

Cursos

184.000

228.02

Conferencias

2.707.941

228.08

Normalización lingüística

68.000

229

Extensión universitaria

908.779

229.01

Actividades culturais

365.000

229.02

Actividades dos equipos deportivos

335.000

229.03

Delegacións de alumnado

57.080

229.04

Prácticas de campo

90.699

229.07

Outras actividades

36.000

229.10

Voluntariado

25.000

23

Indemnización por razón de servizos

693.869

230

Axudas de custo e locomoción

642.369

230.01

Administración

339.422

230.02

Teses de doutoramento

150.000

230.03

Concursos e habilitacións de prazas docentes

60.000

230.04

Concursos de prazas PAS

5.000

230.05

Consellos de departamentos

35.947

230.06

Desprazamentos dos docentes

30.000

230.09

Outras axudas de custo

22.000

233

Outras indemnizacións

51.500

233.00

Asistencia aos tribunais de prazas PAS

6.000

233.01

Asistencia aos tribunais de prazas docentes

28.000

233.02

Claustro da Xunta de Goberno e comisións

6.000

233.03

Xunta de persoal docente

1.750

233.04

Xunta de persoal funcionario PAS

1.750

233.05

Comité PAS laboral

1.750

233.06

Comité PDI laboral

1.750

233.09

Outras indemnizacións

4.500

24

Publicacións

105.000

240

Edicións e publicacións

105.000

28

Plan de calidade docente

500.000

280

Produción docente

500.000

280.01

Produción docente dos departamentos

200.000

280.02

Calidade docente nos centros

300.000

 

 

 

Total capítulo II

 

 

24.997.707

Capítulo III. Gastos financeiros

35

Xuros de demora e outros gastos financeiros

50.000

352

Xuros de demora

40.000

359

Outros gastos financeiros

10.000

 

 

 

Total capítulo III

 

 

50.000

Capítulo IV. Transferencias correntes

44

A socied. mercant. est. entid. sen fin de lucro etc.

1.339.206

444

Convenios entidades públicas

1.339.206

48

Familias e institucións sen fins de lucro

4.072.390

481

Bolsas formación investigadores e profesorado

1.150.000

481.01

Bolsas de viaxe

60.000

481.02

Bolsas para estadías

460.000

481.03

Bolsas estadías FPI

630.000

482

Bolsas estudantes

2.274.990

482.01

Comedor

228.500

482.02

Bolsas terceiro ciclo/Posgrao

158.000

482.05

Bolsas informáticas centros-PC

424.920

482.07

Deportivas

39.200

482.08

Bolsas de apoio a centros de investigación e tecnolóxicos

87.000

482.11

Bolsas colaboradores/as

45.300

482.15

Bolsas de residencias

85.000

482.16

Bolsas de avaliación docente

110.000

482.21

Bolsas de apoio de Normalización Lingüística

22.000

482.24

Bolsas dos programas de calidade CEES

60.000

482.25

Bolsas axudas os estudios

19.500

482.30

Bolsas para mobilidade POP e títulos propios

145.000

482.31

Bolsas do Consello Social

23.850

482.32

Mobilidade Séneca

75.000

482.99

Outras

751.720

483

Actividades deportivas para o alumnado

39.000

483.01

Subvencións de actividades deportivas para alumnado

39.000

484

Outras subvencións e transferencias

608.400

484.01

Subvención asociación alumnado

26.000

484.02

Subvencións transportes

190.000

484.03

Subvención fundacións

302.800

484.06

Subvencións para a integración de discapacitados/as

23.000

484.07

Bolsas excelencia académica

22.000

484.09

Outras

44.600

49

O exterior

2.378.875

492

Bolsas de intercambio

2.378.875

 

 

 

Total capítulo IV

 

 

7.790.471

Capítulo V. Fondo de Continxencia

50

Fondo de Continxencia

360.000

500

Fondo de Continxencia

360.000

 

 

 

Total capítulo V

 

 

360.000

Capítulo VI. Investimentos reais

62

Investimento asoc. funcionamento servizos

13.389.171

622

Edificios e outras construcións

5.752.340

623

Maquinaria, instalacións e ferramentas

2.337.428

625

Mobiliario e equipamento

3.589.403

626

Equipamento docente dos laboratorios

800.000

628

OIM Biblioteca

910.000

628.02

Fondos bibliográficos

910.000

64

Gastos de investimento de carácter inmaterial

20.192.396

641

Axuda xeral á investigación

3.264.000

641.00

Terceiro ciclo

295.000

641.01

Gastos de investigación dos departamentos

1.100.000

641.02

Axudas a equipos de investigación

760.000

641.03

Axudas á formación de investigadores

792.000

641.05

Reunións científicas

230.000

641.06

Axuda transferencia resultados investigación

87.000

644

Programa investimentos MEC

2.400.000

645

Programa investimentos XUNTA

5.600.000

646

Programas investimentos cofinanciados

5.024.396

647

Programas investimentos outros organismos

154.000

648

Contratos de investigación

3.750.000

 

 

 

Total capítulo VI

 

 

33.581.567

Capítulo VIII. Activos financeiros

83

Concesión de préstamos fóra do sector público

50.000

830

Préstamos corto prazo

50.000

830.08

Familias e institucións sen fin de lucro

50.000

 

 

 

Total capítulo VIII

 

 

50.000

Capítulo IX . Pasivos financeiros

91

Devolución de préstamos recibidos

2.542.000

911

Devolución de préstamos longo prazo sector público

2.542.000

 

 

 

Total capítulo IX

 

 

2.542.000

 

 

 

TOTAL GASTOS

162.969.745

IV. Normas de desenvolvemento do orzamento 2012.

As normas de desenvolvemento que acompañan ao orzamento teñen como obxectivo acadar a correcta xestión do orzamento, do patrimonio e da actividade económico-financeira da Universidade de Vigo. O seu contido refírese á autorización, vinculación e modificación dos créditos, xestión dos gastos de persoal e outros gastos, subvencións, contratación administrativa, xestión do patrimonio e memoria anual.

A súa elaboración realízase ao abeiro do establecido na Lei orgánica 6/2001, do 21 decembro, de universidades e nos Estatutos da Universidade de Vigo, das normas que rexen a actividade económico-financeira do sector público de Galicia e estatal e da Lei 7/2007, do 12 de abril, do Estatuto básico do empregado público.

Título I
Da aprobación do orzamento e das súas modificacións

Capítulo I
Créditos iniciais e financiamento

Artigo 1. Aprobación dos estados de gastos e ingresos da Universidade de Vigo.

1. Apróbase o orzamento da Universidade de Vigo para o exercicio de 2012 integrado polos estados de gastos e ingresos.

2. Para a execución das actividades da universidade reflectidas nos programas do seu estado de gastos apróbanse créditos por un importe de 162.969.745 euros.

3. No estado de ingresos recóllense as estimacións dos dereitos económicos que se prevén liquidar durante o exercicio orzamentario e que por normativa orzamentaria suman o mesmo importe que as dotacións de crédito para gastar.

Artigo 2. Clasificación dos créditos.

1. O estado de gastos confeccionarase aplicando unha clasificación funcional por programas que informa do obxectivo que se quere acadar, unha orgánica que informa sobre o centro ou unidade da universidade que realiza o gasto e unha económica que informa da natureza deste.

2. Os créditos clasifícanse nos programas funcionais seguintes:

Código

Denominación

111L

Docencia

121D

Apoio ao alumnado e a docencia

131H

Fomento e desenvolvemento da investigación

141B

Dotación de fondos bibliográficos

211E

Extensión universitaria

311V

Dotación e mantemento de infraestruturas

421S

Goberno e administración da universidade

3. Os créditos clasifícanse organicamente nos seguintes centros de gasto:

Código

Denominación

0000

Reitoría/Xerencia

00CS

Consello Social

00DC

Vicerreitoría de Alumnado, Docencia e Calidade

00EP

Vicerreitoría de Economía e Planificación

00EU

Vicerreitoría de Extensión Universitaria

00RI

Vicerreitoría de Relacións Internacionais

00TG

Tribunal de Garantías

00VT

Vicerreitoría de Transferencia do Coñecemento

00VI

Vicerreitoría de Investigación

BUV1

Biblioteca Universitaria

CAT1

Centro de Apoio Científico e Tecnolóxico á Investigación-CACTI

EMT1

Estación de Ciencias Mariñas de Toralla

ORI1

Oficina de Relacións Internacionais

OUR1

Vicerreitoría do Campus de Ourense

PON1

Vicerreitoría do Campus de Pontevedra

00XX

Facultades e escolas universitarias

LLXX

Departamentos

4. Os créditos de gasto clasifícanse, atendendo á súa natureza, en capítulos, artigos, conceptos e subconceptos, se fose o caso.

Capítulo

Denominación

I

Gastos de persoal

II

Gastos en bens e servizos correntes

III

Gastos financeiros

IV

Transferencias correntes

V

Fondo de continxencia

VI

Investimentos reais

VIII

Activos financeiros

IX

Pasivos financeiros

Capítulo II
Modificación e execución de créditos orzamentarios

Artigo 3. Especialidade dos créditos.

Os créditos para gastos destinaranse exclusivamente á finalidade específica para a que se autorizaron ao aprobar o orzamento ou as correspondentes modificacións orzamentarias, respectando os principios de especialidade temporal, cualitativa e cuantitativa.

Artigo 4. Vinculación dos créditos.

1. Os créditos autorizados teñen carácter vinculante e limitado a nivel de artigo agás:

a) No capítulo I, os créditos destinados a incentivos ao rendemento (150 e 151) que terán carácter vinculante a nivel de concepto.

b) No capítulo II, serán vinculantes os seguintes subconceptos:

226.01. Atencións protocolarias.

226.02. Publicidade e propaganda.

229.03. Delegación de alumnado.

230.06. Desprazamentos docentes.

230.07. Axudas para mobilidade MEC, XUNTA, que recollerá axudas para mobilidade de estudantes e profesores financiadas con achegas do Ministerio de Educación e Ciencia e da Xunta de Galicia.

233.03. Xunta de persoal docente e investigador.

233.04. Xunta de persoal de administración e servizos.

233.05. Comités de empresa de persoal de administración e servizos.

233.06. Comités de empresa de persoal docente e investigador.

c) No capítulo VI, os créditos destinados a equipamento de laboratorios docentes (626), e os clasificados no artigo 64 que terán a vinculación co nivel de desagregación que se indique no documento orzamentario.

2. No entanto, terán carácter vinculante, co nivel de desagregación que apareza no estado de gastos, os créditos que teñan financiamento específico.

3. Non se poden adquirir compromisos de gastos por unha contía superior aos importes dos créditos autorizados no estado de gastos, e serán nulos de pleno dereito os actos administrativos e as disposicións xerais que infrinxan estas normas, sen prexuízo das responsabilidades que correspondan.

Artigo 5. Distribución dos créditos.

O orzamento poderá executarse mediante subprogramas. Poderán crearse novos subprogramas unha vez aprobado o orzamento, os cales poderán ser dotados mediante redistribución de crédito ou transferencia de crédito dentro do mesmo programa de gasto.

Artigo 6. Fondo de continxencia.

1. Co fin de facer fronte durante o exercicio orzamentario a necesidades inaprazables para as que non se fixera en todo ou en parte unha axeitada dotación de crédito, inclúese no orzamento da universidade a aplicación orzamentaria 0000 421S 500 «Fondo de continxencia». Este fondo poderá ser destinado a financiar créditos ampliables ou transferencias de crédito.

2. Este fondo, ademais da consignación inicial contida no orzamento, poderá ser dotado con xeracións de crédito por unha maior recadación de ingresos non finalistas, por retencións noutros créditos ou con remanente non afectado de tesouraría, neste último caso precisará autorización previa do Consello de Goberno.

3. A dotación ou a utilización do fondo, con independencia do indicado nos seguintes artigos, será autorizada pola xerencia tras a instrución do oportuno expediente. Para a dotación e utilización do fondo deberán xustificarse, respectivamente, as súas fontes de financiamento e as necesidades orzamentarias que se prevé atender. A xerencia dará conta periodicamente ao Consello de Goberno e ao Consello Social.

Artigo 7. Principios xerais nas modificacións de créditos.

1. Son modificacións de crédito as variacións que poden autorizarse nos créditos que financian o estado de gastos para adecualos ás necesidades que se produzan durante a execución do orzamento.

2. Todo acordo de modificación orzamentaria requirirá a instrución do oportuno expediente polo administrador de centro/ámbito/campus, director ou xefe do servizo, o cal conterá unha memoria xustificativa cos motivos que fundamentan a proposta, indicando tanto os referentes á realización do novo gasto proposto como, se é o caso, a suspensión da actuación inicialmente prevista e a repercusión sobre os obxectivos do programa afectado, e na que, como mínimo, se expresarán os programas e conceptos afectados co maior nivel de detalle, así como o seu financiamento no caso de que a modificación implique aumento neto do gasto.

Artigo 8. Xeracións de crédito.

1. Os ingresos que acheguen persoas naturais ou xurídicas, públicas ou privadas, e que pola súa natureza estean comprendidos nos fins ou obxectivos da universidade, poderán xerar crédito no estado de gastos. Tamén poderán xerar crédito:

a) O alleamento de bens patrimoniais da universidade.

b) A prestación de servizos.

c) O reembolso de empréstitos.

d) O crédito do exterior para investimentos.

e) O mecenado.

2. De existir partida dotada no orzamento inicial, os anteditos ingresos darán lugar á tramitación dun expediente de ampliación de créditos, sempre que se superen as previsións orzamentarias ou se xustifique a súa non inclusión nelas.

3. No expediente de xeración de crédito terá que constar a xustificación acreditativa de ingresos efectuados, así como a inexistencia de aplicación orzamentaria específica, se fose o caso. A xerencia é o órgano competente para a aprobación destas modificacións e no caso de convenios ou resolucións de entidades públicas pode autorizar a xeración de crédito dando credencial do compromiso do ingreso mediante copia do convenio asinado ou da resolución. A xerencia dará conta periodicamente destas modificacións ao Consello de Goberno e ao Consello Social.

Artigo 9. Créditos ampliables.

1. Terán excepcionalmente a consideración de ampliables os créditos seguintes:

– Os destinados ao pagamento das cotizacións á Seguridade Social.

– Os destinados ao pagamento de xuros, amortización de préstamos ou de operacións de crédito concertadas pola universidade.

– Os destinados á cobertura de necesidades de toda orde motivadas por sinistros, catástrofes ou outros de recoñecida urxencia.

– Os destinados a atender as obrigas contidas nas seguintes aplicacións da clasificación económica:

a) 230.02 «Tese de doutoramento», establécese un límite máximo de 1.300 € de gasto por tese de doutoramento con cargo á partida centralizada. O devandito límite só poderá incrementarse, en caso de teses con mención europea ou internacional, por resolución de autorización da Comisión de Estudos de Posgrao. Neste caso deberá indicarse a aplicación orzamentaria que se fará cargo da ampliación.

b) 230.03 «Concursos e habilitacións de prazas docentes».

c) 230.04 «Concursos de prazas PAS».

d) 233.00 «Asistencia aos tribunais de prazas PAS».

e) 233.01 «Asistencia aos tribunais de prazas docentes».

f) 359 «Outros gastos financeiros».

2. A xerencia autorizará as ampliacións de crédito. O expediente de ampliación de créditos deberá establecer a fonte de financiamento da dita ampliación, distinguindo se se financiará con reducións noutros créditos, con maiores recursos que se vaian obter ou con remanente non afectado de tesouraría. A xerencia dará conta periodicamente das modificacións ao Consello de Goberno e ao Consello Social.

Artigo 10. Transferencias de crédito.

1. Consisten no traspaso da totalidade ou parte dos créditos dun concepto orzamentario a outro do orzamento de gastos, é dicir, na minoración dun ou varios conceptos en favor doutro ou doutros que aumentan globalmente na mesma contía. A proposta de diminución dun crédito dos que teñen financiamento xenérico ten que garantir que, no crédito minorado, quede consignación suficiente para atender os gastos previstos ata o final do exercicio.

2. As transferencias de crédito estarán suxeitas ás seguintes limitacións xerais:

a) Non poderán minorarse créditos que fosen incrementados mediante transferencia.

b) Non poderán afectar créditos incorporados como consecuencia de remanentes non comprometidos en exercicios anteriores.

c) Non incrementarán créditos que, como consecuencia doutras transferencias, fosen obxecto de minoración.

d) Non poderán afectar créditos con financiamento específico, agás autorización, que deberá de acreditarse no expediente do ente financiador.

e) Non poderán minorarse créditos ampliables.

3. Así mesmo, non poden minorarse mediante transferencia as dotacións do subconcepto 230.06 asignada a cada departamento. Non poden incrementarse os créditos do subconcepto 641.01 asignado ao programa de gastos de departamentos mediante transferencias desde outros conceptos do mesmo programa, nin as dotacións dos subconceptos 226.01, 280.01 e 280.02 con independencia do programa afectado.

4. Correspóndelles aprobar as transferencias de crédito aos seguintes órganos:

a) Ao Consello Social, por proposta do Consello de Goberno, as transferencias de gastos de capital a gastos correntes, calquera que sexa o programa a que afecten.

b) Ao Consello de Goberno, as transferencias de crédito entre conceptos de diferentes programas, agás as mencionadas na letra a).

c) Ao xerente, por delegación do Consello de Goberno, as transferencias entre créditos das diversas epígrafes dun mesmo ou de diferentes capítulos de gasto correspondentes ao mesmo programa, agás as mencionadas nas letras a) e b).

Artigo 11. Redistribucións de crédito.

1. As dotacións de crédito que sexan realizadas desde os centros xestores de programas de gasto ás diferentes clasificacións orgánicas para a súa xestión descentralizada serán consideradas redistribucións de crédito e non transferencias de crédito, sempre que non modifiquen nin a clasificación funcional nin a clasificación económica.

2. No referente a proxectos de investigación a redistribución poderá realizarse aos diferentes subconceptos que reflicten os diferentes tipos de axudas.

3. As redistribucións de crédito serán ordenadas polo xerente, por proposta do vicerreitor correspondente en función da materia de que se trate, quen deberá achegar aos administradores de centros/campus e xefes de servizo afectados copia dos acordos de distribución.

Artigo 12. Contratos-programa con grupos de investigación.

1. A xerencia, por proposta da Vicerreitoría de Investigación, poderá autorizar a apertura de aplicacións orzamentarias de gasto para os grupos de investigación que subscriban un contrato-programa.

A autorización poderá vir acompañada do rexistro como centro de gasto do grupo de investigación, caso en que se lle asignarán os créditos de gasto necesarios para desenvolver o contrato-programa, os proxectos e actividades financiadas con axudas externas e internas e os contratos de I+D con empresas e institucións.

2. O contrato-programa poderá ter unha duración máxima de tres anos e poderá ser prorrogado ata un máximo da duración inicial prevista.

3. As actividades previstas nos contratos-programa poderán ser financiadas mediante axudas propias da universidade, recursos libres xerados por contratos de I+D con empresas e institucións e proxectos europeos, transferencias desde departamentos e calquera outro recurso, interno ou externo, que non implique un proxecto con aplicacións orzamentarias específicas. En todo caso, este financiamento efectuarase de acordo co establecido na normativa vixente da universidade.

4. A xerencia dará conta, periodicamente, das modificacións ao Consello de Goberno e ao Consello Social.

Artigo 13. Imputación de obrigas.

1. Con cargo aos créditos do estado de gastos de cada orzamento, só poderán contraerse obrigas derivadas de adquisicións, obras ou servizos e demais prestacións, ou gastos en xeral, que se realicen no ano natural do propio exercicio orzamentario.

2. Non obstante, aplicaranse aos créditos do orzamento vixente no momento da expedición das ordes de pagamento as obrigas seguintes:

a) As que resulten da liquidación de atrasos a favor do persoal que perciba as súas retribucións con cargo ao orzamento da universidade.

b) As derivadas de compromisos de gasto debidamente recoñecidos en exercicios anteriores e especialmente as indemnizacións por razóns de servizo xeradas no último trimestre do ano anterior.

c) As que resulten de gastos realizados en exercicios anteriores e se validen na forma regulamentariamente establecida.

3. O reitor é o órgano competente para a validación de gastos, que deberán ter o informe previo do Servizo de Control Interno. Para a validación dos gastos será necesario que, por parte dos órganos que teñen a competencia para autorizar gasto se confeccione o oportuno expediente, no que figurará necesariamente a causa da non imputación ao orzamento correspondente e a aplicación á que correspondería imputar o gasto.

4. No referido aos gastos de carácter plurianual.

a) Para a execución de gastos con cargo aos créditos de exercicios futuros é necesaria a comprobación previa do cumprimento dos límites establecidos na normativa orzamentaria, sendo preciso xuntar ao expediente a constatación da dita circunstancia.

b) No caso de que a actuación se refira a un proxecto de investigación ou a un contrato programa, será necesario incorporar no expediente a certificación expresa da existencia do compromiso de financiamento.

Artigo 14. Remanentes de crédito.

1. O remanente de tesouraría é un recurso orzamentario obtido, con carácter xeral, pola acumulación de resultados orzamentarios positivos dos anteriores exercicios. O remanente de tesouraría obtense pola suma dos fondos líquidos máis os dereitos pendentes de cobramento menos as obrigas pendentes de pagamento.

Para a incorporación ao exercicio orzamentario seguinte dos remanentes de tesouraría observarase o que establezan as normas de sustentabilidade orzamentaria, tanto da Administración autonómica coma da Administración central.

Sempre dentro do establecido nas normas a que se refire o parágrafo anterior, o remanente de tesouraría debe aplicarse, en primeiro lugar, á dotación dos créditos necesarios para o reintegro dos anticipos reintegrables que financian as diferentes infraestruturas de investigación. En segundo lugar, para financiar proxectos de investigación e demais actuacións con financiamento externo cunha duración que se estenda alén do exercicio económico de que se trate, pola parte do crédito dotado e non executado no exercicio.

Unha vez executadas as actuacións referidas anteriormente, e sempre que queden importes pendentes de aplicación, procederase a incorporar os créditos en fase AD ou D a 31 de decembro.

O reitor, excepcionalmente, poderá acordar a incorporación do crédito dispoñible en 31 de decembro nas aplicacións orzamentarias correspondentes ás axudas a equipos de investigación, á dotación de laboratorios docentes e á produción científica do exercicio orzamentario corrente, logo de petición que deberá vir acompañada da memoria xustificativa da necesidade. No caso de aprobarse esta incorporación, o crédito debe executarse, ineludiblemente, durante o exercicio ao que se incorpore.

2. Os créditos de gasto destinados á execución das actividades previstas nos contratos-programa mencionados no artigo 12 serán incorporables mentres se manteña vixente o contrato-programa do grupo de investigación.

3. O resto dos remanentes que non se executen en 31 de decembro serán considerados de libre disposición para o exercicio seguinte.

Título II
Dos gastos de persoal

Artigo 15. Custos de persoal.

1. As retribucións do persoal activo ao servizo da universidade quedan suxeitas ao que nesta materia dispón a Lei de orzamentos xerais do Estado e a Lei de orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia. Os incrementos retributivos do persoal laboral deberán ser autorizados pola comunidade autónoma, segundo a lei orzamentaria.

2. Cando se produzan baixas nas escalas que hai que extinguir nos cadros de persoal de administración e servizos funcionario ou laboral, procederase á readaptación dos cadros de persoal correspondentes e dos créditos a eles asignados, mediante as oportunas transferencias de crédito entre conceptos dos artigos 12 e 13.

3. Poderanse abrir partidas orzamentarias específicas no capítulo I para gastos de persoal contratado para a prestación de servizos con base en convenios con financiamento externo.

Estes gastos, coas súas cotas sociais, non poderán superar os importes dos convenios subscritos ou ben das previsións de ingresos. Así mesmo, poderanse ampliar as dotacións orzamentarias dos conceptos referidos, cando ao longo do exercicio se produza a incorporación de novo persoal co financiamento correspondente.

4. Con cargo aos créditos dos programas 111L e 131H xestionados en centros e departamentos respectivamente, non se poden realizar contratacións de persoal.

Título III
Subvencións

Artigo 16. Achegas a fundacións.

1. En aplicación do disposto nos artigos 22.2, apartado a) da Lei 38/2003, do 17 novembro, xeral de subvencións e 19.4, letra a, da Lei 9/2007, do 13 xuño, de subvencións de Galicia, quedan autorizadas no exercicio 2011 as seguintes achegas directas a fundacións:

Entidade

Importe

Fundación Escola de Organización Industrial

118.000,00

Fundación Universidade de Vigo-FUVI

95.000,00

Fundación Centro de Estudos Eurorrexionais Galicia-Norte de Portugal

4.000,00

Fundación para a Promoción da Automoción en Galicia-CTAG

11.600,00

Museo do Pobo Galego

1.200,00

Energylab

30.000,00

Fundación Biomédica do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo

3.000,00

2. Dentro dos límites do crédito orzado na aplicación 0000 421S 484, a Comisión Delegada de Planificación e Asuntos Económicos do Consello de Goberno poderá autorizar outras achegas a fundacións agás aquelas en que, segundo o previsto no artigo 84 da Lei orgánica 6/2001, do 21 decembro, de universidades, deban ser aprobadas polo Consello Social.

Título IV
Da contratación administrativa

Artigo 17. Informes e autorizacións previas á contratación administrativa.

1. Sen prexuízo da documentación e trámites que estableza a Lei de contratos do sector público, cumprirá informe previo do director do Departamento Técnico de Obras, Instalacións e Infraestruturas nos casos en que as actuacións afecten a edificios da universidade e as súas instalacións xerais.

2. Os contratos administrativos de servizos, cando supoñan o uso por parte do contratista ou do seu persoal de inmobles, instalacións ou equipamento da universidade para a prestación dos servizos, requirirán a autorización previa da xerencia.

Artigo 18. Medidas de racionalización da técnica da contratación.

1. O reitor, por proposta da xerencia, poderá declarar a uniformidade na adquisición de determinados bens e servizos, co obxecto de proceder á realización de compras conxuntas para toda a universidade ou racionalizar e ordenar a adxudicación de contratos mediante a conclusión de acordos marco, a articulación de sistemas dinámicos de contratación ou a asunción da contratación por servizos especializados.

2. A xerencia queda autorizada para reter, autorizar e dispoñer dos créditos correspondentes para a contratación de bens e servizos de forma conxunta para toda a universidade logo da declaración prevista no punto anterior. Así mesmo, poderá reter, autorizar, dispoñer e obrigar os créditos correspondentes nas contratacións centralizadas de obras, subministracións e servizos.

Artigo 19. Outras normas en relación á tramitación de expedientes.

1. Na proposta de contratación de obras, bens e servizos con cargo a créditos con financiamento específico será obrigatorio indicar a fonte de financiamento e o prazo de xustificación do gasto.

2. Despois do 30 de setembro e do 31 de outubro de cada exercicio non se poderán iniciar expedientes de contratación, mediante procedemento aberto ou procedemento negociado respectivamente con cargo a créditos do exercicio corrente.

A data límite será un mes antes para os contratos de regulación harmonizada ou calquera dos contratos mencionados no artigo 37.1 da Lei 30/2007, do 30 de outubro, de contratos do sector público, que poidan ser obxecto de recurso especial en materia de contratación.

Con cargo a proxectos de investigación, unicamente se poderán iniciar expedientes de contratación cando o período entre a data de inicio do expediente e a data de finalización do proxecto sexa superior a dous meses. En todo caso, a tramitación só será posible se computado o tempo de tramitación e de execución do contrato, a xustificación de gastos é posible.

3. Excepcionalmente, tras a xustificación do propoñente, o órgano de contratación poderá autorizar o inicio de expedientes despois das devanditas datas.

Artigo 20. As actas de recepción.

1. As actas de recepción derivadas de expedientes de contratación de obras deberán lexitimarse coas sinaturas do contratista, facultativos encargados da dirección da obra, facultativo designado polo reitor, o xerente e, facultativamente, o xefe de Servizo de Control Interno.

2. As actas de recepción derivadas de expedientes de contratación de subministracións ou servizos deberán lexitimarse coas sinaturas do xerente, contratista, das persoas autorizadas en razón da súa competencia nos créditos do centros de gasto e, se é o caso, o responsable do proxecto de investigación a que corresponde o expediente. Facultativamente, irá asinada polo xefe de Servizo de Control Interno. Nos servizos centralizados, ou cando así o considere oportuno a xerencia, figurará o responsable a que se destine o obxecto do contrato e o técnico que se designe.

3. Quedan exceptuadas do disposto no parágrafo anterior as subministracións de bens e os servizos que respondan a necesidades permanentes e que supoñan entregas ou prestacións repetitivas, que serán recepcionados mediante dilixencia sobre a factura ou documento xustificativo da entrega por parte do responsable da unidade a que se destine o obxecto do contrato e as persoas autorizadas en razón da súa competencia nos créditos do centro de gasto.

4. Trimestralmente, darase conta ao Consello de Goberno e ao Consello Social das recepcións efectuadas que superen os 450.759,08 euros en obras e 300.506,05 euros en subministracións e en servizos.

Título V
Da xestión do inventario e patrimonio

Artigo 21. Dos bens mobles inventariables.

Serán inventariables, como regra xeral, os bens non funxibles que reúnan conxuntamente os requisitos que se indican a continuación:

a) Que se lle calcule unha vida útil superior ao ano e non se consuma co uso.

b) Que teñan un custo unitario superior a 400 euros, incluído IVE, gastos de transporte, seguros, canons e accesorios ata a posta en funcionamento, ou se o seu custo inferior comprende elementos secundarios dunha unidade inventariable.

c) Exceptuarase do anterior o mobiliario referente a cadeiras, mesas, armarios ou outro mobiliario semellante, que serán inventariados con independencia do seu valor.

Artigo 22. Alleamento de bens patrimoniais da universidade.

O alleamento de bens producirase mediante poxa, tras a instrución do expediente polo Servizo de Xestión Económica e Contratación, no cal, necesariamente, se incluirá a súa taxación pericial. Cando o importe sexa inferior a 6.000 euros, a autorización do expediente corresponderá ao reitor, e se é superior a esa contía corresponderalle ao Consello Social.

Artigo 23. Actualización do valor contable patrimonial.

Autorízase ao xerente a ditar as normas necesarias para a actualización en 31 de decembro de 2012 do valor contable do inventario da universidade.

Título VI
Da memoria anual

Artigo 24. Elaboración da memoria.

1. Os decanos, directores de escola, directores de departamento e os coordinadores de programas oficiais de posgrao e títulos propios co apoio dos administradores de centro, ámbito ou campus elaborarán unha memoria económica anual no prazo de tres meses contados a partir do peche do exercicio económico. Esta mesma obriga aplícase aos vicerreitores e á xerencia, así como aos responsables dos restantes programas de actuación.

2. Estas memorias formarán parte, como anexo, da memoria económica anual da universidade, que elaborará a Vicerreitoría de Economía e Planificación e a Xerencia baixo a dirección do reitor.

3. As memorias conterán, como mínimo, unha explicación da execución do orzamento e das súas modificacións, así como una descrición das accións realizadas. A vicerreitoría de economía e a xerencia elaborarán unha instrución conxunta para determinar o seu contido e formato.

Título VII
Especificidades da xestión dos gastos

Capítulo I
Facultades e escolas técnicas e universitarias

Artigo 25. Créditos para centros.

Os créditos do programa de centros inclúen:

a) As dotacións básicas para o sostemento das facultades e escolas técnicas e universitarias que figuran no anexo II.

b) As dotacións para o desenvolvemento das novas titulacións oficiais de posgrao e títulos propios que se desenvolven por subprogramas dentro de cada centro e que figuran no anexo II.

c) As dotacións por calidade docente que se distribuirán na forma establecida nos artigos seguintes.

Artigo 26. Calidade docente.

A dotación de 300.000,00 euros por calidade docente no subconcepto 280.02 «produción docente centros» será concorrente e a súa distribución (nos dous primeiros meses do exercicio) correrá a cargo da Vicerreitoría de Alumnado, Docencia e Calidade en aplicación dos indicadores de calidade docente.

Estes créditos incrementarán os créditos orzados para cada facultade ou escola que se indican no anexo II deste documento.

Capítulo II
Departamentos

Artigo 27. Créditos para departamentos.

Os créditos do programa de departamentos inclúen:

a) As dotacións básicas para o sostemento dos departamentos que figuran no anexo II.

c) As dotacións para desprazamentos dos docentes, por produción docente e produción científica que se distribuirán na forma establecida nos artigos seguintes.

Artigo 28. Desprazamentos dos docentes.

O subconcepto 230.06 terá no exercicio de 2011 unha dotación de 30.000,00 euros para financiar as axudas de custo intercampus. Esta cantidade será distribuída pola Vicerreitoría de Organización Académica, Profesorado e Titulacións en función da docencia intercampus de cada trimestre.

Artigo 29. Produción docente.

Establécese unha dotación de 200.000,00 euros, por produción docente, no subconcepto 280.01 «produción docente departamentos». Esta partida ten como obxectivo premiar a calidade docente do cadro de persoal de cada departamento. A dotación será concorrente e a súa distribución correrá a cargo da Vicerreitoría de Alumnado, Docencia e Calidade en aplicación dos indicadores de calidade da actividade docente en departamentos.

Artigo 30. Produción científica.

Neste exercicio distribuiranse 1.100.000,00 euros incluídos no subconcepto 641.01 «Produción científica» e 295.000,00 euros incluídos no subconcepto 641.00 «Terceiro ciclo».

A distribución da partida de produción científica será realizada pola Vicerreitoría de Investigación nos dous primeiros meses do exercicio, en función dos resultados de investigación obtidos nos exercicios 2009 e 2010 (no primeiro trimestre do 2012, os departamentos ingresarán a «produción científica»).

A distribución da partida de terceiro ciclo será realizada pola Vicerreitoría Organización Académica, Profesorado e Titulacións, logo da decisión da Comisión de Terceiro Ciclo.

Capítulo III
Outras especificidades

Artigo 31. Laboratorios docentes.

Na aplicación 00EP 311V 626 inclúense 800.000,00 euros, que serán distribuídos pola Vicerreitoría de Economía e Planificación para financiar a dotación de laboratorios docentes.

Artigo 32. Biblioteca.

Os créditos da biblioteca inclúen a dotación para a compra de material bibliográfico necesario para os programas oficiais de posgrao.

Artigo 33. Gastos de viaxe, aloxamento e manutención do persoal de administración e servizos.

A xerencia autorizará as actividades do persoal de administración e servizos que impliquen gastos de viaxe, aloxamento e manutención. Esta autorización poderá ser obxecto de delegación nos vicexerentes atendendo á organización da universidade.

Artigo 34. Delegación de alumnos.

Os créditos asignados ás delegacións de alumnado terán como primeiro obxectivo atender os gastos derivados das súas actividades propias e dos representantes dos estudantes nos órganos de goberno da universidade. Para que estas dotacións poidan financiar gastos de carácter inventariable cumprirá que, por parte do decano ou director e o administrador do centro, se certifique a necesidade do investimento e se solicite da xerencia a correspondente modificación de crédito.

Artigo 35. Normas de asignación do gasto centralizado de telefonía.

Consígnase un importe de 230.000,00 euros para atender os gastos de telefonía dentro do concepto 222 do programa 0000 421S, incluídos os consumos básicos dos departamentos. Para estes efectos, os importes límite asignados son os seguintes:

– 100 euros/ano por profesor a tempo completo.

– 30 euros/ano por profesor a tempo parcial.

– 150 euros/ano pola sede do departamento.

Estas asignacións realizaranse asimilando á primeira categoría os contratados polos programas Ramón y Cajal, Juan de la Cierva e Parga Pondal e segundo os datos dispoñibles no primeiro día lectivo do exercicio orzamentario.

Artigo 36. Asignación en edificios compartidos.

Dada a situación de compartir espazos por diferentes centros e titulacións, asígnase a xestión de edificios e instalacións, así como os gastos de subministracións (auga, luz, etc…) do seguinte xeito:

A) Dentro do Campus de Vigo, os créditos das facultades de Química, Bioloxía e Ciencias do Mar asígnanse ao centro de traballo de Ciencias de Vigo e os do Edificio de Fundición ao centro de traballo da Escola Superior de Enxeñaría Industrial.

B) Dentro do Campus de Ourense, os créditos para o mantemento e subministracións administrativas do Edificio Xurídico-Empresarial están consignados no orzamento de Ciencias Empresariais e Turismo, os do Edificio de Facultades e dos pavillóns 1 e 2 na Facultade de Historia e os do Edificio Politécnico na Escola Superior de Enxeñaría Informática.

Artigo 37. Bolsas.

1. As Vicerreitorías de Economía e Planificación, do Campus de Ourense e do Campus de Pontevedra poderán convocar e tramitar, dentro dos seus respectivos ámbitos, as bolsas informáticas.

Para que as devanditas vicerreitorías poidan incluír nas súas convocatorias de bolsas as solicitudes de bolseiros que fagan os centros ou departamentos, cómpre que, previamente, estea dotada a aplicación orzamentaria correspondente do capítulo IV e envíen ao servizo administrativo correspondente de cada campus un documento contable RC polo importe da bolsa solicitada.

Resolta a convocatoria de bolsas, os documentos contables de execución do orzamento (AD, O, ADO) tramitaranse a través das unidades de xestión económica que dan soporte ás vicerreitorías, con cargo ás aplicacións orzamentarias correspondentes.

2. Con cargo á dotación orzamentaria 00CS 421S 482.31 «Bolsas do Consello Social» convocarán bolsas, o reitor ou vicerreitor que corresponda, coa finalidade que se recolla nas bases da convocatoria. Os beneficiarios serán alumnos das diferentes titulacións oficiais da Universidade de Vigo.

A xestión económico-orzamentaria destas bolsas realizaraa, centralizadamente, o Servizo de Xestión Económica e Contratación.

Título VIII
Do control interno

Artigo 38. Do control interno.

1. O límite mínimo para o exercicio da fiscalización previa do gasto é de 12.000 € máis IVE, quedando excluídos dela os expedientes de gastos por unha contía inferior.

2. O reitor, por proposta da Xerencia, aprobará un Plan de Control Interno para o exercicio 2012 que desenvolverá o Servizo de Control Interno, o cal atenderá as seguintes premisas:

a) Implantar preferentemente o control financeiro mediante auditorías e outras técnicas de revisión realizadas con posterioridade á xestión, de tal forma que esta sexa áxil, eficaz, eficiente e próxima no tempo.

b) Detectar a existencia de irregularidades, deficiencias e áreas de mellora, que postas de manifesto, mediante as oportunas propostas e recomendacións, incidan nos procedementos de actuación das unidades xestoras, contribuíndo a evitar a súa reiteración e promovendo a súa mellora.

Disposición adicional primeira.

Apróbanse as tarifas de servizos contidas no anexo III.

Disposición adicional segunda.

Autorízase o reitor, tras a aprobación dos plans de investimentos polos órganos competentes, á realización dos trámites oportunos para concertar unha operación de empréstito dentro dos límites da normativa vixente.

Disposición adicional terceira.

Autorízase a Vicerreitoría de Economía e Planificación para ditar as resolucións necesarias para establecer as normas de desenvolvemento do orzamento 2012. Así mesmo, a xerencia poderá ditar as instrucións e ordes de servizo necesarias para a execución e cumprimento destas disposicións. Especificamente, a adopción daquelas medidas precisas para a implantación do modelo de contabilidade analítica.

Disposición derradeira primeira.

O reitor poderá reordenar as competencias propias que nas normas de desenvolvemento do presente orzamento figuran delegadas.

Disposición derradeira segunda.

As presentes normas entrarán en vigor o día 1 de xaneiro de 2012.