Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Luns, 16 de xaneiro de 2012 Páx. 2597

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

RESOLUCIÓN do 20 de decembro de 2011 pola que se anuncia a modificación do prego de condicións xerais polas que se rexerán as autorizacións para realizar a actividade comercial portuaria de subministración de combustible a buques.

Por esta resolución anúnciase que o Consello de Administración do ente público Portos de Galicia, na súa sesión do 15 de decembro de 2011, ao abeiro das competencias que a ese órgano lle confire o artigo 7.3.b) da Lei 5/1994, do 29 de novembro, de creación do ente público, aprobou a modificación do prego de condicións xerais polas cales rexeránse as autorizacións para realizar a actividade comercial portuaria de subministracións de combustible a buques mediante medios móbiles terrestres en portos e instalacións portuarias dependentes da Comunidade Autónoma de Galicia, polo que en aplicación do establecido na disposición derradeira terceira do prego, este será de aplicación desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

O acceso á prestación da actividade comercial que se regula neste prego requirirá autorización previa e expresa de Portos de Galicia.

Conforme o establecido na disposición derradeira segunda, as disposicións do prego serán igualmente aplicables a todas aquelas empresas que na data de aprobación dispoñan de autorización en vigor e teñan a intención de continuar coa súa prestación. Para estes efectos, Portos de Galicia remitirá de oficio un exemplar do prego co mandato expreso de remitir, nun prazo máximo de dous meses, unha solicitude formal acompañada da documentación preceptiva.

O prego atópase á disposición dos interesados que o soliciten nas dependencias dos servizos centrais de Portos de Galicia, sitos en Área Central, praza de Europa, 5-A, 6.º, Santiago de Compostela, e igualmente constan nas dependencias correspondentes á zona norte (Nicomedes Pastor Díaz, 13-1.º, Lugo), centro (Alférez Provisional, 1-1.º, A Coruña.), e sur ( Benito Corbal, 37-3.º, Pontevedra) de Portos de Galicia.

O texto íntegro do prego poderá obterse tamén na páxina web:

www.portosdegalicia.es

E para que conste expido, asino e selo a presente.

Santiago de Compostela, 20 de decembro de 2011.

José Juan Durán Hermida
Presidente de Portos de Galicia