Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 7 Mércores, 11 de xaneiro de 2012 Páx. 1738

III. Outras disposicións

Consellería de Traballo e Benestar

ORDE do 30 de decembro de 2011 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria pública para a concesión de subvencións para a realización de actividades de información, orientación e busca de emprego.

A evolución do mercado de traballo e o incremento do desemprego fan necesario articular medidas que inclúan accións de atención constante e especializada dirixidas a aqueles colectivos con dificultades de inserción laboral. O permanente cambio, froito das evolucións sociais, tecnolóxicas e organizativas, comporta unha dificultade engadida para as persoas que buscan un emprego e fanse necesarios, a miúdo, procesos de orientación e asesoramento especializados que lles presten colaboración ás persoas demandantes de emprego e lles faciliten o camiño cara ao mercado laboral. As directrices de emprego da Unión Europea e os plans nacionais de acción para o emprego recollen como actuación prioritaria a mellora da capacidade da inserción laboral dos desempregados a través da información e a orientación profesional personalizada.

O novo escenario económico xustifica a necesidade de fortalecer as ditas accións de orientación, para mellorar a empregabilidade dos desempregados e facilitar a recolocación dos que procedan dos sectores máis afectados pola nova conxuntura económica.

Con este obxectivo, no ano 1998 o Instituto Nacional de Emprego estableceu un sistema de orientación laboral, baseado en accións de información, orientación e busca activa de emprego, coa finalidade de mellorar a ocupabilidade dos demandantes de emprego. Este sistema prevé a colaboración de entidades especializadas para incrementar a capacidade e a calidade das accións, o seu achegamento aos usuarios e a atención a colectivos específicos. No Real decreto 1375/1997, do 29 de agosto, estableceuse o traspaso á Comunidade Autónoma de Galicia da xestión realizada polo Instituto Nacional de Emprego no ámbito do traballo, o emprego e a formación, asuméndose as funcións e os servizos transferidos mediante o Decreto 289/1997, do 9 de outubro.

Pola súa banda, o Decreto 335/2009, do 11 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Traballo e Benestar, atribúelle a esta, a través da Dirección Xeral de Formación e Colocación, o exercicio das competencias, entre outras, en materia de formación para o emprego e intermediación no mercado de traballo, colocación e orientación laboral.

En virtude do exposto e co fin de promover a inserción laboral en Galicia, resulta conveniente manter a colaboración en materia de información e orientación laboral dos usuarios do Servizo Público de Emprego de Galicia con aquelas entidades que conten cos recursos humanos, técnicos e materiais necesarios para o desenvolvemento deste tipo de accións, segundo o previsto no artigo 8.3 da Lei 56/2003, do 16 de decembro, de emprego.

O Acordo do Diálogo Social en Galicia, asinado o 30 de xullo de 2010, recolle como obxectivo facilitar a inserción das persoas desempregadas a través das políticas activas de emprego para contribuír a acadar emprego, estable e de calidade. A inscrición, a clasificación e a orientación son, entre outras, funcións que desenvolver para acadar este obxectivo.

Esta orde tramítase ao abeiro do disposto no artigo 1.1 da Orde da Consellería de Economía e Facenda do 11 de febreiro de 1998, pola que se regula a tramitación anticipada de expedientes de gasto, na redacción dada pola Orde do 27 de novembro de 2000, modificada pola Orde do 25 de outubro de 2001, quedando a concesión das subvencións sometida á condición suspensiva de existencia de crédito adecuado e suficiente no momento da resolución.

Consultado o Consello Galego de Relacións Laborais, e emitidos os informes preceptivos na tramitación desta orde, por proposta da Dirección Xeral de Formación e Colocación e en uso das facultades conferidas polo artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e a súa Presidencia,

DISPOÑO:

Artigo 1. Obxecto.

A presente orde ten por obxecto o establecemento das bases reguladoras e a convocatoria pública para a concesión de subvencións ás entidades que realicen accións de información, orientación e busca de emprego articuladas en itinerarios personalizados de inserción profesional e dirixidas a mellorar as posibilidades de ocupación dos demandantes de emprego inscritos no Servizo Público de Emprego de Galicia.

Artigo 2. Financiamento.

1. O financiamento das axudas previstas nesta orde de convocatoria farase con cargo aos créditos dos programas: 12.05.322B.444.0, 12.05.322B.460.0 e 12.05.322B.481.0, código de proxecto 2012 00666, polos importes de 300.000, 1.100.000 e 2.700.000, respectivamente na anualidade 2012 e 120.000, 440.000 e 1.080.000 respectivamente na anualidade 2013, correspondentes a fondos finalistas transferidos, e dos programas 12.05.322B.461.0 e 12.05.322B.481.3, código de proxecto 2010 00762, polos importes de 482.378 e 707.600, respectivamente na anualidade 2012 e 192.952 e 283.040 respectivamente na anualidade 2013, correspondentes a fondos procedentes do Fondo Social Europeo, a través do Programa operativo de Galicia 2007-2013 CCI2007ES051PO004 cun cofinanciamento do 80% correspondente ao Fondo Social Europeo e do 20% correspondente á Xunta de Galicia. Todos eles figuran no proxecto de Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2012.

2. Os ditos créditos estimados poderán ser obxecto de modificacións como consecuencia da asignación ou da redistribución de fondos para o financiamento dos programas de fomento do emprego, coas limitacións que establezan a Conferencia Sectorial de Asuntos Laborais ou as disposicións aplicables ás axudas cofinanciadas polo Fondo Social Europeo, nos supostos e nas condicións previstas nos artigos 30 e 31 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. Os incrementos de crédito serán obxecto da oportuna publicación no Diario Oficial de Galicia.

Artigo 3. Entidades beneficiarias. Requisitos.

1. Poderán ser beneficiarias das subvencións previstas na presente orde as entidades que teñan personalidade xurídica propia e carezan de fins lucrativos, en concreto:

a) As universidades públicas.

b) As deputacións provinciais.

c) Os concellos que, por si sós ou asociados, teñan unha media de paro rexistrado no ano 2011 superior a 500 persoas.

d) As mancomunidades, consorcios ou calquera outra forma de agrupación que comprenda, cando menos, tres concellos galegos.

e) As confederacións e asociacións empresariais e sindicais de Galicia, e as fundacións dependentes das organizacións empresariais e sindicais de Galicia especializadas na realización de accións de información e orientación laboral. Neste caso só se considerarán as solicitudes de maior ámbito territorial, é dicir, denegaranse aquelas solicitudes das entidades mencionadas cando existan solicitudes susceptibles de resolución favorable presentadas por asociacións ou confederacións dun ámbito territorial máis amplo ás cales pertenzan ou estean asociadas.

f) As entidades especializadas en atención a determinados colectivos, preferentemente con diminucións físicas, psíquicas ou sensoriais, que realicen accións de información e orientación profesional de acordo co previsto nestas bases reguladoras e sempre que acrediten a súa condición de centros especiais de orientación ou a existencia dun colectivo cuantificable de difícil inserción laboral.

2. As entidades solicitantes deberán reunir os seguintes requisitos:

a) Dispoñer de locais con despacho ou despachos axeitados para a atención individual aos demandantes de emprego.

b) Dispoñer dunha conta de correo electrónico que actúe como caixa de correo do servizo (polo que na súa denominación deberá constar, necesariamente, o termo «orientación» e a denominación da entidade), para os efectos de realizar as comunicacións coa entidade solicitante.

c) Conexión coa Rede Corporativa da Xunta de Galicia. A conexión poderase facer de tres formas diferentes:

– Acceso básico dedicado RDSI.

– Acceso á rede corporativa por liña dedicada ADSL.

– Acceso á rede corporativa vía internet.

En calquera das tres opcións, o hardware de comunicación que posibilite a conexión á Rede Corporativa da Xunta de Galicia terá que cumprir os estándares definidos polo organismo xestor da dita rede.

d) Dispoñer dun ordenador persoal con protocolo TCP/IP. A conexión do ordenador á Rede Corporativa da Xunta de Galicia deberá ser exclusiva. Unha vez establecida esta, non se poderá acceder a el a través doutras canles de comunicación por elementos situados en redes alleas á propia entidade. Queda expresamente prohibido o uso de técnicas NAT, proxy ou similares na canle de comunicación que oculten a identidade única da estación de traballo. A dirección IP da estación de traballo debe ser fixa en calquera das tres modalidades de conexión. En calquera das modalidades de acceso, os diferentes elementos da rede de comunicación permitirán a apertura de sockets TCP desde os servizos centrais do Servizo Público de Emprego de Galicia ata á estación de traballo do usuario. Tanto o software de base instalado como as características do hardware da estación de traballo deberán posibilitar o correcto funcionamento do aplicativo cliente do Servizo Público de Emprego de Galicia.

e) Dispoñer de acceso á internet e ao correo electrónico e aplicar medidas de seguranza de nivel medio no tratamento da información de carácter persoal. Ademais, deberase contar con software antivirus debidamente actualizado e con mantemento periódico en todas as estacións de traballo que teñan acceso á Rede Corporativa da Xunta de Galicia.

3. Non poderán obter a condición de beneficiarias as entidades que incorran nalgunha das prohibicións que establece o artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 4. Accións subvencionables. Persoas destinatarias.

1. Serán accións subvencionables, en consonancia co disposto no punto 5.1 do Real decreto 1542/2011, do 31 de outubro, polo que se aproba a Estratexia española de emprego 2012-2014, todas aquelas actuacións e medidas de información, acompañamento, motivación e asesoramento que, tendo en conta as circunstancias persoais e profesionais da persoa beneficiaria, lle permitan determinar as súas capacidades e intereses e xestionar a súa traxectoria individual de aprendizaxe, a busca de emprego ou a posta en práctica de iniciativas empresariais. En concreto:

a) A elaboración de diagnoses individualizadas sobre o perfil, as necesidades e as expectativas das persoas demandantes de emprego mediante entrevistas personalizadas, para poderen encontrar ou manter un emprego ou accederen a un novo.

b) A información sobre o mercado de traballo e os incentivos e medios dispoñibles para o fomento da contratación e o apoio ás iniciativas emprendedoras.

c) O deseño, elaboración e realización de itinerarios individuais e personalizados de emprego ás persoas desempregadas a través de información e orientación profesional para o emprego e o autoemprego, para a mellora da súa cualificación profesional e da súa empregabilidade.

d) Os contactos coas empresas para difundir información sobre as súas iniciativas para facilitar a inserción laboral, realizando, así mesmo, unha prospección das necesidades das empresas e o casamento entre as ofertas e demandas de emprego e favorecendo o achegamento entre as necesidades das empresas e as posibles persoas candidatas.

e) A información e orientación sobre o proceso de recoñecemento das competencias adquiridas pola experiencia laboral para as persoas demandantes de emprego mediante a acreditación oficial da súa cualificación a través de certificados de profesionalidade.

f) A información e o asesoramento ás persoas demandantes de emprego sobre a oferta de accións de formación profesional para o emprego, con acreditación oficial a través do Repertorio de certificados de profesionalidade cando estean vinculadas ao Catálogo nacional de cualificacións, así como dos títulos de formación profesional.

2. As entidades que colaboren coa Dirección Xeral de Formación e Colocación na realización destas accións realizaranas cos seus medios propios e nas instalacións habilitadas por cada entidade para o seu desenvolvemento.

3. Serán destinatarios destas accións todos os demandantes de emprego inscritos no Servizo Público de Emprego de Galicia, ben cando o soliciten expresamente ben cando lles sexa ofertado polo dito servizo a través de calquera dos seus departamentos.

Artigo 5. Presentación de solicitudes. Prazo.

1. As entidades que, reunindo os requisitos establecidos no artigo anterior, desexen colaborar co Servizo Público de Emprego de Galicia na área da información, orientación e busca de emprego deberán formalizar a correspondente solicitude segundo o modelo oficial que se xunta como anexo I á presente orde, subscrita polo titular ou representante legal da entidade, debidamente acreditado, e dirixida á Dirección Xeral de Formación e Colocación, podendo presentarse na Oficina de Rexistro Único e Información da Xunta de Galicia ou por calquera das formas previstas no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Os modelos de solicitude, independentemente da súa publicación como anexos a esta convocatoria, atópanse á disposición dos interesados, na páxina web institucional da Xunta de Galicia http://traballo.xunta.es/axudas-e-subvencions . Así mesmo, tamén poderán presentarse electrónicamente a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, no enderezo: https://sede.xunta.es

2. A presentación da solicitude de concesión da subvención comportará a autorización ao órgano xestor para solicitar as certificacións que deba emitir a Axencia Estatal da Administración Tributaria, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e a Consellería de Facenda da Xunta de Galicia, de conformidade co disposto no artigo 20.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. Non obstante, de acordo co establecido no artigo 11 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, a devandita certificación poderá ser substituída pola declaración responsable do solicitante de estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias ou fronte á Seguridade Social e de non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da comunidade autónoma.

3. Para os efectos do disposto na disposición adicional do Decreto 132/2006, do 27 de xullo, polo que se regulan os rexistros públicos creados nos artigos 44 e 45 da Lei 7/2005, do 29 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2006, no artigo 13 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e de boas prácticas na Administración pública galega, e nos artigos 14 e 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, mediante a presentación da solicitude de subvención e a sinatura do anexo I a entidade interesada presta expresamente o seu consentimento á Consellería de Traballo e Benestar para incluír e facer públicos nos referidos rexistros e páxina web os datos relevantes referidos ás axudas e subvencións recibidas, así como ás sancións impostas. De conformidade coa Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, poderán exercerse os dereitos de acceso, rectificación, consulta, cancelación e oposición, mediante escrito dirixido á Consellería de Facenda.

4. O prazo para a presentación de solicitudes será dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación da presente orde no Diario Oficial de Galicia. Para estes efectos entendarase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se este último día é inhábil, entenderase prorrogado ata o primeiro día hábil seguinte. Se no mes de vencemento non houber día equivalente, entenderase que o prazo expira o último día do mes.

Artigo 6. Documentación.

1. As solicitudes irán acompañadas da seguinte documentación:

a) Copia cotexada da escritura de constitución e dos estatutos da entidade.

b) Tarxeta de identificación fiscal.

c) Documentación acreditativa de representación legal para asinar a solicitude, mediante a correspondente documentación de apoderamento, resolución, mandato, certificado expedido polo secretario ou acta onde se determine a dita representación.

d) Declaración responsable de cumprimento dos requisitos exixidos no artigo 3.2 desta orde, segundo o modelo que se publica como anexo II.

e) Memoria explicativa das accións que se desenvolverán, que deberá presentarse necesariamente segundo o modelo que se publica como anexo III e que deberá facer referencia, de xeito obrigatorio, aos seguintes aspectos:

1. Recursos humanos, técnicos e materiais da entidade, con indicación expresa do persoal de información, orientación e busca de emprego proposto para a realización das accións definidas no artigo 4 da orde.

2. Orzamento de gastos relativo ao custo do persoal solicitado referido a un período de un e de 12 meses.

3. Descrición das accións que se van realizar e a súa xustificación, incluíndo o número medio de accións de orientación mensuais que se prevexa acadar e o número medio de itinerarios personalizados de inserción que se desenvolverán durante o período subvencionado.

4. Estudo organizativo do servizo, metodoloxía dos traballos ou outros documentos, como manuais de procedemento, relativos ás accións incluídas na colaboración, funcións do persoal propio da entidade, maneira de desenvolvelas, criterios de desenvolvemento e ordenación do traballo e cadea de mando existente na entidade. Deberá, igualmente, especificar a metodoloxía aplicable á prospección de empresas.

5. Experiencia no desenvolvemento das accións solicitadas referida aos últimos tres anos, detallando o tipo de accións realizadas, a metodoloxía empregada e o número de usuarios atendidos.

6. Desenvolvemento, por parte da entidade solicitante, doutras medidas de carácter ocupacional complementarias ás definidas nesta orde.

7. Descrición dos sistemas propios de avaliación das medidas de apoio que se lles van prestar aos demandantes de emprego.

8. Para o caso de que se trate dunha entidade cuxas accións teñan como destinatario colectivos específicos de difícil inserción deberá facelo constar expresamente, con indicación da súa condición de centro especial, se for o caso, e a especificación dos colectivos que se atenderán e a súa cuantificación.

h) Declaración do conxunto de todas as solicitudes de axudas presentadas ou concedidas para o mesmo proxecto das distintas administracións públicas ou de calquera dos seus organismos autónomos, entes ou sociedades, segundo o modelo recollido no anexo IV desta orde.

i) Ficha de transferencia bancaria, debidamente asinada polo representante da entidade solicitante e da entidade bancaria, no modelo que se publica como anexo V, ou certificado bancario debidamente emitido pola entidade bancaria.

l) Declaración responsable do cumprimento dos requisitos establecidos para obter a condición de entidade beneficiaria, segundo o disposto no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, no modelo que se publica como anexo VI.

2. As entidades que no momento de presentaren a súa solicitude posúan a condición de entidades colaboradoras do Servizo Público de Emprego de Galicia na área da información e/ou orientación e busca de emprego estarán exentas de presentar a documentación indicada nas letras a) b), e c) da epígrafe 1 deste artigo. No suposto de que se produza algunha modificación na documentación que consta en poder da Administración, estas entidades deberán remitir a dita documentación convenientemente modificada.

Así mesmo, as entidades dependentes dunha administración pública estarán exentas da presentación do documento indicado na letra a) da epígrafe 1 deste artigo.

3. Se a solicitude presentada non reúne os requisitos establecidos na presente orde, faráselle un único requirimento á entidade para que, no prazo de 10 días hábiles, emende o erro ou xunte os documentos preceptivos. De non o facer así, terase por desistida da súa petición, logo da resolución ditada de acordo co disposto no artigo 71 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Artigo 7. Criterios de valoración para a concesión das subvencións.

1. A concesión das subvencións previstas na presente orde realizarase conforme os seguintes criterios:

a) Cobertura existente dentro do Servizo Público de Emprego de Galicia segundo a comarca e/ou concello en que se sitúe a entidade, en relación co número de habitantes e persoas desempregadas de cada zona, ou cobertura existente na atención a colectivos específicos de difícil inserción: 20 puntos.

b) Experiencia acreditada da entidade no desenvolvemento das accións que solicite realizar: 15 puntos.

c) Desenvolvemento por parte da entidade solicitante doutras medidas de carácter ocupacional complementarias ás definidas nesta orde, de xeito que unha mesma entidade lles poida ofrecer aos demandantes de emprego a maior oferta de actuacións ocupacionais necesarias co fin de lograr a inserción e/ou mellorar as posibilidades de emprego dos usuarios atendidos: 10 puntos.

d) Ter abordado con medios propios a prospección e o estudo do mercado de traballo na comarca en que se sitúa a entidade: 5 puntos.

e) Recursos humanos, técnicos e materiais postos á disposición pola entidade para a realización das accións, así como procedementos de xestión e seguimento delas que aseguren un fluxo adecuado de participantes, garantan a puntualidade e exactitude da información e que non impliquen un aumento de cargas de traballo para o Servizo Público de Emprego de Galicia: 15 puntos.

f) Sistemas de avaliación propios dos servizos aos demandantes de emprego, que poñan de manifesto a calidade destes: 10 puntos.

g) O emprego da lingua galega na realización das accións de información, orientación e busca de emprego, debidamente certificado pola persoa representante da entidade: 5 puntos.

2. A valoración mínima para a consecución da condición de entidade beneficiaria debe ser de 40 puntos.

Artigo 8. Procedemento, competencia e resolución.

1. O procedemento de concesión das axudas será o de concorrencia competitiva.

2. O órgano instrutor dos expedientes será o Servizo de Orientación Laboral da Dirección Xeral de Formación e Colocación.

3. Revisados os expedientes e completados, de ser o caso, remitiranse á comisión de valoración para que esta, nun acto único, proceda á súa avaliación e informe, no cal se concretará o resultado da avaliación efectuada á totalidade dos expedientes, tendo en conta que as resolucións se poderán tramitar en diversas fases, en función das dispoñibilidades orzamentarias. Aqueles expedientes dos cales na primeira fase non se formule proposta de resolución favorable á súa aprobación, teranse en consideración polo órgano instrutor en futuras propostas de concesión, de conformidade co informe da comisión de valoración.

Para estes efectos, a comisión de valoración estará composta polo subdirector xeral de Colocación, a xefa do Servizo de Orientación Laboral e unha persoa funcionaria adscrita ao dito servizo, que actuará como secretaria.

Se, por calquera causa, no momento en que a comisión de valoración teña que examinar as solicitudes, algunha das persoas que a compoñen non puider asistir, será substituída pola persoa que para o efecto designe o órgano competente para resolver.

4. O órgano instrutor elevará o informe da comisión de valoración xunto coa proposta de resolución á directora xeral de Formación e Colocación, que resolverá a concesión ou denegación da axuda mediante resolución motivada e individualizada por delegación da conselleira de Traballo e Benestar.

5. A resolución e a notificación deberanse producir nun prazo de tres meses, que se contará desde o día seguinte ao da entrada da solicitude no correspondente rexistro, debendo terse en conta o disposto nos artigos 59.6.b) e 58.2 da Lei 30/1992, do 26 de novembro de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Transcorrido o dito prazo sen que se dite resolución expresa, esta entenderase desestimatoria.

6. A resolución que finaliza os procedementos regulados na presente orde esgota a vía administrativa, polo que contra ela se poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da notificación do dito acto, se for expreso, ou seis meses, se non o for, contados neste caso a partir do día seguinte a aquel en que se produza o acto presunto, de acordo co disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Potestativamente, con anterioridade á interposición do dito recurso contencioso-administrativo, e de acordo co establecido nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, poderase interpoñer recurso de reposición perante o mesmo órgano que ditou o acto administrativo no prazo dun mes se o dito acto for expreso e, se non o for, o prazo será de tres meses e contarase a partir do día seguinte a aquel en que se produza o acto presunto, sen prexuízo da interposición de calquera outro recurso que se considere oportuno para a defensa dos dereitos e intereses das entidades solicitantes e outros posibles interesados.

7. As resolucións de concesión serán obxecto de publicación segundo o establecido no artigo 13.4 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega, no Decreto 132/2006, do 27 de xullo, polo que se regulan os rexistros públicos creados nos artigos 44 e 45 da Lei 7/2005, do 29 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2006, e no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

8. Toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión da subvención e, en todo caso, a obtención concorrente de subvencións ou axudas outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados, estatais, da Unión Europea ou internacionais, poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión.

Artigo 9. Selección e contratación do persoal para a realización das accións de información, orientación e busca de emprego.

1. As entidades beneficiarias, unha vez ditada resolución estimatoria, realizarán a preselección do persoal técnico de orientación, que en todo caso deberá contar con titulación universitaria de primeiro ou segundo ciclo, necesario para o desenvolvemento das accións referidas no artigo 4 da presente orde.

Unha vez realizada a dita preselección, a entidade remitiralle ao Servizo de Orientación Laboral da Dirección Xeral de Formación e Colocación, os currículos das persoas preseleccionadas, suficientemente acreditados, cun máximo de tres currículos por posto ofertado.

As persoas técnicas do devandito servizo avaliarán os currículos presentados de acordo co seguinte baremo:

Requisitos imprescindibles para superar a fase de baremación do currículo:

Requisitos de titulación:

– Título de licenciada/o universitaria/o, arquitecta/o, enxeñeira/o ou grao ou

– Título universitario de enxeñeiro/a técnico, diplomado/a universitario, arquitecto/a técnico ou grao

Requisitos de puntuación:

– Acadar unha puntuación mínima total en currículo de 5 puntos

Titulación académica (máximo 2,5 puntos)

Puntuación

Titulacións preferentes:

– Psicoloxía

– Pedagoxía

– Psicopedagoxía

– Socioloxía/ciencias políticas e socioloxía (secc. socioloxía)

– Educación social

– Traballo social

– Relacións laborais e recursos humanos/relacións laborais/ graduado/a social

2,5 puntos

2,5 puntos

2,5 puntos

2,5 puntos

2,0 puntos

2,0 puntos

2,0 puntos

Outra titulación de licenciada/o universitaria/o, arquitecta/o, enxeñeira/o, enxeñeiro/a técnico, diplomado/a universitario, arquitecto/a técnico ou grao (para o caso de ter varias titulacións só contarase unha)

1,5 puntos

Formación complementaria (máximo 2 puntos)

Puntuación

Másters, cursos en materias relacionadas co posto ofertado

0,1 puntos por cada 30 horas formativas

Experiencia profesional (máximo 5 puntos)

A experiencia profesional deberá acreditarase a través de certificación oficial de vida laboral actualizada máis copia do contrato ou certificado de empresa en que consten as tarefas realizadas, e IAE (alta e actualización) no caso de traballadores autónomos.

Cando se trate de colaboracións, bolsas, titorías, docencia, educación social ou servizos sociais, estes deberán acreditase mediante certificación de organismos oficiais na cal deberá constar o tempo de realización.

Puntuación

Por cada mes realizando tarefas directamente relacionadas co posto ofertado: orientación laboral/profesional, titorías laborais con persoas adultas, inserción laboral, etc.

0,4 puntos por cada mes

Por cada mes realizando tarefas técnicas indirectamente relacionadas co posto ofertado (máximo 2 puntos nesta epígrafe)

0,1 puntos por cada mes

Outros méritos (máximo 0,5 puntos)

Puntuación

Celga 3 ou equivalente debidamente homologado *

0,15 puntos

Celga 4 ou equivalente debidamente homologado *

0,25 puntos

Coñecementos de informática debidamente acreditados

0,25 puntos

*(No caso de que a persoa candidata posúa os títulos Celga 3 e Celga 4, só se valorará o Celga 4).

A acta de selección asinarase conxuntamente co representante da entidade, que poderá proceder á contratación do persoal.

O establecido nos puntos anteriores, non será de aplicación para o persoal técnico de orientación que xa fose baremado ao abeiro dos programas de información, orientación e busca de emprego en exercicios anteriores, nin para o persoal adscrito ao servizo de información, orientación e busca de emprego que non teña a consideración de persoal técnico de orientación, de acordo co previsto na resolución de concesión.

2. O persoal seleccionado conforme o establecido na epígrafe 1 deste artigo poderá ter relación contractual previa coa entidade colaboradora ou ser obxecto de nova contratación pola modalidade contractual máis axeitada.

A entidade beneficiaria asume a súa condición de empregadora respecto ao devandito persoal e o compromiso de cumprir a normativa laboral en materia de contratación.

Así mesmo, deberalles facilitar ás persoas traballadoras os elementos persoais e materiais necesarios para levar a cabo o seu traballo e achegar a súa propia dirección e xestión para a articulación da colaboración conservando a estrutura de mando sobre o seu persoal, conforme as liñas definidas na memoria, sendo responsable da calidade técnica das tarefas que desenvolvan.

A concesión e desfrute destas axudas non suporá, en ningún caso, relación contractual ou laboral coa Xunta de Galicia.

Artigo 10. Contía das subvencións.

1. As contías previstas na presente orde terán por obxecto subvencionar as retribucións totais, incluída a cotización empresarial á Seguridade Social, por todos os conceptos do persoal contratado, de acordo coas retribucións establecidas na respectiva normativa de aplicación para cada categoría, nivel ou grupo profesional, ata un máximo de 30.688,29 euros por ano.

As retribucións refírense á prestación de servizos a xornada completa. As retribucións acomodaranse proporcionalmente á xornada que se desenvolva no caso de que a prestación de servizos sexa a tempo parcial.

2. En ningún caso o importe da subvención que se outorgue ao abeiro desta orde poderá ser de tal contía que, illadamente ou en concorrencia con outras subvencións ou axudas doutras administracións públicas, ou doutros entes públicos ou privados, estatais ou internacionais, supere o custo da actividade que vai desenvolver a entidade solicitante.

Artigo 11. Gastos imputables.

1. En relación co artigo anterior, a acreditación dos gastos subvencionables realizarase achegando a seguinte documentación:

a) Copia autenticada das nóminas correspondentes aos meses imputados.

b) Copia autenticada do TC1 e TC2 correspondentes aos meses imputados.

c) Copia autenticada do impreso de liquidación nominal do IRPF.

Todos os documentos anteriores deberán ir acompañados pola transferencia ou cargo bancario correspondente que acredite a realización do seu pagamento.

2. En todo caso respectaranse as condicións establecidas na Orde TIN/2965/2008, do 14 de outubro, de gastos subvencionables polo Fondo Social Europeo e a Orde TIN/788/2009, do 25 de marzo que a modifica.

Artigo 12. Posta en marcha e inicio das accións.

As entidades beneficiarias das subvencións reguladas nesta orde deberán iniciar as accións subvencionadas tendo en conta as instrucións e modelos que se lles remitirán xunto coa resolución de concesión e que estarán igualmente ao seu dispor na páxina web institucional da Xunta de Galicia (http://traballo.xunta.es/iobe).

Para estes efectos, cada vez que se produza a contratación dun técnico de acordo co establecido no artigo 9 desta orde, deberán remitir ao Servizo de Orientación Laboral, debidamente cuberto e no prazo máximo de 5 días hábiles, o anexo que estará ao seu dispor na web institucional da Xunta de Galicia (http://traballo.xunta.es/iobe) para os efectos da activación da súa axenda persoal. As baixas e novas altas do persoal contratado comunicaranse do mesmo xeito.

As accións poderanse executar desde o 1 de febreiro de 2012 ata o 31 de xaneiro do ano 2013, tendo en conta que o proxecto conxunto de accións terá como data límite de inicio ata o 30 de setembro do ano 2012 (incluído).

Artigo 13. Pagamento da subvención.

1. O pagamento da subvención realizarase en tres fases do seguinte xeito, tendo en conta que as instrucións para a correcta liquidación da subvención, así como os modelos en que deberán presentarse necesariamente as solicitudes estarán ao seu dispor na páxina web institucional da Xunta de Galicia (http://traballo.xunta.es/iobe).

O incumprimento dos prazos de presentación previstos neste artigo poderá dar lugar á revogación ou reintegro da subvención concedida nos termos previstos no artigo 16.2.

A) Anticipo da subvención:

A entidade beneficiaria poderá solicitar un pagamento do 25 por cento da suma das subvencións do ano 2012 e 2013, sempre que a devandita cantidade non supere o importe correspondente á anualidade do ano 2012, en concepto de anticipo á conta da xustificación, no prazo de 10 días hábiles contados desde a contratación da última das persoas traballadoras concedidas. Para o caso de que se trate de contratos indefinidos, o prazo contará a partir do día seguinte á recepción da notificación da resolución de concesión.

A solicitude presentarase coa seguinte documentación:

1.º Modelo-certificado de inicio das accións.

2.º Orixinais ou copias compulsadas dos contratos de traballo do persoal contratado.

3.º Resolucións sobre o recoñecemento de alta na Seguridade Social (modelo TA2R) e informes de datos de cotización (modelo IDC) do persoal contratado.

4.º Unha fotografía do cartel informativo e a súa localización, nos termos sinalados no artigo 15.1.

5.º Para o caso de novos centros de orientación, ademais:

– Título lexítimo que habilite para a posesión dos inmobles e instalacións correspondentes.

– Licenza municipal de apertura ou certificado da exención deste requisito.

– Planos a escala do local, selados e asinados polo representante legal da entidade, nos cales debe figurar o enderezo do centro ou centros a que corresponden, e con indicación expresa do despacho ou despachos que se dedicarán á realización das accións de información, orientación e busca de emprego, tendo en conta que a entidade solicitante deberá dispor de tantos despachos como persoas se dediquen a estas accións.

Neste anticipo descontarase, se é o caso, o período que a entidade non poida xustificar por ter contratado con posterioridade á data establecida como inicio na resolución de concesión.

B) Liquidación parcial:

As entidades beneficiarias disporán ata o 15 de decembro de 2012 para presentaren a liquidación parcial da subvención, polo que deberán presentar a xustificación de todos os gastos realizados con cargo á subvención ata o 30 de novembro de 2012 conforme o previsto no artigo 11 desta orde. A Dirección Xeral de Formación e Colocación procedeá a liquidar o importe que corresponda, de acordo coa xustificación presentada e o anticipo percibido pola entidade.

Xunto coa solicitude presentarase a seguinte documentación:

1.º Certificado do órgano competente da entidade beneficiaria en que consten as retribucións salariais das persoas traballadoras, en cómputo mensual, desagregadas por conceptos, incluída a parte proporcional das pagas extraordinarias e as cotizacións empresariais á Seguridade Social.

2.º Documentación xustificativa dos gastos imputados conforme o establecido no artigo 11.1.a) e b).

C) Liquidación final:

Unha vez finalizadas as accións, a entidade beneficiaria terá como data límite o 30 de abril de 2013 para a presentación da liquidación final conforme o establecido neste artigo.

Xunto coa solicitude presentarase a seguinte documentación:

1.º Certificado do órgano competente da entidade beneficiaria en que consten as retribucións salariais das persoas traballadoras contratadas, en cómputo mensual, desagregadas por conceptos, incluída a parte proporcional das pagas extraordinarias e mais as cotizacións empresariais á Seguridade Social, correspondentes ao período entre o 1 de decembro de 2012 e o 31 de xaneiro de 2013.

2.º Documentación xustificativa dos gastos imputados conforme o establecido no artigo 11.1.a) e b).

3.º Documentación xustificativa dos gastos imputados conforme o establecido no artigo 11.1.c) correspondentes á totalidade do período subvencionado.

4.º Declaración do conxunto de todas as axudas solicitadas ou concedidas para o mesmo proxecto das distintas administracións públicas ou de calquera dos seus organismos autónomos, entes ou sociedades.

5.º Memoria-resumo das accións realizadas durante a totalidade do período subvencionado, con especificación das persoas demandantes de emprego atendidos en cada unha delas.

A Dirección Xeral de Formación e Colocación verificará o nivel de realización da entidade beneficiaria das accións obxecto da subvención, en relación coa resolución de concesión. Se nesa verificación, ou no proceso de seguimento e control regulado no artigo seguinte, se comprobar un incumprimento por parte da entidade da realización das accións obxecto da subvención, procederá a realizar o desconto correspondente ata un máximo do importe correspondente ao 15 por cento da subvención concedida.

2. En todo caso, as certificacións e xustificacións presentadas polas entidades beneficiarias deberanse axustar ao disposto no artigo 28 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 14. Seguimento e control das accións.

1. Sen prexuízo das facultades inspectoras que teñan atribuídas outros órganos da Administración do Estado ou da Comunidade Autónoma, a Consellería de Traballo e Benestar poderá realizar as comprobacións e verificacións presenciais e aleatorias que considere precisas para a constatación do cumprimento do disposto nesta orde e demais normativas vixentes que resulten de aplicación, e co obxecto de avaliar cuantitativa e cualitativamente o desenvolvemento das accións previstas na presente orde.

No caso de levarse a cabo visitas de seguimento por parte da Consellería de Traballo e Benestar, as entidades beneficiarias na área de información e/ou orientación e busca de emprego, facilitarán o acceso ás instalacións en que se realizan as accións, así como toda a documentación de carácter técnico, administrativo, informático ou contable que teña relación coa subvención concedida que se lles solicite.

Nas visitas de seguimento elaborarase un informe que asinarán o responsable da visita e o responsable da entidade. A sinatura do responsable da entidade non implicará a conformidade co contido do informe.

Artigo 15. Publicidade.

1. Para efectos de difusión pública, no lugar onde se realicen as accións deberá figurar, de forma visible, cartel informativo, en modelo normalizado establecido e publicado pola Dirección Xeral de Formación e Colocación na páxina web institucional da Xunta de Galicia no enlace (http://traballo.xunta.es/iobe), no cal constará o cofinanciamento pola Consellería de Traballo e Benestar e polo Fondo Social Europeo, se é o caso.

2. As entidades beneficiarias deberán utilizar axeitadamente as identificacións segundo as instrucións da Dirección Xeral de Formación e Colocación e, en todo caso, incluír en toda a documentación relativa ás accións de información, orientación e busca de emprego os logotipos da Unión Europea (Fondo Social Europeo) e da Xunta de Galicia (Consellería de Traballo e Benestar).

2. As entidades beneficiarias deberán, ademais, obter autorización previa por parte da Dirección Xeral de Formación e Colocación para a difusión publicitaria das accións previstas no artigo 4 desta orde.

Artigo 16. Obrigas das entidades beneficiarias . Reintegro da subvención.

1. As entidades beneficiarias, ademais das establecidas na Lei 9/2007, de 13 de xuño de subvenciones de Galicia, deberán cumprir as seguintes obrigas:

a) Realizar a actividade ou adoptar o comportamento que fundamenta a concesión da subvención.

b) Someterse ás actuacións de comprobación efectuadas pola Consellería de Traballo e Benestar, e pola Inspección de Traballo e Seguridade Social, e ás de control financeiro que corresponden á Intervención Xeral da Comunidade Autónoma e ás previstas na lexislación do Consello de Contas. Neste sentido deberán conservar os documentos xustificativos da aplicación dos fondos recibidos, incluídos os documentos electrónicos, en tanto poidan ser obxecto das actuacións de comprobación e control.

c) Dispoñer de libros contables, rexistros dilixenciados e demais documentos debidamente auditados nos termos exixidos pola lexislación mercantil e sectorial aplicable ao beneficiario en cada caso, coa identificación en conta separada ou epígrafe específica da súa contabilidade de todos os ingresos e gastos de execución das accións realizadas, para garantir a rastrexabilidade dos pagamentos e o seguimento da pista de auditoría.

d) Comunicar á Consellería de Traballo e Benestar aquelas modificacións substantivas que afecten a realización da actividade que vaian desenvolver as traballadoras e traballadores contratados, co obxecto de que poida valorar se o seu carácter produce unha alteración substancial das condicións tidas en conta para a concesión da subvención.

e) Manter as condicións relativas ás instalacións e medios dedicados á realización das accións de información e/ou orientación e busca de emprego e poñer á disposición dos técnicos todos os medios materiais necesarios para o correcto desenvolvemento das súas funcións e, en particular, os equipos informáticos precisos, o acceso á internet e o correo electrónico. Neste sentido deberán informar e, se é o caso, solicitar autorización, previamente e por escrito, sobre calquera cambio que se puidera producir nos datos expresados pola entidade no inicio da súa colaboración, especialmente no que atinxe aos cambios de local que deberán comunicarse a través do anexo correspondente que estará ao seu dispor na web institucional da Xunta de Galicia ao que se xuntará a documentación exixida no artigo 13.1.A).5.

f) Manter á disposición do Servizo Público de Emprego de Galicia e custodiar durante o período en que se executen as accións de información e/ou orientación e busca de emprego o expediente completo de cada usuario. En caso de cesamento das súas actividades ou de perda da súa condición de entidade colaboradora do Servizo Público de Emprego de Galicia na área da información, orientación e busca de emprego, a entidade remitirá os expedientes dos usuarios á oficina de emprego que lle indique a Dirección Xeral de Formación e Colocación.

g) Obter o consentimento dos usuarios para o tratamento automatizado dos seus datos persoais e facilitarlle información aos usuarios do estado dos seus datos de carácter persoal incluídos nos ficheiros automatizados en calquera das formas expresadas na Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, adoptando as medidas técnicas e organizativas necesarias para garantir a seguranza dos datos.

h) Gardar o segredo profesional respecto dos datos contidos nos ficheiros automatizados de titularidade da Consellería de Traballo e Benestar ou rexistrados en soportes físicos susceptibles de tratamento automatizado. Esta obriga subsistirá cando a entidade finalice a súa colaboración coa Dirección Xeral de Formación e Colocación.

i) Non percibir retribución económica ningunha dos usuarios pola realización das accións de información e/ou orientación e busca de emprego desenvolvidas en colaboración coa Dirección Xeral de Formación e Colocación no marco desta disposición.

2. O incumprimento total ou parcial de calquera das obrigas, condicións ou finalidades establecidas nesta orde, así como a falsidade comprobada en relación cos datos fornecidos para a súa obtención, orixinará, á vista da natureza e causas do incumprimento, a revogación ou o reintegro total ou parcial das cantidades percibidas xunto cos xuros de demora, nas condicións e de conformidade co establecido na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, sen prexuízo do establecido no Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, polo que se aproba o texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social.

Artigo 17. Participación institucional.

A participación dos axentes sociais para os efectos do Servizo Público de Emprego efectuarase a través do Consello Autonómico de Emprego.

Disposición adicional primeira.

A concesión das subvencións terá como límite global o crédito asignado para este fin na presente orde, e o límite dos compromisos plurianuais que se adquiran ao abeiro do artigo 58.1.b) do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, logo da autorización do compromiso plurianual por parte do Consello da Xunta.

Disposición adicional segunda.

As axudas reguladas na presente orde poderán estar cofinanciadas polo Fondo Social Europeo, nunha porcentaxe do 80 por cento, a través do Programa operativo de Galicia 2007-2013 CCI2007ES051PO004, (tema prioritario 66 do eixe 2) debéndose someter as entidades ao cumprimento das obrigas impostas polo Regulamento (CE) número 1083/2006 do Consello, do 11 de xullo de 2006, e o Regulamento da Comisión (CE) número 1828/2006, do 8 de decembro. Isto implica que a aceptación da axuda suporá a inclusión na lista de beneficiarios regulada nos artigos 6 e 7.2 deste último regulamento.

Disposición adicional terceira.

Apróbase a delegación de atribucións da conselleira de Traballo e Benestar na directora xeral de Formación e Colocación para conceder, autorizar, dispoñer, recoñecer a obriga e propoñer os correspondentes pagamentos, así como para exixir do beneficiario o reintegro da subvencións cando aprecie a existencia dalgún dos supostos de reintegro de cantidades percibidas establecidos no artigo 33 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Disposición adicional cuarta.

En todo o non disposto na presente disposición, será de aplicación a normativa do departamento ministerial competente en materia de traballo relativa ao programa de información, orientación e busca de emprego, en concreto a Orde do 20 de xaneiro de 1998, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións para a realización de accións de orientación profesional para o emprego e asistencia para o autoemprego e, a Orde TAS 816/2005, do 21 de marzo, pola que se adecuan ao réxime xurídico establecido na Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, as normas reguladoras de subvencións que conceda o Servizo Público de Emprego estatal nos ámbitos do emprego e de formación profesional ocupacional, e na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Disposición derradeira primeira.

Facúltase a directora xeral de Formación e Colocación para que dite, no ámbito das súas competencias, as resolucións e instrucións necesarias para o desenvolvemento e cumprimento desta orde.

Disposición derradeira segunda.

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 30 de decembro de 2011.

Beatriz Mato Otero
Conselleira de Traballo e Benestar

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file