Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Luns, 16 de xaneiro de 2012 Páx. 2579

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 26 de decembro de 2011, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, polo que se fai pública a Decisión do 23 de decembro de 2011 de non someter a modificación puntual do Plan Xeral de Ordenación Urbana na zona do recinto feiral Semana Verde, Concello de Silleda, ao procedemento de avaliación ambiental estratéxica establecido na Lei 9/2006, do 28 de abril, sobre avaliación dos efectos de determinados plans e programas no ambiente.

En cumprimento do disposto no artigo 4 da Lei 9/2006, do 28 de abril, de avaliación dos efectos de determinados plans e programas no ambiente, faise pública a decisión de non someter a modificación puntual do Plan Xeral de Ordenación Urbana na zona do recinto feiral Semana Verde, Concello de Silleda, ao procedemento establecido no seu artigo 7.

Esta decisión pódese consultar na Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas no seguinte enderezo da internet: http://aae.medioambiente.xunta.es/

Santiago de Compostela, 26 de decembro de 2011.

Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental