Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Luns, 16 de xaneiro de 2012 Páx. 2571

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 26 de decembro de 2011, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se lle dá publicidade á renovación da autorización ambiental integrada.

De conformidade coa Lei 16/2002, do 1 de xullo, de prevención e control integrados da contaminación (BOE n.º 157, do 2 de xullo), artigo 23, punto 3, as comunidades autónomas darán publicidade nos seus respectivos boletíns oficiais ás resolucións administrativas mediante as cales se outorgaron ou modificaron as autorizacións ambientais integradas.

Atendendo ao anteriormente exposto, a Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental resolve dar publicidade no DOG á renovación da autorización ambiental integrada concedida á instalación industrial que se relaciona no anexo seguinte e que se pode consultar na seguinte URL: http://www.cmati.xunta.es/portal/cidadan/lang/gl/pid/2819 ou ben nas dependencias da citada secretaría xeral, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, 2.º andar).

Santiago de Compostela, 26 de decembro de 2011.

Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental

ANEXO

– Resolución do 23 de decembro de 2011, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se renova a autorización ambiental integrada outorgada a Electroquímica del Noroeste, S.A.U. para a planta química de produción de cloro-álcali e derivados sita en Lourizán, concello de Pontevedra (n.º rexistro AAI 2005/0101_NAA/IPPC_150; clave expediente renovación 2011-IPPC-M-13).